CEIP DE SOBRADA
BASES Neste certame poderán participar tódolos alumnos e alumnas de E. Infantil e Primaria do CEIP DE SOBRADA e pais e nais do alumnado nas seguintes categorias e modalidades : CATEGORÍAS: E. INFANTIL: Modalidade de MURAIS E. PRIMARIA: - 1º CICLO: Modalidades de BANDA DESEÑADA, NARRATIVA
POESÍA
- 2º CICLO: Modalidades de POESÍA E NARRATIVA - 3º CICLO: Modalidades de POESÍA E NARRATIVA
NAIS /PAIS: Modalidades de POESÍA E NARRATIVA
*O alumnado poderá optar por participar na categoría individual ou colectiva en cada unha das modalidades. So se poderá participar nunha das modalidades.
E
*Na categoría colectiva os grupos poderán estar integrados desde 5 alumnos/as ata 25, agás na modalidade de murais. *Cada neno ou nena poderá participar unicamente nunha das categorias e de ser na colectiva so poderá formar parte dun grupo.
MODALIDADES: Murais: Tema : “A Educación para a PAZ e a tolerancia” Formato: libre Idioma: Galego Poesía: Tema: libre Extensión: máxima: 25 versos (liñas) mínima: 10 versos
Narrativa: Tema: libre Extensión: máxima: 3 folios mínima: 1 folio.
PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS Os traballos presentaranse nun sobre no que apareza escrita a CATEGORÍA e a MODALIDADE pola que participa, e que incluirá: ● Orixinal escrito en folio branco, por unha cara e sen nome nin datos identificativos.
●Outro folio dobrado e grampado no que se consignarán os datos persoais (nome, apelidos, nivel), o título do traballo e a categoría pola que participa. Haberá unha selección previa, realizada polo profesorado de cada ciclo, que lle fará chegar ó xurado un máximo de 12 traballos INDIVIDUAIS por ciclo como máximo. Para os traballos COLECTIVOS non haberá límite. Os traballos serán entregados na Xefatura de Estudos no estante habilitado a tal efecto. O prazo de entrega dos traballos rematará o día 18 de novembro de 2011. XURADO O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización da Lengua Galega do Centro. PREMIOS ALUMNADO 1 PREMIO POR CICLO, MODALIDADE E CATEGORÍA, consistente nun lote de libros e xogos educativos. 2 ACCESITS POR CADA CICLO, MODALIDADE E CATEGORÍA, que recibirán un diploma. NAIS E PAIS 1 PREMIO POR MODALIDADE, consistente nun lote de libros Terase en conta na valoración, a calidade literaria e o emprego do galego normativizado.
Se os traballos presentados nunha determinada categoría ou modalidade non amosaran unha mínima calidade ou competencia lingüística apropiada, os premios correspondentes poderían declararse desertos. Os traballos premiados serán editados e pasarán a formar parte do fondo bibliográfico do Centro. Os traballos presentados pasarán a ser propiedade do CEIP DE SOBRADA, que se reservará os dereitos para a súa publicación.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!