PROXECTO LECTOR CEIP SOBRADA

Page 1

C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR

MARCO LEGAL

O proxecto lector ten a súa base lexislativa no Anexo IV do decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que establece o currículo de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de xullo de 2007). No artigo 6º, referido ás áreas de coñecemento, nos puntos 3 e 4: ... a comprensión lectora, a expresión oral e escrita... traballaranse en tódalas áreas... Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura, os centros elaborarán e aplicarán un proxecto lector, asegurándose como mínimo media hora diaria... Polo tanto, xa que consideramos que a lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias básicas, garantiremos na nosa práctica docente de todas as áreas e materias un tempo adicado a lectura en tódolos cursos da etapa, de acordo co Proxecto lector do centro.

1


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR

INTRODUCCIÓN

Somos conscientes de que moitas veces empregamos métodos inadecuados en canto a lectura, preocupándonos pouco en individualizar ao máximo o proceso e espertar as motivacións internas dos nenos e as nenas na construcción de itinerarios lectores individuais e únicos. Ás veces iniciase a técnica lectora esquecendo que as aprendizaxes deben ser significativas e comprensivas e dase pouca oportunidade e tempo para a lectura libre, espontánea, informal e gratuita… Queremos contemplar a mecánica lectora, a velocidade, o ritmo e a entonación, a lectura comprensiva, a lectura para aprender, a lectura lúdica… Nas programacións anuais tentaremos que cada tipoloxía lectora teña a súa planificación específica cos seus obxectivos, materiais e recursos; estratexias e metodoloxías; competencias a desenrolar, adaptacións según a diversidade, instrumentos e procesos de avaliación, etc A lectura e a escritura planificaranse como dous procesos independentes pero paralelos e complementarios. Procurarase integrar as linguaxes non verbais ensinando a interpretar e a “ler” as ilustracións dos libros tanto dos de ocio como dos documentais.

Todo o proceso envolverase nunca dinámica de autoavaliación na que se analizarán tódolos factores que interveñen no proceso. Rexistraranse as incidencias, acertos e fracasos observando ao alumnado, ao profesorado, as familias e ao propio proceso, por escrito, levando un diario que axude a non esquecer as ideas positivas, a matizar cada intervención e a ser máis obxectivos.

2


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR I. SITUACIÓN DE PARTIDA

Análise da situación da lectura e da escritura no centro

EDUCACIÓN INFANTIL ANÁLISE DA METODOLOXÍA EMPREGADA

Traballamos un método global cun enfoque constructivista. Pensamos que é un enfoque adecuado para iniciar aos nenos/as na lectoescritura. A partires do coñecemento do seu propio nome introducimos aos nenos/as no mundo das letras maiúsculas, dado que son letras moito máis doadas de facer dende o punto de vista da grafomotricidade, e polo tanto moito máis motivadoras. Prácticas lectoras o Rutina diaria: lectura do seu nome e dos nomes dos seus compañeiros/as o Rutina diaria: coñecemento das letras que compoñen o seu nome e o dos seus compañeiros/as. o Rutina diaria: recoñecemento e lectura dos días da semana, dos meses do ano, lectura da data... o Recunchos: identificación e lectura de diferentes carteis que se empregan para indicar os recunchos, os materias da aula, obxectos... o Recoñecemento e lectura de títulos de contos o Recoñecemento e lectura de personaxes dos contos: lobo, carapuchiña, oso... o Reprodución de contos, poesías, trabalinguas...

Prácticas escritoras o Escritura do seu nome en todos os traballos realizados por eles. o Escritura da data en todos os traballos realizados por eles. o Copiado de palabras, frases, textos atendendo aos distintos niveis de dificultade. o Elaboración de listas atendendo a diferentes criterios: nomes de nenos/as de clase, receitas de cociña, de materiais diversos, de xogos... o Dictados de palabras partindo do debuxo e dos fonemas.

3


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR

IDENTIFICACIÓN DE LOGROS E DIFICULTADES Debido a que traballamos baixo un enfoque constructivista o alumno/a vai adquirindo novos aprendizaxes de forma autónoma, sendo nós as mestras as que os diriximos cara aos novos logros, pero sin intervir de forma directa na aprendizaxe. Aínda que moitas actividades se traballan de forma conxunta é un método que necesita unha adicación máis individualizada, na que hai que respectar o ritmo de cada alumno/a. Isto implica que na mesma aula se esté a traballar á vez con diferentes niveis de coñecemento de lectoescritura. RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS No noso centro hai dúas unidades de E.I. que funcionan do mesmo xeito xa que nelas o alumnado aglutina as tres idades (3, 4 e 5 anos). Somos dúas profesoras-titoras, un profesor de anticipación de inglés, a profesora especialista de E. Física, a profesora especialista en E. Musical, a profesora de Relixión e ademáis contamos co apoio da profesora especialista en A.L. un día á semana (dúas horas) para a realización de talleres. Contamos coas seguintes instalacións e recursos materiais: o Biblioteca de aula o Biblioteca do centro o Cd con cancións relacionadas cos contos o Material das rutinas: tarxetas con nomes de nenos/a, das mestras, fotos, debuxos, carteis... o Pictogramas o Encerado o Ordenador o Taller de cociña e de pintura nas propias aulas o Taller de contos na aula de P.T.

NECESIDADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO NESTE ÁMBITO Para ter un nivel de formación adecuado ás necesidades que se presentan nas aulas consideramos que é importante unha mellora da nosa formación a partir de cursos, charlas, seminarios, grupos de traballo etc. Tendo en conta a importancia que lle da a nova lei de educación ao emprego das TIC na aula, e considerando que as novas tecnoloxías son tan motivadoras e atractivas para os nenos/as, este curso as dúas profesorastitoras formaron parte dun grupo de traballo realizado no propio centro sobre este tema e colaboraron na confección do “Blogue do Ceip de Sobrada”.

4


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR

EDUCACIÓN PRIMARIA PRÁCTICAS LECTORAS E ESCRITORAS 1º CICLO LINGUAS

Lectura oral na aula por parte do profesor/a e/ou alumnado de distintos tipos de textos. Préstamos da biblioteca do centro e de aula. Facer listaxes de libros favoritos para recomendalos aos demáis mediante carteis, revistas... Creación de textos literarios propios, combinados cos de autores coñecidos ou icluso misturando textos de diferentes autores. Taller de contos e animación á lectura. Sesións de Contacontos ofertadas por distintas entidades. Dramatizacións de pequenos contos apoiados nas novas tecnoloxías. Creación de xogos lingüísticos: mensaxes segredas, xeroglíficos, sopas de letras, encrucillados... Proxección das imaxes de contos (escaneándoos quitándolle o texto), propoñendo a invención do conto a partires do que observan; por último cotexámolo co orixinal. Busqueda de información para os proxectos en enciclopedias, internet...

COÑECEMENTO DO MEDIO

Interpretación de textos expositivos. Elaboración de resumos da información recollida. Lectura de material complementario como libros, murais… que reforcen os contidos estudados. Lectura das cuestións propostas. Conferencias interciclos ou dentro do mesmo ciclo

MATEMÁTICAS

Lectura dos recadros que resumen os contidos estudados. Lectura e interpretación de problemas e exercicios en xeral. Lectura de números.

5


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR

PRÁCTICAS LECTORAS E ESCRITORAS 2º CICLO

LINGUAS o Acrósticos. Cos nomes dos compañeir@s, con conmemoracións especiais... o Convertémonos en reporteiros e facemos entrevistas para recabar información sobre persoas ou feitos. o Inventamos historias e noticias a partir de fotos. Descripcións a partir de imaxes dadas. o Inventamos anuncios. Facemos carteis publicitarios o Proxecto da Autobiografía. Xa dende hai máis de dez anos levamos a cabo neste ciclo este proxecto no que os nen@s recaban información e escriben sobre a súa propia vida nun primeiro capítulo para continuar despois escribindo sobre tódalas cousas especiais que lle van ocurrindo, dentro e fora do colexio. o Escribimos utilizando o ordenador (word), despois de facer borradores, sobre todas as saídas que realizamos, as visitas que recibimos, as conmemoracións que festexamos... o Os signos e as normas de ortografía traballámolas facendo a corrección dos nosos propios escritos. Ademáis imos recopilando apuntes sobre diferentes normas como o uso das maiúsculas, m antes de p e b, as reglas de acentuación... o Lecturas colectivas (le o profesor/a en voz alta ou algún alumn@ de forma voluntaria) de libros divertidos polo propio desfrute coa finalidade de captar a entoación axeitada, as pausas necesarias... o Lecturas individuais escollidas libremente dos fondos da biblioteca escolar. o Lectura e interpretación de normas ou instrucións en xogos, receitas de cociña... o Lectura e interpretación de letras de poesías e/ou cancións. o Lectura de notas informativas. o Libreta dos recados (axenda) o Creación de textos literarios con temática concreta ou libre. o Escritura de postais, email e mensaxes de móbil para comunicarnos cos iguais. o Taller de lectura.

6


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR COÑECEMENTO DO MEDIO o Lectura de páxinas web e enciclopedias para a búsqueda de información para os diferentes proxectos… o Elaboración de textos breves (resumos da información recopilada) sobre os contidos. o Conferencias interciclos ou dentro do mesmo ciclo nas que expoñemos o investigado en forma de esquema e apoiándonos nel, informamos sobre o aprendido. o Lectura de información en diferentes soportes sobre os temas do currículo.

MATEMÁTICAS o Resolución de problemas orais (sistematizados e con dificultade progresiva). Lectura cada día por parte do profesor/a dun bloque de problemas que os alumnos e alumnas teñen que resolver mentalmente. o Creación de problemas matemáticos: presentación de datos e solución dos mesmos. o Lectura de números e de signos e símbolos matemáticos. o Recollida de datos e representación gráfica dos mesmos. o Lectura e interpretación de enunciados. o Lectura e interpretación de gráficas. o Recompilación de vocabulario propio desta asignatura.

ANÁLISE DA METODOLOXÍA EMPREGADA No primeiro e segundo ciclo traballamos por proxectos e baixo un enfoque constructivista. Promovemos e facilitamos a construcción de aprendizaxes significativas programando actividades que enganchen co coñecemento existente no alumnado para posibilitar así a reelaboración da súa experiencia e a construcción de novos coñecementos. Valoramos o traballo en equipo en actividades que requiran comprensión, planificación e revisión, potenciando o debate en grupos heteroxéneos dos textos lidos e fomentando o espíritu crítico.

7


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR IDENTIFICACIÓN DE LOGROS E DIFICULTADES Destacamos como logro máis interesante o de que é o propio alumnado o que dirixe o seu aprendizaxe de forma autónoma e partindo sempre do que xa coñece. O profesorado o dirixe hacia a adquisición de novas aprendizaxes significativas pero sen intervir de forma directa. Este método, que ten como positivo o respecto polos distintos ritmos de aprendizaxe, implica a dificultade de traballar na aula con diferentes niveis o que fai necesaria unha adicación máis individualizada.

PRÁCTICAS LECTORAS E ESCRITORAS 3º CICLO

LINGUAS o Dúas sesión adicadas á lectura colectiva semanalmente (lingua galega e español) o Realización de lecturas prácticas en distintos soportes: Prensa, páxinas web, libros de texto, material audiovisual (cd-rom, dvd-documentaispelículas…xogos informáticos, cancións). o Programas informáticos sinxelos: Word e Paint. o Diccionario en soporte papel e informático. o Intentamos facer todo tipo de lecturas: Informativa, narrativa, poesía, teatro, noticias, cómic ... o Préstamo de libros da BE. o Expresión escrita do lido en soporte papel e informático; tamén redaccións de vivencias propias.

COÑECEMENTO DO MEDIO o o o o o o o o

Lectura comprensiva dos textos do libro. Realización de resumos Identificación dos conceptos principais Elaboración de mapas de conceptos Glosario de termos Búsqueda de información en soporte dixital e soporte papel Lectura de textos científicos Traballo co periódico na busca de noticias relacionadas cos temas do curriculo.

8


C.E.I.P. DE SOBRADA

o o o o

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR Resolución de sopas de letras e encrucillados para reforzo do novo vocabulario dos temas. Exercicios de completar frases, relacionar termos e significados…. Elaboración de explicacións a fenómenos naturais, acontecementos no entorno ..etc, tratando de aplicar os coñecementos adquiridos. Recomendación de libros da biblioteca relacionados cos temas tratados.

MATEMÁTICAS o Lectura comprensiva de problemas o Actividadesde relacionar un enunciado cunha operación de cálculo. o Invención de enunciados e situacións problemáticas a partir de operacións dadas. o Elaboración de mapas de conceptos no apartado de xeometría. o Glosario de termos matemáticos. o Control escrupuloso na utilización axeitada do novo vocabulario adquirido.

ANÁLISE DA METODOLOXÍA EMPREGADA Facemos actividades previas á lectura de cada tema, partindo do título, das ilustracións... buscando espertar os coñecementos previos sobre o que imos aprender. Pasamos a realizar a lectura que pode ser de varios tipos: - Expresiva e en voz alta por parte do profesor/a. - Individual e silenciosa. - Colectiva, con análise parágrafo a parágrafo ou por capítulo. Relacionamos e comparamos o lido cos coñecementos que tiñamos sobre o tema tentando sempre facer aprendizaxes significativas. Por último expresamos por escrito (con secuencia) o que acabamos de ler acompañandoo da creatividade propia ou de grupo de tres ou catro alumnos/as.

IDENTIFICACIÓN DE LOGROS E DIFICULTADES

Consideramos o logro máis destacable a consecución e inreriorización paulatina e organizada por parte do alumnado de obxectivos básicos de ciclo. E observamos como dificultade máis relevante o mantemento dos contidos aprendidos, por exemplo manifestan, en xereal unha ortografía deficiente, dificultades na expresión oral “do que sabe”, aspecto que se ve agravado , ás veces pola escaseza de vocabulario. 9


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR

PRÁCTICAS LECTORAS E ESCRITORAS EN INGLÉS

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

Metodoloxía empregada: A esta idade temperá, a motivación é o factor que máis axudará aos nenos/as a desenvolver a súa lecto-escritura en Inglés. Por iso se empregan o uso de contos sinxelos e xogos atractivos e cancións para aumentar o seu gusto pola lectura e escritura. Prácticas lectoras: - Escoita de contos onde os alumnos teñen a oportunidade de fixarse nas imaxes e frases escritas en Inglés e interpretalas. - Rutina diaria: recoñecemento e lectura dos días da semana, das estacións e do tempo atmosférico. - Lectura e interpretación do vocabulario clave de cada unidade. - Lectura e interpretación de xogos no ordenador. - Dramatización sinxela a partir dun conto. - Interpretación de cancións. - Discriminación visual das letras, recoñecendo similitudes e diferenzas nas palabras específicas de cada unidade. - Recoñecer a forma escrita de palabras a partir de xogos, como por exemplo emparexar palabras coa súa imaxe. Prácticas escritoras: - Copiado sinxelo de palabras. - Completar pequenas frases empregando o vocabulario da unidade. - Escritura e identificación de palabras partindo duna escoita. Materias utilizados: - Contos - Material audiovisual: cds con contos e con cancións, dvds, ordenador - Material da rutina: poster con tarxetas con palabras e con imaxes. - Posters en inglés - Xogos - Marionetas - Big books para presentar historias. Cabe destacar que nestas idades o primordial na lingua estranxeira e a comprensión oral. Desta maneira, se lle presta unha maior importancia ao

10


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR idioma falado, xa que é primordial que os nenos/as escoiten e sexan capaces de reproducir oralmente antes de presentarlles a forma escrita. Así decir que, sobre todo na etapa de educación infantil, a enseñanza da lingua estranxeira basease casi na súa totalidade na práctica oral introducindo expresión escrita nos seguintes cursos.

SEGUNDO E TERCEIRO CICLO Prácticas escritoras - Completar palabras (3º). - Completar frases (3º,4º,5º,6º). - Escribir palabras deletreadas (4º,5º,6º). - Escribir palabras ao ditado (3º,4º,5º,6º). - Escribir frases ao ditado (5º,6º). - Contestar a preguntas con respostas breves ou completas (3º,4º,5º,6º). - Completar letras dunha canción (4º,5º). - Elaborar pequenas descricións con apoio de debuxo (3º,4º,5º,6º). - Contestar a preguntas sobre un texto (5º,6º). - Buscar palabras no diccionario impreso e informático (4º,5º,6º) - Buscar información en páxinas web (3º,4º,5º,6º). - Resolver xogos informáticos (sopa de letras, ortografía de palabras) (3º,4º,5º,6º). - Inventar pequenos poemas partindo dun modelo ou un tema dados (5º,6º). Prácticas lectoras - Lectura individual, silenciosa ou en voz alta, de palabras, frases e textos (3º,4º,5º,6º). - Lectura de relevo (5º,6º). - Práctica de cancións (pronunciación, entoación e ritmo) - Control de lecturas preparadas e valoradas pol@s compañeir@s (ritmo, entoación, puntuación e pronunciación) (6º). - Lecturas libres e individuais de contos, historietas, textos informativos e culturais prestados pola biblioteca escolar (estes textos poden ir acompañados de cds) (3º,4º,5º,6º) - Lectura, memorización e recitación de poemas (5º,6º). Textos en soporte papel - Libro de texto: historietas, comics, cancións, textos culturais e informativos. - Libro de actividades (activity book). - Dicionario bilingüe. - Fondos da biblioteca escolar. - Periódicos en inglés. - Etiquetas de produtos ingleses.

11


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR Textos en soporte informático - Páxinas web. - Xogos informáticos. - Diccionario bilingüe en CD dixital.

RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS No ceip de Sobrada hai neste momento dez unidades de primaria, distribuidas do seguinte xeito: Catro unidades no primeiro ciclo coas súas respectivas titoras e titores; ademáis contan cunha profesora especialista en inglés para o primeiro curso e un profesor, tamén especialista, para o segundo curso do ciclo, unha profesora especialista en educ. física, unha especialista en educ. musical e a profesora de relixión. Catro unidades no segundo ciclo coas súas respectivas titoras e titores;nun dos terceiros a titoría é compartida entre dúas profesoras xa que forman parte do Equipo Directivo; ademáis contan cun profesor especialista en inglés, unha profesora especialista en educ. física, unha especialista en educ. musical, a profesora de relixión e tamén co apoio da profesora de AL do centro que leva a cabo o Plan de Lectura Eficaz co alumnado de terceiro e o alumnado de cuarto recibe apoio na aula da profesora de PT. Dúas unidades no terceiro ciclo cos seus respectivos titores, un deles (o titor de sexto), tamén especialista en educ. física, imparte esta asignatura nos dous cursos do ciclo e a profesora especialista en educ. musical imparte, ademáis da súa disciplina no ciclo, a lingua galega no sexto curso. Ademáis contan cunha profesora especialista en inglés, a profesora de relixión e reciben apoio na aula da profesora de PT.

Contamos coas seguintes instalacións e recursos materiais: o o o o o o o o o o

Biblioteca de aula (en algúns casos) Biblioteca do centro. Descripción no apartado seguinte. Aula de Audiovisuais. Descripción no Plan TIC Aula de Informática. Descripción no Plan TIC Aula de Plástica Uso do pavillón da localidade Aula de Música Aula de PT Departamento de Orientación Aula-Taller de cociña (ubicada nunha aula ordinaria en uso)

12


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR

NECESIDADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO NESTE ÁMBITO Consideramos que sempre é importante unha mellora na nosa formación a partir de cursos, charlas, seminarios, grupos de traballo etc. Tendo en conta a importancia que lle da a nova lei de educación ao emprego das TIC na aula, e considerando que as novas tecnoloxías son tan motivadoras e atractivas para os nenos/as, este curso levouse a cabo un Grupo de Traballo no propio centro sobre este tema e confeccionouse o “Blogue do Ceip de Sobrada” (véxase o Plan Tic). Con respecto ao tema da lectura en tódolos seus aspectos: - Técnica e habilidade lectora. - Comprensión lectora. - Espertar o gusto pola lectura. O profesorado maioritariamente manifesta a necesidade de realizar actividades de formación sobre os seguintes temas: Estratexias de animación á lectura. A BE como centro artellador de tódalas actividades do centro. Ideas para traballar mellor a lectura. A biblioteca de aula: como utilizala para sacarlle o máximo partido.

13


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR

A BIBLIOTECA ESCOLAR ANALISE DA SITUACIÓN DE PARTIDA DA BIBLIOTECA E O SEU CONTEXTO.

UN POUCO DE HISTORIA O funcionamento da biblioteca do noso centro, constitúe, dende hai máis de dez anos, un servizo para toda a comunidade educativa e demáis posibles usuarios da zona. A biblioteca ábrese ao público durante tres tardes á semana atendida polo profesorado de garda. Os usuarios deste servicio son na súa maioría, ex alumnos que están cursando estudios de E.S.O., pero cada vez se van animando máis persoas. Valoramos este servizo moi positivamente xa que o número de carnets e solicitudes de préstamos aumenta cada ano. Dende o curso 00-01 ven funcionando a figura do “Responsable da biblioteca” entre os nenos e nenas voluntarios do terceiro ciclo. En quendas de dous nenos/as cada día da semana cuidan de que se cumplan as normas durante o tempo de recreo. No curso 2002-03 levouse a cabo unha ampliación de espazos no edificio escolar feito que nos permitiu dispoñer dun espazo máis amplo para ubicar a biblioteca. Así o curso 2003-2004 adicámolo ó acondicioamento, traslado e reorganización da mesma, pero non contábamos con conexión a Internet no novo espazo e tendo en conta os recursos dos que fomos dispoñendo, centrámonos en aspectos referidos á organización e clasificación dos fondos bibliográficos e potenciación do servizo de préstamo ó alumnado e a toda a Comunidade Educativa. Presentamos en dúas ocasións o proxecto para acceder ao Plan mellora de BE pero non fomos admitidos. No curso 2005-06 comezamos unha tímida informatización dos fondos utilizando o programa Biblio de Graña... e, hai dous anos, no curso escolar 2006-2007 un pequeno grupo de profesoras realizamos un Grupo de Traballo “A aventura de ler” sobre bibliotecas escolares no que abordamos os seguintes temas como necesidades de renovación e actualización: Acometer o rexistro informático dos fondos bibliográficos, audiovisuais e multimedia. Dotar o Centro de recursos didácticos Ofrecer os usuarios a posibilidade de facer consultas a través da internet. Potenciar actividades encamiñadas ó fomento da lectura e á súa publicidade.

14


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR Previamente á solicitude do curso a maioría das integrantes do grupo de traballo asistiron ós I Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, facendo lectores/as que se celebraron en Santiago de Compostela os días 10 e 11 de novembro de 2006 e ahí foi onde decidimos organizarnos nun grupo de traballo para poder contar con axuda económica e sobre todo con asesoría para a catalogación dos fondos bibliográficos no programa MEIGA que solicitamos ese mesmo curso. O programa Meiga non chegou ao colexio ata o curso seguinte e aínda que tiveramos unha ponencia sobre o seu funcionamento foi necesario refrescar o aprendido visitando colexios onde xa estaban funcionando con el. Tamén tivemos que decidir sobre o tratamento que se ía dar aos fondos e acordamos clasificalos atendendo á CDU (Clasificación Decimal Universal) adecuándoa ao propio centro.

SITUACIÓN ACTUAL Acometemos a mediados do segundo trimestre do curso 07-08 a informatización dos fondos da biblioteca co programa Meiga. Paralelamente realizáronse as instalacións pertinentes para dotar de Internet a biblioteca. Este curso aínda mantivemos o sistema de préstamo antigo (cada titor/a anota manualmente nun caderno-rexistro os préstamos que vai realizando aos seus alumnos/as) e no terceiro trimestre pechouse a BE para poder reorganizala pero seguíronse realizando os préstamos con libros que se distribuiron polas aulas. Despois de efectuado un primeiro espurgo daqueles fondos existentes na BE que quedaran obsoletos, estiveran algo deteriorados ou houbera moitos exemplares do mesmo título..., e coa finalidade desfacernos dos libros que aínda estaban nun estado de uso, celebramos, como actividade dentro das Xornadas Culturais a “I Feira do libro usado” na que os nenos e nenas “responsables” da BE, en quendas de catro alumn@s encargáronse da venda destes libros a prezos moi asequibles. Foi unha actividade que tivo moi boa acollida entre os nenos/as en xeral e tamén entre os pais/nais polo que consideramos a posibilidade de seguir facendoa cada ano. Neste momento temos informatizados, etiquetados e preparados para o novo sistema de préstamo uns cincocentos libros e tamén temos preparados os carnets do alumnado. El próximo curso comezaremos coa formación de usuarios no novo sistema de préstamos, tanto en relación co alumnado como co profesorado. O profesorado terá tamén que formarse na catalogación dos libros e doutros materiais xa que é unha tarefa tan ampla (catalogar todos os fondos: libros infantís, xuvenís, de adultos, da BE e da biblioteca do profesorado, vídeos, cds, dvds, materiais de elaboración propia...) que non é posible que poida realizala un pequeno grupo de persoas.

15


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR Deseñaranse documentos que recollan os procesos a seguir cos fondos: catalogación, alta no programa Meiga, preparación técnica (selado, texuelado...) e a ubicación física de cada elemento: libro, revista, música... Tentaremos, en relación e co asesoramento do equipo das TIC, poñer en marcha o blogue da Biblioteca dende o que publicitaremos tódalas novas que se vaian incluíndo na BE e as actividades que se realicen dende a mesma. E por suposto, tentaremos de novo entrar no Plan Mellora para o curso 2010-2011.

CARACTERÍSTICAS DO ESPACIO E AS CONDICIONS FÍSICAS DA BIBLIOTECA. O espazo onde hoxe está ubicada a biblioteca escolar é unha sala que mide ao redor de sesenta metros cadrados, é luminosa e está situada nun lugar axeitado do centro, de fácil acceso para tódolos usuarios pero non conseguimos que se faga acolledora porque non permite establecer rincóns que acollan os diferentes tipos de lectura: Zona de lectura informal Recuncho adaptado ao alumnado de Educación Infantil Zona de traballo para pequenos ou grandes grupos Zona de audiovisuais Postos informáticos con acceso á rede etc O mobiliario é suficiente e está en bastante bó estado pero en algúns casos non é axeitado á idade dos usuarios xa que hai andeis que non permiten o acceso directo do alumnado. Para o vindeiro curso queremos ampliar este espazo trasladando a sección de traballo, tanto individual como de grupo, ao espazo onde se ubicaba a antiga biblioteca e que se atopa xusto en frente da biblioteca actual.

16


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR

II. Obxectivos do PL A. En canto ó alumnado tratarase de desenvolver todas as habilidades necesarias para ler e comprender, facelo habitualmente e gozar coa lectura. 1. Mellorar a expresión oral. 2. Ler de forma expresiva. Desenvolver estratexias para ler con fluidez e entoación adecuadas. 3. Comprender distintos tipos de textos adaptados á súa idade. 4. Utilizar a lectura como medio para ampliar o vocabulario e fixar a ortografía correcta. 5. Utilizar a lectura comprensiva como ferramenta para obter información de distintas fontes. 6. Ler de forma autónoma e con asiduidade. 7. Apreciar o valor dos textos literarios e utilizar a lectura como fonte de pracer e información. 8. Desenvolver actitudes emocionais e positivas cara ao uso da lectura no tempo de lecer. 9. Utilizar as ferramentas e recursos da Biblioteca Escolar. 10. Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación como fonte de consulta e como medios de expresión.

B. En relación co centro docente e o profesorado tentarase dar prioridade ao desenvolvemento das ensinanzas para facilitar que o alumnado logre o maior nivel da competencia lectora. 1. Facilitar a través da formación, unha mellora no coñecemento das habilidades lectoras e das estratexias de ensino máis adecuadas para levala á práctica. 2. Fomentar un estilo docente que ofreza recursos alternativos ao libro de texto, ampliando as vías de acceso á información e o coñecemento. 3. Potenciar a integración da lectura na dinámica da clase. 4. Fomentar o hábito de lectura diaria como un ben cultural en sí mesmo e para o tempo de lecer. 5. Estimular a concepción do profesor como investigador. 6. Organizar a biblioteca como centro de documentación e recursos ao servizo de toda a comunidade educativa.

17


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR

C. En relación coa comunidade educativa, tratarase de conseguir unha comunidade de lectores. 1. Fomentar o uso e aprecio da Biblioteca, por parte das familias, como centro de documentación e lugar de formación. 2. Favorecer que as nais e os pais se convertan en modelos de lectores e contribúan a estimular a lectura dos seus fillos e fillas no tempo de lecer. En síntese, procuraremos que o alumnado ao final da etapa escolar alcance un nivel de competencia lectora suficiente que lle permita continuar desenvolvéndoa durante o resto da súa vida e adecuala ás súas preferencias e necesidades.

Obxectivos xerais do PL : • • • • • •

Desenvolver a competencia lectora. Favorecer a competencia literaria. Educar no uso crítico da información. Fomentar o hábito da lectura. Apoiar a adquisición das competencias básicas. Traballarase o redor da biblioteca escolar e as bibliotecas de aula. Concebirase a BE como un centro de documentación, información e recursos e o eixo sobre o que xirará todo o proceso curricular, sendo o centro artellador de tódalas actividades.

III. Contidos do PL • • • • • •

O uso da lectura comprensiva e expresiva como ferramenta de aprendizaxe. A autonomía na elección da lectura e a práctica habitual da mesma. O uso da lectura como un medio de ocio e de relación con outras persoas. O uso da escritura para expresarse como autor/a. O coñecemento dos procedementos habituais para a consulta, catalogación e préstamo de libros na Biblioteca. O uso da linguaxe oral e das tecnoloxías da información e a comunicación como medios para fortalecer os demais ámbitos de formación. 18


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR

Procuraremos elixir e utilizar: • • • •

Contidos que esperten a curiosidade, que contribúan a crear un mundo interior rico e persoal. Formatos diferentes pero adaptados ás diferentes idades, tanto no que se refire ao tamaño como á tipoloxía da letra, ao tipo de texto como a uso da imaxe. Estruturas diferenciadas que marquen a evolución dende a narración máis sinxela ao libro de contido científico. Textos propios e de distintos autores.

IV. Metodoloxía. • • • •

A creación dun clima de traballo cordial. Converter a aula nun espacio agradable para traballar a lectura. Secuenciación das tarefas, establecendo metas e submetas no proceso de ensinanza e aprendizaxe en función dos obxectivos que se desenvolvan en cada un dos ámbitos de contido. Uso de estratexias que poidan resultar eficaces á hora de desenvolver habilidades de comprensión lectora. A participación do alumnado na elaboración e organización do plan de lectura anual do centro para asegurar o seu compromiso e motivación hacia a lectura e os hábitos lectores.

V. Estruturas e recursos. Para elaborar o Plan Lector anual teremos en conta dous aspectos primordiais: - A organización dun currículo flexible que dea prioridade á lectura en todas as aulas.

- A organización da Biblioteca como centro de recursos e artelladora de tódalas actividades do centro e ao servicio de tódala comunidade educativa.

19


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR

1. A estrutura organizativa e os recursos persoais.

• Todos os profesores e profesoras son profesores de lectura. -

-

A implicación de todo o profesorado asegura a integración curricular do Plan de Lectura e a incorporación en calquera tipo de contido sexa cal fora a área ou a materia. É responsabilidade de todo o profesorado, asegurar a mellora da competencia lectora, o hábito de lectura e o gusto pola mesma.

A coordinación do equipo directivo e o compromiso da comunidade educativa. o Corresponde ao equipo directivo liderar o Proxecto Lector e por en marcha todas as estratexias necesarias para a súa implantación no centro, para o seu desenvolvemento coordinado e para a realización dun proceso de avaliación interna do mesmo. o É necesario organizar o PL e integralo dentro da Programación Xeral Anual para facer viables e compatibles todas as accións promovidas polo centro tanto para o alumnado como para o profesorado. o O PL precisa do compromiso da comunidade educativa que inclúe a súa aprobación polo Consello Escolar, a participación activa na súa difusión da ANPA para involucrar ás familias no desenvolvemento das actividades programadas. o O fondo documental da Biblioteca Escolar e as súas actividades deben estar abertas ás familias con actividades concretas que aseguren a súa participación e a súa formación como usuarios.

Equipo de Biblioteca. O responsable de dinamización da bilioteca, co seu equipo, sería o encargado de coordinar todos os procesos asociados á lectura, para garantir o desenvolvemento eficaz do Plan de Lectura. Esta figura tería como tarefas:

-

Axudar a programar o Plan de Lectura anual. Axudar a organizar a documentación e os recursos dispoñibles.

20


C.E.I.P. DE SOBRADA

-

-

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR Coordinar o funcionamento da biblioteca e facilitar o seu uso mediante un horario compatible coas actividades curriculares. Colaborar cos profesores/as nos procesos de uso didáctico da biblioteca, atender as demandas que formulen os propios alumnos/as ou os pais-nais e en xeral, ao uso público da biblioteca escolar. Planificar accións de dinamización da biblioteca. Colaborar na formación do alumnado, profesorado e familias como usuarios.

Este equipo debe garantir a organización dos fondos bibliográficos e as actividades de animación á lectura, pero sen considerar a lectura como unha actividade exclusiva da biblioteca e desvinculada do resto das áreas. E como ademáis queremos que tódalas actividades comúns se desenvolvan partindo da BE consideramos a posibilidade de fusionar este equipo co de actividades complementarias, así como traballar en estreita colaboración e coordinación cos equipos de Normalización Lingüística e o das TIC. O protagonismo da lectura e da propia biblioteca esixe a participación de todo o profesorado, o compromiso explícito do equipo directivo e do consello escolar, e a participación activa do alumnado.

2.

Recursos materiais Os fondos documentais A Biblioteca como núcleo de todas as actividades recollidas no Plan de Lectura, concentrará tódolos fondos documentais do centro docente. A distribución equilibrada destes fondos (libros, revistas, CD, prensa e outros documentos de diferente tipoloxía), a súa catalogación e organización é a primeira condición para que poida ser utilizada como recurso do centro e da comunidade educativa. É polo tanto neste aspecto no que debemos centrar os nosos esforzos, continuar co proceso de reforma iniciado (véase apartado de BE) para conseguir o máis rápido posible unha BE que cumpla coas espectativas.

Os recursos informáticos A Biblioteca debe estar informatizada para garantir a consulta e a localización eficaz de todos os recursos dispoñibles e as tarefas de préstamo e xestión, así como o acceso a outras fontes importantes de consulta, incluíndo Internet.

21


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR A infraestrutura e o equipamento da Biblioteca (véase apartado de BE “características do espacio e as condicións físicas da biblioteca”) Queremos dotar á BE de dous postos informáticos con conexión a internet ademáis dun ordenador para a realización do préstamo. Tamén temos intención de instalar un canón de video e unha pantalla de proxección fixa. A creación de ambientes lectores establecendo recunchos para os distintos tipos de lectura.

3. A organización de espazos e tempos. Valoramos a posibilidade de ampliar a xornada de apertura da biblioteca para o seu uso pola comunidade educativa. Queremos ofrecer servizos de aprendizaxe, libros e recursos informáticos que permitan a tódolos membros da comunidade utlizar eficazmente a información convertendo así a BE nun medio compensador de desigualdades. A distribución do tempo Estableceremos un horario de utilización da Biblioteca do centro dentro da xornada escolar do alumnado que estea asociado ao seu uso para o préstamo e consulta, e tamén para desenvolver actividades de formación e animación. o A biblioteca manterá o mesmo horario que ten na actualidade. Aberta durante todo o horario escolar, de 9:00 a 14:00 de luns a venres. Destínase unha hora á semana en exclusiva para cada grupo, momento no que o mestre/a realiza o préstamo. De 11:45 a 12:15, no tempo de recreo o alumnado poderá utilizar a biblioteca libremente cumplindo unhas normas e baixo a supervisión dos “RESPONSABLES” (alumnado do 3ºciclo). Coa creación da figura do “responsable” para os recreos os nenos e nenas maiores teñen a oportunidade de exercer de bibliotecarias e bibliotecarios neste espacio de tempo e voluntariamente. Entre os voluntarios/as establécense quendas para que tódolos días da semana permanezan na biblioteca durante os recreos dúas persoas, orientando ós máis pequenos e pequenas e supervisando que se cumplan as normas. Na apertura fóra do horario lectivo; luns, mércores e venres de 16:30 a 18:30, o profesorado que lle corresponda turno de garda encargarase das labores de bibliotecario: atender as peticións de fondos que poidan xurdir para préstamo externo, para ex-

22


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR alumnos/as, pais e nais ... e calquera persoa que solicite o carnet no que debe deixar constancia dos seus datos.

4. Actividades

FORMACIÓN DE USUARIOS.

.Presentación da biblioteca. Visitas de grupos completos, guiadas por unha persoa do equipo de biblioteca para presentar as distintas seccións, os contidos de cada unha, a recollida de suxerencias, a disposición de fondos, etc. para que os nen@s exploren ben as posibilidades que a biblioteca lles ofrece. Involucrar a tódolos usuarios no mantemento da orde e coidado dos libros e outros materiais dentro da biblioteca. Distribuir documentos con informacións varias que vaian xurdindo en relación o novo funcionamento da biblioteca. Elaborar un caderniño no que nenos e nenas, coa axuda do bibliotecario/a completen unha ficha bibliográfica, sinxelas actividades que lles permitan mellorar o seu desenvolvemento nunha biblioteca pública calquera. Outros materiais como proxeccións de diapositivas, visionado de vídeos, etc. tamén axudan na tarefa. Involucrar aos nen@s no deseño de carteis informativos para as distintas seccións da BE ou para os rincóns. Seguir ofrecendo aos nenos e ás nenas dos cursos superiores a posibilidade de exercer de bibliotecarias e bibliotecarios ampliando a súa responsabilidade en tarefas como ordenar os fondos, formalizar préstamos e devolucións, orientar ós pequenos e pequenas, colaborar nalgunhas actividades... Ofértaselles, en definitiva, a posibilidade de asumir unha responsabilidade que consiste en facilitar a apertura da biblioteca e prestar un servizo temporal ós seus compañeiros e compañeiras.

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA

Como actividades de dinamización e animación á lectura intentaremos artellar accións que unan afectivamente ós nenos e ás nenas coa biblioteca escolar. A modo de exemplo enumeramos unhas cuantas para así dispoñer de ideas no momento de deseñar o plan anual de Biblioteca e de lectura.

23


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR Carné de lector/a. Aparte do carné de biblioteca para realizar o préstamo cada alumno/a contará cun sinxelo documento personalizado con espacio para escribir o título e a autoría de cada libro lido. Un pequeno libriño para gardar e para coleccionar. Pin do Clube de Amigas e Amigos da Biblioteca Escolar. Pertenecer a este “selecto” club require cumplir con algunhas obligacións: tratar ben os libros, non desordenalos, acudir frecuentemente á biblioteca, ler, contar o que lemos... Completar individualmente o Diario de lectura. Un documento con pretensións de memoria lectora individual, onde o neno ou a nena anotan unhas breves pinceladas do libro lido e que gardarán como recordo das súas lecturas infantís e xuvenís. Regalo dun retrato lector. Os nenos e nenas gardan hoxe en día moitas fotografías de múltiples momentos da súa vida, pero seguro que non é fácil atopar unha fotografía na que estén lendo. Coincidindo co Día do Libro de cada ano ou co final de curso, podemos regalar a cada neno ou nena do último curso de Primaria unha fotografía na que esté lendo, con algún texto e ilustración que faga referencia á lectura e que lles sirva de recordo e estímulo permanente. Elaborar periódicamente materiais-recordo da biblioteca: pegatinas, puntos de lectura, posters, diplomas, “tarxetas lectoras”, etc... Materiais que acompañan a algunhas actividades organizadas dende a BE e que se entregan cando se visita unha exposición, cando finaliza unha actividade... Edición dun boletín ou revista de publicación periódica coas novidades, con noticias da biblioteca, noticias culturais e experiencias que se van desenvolvendo nas clases. É importante que chegue tamén a cada familia para potenciar a valoración familiar da lectura e o funcionamento da biblioteca escolar e xeneralizar, no posible, unha sensibilización especial hacia a lectura, o libro e a biblioteca. Deseño de distintas actividades específicas para fomentar a lectura, relacionadas co tema transversal traballado, cos distintos xéneros literarios, celebracións, autores homenaxeados, que integren as actividades realizadas en todos os ciclos. Realizar sesións de contacontos, contando coa colaboración de nais, pais, avós, avoas, persoal especializado ou do propio colexio. Os nenos e nenas maiores poden preparar sesións narrativas, de recitación ou dramatización para os máis pequenos. Expoñer nun lugar visible para su lectura e consulta noticias rescatadas da prensa que falen de libros, lectura, bibliotecas, escritores/as... Inaugurar un “Libro de visitas” da Biblioteca, no que se recollerían as sinaturas, pegadas, fotos… de tódolos contacontos, obradoiros, conferenciantes, etc, que veñan ó noso centro.

24


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR

ACTIVIDADES DE CREACIÓN LITERARIA

O trasno do encerado. Un trasno ou calquera outro ser que nos conveña deixa escritas nos encerados das aulas, cada día, unha “Sorpresa lectora”, pareados, adiviñas, greguerías, palabras interesantes, refráns, consellos para unha boa alimentación, palabras relacionadas co transversal, en inglés…os nenos/as deberán contestar ó trasno para que siga escribindo. Continuaremos celebrando cada ano, en colaboración co E. de Normalización Lingüística o Certame Literario no que poden participar coas súas obras, en prosa ou en verso, de xeito individual ou colectivamente os nenos e nenas do colexio e está aberto ás familias e incluso a outros centros da zona. Elaboración de contos e outros textos literarios con técnicas motivadoras e innovadoras. Xogos de lectura e escritura.

LISTADOS DE LIBROS DE LECTURA POR NIVEIS.

Recomendacións de lecturas, tanto informativas e vinculadas aos proxectos e traballo de aula como de lecer. Elaborar trimestralmente boletíns informativos e anexos con motivo dunha efemérides cultural, da organización dunha “semana” sobre determinadas temáticas, poesía..., para presentar unha compra importante de fondos (novidades)... Taboleiro das recomendacións; cada nen@ terá ocasión de recomendar deste xeito as lecturas que máis lle gustaron.

OUTRAS...

Hora de ler. SISTEMATIZACIÓN DUN PLSS (PROGRAMA DE LECTURA SILENCIOSA SOSTIDA) véxase “fundamentos da hora de ler”, Anexo 1. 20 minutos diarios (podemos empezar por 10) de lectura individual e silenciosa a unha hora concreta e estipulada para todo o centro. Neste tempo a elección dos textos será libre por

25


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR parte dos alumnos e alumnas que poderán incluso traer as súas propias lecturas. O titor ou titora procurará que o alumnado teña acceso a todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos, gráficos, ... Elaboración de vocabularios específicos de cada materia. O profesor responsable de cada materia traballará cos alumnos e alumnas na elaboración dun glosario no que se recollan as definicións dos termos específicos cos que se atopen en cada sesión. Cada grupo contará cun caderno no que o alumnado irá anotando este vocabulario por quendas. Este glosario formará parte da biblioteca de aula xunto cos diccionarios das linguas que se imparten no curso. Xogos tipo Password, scrable, pasapalabra... Para ampliar o vocabulario. Técnicas de busqueda de información. Os titores e titoras levaran a cabo actividades relacionadas coa adquisición de competencias de busqueda de información coa integración das TIC. O equipo de biblioteca, o das novas tecnoloxías así como o Departamento de Orientación proporcionarán aos titores/as todo o material que precisen. Actividades de comprensión lectora específicas de cada área ou materia. Nas programacións de cada materia deberán constar actividades deseñadas especificamente para traballar a comprensión lectora. Cada unha destas actividades deseñadas para as programacións didácticas deben ser incluídas no Plan Lector anual de Centro. Sistematización da intervención das familias... Achegar as familias ás aulas mediante a invitación aos pais, nais, avós, avoas...para que acudan ao centro a contarlles ou lerlles aos nen@s o seu conto favorito, lendas, aventuras, historias.. Creación sistematizada de bibliotecas de aula. Establecer correspondecia por medio do correo postal ou a través de internet co alumnado de outros colexios. Intercambiando experiencias tanto das obtidas no centro como a nivel familiar ou amizades.

26


Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

C.E.I.P. DE SOBRADA

PROXECTO LECTOR

VI. Avaliación Todo o proxecto estará sometido a unha permanente, honesta e rigurosa avaliación, Avaliaranse: -

Os recursos humanos Os materiais As estratexias e os procedementos A organización espazo-temporal As instalacións

o Do proxecto lector, no que se inclúe a situación de partida e que será susceptible de sufrir transformacións

PROCESO A avaliación terá un carácter continuo. De forma permanente iremos realizando unha avaliación continua e formativa que nos permitirá facer os reaxustes e reformulacións oportunas en cada momento. Trimestralmente, farase a análise global do desenvolvemento do proxecto, por parte do equipo de profesores que o realiza. Ó remate do proxecto procederase a facer a avaliación final, segundo os criterios que se sinalan, dos seguintes aspectos

Deseño -

Grao de adecuación dos obxectivos ás necesidades do centro. Nivel de contribución dos contidos e actividades deseñadas á consecución dos obxectivos.

Proceso de traballo -

Grao de contribución do sistema de traballo á consecución dos obxectivos

27


C.E.I.P. DE SOBRADA

-

Resultados -

-

-

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR Nivel de adecuación da distribución das tarefas, dos agrupamentos e da temporalización ó traballo dos distintos contidos.

Modificacións e melloras que se produzan nas infraestructuras e no mobiliario da biblioteca Incorporación á biblioteca, para realizar o seu inventario e catalogación, de tódolos recursos do centro (bibliográficos, audiovisuaies, informáticos,...) con independencia da sua ubicación física. Funcionamento e utilidade do programa empregado para a catalogación de recursos e estatísticas de libros e de usuarios. Organización e dispoñibilidade dos documentos tanto para alumnos/as como para profesores/as. Nivel de formación de usuarios e capacidade de alumnos/as e profesores/as para localizar e utilizar os documentos da biblioteca e dos recursos informáticos e Internet. Grao de uso da biblioteca como centro de recursos do colexio, así como implicación nas diversas tarefas da mesma. Desenvolvemento do programa de actividades de animación á lectura. Melloras do hábito lector producidas no alumnado. Nivel global de funcionamento do proxecto no seu conxunto e posibles modificacións .

INDICADORES -Nivel de participación e implicación do profesorado no proxecto. -Si se van acadando ou non os obxectivos propostos. -Nivel de satisfacción do profesorado, do alumnado e da comunidade educativa en xeral. INSTRUMENTOS • • • •

Observación e rexistro dos procesos Observación e rexistro dos resultados obtidos ó levar as distintas actividades á práctica. Postas en común Cuestionarios

28


C.E.I.P. DE SOBRADA

Torrón-Sobrada, s/n. 36790 SOBRADA -TOMIÑO (Pontevedra) Telf. e Fax :986 63 33 69 e-mail: ceip.sobrada @edu..xunta.es www.centros.edu.xunta.es/ceipdesobrada

PROXECTO LECTOR PARTICIPACIÓN NA AVALIACIÓN Como unha actividade máis da P.X.A., a avaliación correrá a cargo do Claustro como órgano colexiado, pero as persoas máis directamente implicadas serán: •

O equipo directivo do Centro.

O equipo encargado da biblioteca como responsable do seu funcionamento e como coordinador das actividades que se desenvolvan.

o Cada curso do Plan lector anual

CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. Cada actividade levada a cabo será susceptible de avaliación polos equipos de ciclo e demáis organismos implicados para o que se prepararán unhas fichas modelo que se entregarán unha vez cubertas as persoas responsables da biblioteca. En canto ó funcionamento, nas reunións periódicas (unha por trimestre como mínimo) comunicaranse as posibles modificacións e atenderase a tódalas suxerencias que fagan chegar os usuarios a través dos seus representantes. Cada titor/a elaborará a fin de curso (ou por trimestres) un pequeno estudio das lecturas dos seus alumnos/as, elaborando unha pequena estatística de libros preferidos, promedio de lecturas por alumno, temáticas... Para contar coa opinión do alumnado con respecto as actividades que se leven a cabo e ó xeito de facelo utilizaremos o buzón das suxerencias para o que se prepararán tamén unhas fichas tipo que estarán na biblioteca a disposición dos nenos e nenas.

29


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.