A enciclopedia dos animais vertebrados – Coñecemento Do Medio 5º
A enciclopedia dos animais vertebrados – Coñecemento Do Medio 5º
Estas semanas estamos estudando os animais vertebrados, as súas características e os aspectos máis importantes da súa vida. Propóñovos unha actividade que espero que vos guste moito. Trátase de facer entre todos a enciclopedia de animais vertebrados Cada alumn@ debe responsabilizarse de atopar información sobre unha especie, obtendo información sobre estes aspectos: -
Nome do animal Nome científico Tipo de animal - clasificación Tamaño
-
Alimentación Hábitat Ubicación no mundo Poboación actual
Déixovos uns enlaces de interesantes enciclopedias de animais. http://www.zoowebplus.com/ http://www.faunaiberica.org/ http://www.vertebradosibericos.org/ http://herramientas.educa.madrid.org/animalandia/ Cando teñades os datos suficientes, debedes de crear un documento de Word con estas características: Título: tipo de letra e cor libre. Tamaño 20 - Negriña Encabezado: Arial ou Times New Roman 13 – Azul negriña subliñado Información: Arial ou Times New Roman 12 - Negro
Se vos esforzades poderedes conseguir puntos para a nota desta primeira avaliación. Valorarase:
Información correcta e adecuada: Que a información dos animais vertebrados sexa correcta, cos datos aportados sexan interesantes para nenos/as de 5º de primaria (11 años).
Presentación: Documento de Word ben presentado, limpo e ben organizado, foto interesante, etc
Ortografía: Traballo presentado sen faltas de ortografía (é importante revisalo antes de entregalo definitivamente)
Cando acabedes, podédes entregalo das seguintes maneiras maneiras: a) Imprimilo en papel b) Mandalo por email á dirección: terceirociclo13@gmail.com c) Entregalo en clase nun lapis de memoria Unha vez correxidos publicaremolos no blog. O derradeiro día para entregalo é o
venres 18 de outubro Aquí vos deixo un exemplo que vos pode servir como orientación á hora de facer a vosa ficha.
Espero que disfrutedes coa vosa investigación.
TUCÁN • NOME DO ANIMAL: TUCÁN • NOME CIENTÍFICO: Aulacorhynchus haematopygus • TIPO DE ANIMAL - CLASIFICACIÓN : ave • TAM AÑO: Entre 30 e 60 cm. • ALIMENTACIÓN: Froitas tropicais, ovos , pequenos animais e peixes • HÁBITAT: Viven nas selvas, nas árbores. • UBICACIÓN NO MUNDO: América Central e del Sur desde México ata Brasil, Paraguay e o norte de Argentina • POBOACIÓN ACTUAL: Non se atopa en perigo de extinción. Coñécense máis de 24 tipos de tucáns no mundo.
Nome do alumno/a: