ceip a lama equipo de biblioteca
DOCUMENTO DE XESTIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2009/2010
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Este documento de xestión que comezas a ler foi elaborado polo Grupo de Traballo que baixo o epígrafe “Organización e Dinamización da Biblioteca Escolar”, desenvolveu o Proxecto de Biblioteca do CEIP “A Lama” que nos deu acceso ao PLAMBE no curso 2009/2010. Coordinadora do GT: Cristina Campos Pérez Coordinador do Equipo de Biblioteca: Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez Membros do Equipo: Marta Couso Carballude Mª Teresa Couto Paz Mercedes Lorenzo Baqueiro Olga Vanessa Melón Rascado
1
Documento de Xesti贸n Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
2
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN a) CONTEXTO b) SITUACIÓN E DESCRICIÓN c) A NOSA MASCOTA: LEO
2. NORMAS XERAIS a) ORGANIZACIÓN DOS FONDOS i. ii. iii. iv. v.
CDU Catalogación e rexistro Centros de interese Ubicación de fondos nos departamentos e aulas Expurgo
b) ADQUISICIÓN DE FONDOS c) NORMAS DE USO vi. vii. viii. ix. x.
Dos fondos Das instalacións Dos equipos Horarios Lectura na biblioteca
3
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
d) O EMPRÉSTITO DE FONDOS xi. Carné xii. Sección de aula xiii. A Mochila de Leo: empréstito en Ed. Infantil
3. OS VOLUNTARIOS a) b) c) d) e) f)
SELECCIÓN FORMACIÓN DE VOLUNTARIOS TARXETA IDENTIFICADORA REXISTRO DE COLABORACIÓN FUNCIÓNS HORARIOS
4. PROPOSTAS DE DINAMIZACIÓN PARA A BIBLIOTECA a) ACTIVIDADES DE FORMACIÓN. Formación do Equipo de Biblioteca Formación de usuarios i. Profesorado ii. Alumnado -
Na procura do tesouro Decobiblio Que é unha biblioteca para ti?
4
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
b) ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA. -
Cóntoche un conto? Hora de ler Libro de honra da biblioteca Cámbiocho por un conto Producións propias Mochilas viaxeiras Biblioinstante Obradoiro do bo narrador Competición de lectura
c) ACTIVIDADES DE TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL. - Proxectos documentais integrados - Laboratorio de comunicación Blogue: “O recanto de Leo” Radiopatio: “A persiana” Saímos na revista
5. BIBLIOGRAFÍA
5
Documento de Xesti贸n Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
6
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
1. INTRODUCIÓN a. CONTEXTO O Concello A Lama é un Concello extenso (112 Km2) e montañoso (Serras do Cando, O Seixo e o Suído) formando, co concello de Pontecaldelas e Fornelos de Montes, a subcomarca denominada A Montaña, da comarca do Val do Verduxo. Lonxe das vías de comunicación máis importantes, o Concello conta con 3.143 habitantes, do que resulta unha das densidades de poboación máis baixas de Galicia (28 hab/km2). A poboación está atendida cunhas estruturas claramente insuficientes, tanto a nivel educativo, sanitario, de infraestruturas e acceso á cultura. Conta cun só colexio de Educación Infantil e Primaria, un Centro de Asistencia Sanitaria primario e unha pequena biblioteca municipal e non existen nin hospital, nin Centros de Educación Secundaria, nin salas de cine, teatro, nin centros para a terceira idade, xuventude, etc. O CEIP “A LAMA” é un colexio de titularidade pública (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) con 101 alumnos, dos que 27 son de Educación Infantil e 74 de Educación Primaria. O equipo docente está formado por 15 profesores: 2 de Ed. Infantil, 5 de Ed. Primaria, 1 de Lingua Inglesa, 1 de Lingua Francesa, 1 de Ed. Musical, 1 de Ed. Física e 1 de Pedagoxía Terapéutica, todos a tempo completo no centro; e 1 de Audición e Linguaxe, 1 de Relixión e 1 Orientadora (compartida con outros centros). O horario académico abrangue dende as 10:00 ata as 16:30 horas, cun descanso nas tarefas docentes de 13:30 a 15:00 horas, tempo no que funciona o comedor escolar.
7
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
b. SITUACIÓN E DESCRICIÓN A biblioteca escolar A actual Biblioteca do CEIP “A Lama” atópase situada nunha parte céntrica do edificio, sendo accesible dende os corredores principais.
8
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Despois dunha pequena obra de albanelería feita en setembro de 2009, consistente na eliminación dun tabique e un mesado de laboratorio, pasamos a contar cun espazo de 100 m2, e en outubro do mesmo ano comezamos co seu amoblamento, traslado de fondos e dotación de equipos e materiais audiovisuais. Antes deste traslado pintouse axeitadamente e puliuse o chan, instaláronse 5 puntos de acceso á rede informática e decorouse dun xeito atractivo e moderno, que a fixera o lugar máis acolledor do colexio. Para a adecuación deste espazo dispúxose de fondos chegados do Plan de Melloras de Bibliotecas Escolares convocatoria 2009/2010 e achegas dende os orzamentos do centro; contouse tamén coa colaboración do concello que aportou man de obra e do Departamento Territorial da Consellería de Educación que enviou unha empresa para pulir o chan. A súa distribución e dotación foi pensada para un mellor aproveitamento dos espazos e dos equipamentos, co propósito de que se converta no principal centro de recursos do centro, motor de tódalas actividades educativas e culturais programadas.
Distintas perspectivas da biblioteca logo da súa adecuación no Curso Escolar 2009/2010.
9
Documento de Xesti贸n Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
No seguinte plano p贸dense apreciar os distintos recantos e recursos cos que conta:
Ventanais
1) 7)
8)
6)
9) 2)
4)
5)
3)
10)
4)
4)
Ventanais
10
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
1) Recanto de lectura informal: delimitado por unha alfombra de 12 m2 e uns andeis de cores vivas onde situamos lecturas seleccionadas para educación infantil e primeiro ciclo de primaria. Conta, a súa vez con coxíns, banquetas, e asentos de espuma. 2) Mesa de xestión: mesa en forma de L, onde está situado o ordenador de xestión da biblioteca, ademais de ser o lugar onde se procede á catalogación, rexistro, etiquetado… dos documentos. 3) Andeis para fondos de consulta: neles sitúanse os documentos de todas as categorías da CDU das que dispoñemos, agás os de lingua e literatura, e os fondos en soportes sonoros ou audiovisuais. 4) Andeis para literatura infantil e xuvenil: onde se sitúan, recomendados por idades (xa o explicaremos no apartado de catalogación do presente documento), os fondos desta categoría da CDU. O tipo de mobiliario está pensado para que poidan chegar a eles tódolos alumnos do centro, por iso teñen unha altura reducida. Ademais colócanse os libros de abaixo a riba en función do ciclo para o que están recomendados. 5) Mesas de traballo: lugar pensado para desenvolver distintos tipos de actividades documentais, lectura, consulta… 6) Recanto para proxeccións, charlas, dinámicas de grupo, contacontos…: conta cun proxector de vídeo conectado a un ordenador con conexión a Internet, e a un reprodutor de DVD con sistema de son Home Cinema; unha pantalla de 4 m2; 12 cadeiras con pa para escribir; e unha alfombra de 12 m2 para o desenvolvemento de distintas dinámicas. Ademais dispoñemos dun teatro de monicreques e unha poltrona, ambas as dúas pensadas para actividades de animación á lectura. 7) Sección de cómic: andel disposto para situar as distintas coleccións de cómic.
11
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
8) Recursos para o aprendizaxe da lectura: neste recanto gardamos distintos títulos dos que dispoñemos moitos exemplares, e que son empregados polos titores para facer actividades de lectura guiada na aula. 9) Moble de audiovisuais: conta cun lector de DVD e Home Cinema, ademais de albergar a colección de cinema infantil, documentais de natureza, xogos educativos multimedia e a sección de gravacións sonoras. 10) Recanto de ordenadores: dispoñemos de 4 ordenadores con conexión a internet.
c. A NOSA MASCOTA LEO A nosa mascota é un rato de biblioteca. A idea xurdiu logo de que un alumno que colaboraba na limpeza e organización atopara un visitante inesperado entre os libros que estaba a mover de lugar. Máis adiante fíxose un concurso para lle poñer nome, e a proposta gañadora, por entender o xurado que era a máis orixinal, foi a de LEO. O alumnado está completamente identificado con el, e a súa imaxe emprégase en comunicacións, impresións, como logotipo. Ademais é LEO quen se dirixe á xente firmando persoalmente as cartas.
12
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
2. NORMAS XERAIS a) ORGANIZACIÓN DOS FONDOS i. CDU A Clasificación Decimal Universal é un sistema que agrupa os fondos por materias. É a empregada na meirande parte dos catálogos bibliográficos de España. A nosa pequena variación queda así:
Xeneralidades. 0
Didáctica e Pedagoxía. 1
Ciencias exactas e naturais. 5
Ciencias aplicadas. Curar fabricar. 6
Ocio. Entretemento. 7
Lingua e Literatura. 8
Xeografía e Historia. 9
Trátase dunha táboa breve, xa que non pretende clasificar polo miúdo, senón dar unha orientación.
Destes grandes grupos sáennos as seguintes subcategorías que empregamos nas etiquetas dos libros: 0 – xeneralidades, dicionarios, enciclopedias 1 – pedagoxía, didáctica 1I – materiais didácticos inglés
13
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
5 – ciencias exactas e naturais – observar a materia 6 – ciencias aplicadas, curar fabricar 7 – ocio, entretemento 7C – cine 7X – xogos 7M – manualidades 7MU – música 7EF – educación física 8 –literatura 8C – cómic 8I – inglés 8P – poesía 8T – teatro 9 – Xeografía e historia *Estas subcategorías son unha adaptación particular que facemos na Biblioteca do CEIP A LAMA da táboa de clasificación estándar. A clasificación por materias será por tanto o primeiro criterio á hora de organizar os fondos. Despois agruparanse por autor e por último por título. Para a elaboración da etiqueta que se pegará no lombo do documento teranse en conta estes tres parámetros, e incluirá polo tanto tres liñas: Unha primeira que será o número (ou número e letras) da táboa de categorías que lle corresponda ao documento en función da súa materia.
14
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Unha segunda liña que incluirá, en maiúsculas, as tres primeiras letras do apelido do autor. (En casos especiais poderemos empregar a produtora cinematográfica, editorial…) Unha terceira liña que incluirá, en minúsculas, as tres primeiras letras da primeira palabra do título que teña significado propio. (Se se trata dunha continuación dunha obra poderá engadir ademais un número que o aclare) Exemplo: A seguinte etiqueta sería a que se colocaría nunha obra narrativa, a súa autora é Fina Casalderrey, e o título é O misterio dos fillos de Lúa. 8 CAS mis
No caso da narrativa infantil e xuvenil incluiremos tamén un punto de cor que será indicativo da idade recomendada: Amarelo para Ed. Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria. Azul para o Segundo Ciclo de Primaria. Verde para o Terceiro Ciclo de Primaria.
15
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Esta cor terase en conta tamén á hora de colocar os libros nos andeis, quedando no inferior o amarelo, no medio o azul, e no superior o verde. Que sexa unha recomendación non impedirá, en ningún caso, que os lectores poidan coller libros indicados para outras idades. ii. Catalogación e rexistro Para a catalogación e rexistro dos fondos empregarase o programa informático Proxecto Meiga, elaborado e distribuído pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Trátase dun software específico, para o seu emprego na biblioteca, no que unicamente terá acceso os membros do equipo da biblioteca que se encarguen desta tarefa. Para acceder con pleno permisos no programa, deberase empregar como usuario: ADMIN, e no contrasinal: ADMIN01. Os rexistros descargaranse dende catálogos de referencia como REBECA, Centro Superior Bibliográfico de Galicia ou na rede OPAC Meiga e incorporaranse ao noso catálogo. Só no caso de non os atopar, procederase a súa catalogación manual. O número de rexistro do documento escribirase na primeira páxina de cada libro. De tratarse de materiais en soportes informáticos ou videográficos, na portada e no disco. Faranse copias de seguridade dos discos que serán as que se presten. Os orixinais quedarán arquivados na biblioteca. Cada exemplar levará posto o selo do centro cantas veces se considere necesario, tentando evitar a súa colocación enriba das ilustracións ou do texto.
16
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Para protexer os documentos, forraranse con plástico transparente sempre que sexa posible. Un rexistro non poderá pasar a empréstito mentres non se termine todo este proceso. Cando un libro se da de baixa por deterioro, perda, ou porque se considere non axeitado para a Biblioteca, tamén se eliminará o seu rexistro do catálogo. No seu lugar rexistrarase unha nova adquisición.
iii. Centros de interese No recanto de lectura informal os libros están dispostos de xeito desordenado, coas portadas á vista, e agrupados por temáticas ou outros criterios que se irán variando ao longo do curso en función das necesidades e intereses. Neste espazo coidarase moito a súa ambientación, para que chame a atención dos usuarios. Exemplo: se chega o Samaín, empregaríamos este centro de interese para darlle unha maior notoriedade a publicacións con esta temática ou relacionados. Ambientarase con teas de araña, cabazas, morcegos… Tamén poderían estar mesturados distintos soportes documentais (electrónico, libros, revistas, catálogos…).
iv. Ubicación de fondos nos departamentos e aulas A meirande parte dos fondos estarán ubicados na biblioteca, pero en casos específicos indicarase no rexistro do Meiga o lugar (departamento, aula…) onde estean permanentemente estes fondos. A elección dos materiais correrá por parte do mestre interesado e non terá un limite determinado de cantidade.
17
Documento de Xesti贸n Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
18
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
v. Expurgo O expurgo é unha operación técnica de avaliación crítica da colección con vistas a mantela nas mellores condicións posibles. Non hai que confundir expurgo con retirada: todos os fondos son sometidos ao expurgo e, como consecuencia del, algúns deles serán retirados da colección —temporal ou definitivamente— e outros permanecerán. Esta operación debe realizarse periodicamente; por exemplo, cada ano ao rematar o curso escolar. A primeira premisa a seguir é, que si se considera pertinente a retirada dalgún material editado con anterioridade a 1959, realizaranse tódalas xestións precisas para comprobar que xa existe dito fondo na Biblioteca Nacional. De non ser así remitiremos dita información á institución correspondente xa que estes fondos son considerados patrimonio histórico e polo tanto correspóndelles a súa custodia. Para expurgar algún material teranse que valorar os seguintes criterios: -
Estado físico: polo seu deterioro interno e/ou externo. Será retirado temporalmente para o seu arranxo, e permanentemente só no caso de non ser posible a súa recuperación.
-
Adecuación: valorarase as necesidades e características do centro e do seu entorno, procurando adaptar os recursos a realidade educativa.
-
Redundancia: se existe unha gran cantidade de exemplares dun mesmo fondo, procurarase a súa retirada temporal para dar espazo á variedade.
-
Actualidade e calidade: se o seu contido está desfasado retirarase do uso permanentemente.
19
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Os fondos que sexan expurgados baixo estes criterios terán un algún destes destinos: -
No caso de que sexa de forma temporal: existe un caixón na mesa de xestión habilitado para tal fin, ao que chamamos “caixón dos arranxos”. Se a retirada vai ser por un tempo considerable poden ser gardados na aula número 13 do centro, nos andeis habilitados para elo.
-
Se os fondos foron expurgados de xeito permanente: hai que considerar se o motivo foi por ser inadecuados para o centro. Se valeran para outra institución, serán doados ou intercambiados coa mesma, tomando prioridade os organismos máis próximos ao centro.
-
Se o motivo é que o seu contido está desfasado, ou o seu deterioro impide o arranxo, serán destruídos seguindo criterios de reciclaxe dos seus materiais.
b) ADQUISICIÓN DE FONDOS Para a adquisición de novos fondos, daráselle prioridade a aquelas categorías nas que apreciamos carencias. Tratarase de equilibrar as distintas materias chegando a ter un 40% de literatura Infantil e un 60 % para o resto, como aconsella a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Consultaremos aos distintos membros da comunidade educativa para ver as necesidades que poida haber, dándolle prioridade ás necesidades que proveñan de proxectos e traballos que se teñan programado nas distintas áreas e ciclos. Outro aspecto a ter en conta na adquisición de fondos serán as linguas impartidas no centro, procurando potenciar a adquisición de fondos en aquelas nas que se precise.
20
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
c) NORMAS DE USO i. Dos fondos Os usuarios da biblioteca deberán ter un coidado especial cos documentos emprestados ou que se consulten na sala. Nas actividades de formación de usuarios faráselles fincapé nos seguintes aspectos que podemos apreciar no seguinte cartel que se atopa en lugares visibles da biblioteca e as seccións de aula.
Normas para o coidado dos fondos da biblioteca -
Lembra que non se debe comer enriba dos libros.
-
Gárdaos sempre no mesmo lugar, non vaia ser que os perdas.
-
Se escribes neles, outros usuarios non os poderán usar.
-
O material audiovisual é moi delicado, procura extremar o coidado.
-
Revisa o empréstito antes de levalo, e se atopas algún deterioro avísallo ao mestre encargado.
-
Dispós de 15 días para devolver o teu empréstito. Faino a tempo para que todos poidamos gozar das mesmas oportunidades. Se o precisases tamén podes renovalo.
21
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
ii. Das instalacións Temos por norma que os nenos que van á biblioteca no recreo a ler, a buscar información ou a coller emprestado calquera documento, deben permanecer nela durante todo o recreo. Se só queren devolver un documento, poden saír ao patio unha vez que o fagan. Antes da entrada na biblioteca, os nenos teñen que ter merendado, pois na biblioteca non está permitido comer nin beber, a fin de evitar manchar os documentos e as instalacións. De non facelo na aula, poderán facelo nos recantos das entradas. Por outro lado, tratarase de concienciar ao alumnado de que a biblioteca é un espazo para a lectura, polo tanto, débese manter o máximo silencio posible. Do mesmo xeito haberá que coidar o mobiliario e os documentos que nela se atopan. Os alumnos deben respectar os diferentes espazos e non darlles un mal uso. iii. Dos equipos Na mesa de xestión hai un ordenador para uso exclusivo do equipo de biblioteca. Para outro tipo de traballos e/ou consultas o centro dispón de ordenadores suficientes con conexión a internet en tódalas aulas, así como portátiles no despacho de dirección. No recanto TIC hai catro ordenadores a disposición dos membros da comunidade educativa que os precisen. Estes ordenadores son para consulta e procura de información, para ler e deixar comentarios no blogue da biblioteca, e para calquera tarefa programada polo profesorado relacionada coa alfabetización na información e a formación de usuarios. Dende un principio se lles informou aos nenos que non son un instrumento de xogo. Para lembrarlles isto, elaboráronse uns carteis coas normas básicas para o seu uso, que están colocados na mesma mesa que os ordenadores.
22
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
1ª- Na biblioteca hai catro ordenadores para uso do alumnado. Podedes utilizalos para consultar enciclopedias, facer traballos, entrar nos blogues do cole ou buscar información en internet. 2ª- Para usar os ordenadores deberás consultar cos voluntarios ou o bibliotecario.
3ª- Non te anotes de un día para outro e tampouco anotes a outra persoa. 4ª- Nós recomendámosche que para buscar información empregues: “WWW...” e tamén os recursos educativos. Podes entrar con: -
usuario:........ contrasinal.....
5ª- RECORDA: A navegación por internet ten certos perigos. Por iso:
Non debes dar os teus datos persoais a través de internet: nome, teléfono, dirección, etc. Non fagas actividades persoais como enviar ou recibir correo electrónico, entrar nun chat, en facebook, messenger, tuenti, etc. Nunca quedes con persoas ás que coñezas a través de internet.
6ª- Se non cumpres estas normas, isto levarate a que che prohíban usa-los ordenadores 23 por un tempo.
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Así mesmo, a biblioteca conta con unha instalación de home cinema con proxector e unha pantalla para que calquera mestre do centro os poida usar co alumnado no seu labor docente. O proxector está conectado ademais co 1º ordenador. Proxector e home cinema só poderán ser manipulados polo profesorado. iv. Horarios A biblioteca está dispoñible para calquera persoa do centro durante todo o horario lectivo. Para evitar que un curso a ocupe cando outro a precise, elaborouse un calendario flexible de dúas semanas. Deste xeito pódese facer “reserva” dunha determinada hora con unha semana de antelación, pero non dun xeito “fixo”. Este calendario está na sala de profesores e vaise renovando cada semana. Os horarios de recreo utilízanse para servizo de préstamo, consultas, lectura e devolucións. Logo hai outros horarios como os de recreo despois do comedor que se utilizan para formación de usuarios e colaboradores de biblioteca, para preparar algún traballo cos alumnos ou para que os alumnos preparen algún conto ou exposición. O venres estará aberto para todo o colexio. v. Lectura na biblioteca En xeral, inténtase inculcar que esta lectura sexa o máis silenciosa posible. Elaboráronse unhas tarxetas co nome de cada alumno do centro. Estas tarxetas están nunhas caixas laranxas na biblioteca. Cando un alumno vai ler un libro, colle a súa tarxeta (normalmente facilítalla un colaborador) e colócaa no lugar onde sacou o libro. Así ao devolvelo sabe onde ten que colocalo. No recanto informal de lectura non será preciso o emprego destas tarxetas, por non estar os documentos en orde alfabética.
24
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
d) O EMPRÉSTITO DE FONDOS O empréstito farao o bibliotecario/a mediante o rexistro co programa Meiga segundo as seguintes quendas:
LUNS ED. INFANTIL
MARTES 1º CICLO DE PRIMARIA
MÉRCORES 2º CICLO DE PRIMARIA
XOVES 3º CICLO DE PRIMARIA
Os documentos multimedia só se emprestarán a primeira semana de cada mes e nas mesmas quendas. Soamente se pode ter un libro, CD ou DVD en empréstito. As devolucións de documentos faranse ao bibliotecario/a, que as rexistrará no Meiga e poderán facelo calquera día da semana. O prazo máximo do empréstito será de 15 días, que se poderán prorrogar mediante a renovación. As enciclopedias, dicionarios, atlas e libros de consulta non se prestan, xa que deben de estar ao servizo de tódolos usuarios.
25
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
i. Carné O carné é necesario para coller prestado un documento. Tódolos alumnos dispoñen dun que estará custodiado pola titora. Entregarallo o día correspondente para o empréstito. Será recollido ao regresar á aula. A fin de evitar extravíos, aos alumnos de infantil prepararáselles unha cintas onde o levarán colgado. Non será preciso para as devolucións. Cada usuario ten o seu propio número de lector que aparece impreso na parte posterior. Este número corresponderalle para toda a súa escolaridade no centro. Esta medida aplícase para aforrar nos custes de elaboración do carné e para facilitar a memorización do número por parte do alumnado. No caso de que un alumno abandone o centro, será dado de baixa como lector, e o seu número quedará á disposición do seguinte usuario que se teña que rexistrar.
26
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
ii. Sección de aula Dende a biblioteca facilitouse, ao comezo do curso, unha caixa de plástico por cada aula ou departamento. Están identificadas cunha etiqueta e levan ademais un cartel reversible: EMPRESTITO/ DEVOLUCIÓN. O funcionamento do empréstito paras as aulas é o seguinte: -
Cada titor ou mestre pode escoller un máximo de 25 libros. Para o empréstito depositaraos na súa caixa e deixaraa na biblioteca coa etiqueta de EMPRESTITO.
-
Imprimiráselles unha listaxe cos documentos emprestados que ficará, xunto coa caixa, o que indicará que xa poden ser recollidos pola aula ou departamento. Ademais, esta listaxe axudará a levar un control dos documentos emprestados.
-
A duración do empréstito será dun mes, podendo ser renovados se se precisa máis tempo.
-
Mentres dure o empréstito a caixa permanecerá na sección de aula correspondente.
-
Para devolvelos deixará a caixa na biblioteca co cartel de DEVOLUCIÓN.
27
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
iii. A Mochila de Leo: empréstito en Ed. Infantil Os alumnos de infantil dispoñen dunha mochila (“A mochila de Leo”) para transportar os documentos emprestados e que deberán entregar cando fagan a devolución. Esta medida dispúxose para reforzar a formación de usuarios nestas idades e para favorecer unha mellor conservación dos fondos. A mochila non é un agasallo, é unha ferramenta para o empréstito. Non debe ser empregada para transportar outra cousa que non sexan documentos da biblioteca. No momento de realizar o empréstito introducirase o documento na mochila e entregaráselle ao alumno. Para a súa devolución, é indispensable traer o empréstito dentro da mochila, senón non se realizará. Non se aceptarán devolucións de fondos e mochilas a destempo.
Alumnado de Educación Infantil logo de recibir o seu primeiro empréstito coas Mochilas de Leo.
28
Documento de Xesti贸n Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
29
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
3. OS VOLUNTARIOS a) SELECCIÓN Ao comezo do curso, ofertarase no terceiro ciclo a posibilidade de ser voluntario da biblioteca. Se non se acada o número necesario, que estimamos entre 12 e 15 alumnos, ampliarase a oferta a os cursos de 4º e 3º. Serán axudantes por un curso completo, e terán asignado un día semanal de garda na biblioteca, para desempeñar as súas funcións. Un recreo de comedor á semana dedicarase á Formación de Voluntarios, e todos deberán asistir. b) FORMACIÓN DE VOLUNTARIOS A formación dos voluntarios farase, canda menos, un día á semana no recreo do mediodía. Ao comezo do curso, logo de estudar os horarios dos mestres do equipo de biblioteca, fixarase ese día. O obxectivo desta formación é o facer Voluntarios competentes nos distintos ámbitos e funcións a desempeñar. Un voluntario ben formado axudará enormemente nas tarefas de formación de usuarios. c) TARXETA IDENTIFICADORA Cada voluntario disporá dunha tarxeta identificadora personalizada que levará no momento en que lle toque garda na biblioteca ou cando colabore na organización e desenvolvemento das distintas actividades que se leven a cabo. Non a empregará cando estea como usuario.
30
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
d) REXISTRO DE COLABORACIÓN Cada vez que realicen labores na biblioteca rexistrarán as mesmas nun libro que terá gardado o encargado/a da biblioteca. Na folla correspondente quedarán asinadas e seladas as datas nas que o axudante colaborou na biblioteca. O labor dos axudantes recompensarase ao completar a folla de rexistro cun premio. A finalidade deste rexistro é a de educar na responsabilidade, dándolle moita importancia ao compromiso adquirido. A mensaxe que se intenta enviar é a de que o traballo trae recompensas e a satisfacción polo realizado.
Identificadores dos Voluntarios
Libro de rexistro da asistencia do voluntariado
31
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
e) FUNCIÓNS Serán funcións dos voluntarios as seguintes: - Colaborar a difundir as normas de comportamento e utilización da biblioteca. - Ordenar os documentos nos respectivos andeis. - Repartir as tarxetas que se usan para volver os libros ao sitio correcto. - Recoller as tarxetas e devolvelas aos arquivadores correspondentes. - Renovar e ordenar os libros dos recantos e centros de interese. - Colocar os libros das devolucións no seu lugar axeitado. - Asistir ás sesións de formación de voluntarios. - Velar polo cumprimento das normas entre os alumnos que asisten á biblioteca e apercibir aos usuarios cando non respecten as normas de comportamento. - Comunicar ao coordinador ou profesor encargado da biblioteca calquera anomalía. - Colaborar co coordinador no desempeño das súas tarefas e no control dos fondos. - Axudar no desenvolvemento das actividades programadas no centro que teñan como escenario a biblioteca. - Supervisar o emprego dos ordenadores da biblioteca, velando polo cumprimento das normas. - Axudar aos máis desorientados na localización dos fondos da biblioteca.
32
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
f) HORARIOS Os día de colaboración dos voluntarios serán do luns ao xoves na hora do recreo, asignándolles unha garda de 25’. Ao comezo do curso estableceranse esas quendas, precisándose un mínimo de 3 voluntarios por cada recreo. Nun recreo de comedor á semana terá lugar a sesión de formación de voluntarios. Este día marcarase a comezo de curso logo de estudar os horarios dos mestres do equipo de biblioteca. Os venres tamén abrirá a Biblioteca no recreo do comedor. A asistencia como voluntario non é obrigatoria, pois ese día dedícase á animación á lectura coa preparación de contos por parte do alumnado.
33
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
4. PROPOSTAS DE DINAMIZACIÓN PARA A BIBLIOTECA Estas actividades que a continuación describimos, son propostas de actuación para os vindeiros anos. Serán presentadas ao comezo de cada curso, xunto con outras que poidan xurdir, na comisión de coordinación pedagóxica, para a súa inclusión na Programación Xeral Anual. Clasificarémolas en tres ámbitos: a) Actividades de formación. b) Actividades de animación á lectura. c) Actividades de tratamento da información e competencia dixital. a) Actividade de formación. É moi importante dedicar un tempo á formación dos distintos tipos de usuarios, en tódolos aspectos que abrangue a biblioteca para un mellor aproveitamento dos recursos. Estas actividades non irán só encamiñadas á formación do alumnado, senón que deberán cubrir a toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias. Formación do Equipo de Biblioteca A comezo de cada curso conformarase o equipo que se encargará do desenvolvemento das actividades programadas dende a biblioteca, así como de colaborar nas actividades de xestión e organización que se precisen. Unha pretensión cara a un futuro próximo debería ser a especialización dos integrantes do equipo de biblioteca, para que cada un se encargue de coordinar, canda menos, unha área de traballo: formación de lectores, animación á lectura, blogue, proxectos documentais, equipo de voluntarios, catalogación, adquisición de fondos…
34
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Desde o propio equipo promoverase que os seus compoñentes asistan a distintos tipos de actividades de formación, como poden ser grupos de traballo, cursos, xornadas… Formación de usuarios i. Profesorado Dedicaranse varias sesións ao longo do curso para a formación do profesorado en todo o tocante á xestión e organización, actividades programadas e emprego dos recursos que a biblioteca pon a disposición da comunidade educativa. Farase tamén un especial esforzo en por ao día ao novo profesorado no desenvolvemento de actividades como “Hora de ler”, a dinámica da sección de biblioteca das aulas e os proxectos documentais. ii. Alumnado Un dos ámbitos de traballo máis importantes. Dedicaremos o primeiro trimestre á realización de distintas actividades de formación do alumnado na utilización dos recursos da biblioteca: a procura no catálogo, coñecemento xeral da CDU, normas de emprego dos ordenadores, a web Meiga, colocación dos documentos, disposición e función dos distintos recantos da biblioteca, empréstito, a lectura na sala… -
Na procura do tesouro Actividade encamiñada á localización de fondos nos distintos andeis da biblioteca. Mediante varias probas os alumnos familiarízanse coa etiqueta dos libros, coa CDU, a situación dos fondos por mate-
35
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
rias, coñecen como se elabora a etiqueta, fan procuras no catálogo… Levarase a cabo no primeiro trimestre nas horas de biblioteca asignadas aos distintos cursos. -
Decobiblio Concurso que terá lugar ao comezo do curso e no que se lle pretende dar valor ás seccións de aula da biblioteca. Con el queremos que o alumnado destaque o lugar onde se situarán os empréstitos mensuais que se lle fai á súa clase. Empregando distintos tipos de técnicas plásticas deberán facer do recanto da biblioteca un espazo que chame á atención, que sexa rapidamente identificado, ao que se lle dea unha especial relevancia…
-
Que é unha biblioteca para ti? Pensando no día da biblioteca (24 de outubro) pensamos en conmemorar esta data cun concurso que nos amose a visión que teñen os nosos pequenos do que é unha biblioteca. Poderán empregar o debuxo, o relato, a poesía, o cómic… para ofrecernos a súa perspectiva.
b) Animación á lectura Un dos aspectos fundamentais do traballo na biblioteca é descubrir aos nenos e nenas o pracer pola lectura. Neste sentido o equipo de biblioteca, coordinado co de actividades complementarias, debe programar ao longo do curso distintas actividades de animación que os acheguen ao mundo dos libros. Existen múltiples iniciativas encamiñadas a este fin: encontros con ilustradores, visitas de escritores, sesións de contacontos… incluiremos ademais todas aquelas nas que o noso alumnado se converte en animador e creador.
36
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
-
Cóntoche un conto? Unha afección moi arraigada entre o alumnado do centro é a de contar contos. Son os propios nenos e nenas os que os preparan para relatarllos aos seus compañeiros. Estableceuse o recreo de comedor dos venres para a realización desta actividade, que se encargarán de preparar nos recreos do mediodía. Escóllese o conto, faise un reparto dos personaxes, lese detidamente… En moitas ocasións empregan o teatro de monicreques, que está a súa disposición con unha colección ampla de personaxes. Cabe salientar que os alumnos van aprendendo uns dos outros este arte de contar contos, e os maiores van introducindo aos máis pequenos, co que te podes atopar nenos de 3º ciclo preparando a súa representación con outros de 1º ciclo.
-
Biblioinstante Consiste en habilitar períodos de tempo que sexan un espazo para a oralidade aberto a alumnos e a profesores. Neles poden contar unha pequena historia, recitar un poema, facer unha breve exposición sobre algún tema, ler calquera tipo de creación literaria propia…
37
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
-
Hora de ler Esta actividade da “Hora de ler” púxose en práctica a mediados do curso 2009/2010, como ferramenta básica para crear o hábito lector entre o noso alumnado. Debateuse no equipo de biblioteca e fíxoselle unha proposta ao claustro que a aceptou. Para levala a cabo houbo que refacer o horario académico acurtando as sesións e o recreo da mañá en 5 min. Desta decisión resultaron 20 minutos antes do recreo que dedicamos obrigatoriamente á lectura. Cada mestre ten que adaptar a dinámica á súa particularidade: se é especialista ou titor, se está nun ciclo ou noutro, se imparte clase de unha ou outra materia. Moi ligado a esta actividade está a sección de biblioteca das aulas, que aportará a meirande parte das lecturas, aínda que os lectores tamén as poidan traer das súas casas.
-
Libro de honra da biblioteca Dende o curso 2008/2009 a biblioteca conta cun libro no que os nosos “ilustres visitantes” pódennos deixar unha dedicatoria. Irá acompañada dunha foto do acontecemento ou unha ilustración. A finalidade é a de recoller a xeito de memoria o paso polo noso colexio daquelas persoas que viñeron facer algunha charla, animación á lectura, actuación…
38
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
-
Cámbiocho por un conto Con motivo do Día do Libro a biblioteca cambiaralle a todo o alumnado que participe, un libro por unha creación literaria. É totalmente aberto: un conto, unha poesía, unha ilustración, unhas adiviñas… pero o requisito será que veña feito da casa coa colaboración da familia.
-
Producións propias En colaboración co equipo de Normalización Lingüística estanse a elaborar ao longo do curso unha serie de contos que nós chamamos viaxeiros. Sempre xiran entorno a un tema e cada curso vai escribindo unha parte. Xeralmente comezan os de 3º ciclo e vaise baixando. Primeiro ciclo e Educación Infantil encárganse das ilustracións. Unha vez rematado, recóllese nun “maxi+libro” de edición propia.
39
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
-
Mochilas viaxeiras Actividade moi estendida que consiste en deixar en empréstito unhas mochilas cun lote variado de documentos da biblioteca: narrativa, poesía, teatro, música… a ser posible tamén, en distintos soportes. Disponse dunha por clase, e ao longo do curso os nenos vanse pasando a mochila cada 15 días. Dentro irá, ademais dos documentos, un “caderno de bitácora” para que as familias deixen escritas as súas impresións sobre a experiencia, o que leron…
-
Obradoiro do bo narrador Para potenciar actividades como “Cóntoche un conto?”, “Biblioinstante” e “Radiopatio”. Esta experiencia pretende mellorar a expresión oral do noso alumnado, traballando a dicción, o control da postura e a linguaxe corporal.
-
Competición de lectura Xogo que ten como obxectivo o traballo da comprensión arredor dunha lectura colectiva. Cada equipo redactará unhas preguntas para facerlle ao outro logo de ler un capítulo. Vanse sumando puntos por cada resposta acertada. Remátase o xogo cando se remata de ler o libro.
40
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
c) Actividades de tratamento da información e competencia dixital. A alfabetización na procura e utilización da información debe ser unhas das nosas prioridades, logo de ter acadado un nivel de xestión axeitado e unha biblioteca moi acolledora e funcional. A LOE establece entre as competencias básicas que debe alcanzar un alumno ao rematar o ensino obrigatorio a de tratamento da información e competencia dixital. -
Proxectos documentais integrados Pequenas investigacións nas que o alumnado traballa directamente coa documentación, independentemente do soporte (libros, DVD, internet, CD-ROM…), aprendendo a aprender e a traballar autonomamente. Ademais de investigar sobre un tema concreto, familiarízanse cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual empregando os recursos que a biblioteca pon á súa disposición: documentos e ordenadores con conexión a internet.
-
Laboratorio de comunicación Logo de ter varias experiencias en medios de comunicación queremos conxugar os distintos ámbitos nos que traballamos nun laboratorio sobre a comunicación que os inclúa a todos. Serán:
Blogue: “O recanto de Leo” Blogue creado no curso 2009/2010 que nace para ser unha ventá da nosa biblioteca “aberta ao mundo”.
41
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Ademais de valer para comunicar as nosas experiencias e actividades, tamén valerá para formar ao noso alumnado no emprego da web 2.0, manexo correcto do xénero textual que se emprega nas entradas deste tipo de páxinas web, formar no sentido crítico á hora de empregar imaxes, ler en hipertexto e con hipervínculos.
Radiopatio: “A persiana” Pequenos programas de radio escolar para colgar na web e no blogue do centro a modo de podcast. Neles traballarase a entrevista, a crónica, a conversa, o debate…
42
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
Saímos na revista A revista escolar CEIBE ten xa máis de 25 anos de existencia, e está moi arraigada na comunidade escolar. Está editada polo Equipo de Normalización Lingüística do centro, do que a súa coordinación non sempre coincidirá coa da Biblioteca. A idea é que se manteña unha sección na que se poidan expoñer distintas actividades da biblioteca. Os voluntarios formarán o equipo de redacción desta sección.
43
Documento de Xestión Equipo de Biblioteca Biblioteca Escolar do CEIP A Lama
5. BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN: Para a redacción deste documento de xestión, ademais do debate no seo do grupo de traballo levado a cabo o curso 2009/2010, consultouse a seguinte bibliografía e sitios web de interese: Bibliografía: -
COLOMER, Teresa (2006) Andar entre libros: la lectura literaria en la escuela. México: FCE. SOLÉ, Isabel (2001) Estrategias de lectura. Barcelona: Graó. MUÑOZ, Rafael (1998) Animar a escribir para animar a leer. Revista Educación y Biblioteca. MATA, Juan (2008) Diez ideas claras: hacer de la lectura una práctica feliz, trascendente y deseable. Barcelona: Graó. MARINA, J.A. y VALGOMA, María de la (2005) La magia de leer. Barcelona: Plaza y Janés . Sitios Web:
-
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ http://dpto.educacion.navarra.es/bliotecasescolares/blitz.html
Asemade, tódolos os membros do equipo visitamos as bibliotecas escolares dos CEIP “A Pedra” de Bueu, “Frián” de Vigo, “Quintela” de Moaña e “San Martiño” de Pontevedra, onde nos expuxeron o seu traballo. Do mesmo xeito, dous membros do equipo asistiron ás seguintes actividades de formación durante o curso: Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, Encontros do PLAMBE e Encontros de Coordinadores e coordinadoras de Actividades de Formación en Centros. Por último, destacar o asesoramento e material achegado por Consuelo Rivera Seoane, Asesora de Bibliotecas do CFR de Pontevedra (curso 2009-2010).
44