Ilustracións e textos: Pepe Carreiro
ISBN: 978-84-19219-17-6 Depósito Legal: C 903-2022 Impreso
Estudio
Club
Entra na nosa web
Terás vantaxes especiais,
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro
ISBN: 978-84-19219-17-6 Depósito Legal: C 903-2022 Impreso
Estudio
Entra na nosa web
Terás vantaxes especiais,
Os Bolechas van á catedral de Santiago de Compostela. Entran pola por ta de Praterías. Espéraos Xacobe, un peregrino que lles vai contar a historia da catedral.
–Hai máis de mil anos, o eremita Pelaio viu unhas estreliñas flotando no monte Libredón e sentiu cánticos que viñan do bosque.
–Pelaio avisou o bispo de Iria, Teodomiro, que foi correndo ao monte. E, segundo dixeron, descubriron o sepulcro do apóstolo Santiago.
–O rei Afonso II, marabillado polo descubrimento, mandou erguer alí unha ermida. Logo chegaron peregrinos de toda Europa.
–Tantos viñan que a er mida quedou pequena. Houbo que erguer unha igrexa máis grande e logo outra! Viña xente por todos os camiños.
daquela cando naceron os Camiños que aínda hoxe percorremos: o Francés, o Inglés,o Por tugués
o da Prata, o do Nor te
–A Compostela peregrinaban mulleres e homes, pobres e ricos, reis e labregos... E mesmo de noite, guiados polas estrelas da Vía Láctea
–Compostela fíxose famosa en todo o mundo.
Coñecíana até os viquingos, que logo viñeron en barco a Jacobsland, como dicían eles.
–Entraban pola ría de Arousa e subían polo río Ulla. Mais non viñan de peregrinos, senón a saquearen os tesouros do templo do Apóstolo!
–Pasaban os anos, e a xente non paraba de vir á tumba do Santiago. Compostela era xa tan famosa coma Roma e Xer usalén!
–O rei Afonso VI e o bispo Diego Peláez encargáronlle entón ao mestre Ber nardo o Vello construír unha gran catedral.
–Os canteiros foron erguendo pouco a pouco a nova catedral, con ameas como as dos castelos, para defendela en caso de ataques.
–Mais era unha obra tan enor me que levou máis de cen anos! Tiveron que continuala outros canteiros e outros mestres.
–As obras pararon por veces, pois ao longo de tantos anos sempre hai atrancos. Mais todo mudou cando nomearon bispo a Xelmírez!
–Cando chegou el, mandou facer todo á vez: as por tas, o triforio, o palacio arcebispal... un mundo de cousas! Era un home decidido.
–Naquela época, a catedral non pechaba pola noite, polo que moitos peregrinos dur mían na tribuna, para protexérense da chuvia e do frío.
–Xa os prateiros construíran o botafumeiro xigante para as misas solemnes. Tan grande o fixeron que teñen que bambealo seis tiraboleiros!
–As obras remataron, por fin. Faltaba só a por ta do Obradoiro. E o rei Fer nando II encargoulla ao mestre Mateo.
–O mestre Mateo fixo o Pór tico da Gloria, unha por ta con esculturas marabillosas, que parece que falan entre elas.
–Anos despois de rematar as obras, outro bispo famoso, o bispo Fonseca III, mandou construír un claustro novo, pois o vello xa tiña desgastes.
–O bispo ordenou facer o claustro nun estilo que estaba de moda en Italia, o estilo renacentista. E mesmo lle puxeron reloxos de sol!
–A catedral era unha marabilla, mais aínda parecía un castelo, de maneira que decidiron tirarlle as ameas, darlle máis altura e ador nala.
–Os arquitectos deseñaron no papel ador nos revirados que os canteiros tiveron que reproducir en pedra, coa maza e co cicel!
–Este estilo de formas reviradas chámase barroco. Os imaxineiros construíron tamén neste estilo o baldaquino que cobre o altar maior.
–Os anxos parece que voan polas alturas! Tamén é desta época o atronador órgano da catedral.
–No centro da catedral, xusto debaixo do altar maior, gárdanse nunha caixa de prata os restos do apóstolo Santiago.
–Tamén se gardan no Panteón Real da catedral os restos de reis e nobres de Galicia, como os do rei Fer nando II.
Pili, na Torre do Reloxo, de estilo barroco.
Sonia, vendo voar os anxos do baldaquino.
Carlos, paseando pola tribuna.
Loli, obser vando o Pór tico da Gloria.
Braulio vendo o mestre Mateo.
Sonia, nos tellados da catedral, onda as ameas e os pináculos.
Tatá, vendo a hora polos reloxos de dsol o claustro.