
1 minute read
ALETA ALETA BAUN BAUN
Unha muller que loitou contra as grandes empresas mineiras

Advertisement
Aleta Baun é de Indonesia. Perdeu á súa nai cando era unha nena. As mulleres e as persoas máis vellas da súa comunidade encargáronse de criala, transmitíndolle unha forte conexión entre a natureza e as persoas.
Por iso, cando quixeron abrir unha mina que ameazaba con destruír unha das súas montañas sagradas, Aleta percorreu toda a illa na busca de axuda. As mulleres, que sempre se encargaran de obter alimentos e medicinas desas mesmas montañas, sentáronse na entrada da mina, ocupándoa de maneira pacífica. Ao mesmo tempo, texían alí os seus vestidos tradicionais, como unha forma de resistencia silenciosa.
Mentres, os homes coidaban do fogar e das súas crianzas.
Grazas ao seu esforzo, o proxecto suspendeuse. Hoxe, esa montaña segue a ser un lugar onde amosar que estamos unidos pola natureza e que esta debe respectarse como parte da nosa identidade.
