Revista escolar El Cable, Nº 52

Page 1

E L B A C EL 2 5 º N

SA" LAGRO I M A L O DE " 3 MNAD U L 0 - 198 A 0 7 O D U TA GAL L REVIS ITO LE S Ó P E D

Conseguímolo


Ofrendas a María

2


ÍNDICE

Páxina - Ofrendas a María.

2

- Día Internacional da Familia.

4

- EI 5 e as nosas árbores.

5

- TICS e familia.

6

- Teatro EP1.

8

- Experimentos en EP2.

10

- Teatro en Inglés.

11

- O COVID no cole.

12

- Traballando en EP4.

13

- O ecosistema de EP5.

14

- Falando en galego.

17

- Receitas.

22

- Algo de Nós.

23

- Entrevista a María.

30

- Pasatempos.

32

- Agradecementos.

34

- Día do Libro.

35


Día Internacional da Familia

Co gallo da celebración do Día Internacional da Familia na clase de 4º de infantil aprendemos que hai moitos tipos de familias, pero que por moi diferentes que sexan todas son iguais no AMOR que as une. Así llo explicaban os máis pequeniños do cole as súas familias:

4


Os nenos de EI5 e as nosas árbores

O concello de Lugo achegou ao colexio 20 castiñeiros para repartir entre os escolares. Na nosa aula sorteamos tres. Con esta acción quérese contribuír á concienciación de pequenos e maiores da importancia de coidar o noso entorno para que sexa máis verde e sostible, fomentando o autóctono. Estes castiñeiros foron producidos no laboratorio do Campus Terra a partires de anacos pequenos (unhas poucas células), que colleron con moito coidado dalgunhas árbores de castiñeiro plantadas no souto do bosque urbano que crearon nas Gándaras no marco do proxecto LIFE Lugo + biodinámico.

5


TICS e familia en EI6

Os rapaces de EI6 fixeron un gran traballo felicitando as súas familias con estes debuxos feitos a ordenador.

6


7


Teatro en EP1

8


Teatro en EP1

9


Os experimentos en EP2

10


Teatro en inglés

11


EP3 e a COVID O curso escolar conviviendo coa COVID.

Martina EP3

Este curso pareceume que todo estaba moi controlado, as medidas de seguridade son as necesarias, separación e desinfección de mans e calzado. A forma de entrar é moi práctica. Persoalmente a min este curso encantoume, os mestres explican todos xenial, sempre nos atenden e explican todo o que non entendemos. A distribución dos exames está moi ben. Son cortos e fáciles. Na clase de Lingua Castelá non paramos de facer cousas divertidas, como cando fixemos biografías. En Lingua Galega estamos facendo una obra de teatro e en matemáticas, xogando cos reloxos para practicar as horas. O de ler por turnos é moi divertido, porque nos axuda a vixiar aos que no están seguindo a lectura. Correxir na pizarra paréceme moi útil para ver se estás facendo as cosas ben na libreta. Os deberes soen ser fáciles e o “Classdojo” está moi ben para controlar os positivos e negativos. Cando temos tempo libre podemos debuxar e ler. A distribución dos sitios é moi chula para os que son amigos. Eu paseino de marabilla.

Sofía EP3 Neste curso non me gustaron as medidas de seguridade por varios motivos, o principal foron as restriccións sen poder facer excursións, as tartas de aniversario,... Pero tampoco me gusta botarme tanto xel, que é moi “pegañento” e as máscaras son un rollo, non se respira moi ben e é extraño o non verlle a outra metade da cara a xente, aínda que valoro que o colexio se tome tantas molestias pola seguridade de tod@s. As medidas de seguridade non me gustan moito e gustaríame que para o curso que ven diminúan e que todo volvera un pouco á normalidade. Fóra coronavirus !

12


O horto de EP4

13


Os ecosistemas EP5

14


15


16


Falando en galego

17


A través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega traballouse non só a nosa lingua e as súas fermosas palabras, senón que tratando de darlle un pulo máis forte buscouse involucrar as familias a través dos nosos avós. E tamén a colaboración con outros centros da provincia coa intención de acadar un intercambio cultural que nos faga medrar a todos en GALEGO.

18


Lectura de libros en galego

19


20


21


Receitas

22


Algo de Nós

23


1 Que che gustaría ser de maior? 2 Que che gusta facer no teu tempo libre? 3 Que te dirías a ti mesm@ dentro de dez anos? 4 Si tiveses un superpoder, cal sería? 5 Que aprendiches no teu paso polo colexio? 6 Que foi o que máis e menos che gustou do colexio? Antía 1 Avogada, é un traballo no que podes axudar a xente cos seus problemas e gústame. 2 Gústame moito ler, dar paseos en bicicleta, gústame moito estar cos animais e tamén descansar. 3 Como pasou o tempo! 4 Ser invisible, xa que podo ir a calquera lado sin que me vexan. 5 A ter moitísimo respeto polos demais e non dudar de min mesma. 6 O que menos o COVID xa que non puidemos facer saídas, o que máis os mestres, que me axudaron moito.

Iker 1 Policía, gustaríame poder axudar a xente. 2 Ler libros de fútbol. 3Como pasou tan rápido o tempo! 4 Atravesar as paredes. 5 A ser mellor persoa. 6 Gustoume todo e non me disgustou nada. Sabela 1 Cirurxiá, xa que me parece unha profesión moi interesante baixo o meu punto de vista, na que podes salvarlle a vida a xente. 2 Cantar e practicar ximnasia rítmica, tamén ler. 3 Diríame que non deixase de perseguir os meus soños. E que non perda a ilusión. 4 Ler o pensamento. 5 Os momentos cos meus compañeiro, e todo o que me ensinaron os mestres. 6 Aprendín moitos valores como a amizade, o respecto, a responsabilidade. Pero o máis importante, aprendín a aprender. E estou segura que grazas a iso serei mellor persoa.

Naia 1 Gustaríame estudar medicina, quizais a rama de pediatría, encántame axudar. 2 Patinar, cantar, bailar, nadar e facer ximnasia rítmica. 3 Preguntaríame se son feliz. 4 Telequinese. 5 Aprendín a aprender. 6 O que máis os mestres e os amigos, o que menos non ter patio.

24


Farah 1 Ser vererianaria, porque me gustan os animais e curalos. 2 Ler, montar en monopatín e pasar tempo coa familia. 3 Que non perda o tempo coas persoas que non o merecen, e tamén que nunca perda ese lado infantil de nena. 4 Poder teletransportarme. 5 Aprendín, a ter paciencia, respeto, educación e bos modais. 6 O que máis me gustou foi a aula de informática e os compañeiros; o que menos as escaleiras e separarme dos compañeiros.

María 1 Mestra ou médica 2 Pois gústame bailar, patinar, facer deporte, estar coa familia... 3 Como pasou o tempo! 4 Sería viaxar no tempo. 5 Aprendín a aprender, a disfrutar dos erros e aprender deles, a lealdade, amabilidade, responsabilidade a madurez os valores e o compañeirismo. 6 O que máis os mestres e os compañeiros, o que menos as escaleiras. Daniel 1 Futbolista, porque é algo que me gusta desde neno. 2 Xogar a facer de profe e xogar a play. 3 Perdón, por se algo que fixen no pasado o perxudicou. 4 Supervelocidade para poder chegar aos sitios rápido. 5 Respectar aos compañeiros e as persoas. 6 O que máis, os compañeiros e os mestres; o que menos, non ter patio e as escaleiras.

Álvaro 1 Médico, porque quero axudar a xente a que se atope mellor. 2 Saír cos meus amigos a xogar ou pasar tempo coa miña familia. 3 Preguntaríalle que cousas especiais pasaron, boas e malas. 4 Elixiría voar ou teletransportame. 5 Aprendín moitas cousas, como aprender a aprender ou bo comportamento. 6 O que máis os compañeiros e os mestres, o que menos ter que levar máscara.

Ariadna 1 Periodista ou lingüista, porque me gusta descubrir cousas novas e tamén as materias de lengua, lingua e inglés. 2 Ler, xogar cos amigos, debuxar e facer deportes. 3 Se cambiei moito de gustos de afeccións e tamén se fixen realidade os meus soños. 4 Sería poder crear todos os superpoderes, se fose un, sería teletransportame no tempo (para poder frenar o COVID19) 5 Moitas cousas, pero sobre todo aprender a aprender. 6 O que máis, os mestres e o alumnado; o que menos... as escaleiras.

25


Noa 1 Gustaríame ser pianista porque o practico desde os catro anos. 2 Xogar (videoxogos), ler, tocar o piano, debuxar, practicar deporte. 3 Como están os pais? Teño traballo? Como é o futuro? É bo ou malo? 4 A levitación, porque... podes levitarte a ti mesmo e todas as cousas. 5 A respectar, ser ti mesma, a xustiza, controlar o ego interior, ser responsable e moitas cousas máis. 6 O que máis me gustou foron os mestres e os compañeiros, o que máis máis as películas, o que menos os deberes e os exames.

Aldara 1 Médico ou mestra, xa que non me dá medo o sangue e gústanme moito os nenos. 2 Montar a cabalo é a miña aficción desde que nacín. 3 Que siga estudando moi duro. 4 Gustaríame poder falar cos animais e a teletransportación. 5 Moitas cousas, a respectar aos compañeiros, a divertirme. 6 O que menos me gustou foron as escaleiras, o que máis o resto todo. Andrea 1 Pediatra, porque me gusta curar aos nenos e nenas. 2 Estar coa familia, porque me gusta estar con eles. 3 Por que pasou o tempo tan rápido? 4 Ser invisible 5 Aprendín moitas cousas que non sabía e tamén moitas palabras novas. 6 O que máis os mestres e os amigos; o que menos, subir as escaleiras e o COVID19

Pedro González 1 Enxeñeiro aeroespacial ou piloto de naves espaciais, porque me apasiona o espazo. 2 Gústame deseñar e programar no ordenador. 3 Que se os humáns foron a Marte. 4 A teletransportación para poder moverme dun lado a outro e tamén voar. 5 Aprender a aprender e contestar sempre. 6 O que máis mestres e os compañeiros; o que menos, non ter patio e subir escaleiras. Pedro Granda 1 Arqueólogo ou profesor, xa que me gusta moito a ciencia e axudar a outras persoas. 2 Gústame xogar ao fútbol, porque é o meu deporte favorito. 3 Creo que estás logrando o que máis queres. 4 Poder cambiar o estado dos obxectos e a forma coa vista. 5 A ter mellor imaxinación e a comportarme correctamente nun ambiente con xente. 6 O mellor os mestres e os compañeiros; o peor, o COVID19, a cuarentena e a saída do colexio (último día no cole)

26


Gabriela 1 Nadadora, xa que é o meu deporte favorito. 2 Ler libros ou xogar co móbil. 3 Fixeches realidade o teu soño? 4 Volverme invisible cando queira, ou viaxar no tempo. 5 Aprendín moitas cousas: Aprendín cousas dos libros e pero tamén valores como a responsabilidade, quen era Deus e quen era eu. 6 O que máis os compañeiros e os mestres, o que menos as escaleiras.

Santiago 1 Gustaríame ser mestre, xogador profesional de videoxogos ou cantante. 2 Xogar cos videoxogos e xogar cos meus amigos. 3 Como me vai a vida? Que traballo teño? Teño parella? Podo parar algunha cousa grave que me inflúa? 4 Poder parar o tempo, xa que na vida non temos un segundo para descansar, nin ter prisa para chegar aos sitios. 5 Aprendín a parte das materias, a respectar cada valor que nos ensinaro, CIBERSEGURIDADE. 6 Case todo me gustou, os compañeiros, os mestres, a aula de informática, o que menos as cansadas escaleiras, curtos recreo e levar máscara. Miguel 1 Xogador de baloncesto. 2 Xogar ao baloncesto e xogar play. 3 Como me foi no instituto e se estou estudando unha carreira, e tamén se o Barcelona gañou outra Champions. 4 Voar para poder viaxar moito. 5 Aprendín a respectar, a ser amable, aprendín a aprender e moitas cousas máis. 6 O que menos os exames e o que máis, case todo.

Celia 1 Pintora, xa que me gusta debuxar e pintar. 2 Debuxar e ver anime. 3 Se sigo sendo tímida. 4 Invisibilidade. 5 Aprendín a facer mapas mentais. 6 Gustoume a clase e os mestres; o que non, subir tantas escaleiras.

Erik 1 Policía, porque me gustaría empregar unha pistola. 2 Mirar videos de Youtube. 3 Non o sei... diríalle algo como "Segue perseguindo os teus soños". 4 A manipulación do tempo. 5 Aprendín moitas cousas que me gustaron. 6 O que máis mes gustou os mestres, o que menos os compañeiros gritóns.

27


José Manuel 1 Matemático, porque me gustan moito as clases de matemáticas. 2 Xogar e ver vídeos no ordenador. 3 Como está a economía e o goberno? 4 Sería a supervelocidade. 5 Aprendín a aprender. 6 O que máis as sesións de relaxación o que menos os exames. Daniela 1 Diseñadora de interiores, porque me gusta moito facer planos. 2 Ler, coser, xogar coas miñas gatas, correr, escoitar música. 3 Que é o que máis botas de menos da túa infancia. 4 Poder ver o mundo desde unha perspectiva máis positiva. 5 Moitos valores e a madurar. 6 O que máis os compañeiros e os mestres; o que menos, as escaleiras.

Paula 1 Veterinaira, xa que desde que tiña tres anos, chamoume a atención os animasi e os seus coidados. 2 Debuxar e xogar cos meus amigos. 3 Que aproveite cada segundo da miña vida e que nunca perda a autoestima. 4 Sería poder teletransportarme a calquera lugar do mundo, ou parar o tempo. 5 Aprendín a valorar as persoas e saber que non todos son iguais. 6 O que máis estar cos compañeiros; e o que menos, as escaleiras.

Olivia 1 Ser mestra de linguas ou lingüísta porque me gustan moito as linguas. 2 Falar e estar con amigos, cantar e bailar. 3 Que non cambie e que disfrute da vida que me queda. 4 Sería poder facer as cousas cun chasquido. 5 Aprendín a apreciarme máis, aceptarme tal e como son e algúns valores. 6 O que máis me gustou foi coñecer xente marabillosa; o que menos, pasar sexto con máscara.

Fernando 1 Ser veterinairo, porque me gustan os animais. 2 Ver a televisión. 3 Como vai ser o meu futuro. 4 Supervelocidade, axilidade e inmortalidade. 5 Facer operacións combinadas. 6 O que máis os compañeiros, mestres, ciencias naturais e educación física. O que menos os curtos tempos de recreo e o COVID19.

28


Javier 1 Profesor, porque me gustaría ensinarlles cousas aos nenos. 2 Debuxar e xogar cos meus amigos. 3 Diría "Co fácil que era antes a vida cando meus pais facían todo por min e eu nada por eles" 4 Supervelocidade. 5 A decir "Ben e ti?". 6 O que máis as clases, mestres e compañeiros; o que menos, as escaleiras.

Jonatan 1 Rapeiro, porque se me dá moi ben. 2 Ver anime e facer deporte. 3 Ola! 4 Telequinese ou poder ser un lobishome. 5 Aprender aprender e a controlarme. 6 O que máis os mestres e os compañeiros e as boas experiencias, o que menos que non teñamos ESO e os problemas que tiven e o COVID19. Hugo 1 Futbolista, porque me gusta moito. 2 Xogar ao fútbol. 3 Preguntaríalle se repetín algún curso. 4 Poder escoller un poder cando eu queira. 5 Aprendín a aprender e moitas cousas de todas as materias. 6 O que máis case todo, e o que menos, cando tiña o brazo roto que non podía xogar nos recreos.

Brais 1 Mestre (Máis adiante podo cambiar de opinión). 2 Gústame xogar con meu irmán, xogar cos animais e xogar cos meus amigos, pero ahora coa COVID xogamos pola play ou por videochamada. 3 Non sexas tan inseguro, fai o que che guste, e sobre todo todas as cousas que fagas que esteñas contento. 4 Gustaríame que non houbese malas persoas no mundo. 5 Aprendín a aprender, a ser boa persoa, respectar aos compañeiros, aprender sobre as materias e a madurar. 6 O que máis os mestres, que son os mellores do mundo, os meus compañeiros e ter unha educación escolar; o que menos as escaleiras (tamén facemos exercicio) e o COVID que non nos deixou facer as cousas de antes.

29


Entrevistamos a

Máría

Bo día, María. Como levaches o curso? Entrei no cole no terceiro trimestre pero estame pasando moi rápido, así que sinal de que o levei moi ben, a pesar de todas as medidas que tivemos que levar neste curso para coidar a saúde de todos. Que fixo que te dedicases a ser mestra, en particular PT? Ser mestra era un soño que tiña dende pequena. O meu xogo favorito era coller unha pizarra que tiña e poñerme a escribir nela imaxinando que estaba dando unha clase. A decisión de ser mestra coa mención de PT tomeina xa cando era máis grande. Decidinme porque os mestres e mestras de PT mediante a atención directa e preferente axudamos á inclusión do alumnado. Se non foses mestra, a que outra profesión che gustaría dedicarte? Encántame todo o relacionado coa estética, así que se non fose mestra tiraría por esa rama. Disfruto moito maquillando a miña irmá e as miñas amigas. Se puideses cambiar algo en educación, que sería? Faría moitos cambios, pero desde o meu punto de vista o primeiro que faría sería a eliminación de todo tipo de barreiras que limiten o acceso, a presencia, a participación ou a aprendizaxe do alumnado.

30


Que meterías na educación? Metería máis horas de educación física e artística, os beneficios que aportan ambas materias son moitos e moi positivos. Tamén incluiría unha materia de educación emocional, principalmente despois da situación que vimvimos e estamos vivindo debido á COVID19. Se un neno che dice que quere ser coma ti, que lle dirías? Que para díante, que se é o que quere que loite por conseguir o que se propoña. E tamén lle diría que ser mestra é a profesión máis bonita. Traballaches dando clases noutros centros? Si, en colexios da provincia de Pontevedra. E que tal che foi? Foime moi ben, as miñas experiencias foron todas moi boas. Se tiveses que escoller un cole favorito, sería este? Por suposto! Neste cole síntome moi a gusto, tanto polos meus compañeiros e compañeiras como por vós, o alumnado. Que lle falla máis a educación, os mestres ou os pais? Considero que ambas partes sempre dan o que consideran que é mellor, aínda que haxa veces que non se acerte. Creo que nalgunhas ocasións é por falta de comunicación, por iso vexo moi importante fomentar desde o colexio a participación das familias no proceso educativo dos seus fillos. Moitas grazas, María.

31


Pasatempos e refráns

32


33


Agradecementos

Folla de firmas:

34


Día do Libro

35


A NOSA RECOMPENSA ENCÓNTRASE NO ESFORZO, NON NO RESULTADO. GANDHI

NON CAMBIEDES NUNCA! ! Toda a comunidade do CPR La Milagrosa, deséxavos a mellor das sortes!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.