1 minute read

RICARDO CARVALHO CALERO ( Biblioteca

COÑECENDO A RICARDO CARVALHO CALERO

Como xa tod@s sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, que foi unha persoa importante na sociedade galega e un gran defensor da nosa lingua. Naceu en Ferrol no ano 1910 e coa idade de 16 trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Durante esta época mergullouse no mundo da política axudando a crear o Partido Galeguista. Co tempo, as súas ideas levárono a ser condenado a 12 anos de cárcere, dos cales só cumpriu dous.

Advertisement

Seguro que na vosas mentes tedes a idea de que Carvalho Calero era escritor, pois claro que o era! Pero non só escritor! Foi un home polifacético, é dicir, dedicouse a moitísimas cousas ao longo dos 79 anos que viviu: político,editor, profesor...

Diseño de Carla Montes (3º Primaria)

Foi un profesor excepcional, deu clases durante 15 anos nun colexio en Lugo, despois no instituto Rosalía de Castro en Compostela e finalmente na universidade. En todos os niveis foi considerado un gran educador empregando métodos de ensino innovadores e motivadores para @s seus alumn@s.

Como escritor, publicou libros de poesía, narrativa, teatro e tamén ensaios. Escribiu un libro para nen@s titulado "As pitas baixo a choiva" no que o escritor conta unha anécdota que lle pasou na súa infancia. Agardamos que agora xa coñezades un pouco mellor a este home que axudou a manter vivas a cultura e identidade galegas, das cales tod@s debemos sentirnos orgullos@s.

Pequena mostra de pitas deseñadas interdisciplinariamente dende a materia de Plástica. Yerai ( 4º) ,Tea (3º) ,Sabela (4ª) e Alba (3º) mostran a súa “PROPIA PITA” froito do confinamento. Máis información sobre Carvalho Caleiro en : https://view.genial.ly/5ea2bc84eebc9b0dbb21453a/presentation-letrasgalegas-2020

This article is from: