1 minute read

ENTREVISTA

Next Article
DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

1.De pequeno, a que te querías decicar? Sempre tiven claro que quería ser mestre. 2.Por que decidiches ser mestre? Por que ser mestre para min é unha motivación , nacín con esa vocación e disfruto moito ensinando.

3.A que te dedicarías se non foras mestre? Se non fose mestre… dedicaríame ao mundo dos animais, podería ser biólogo ou ben veterinario. 4.Sentícheste ben dando clase no noso colexio? Gustaríache estar máis tempo dando clase aquí? Claro que me sentín ben, sentinme encantado de coñecervos a tod@s. Foi unha experiencia que nunca esquecerei. Estaría encantado de repetir xa! 5.Se puideras volver dar clase no noso colexio, faríalo? Estaría dando clase aquí sempre, oxalá poida ser algún día. 6.Aprendiches algo dándonos clase? Sempre considero que aprendo de todas as experiencias. Non só aprendín de vós senón que tamén de profes, pais e de todo o mundo que tiven o pracer de coñecer durante as clases.

Advertisement

7.Cres que nos portamos ben contigo? Non creo que simplemente vos portáredes ben conmigo, senón tamén me ofertastes unha relación de mestrealumno que foi un pracer vivir, por iso sempre vos recordarei como a clase que fostes. 8.Cal é a túa meta como profesor? Mellorar día a día, seguirme formando para estar preparado co fin de poder desenvolver a miña paixón/traballo da mellor forma. 9.Cal é o teu soño? E a túa motivación? O meu soño é poder adicarme ao que me gusta, que é ensinar. A miña motivación é a de poder axudar a xente e ser alguén que deixou a súa pequena pegada na vida das persoas. 10.Ti dás clase das tres linguas que estudamos pero, cal falas na túa casa? Eu na miña casa falo galego xa que é coa que me sinto máis cómodo. 11.Cal é o teu deporte favorito? Considérome unha persoa amante de todo o deporte e dos valores que achega. Non che sabería decir. Gústame o fútbol, baloncesto, deportes de motos, pesca, deportes de inverno… 12.Vas vir a nosa graduación? Claro que vou vir, non ma podería perder.

Moitas grazas polo teu tempo!

This article is from: