1 minute read

BOSQUES TROPICAIS

En 1960, unha inglesa moi xove chamada Jane Goodall aterrou nas beiras do lago Tanganica para estudar aos chimpancés. Durante varios meses, tratou de aproximarse a eles para examinar o seu comportamento; oíaos e vía as súas pegadas por todas as partes, pero non lle deixaban achegarse. Jane, non obstante, non se rendiu e un bo día eses chimpancés que a estiveran observando, baixaron das árbores e achegáronse a ela. Foi así como soubo que a aceptaban e iniciou unha convivencia de máis de cincuenta anos.

Grazas as súas investigacións, hoxe coñecemos moito sobre esta especie e como se separaron da evolución humana.

Advertisement

Ademais, Jane Goodall segue a defender estes animais que ven ameazado o lugar onde viven, os bosques tropicais africanos, pola mineiría, a tala de árbores e caza furtiva.

This article is from: