1 minute read
AGRADECEMENTOS
AgradecementosAgradecementosAgradecementos
Advertisement
Ás Fillas da Caridade Cada ano por estas datas, parece que nos rodea un recendo de despedida. Aínda que quizais este ano é unha DESPEDIDA. Se poidésemos mirar no corazón de tantas e tantas xeracións que pasaron por este colexio seguro que en todos habería un oco no que destacaría a palabra GRAZAS. Tivemos a sorte de ter quen mirara por nós, de que nos deran a oportunidade de disfrutar a paixón que todos temos na nosa mente, que non é outra que a de ensinar. GRAZAS por deixarnos vivir cada momento e de convertir os soños en realidade. Por xuntar este grupo de persoas que cada día tratamos de darlle sentido a unha idea, a través dos nosos nenos. GRAZAS polos amigos que fixemos, e polo sendeiro que colleron as nosas vidas. GRAZAS!!