Revista Escolar do Ceip “A Lama” ‐ ANO XXIII ‐ Nº 24
Inma ‐ 2º
s o t o f e d lร bum
A abella M
Carola - 1ยบ de
4 anos a ya - 3 e
Rebeliรณ Se fรณsemos unha orquestra - 2ยบ
de primaria
primaria
n no ab elleiro 5 anos
SUMARIO ALBUM FOTOS AO REDOR DO OUTONO, SAMAÍN E MAGOSTO
Fotos dos murais, decoración do escenario, concurso de contos, debuxos de medo e cabazas...
O PAIS DOS PEQUENOS
[páxina 5]
[páxina 8]
Gravación no Plató 1000, en Santiago, do programa que logo se emitiu na TVG.
NADAL
Día da festa: visita dos Reis Magos, Papá Noel, animación dos trasnos... Cantamos panxoliñas Decoración dos corredores e postais Prensa
[páxina 10]
UMM! QUE RICO!
Fotos do proxecto de Educación Infantil
DÍA DA PAZ
[páxina 14]
Fotos de como se fixo e saía polo pobo.
UMM! PEIXE
[páxina 13]
Mural do patio realizado cos maiores Lectura dos dereitos humanos, canción e mural grupal Mural dos pequenos coas pombas das familias Mural de relixión
ENTROIDO
[páxina 12]
[páxina 18]
Obradoiro cos alumnos/as de 3º e fotos da comida do “Programa para o consumo de peixe”.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Dramatización e sensibilización por parte do grupo de danza e teatro. Folleto informativo da festividade para as familias.
CONCURSO DO ESPANTALLO
[páxina 21]
Mural e traballo da aula de 1º
EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
[páxina 20]
Fotos da súa confección
LETRAS GALEGAS
[páxina 19]
[páxina 24]
Voz Natura: día da árbore (plantación na área de Racelo, colocación de niños, nomeamento de árbores), visita á área de helitransportados do Campiño e saída a Diverciencia. Prensa: Artigo na prensa Charla: “Do campo a escola” Reciclamos: “Os contedores do cole”, “Selección de residuos cos nenos de 5º”
BIBLIOTECA
[páxina 30]
Cambios: o antes e o despois (os nenos pintando os estantes, o expurgo, as cortinas...) Normas básicas do funcionamento: circular informativa para as familias e carné. Concurso para a mascota. Día do libro: fotos do mural da mascota, regalos para os lectores, libro de honra e pistas polos corredores. Visita dos ilustradores e creadores: Mau e Pin, e Anxo Fariñas. Voluntarios da biblioteca: fotos, funcións e conta‐contos.
AXENDA ESCOLAR
[páxina 33]
Creación da mesma, aspectos máis relevantes e funcionamento.
PROGRAMA DE SAÚDE NA ESCOLA
Ed. Infantil: “ El gran traje” 1º ciclo: “Lío na granxa” 2º ciclo: “Gaiteiros da Xistra” e “Os músicos de Bremen” 3º ciclo: “As formas na música” e “Marco polo”
[páxina 40]
Recortes de prensa
CHITES E PASATEMPOS
[páxina 39]
Charlas e talleres por parte da Psicóloga do concello.
SAÍMOS NO XORNAL
[páxina 35]
[páxina 38]
EDUCACIÓN EN VALORES
[páxina 34]
Cantabria e arredores Illas Cíes
TEATRO e MÚSICA
Danza e teatro Torneos deportivos Ciclos de cine Psicomotricidade infantil
SAÍDAS DE FIN DE CURSO
[páxina 33]
Fin da actividade, proposta de actividades e conclusións
OBRADOIROS DO MEDIODÍA
Sopa de letras Xerográficos Adiviñas Chistes
[páxina 42]
AO REDOR DO OUTONO, SAMAÍN E O MAGOSTO
A primeira conmemora‐ ción do curso sempre é o Ma‐ gosto. Dende hai uns anos ta‐ mén se festexa o Samaín (festa de raíces Celtas). A meirande parte da rapa‐ zada trouxo as cabazas e cestas que prepararon na casa coa axu‐ da das familias. Os murais que engalana‐ ron os corredores foron confec‐ cionados polos nenos e nenas de Infantil, 1º ciclo e 2º ciclo, que os deixaron ben fermosos. Os concursos de “Contos e Debuxos de Medo”, e o de
“Cabazas e Cestas”, completaron a programación deste acontecemen‐ to. As nais da ANPA asaron as castañas que puidemos degustar pola tarde. Algún “esqueceuse” de traelas picadas e os estoupidos pui‐ déronse escoitar na praza da vila. A xornada completouse cuns Xogos Populares, para grandes e pequenos, repartidos entre o pavi‐ llón e o patio interior: “lanzamento de zapatillas para achegarse á casta‐ ña”, “castañacesto”, “castañanca”, “a castaña e a ra”...
‐ 5 ‐
‐ 6 ‐
AO REDOR DO OUTONO, SAMAÍN E O MAGOSTO
‐ 7 ‐
cipar máis directamente no programa. Sentados ao carón da presentadora Belén Regueira, axudáronlle a dar paso as distintas seccións, e a lle facer a entrevista aos convidados Quique Morales e Sonia López, que estiveron moi simpáticos con todos nós.
Quique ensinounos un truco para dobrar camisetas moi rápido, e Sonia contounos como fai para compaxinar as súas profesións de modelo e pre‐ sentadora. Ao marcharen agasalláronnos cu‐ nha mochila e unha camiseta co logo do programa, que daquela se chama‐ ba “O país dos ananos”. A experiencia pagou a pena, xa que aínda que regresamos moi tarde, pa‐ sámolo en grande.
O PAÍS DOS PEQUENOS
O 19 de novembro fomos partici‐ par no programa de televisión “O país dos pequenos”. A verdade é que a experiencia foi moi interesante. Previamente, viñe‐ ran os da produtora para rodar as nosas opinións sobre temas diversos: a crise, as hipotecas, as tarefas do fogar… Unha vez alí tivemos que esperar a que remataran de gravar o programa anterior. Invitáronos a merendar (aínda que iso si que non estivo moi ben organizado). Logo de esperar un rato largo, por fin nos foron pasando ao interior do estudio. Mentres, os nosos compañeiros Abel e Ángel preparábanse para parti‐
‐ 8 ‐
‐ 9 ‐
O NADAL
Que ben o pasamos en Nadal! A mañá xa prometía, porque “Os trasnos maquineros” encargáronse de divertirnos moito coas súas cancións e xogos. Máis dun mestre volveu á súa infancia e pasouno de medo. Tivemos dúas ilustres visitas. A primeira, pola mañá, foi a de Papá Noel que nos trouxo un saco cheo de carame‐ los. Polo serán chegaron os Reis Magos montando os seus esplendorosos corceis.Cantos xoguetes repartiron! Encargáronse de recibilos os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo. Unha vez sentados nos seus tronos, cantámos‐ lles unhas panxoliñas: “Los reyes en camión”, “Peina el cabello al camello”, “Bo Nadal”… Víaselles moi ledos de poder estar entre nós e ata deixaron que nos fixeramos fotos con eles.
‐ 10 ‐
‐ 11 ‐
UMM! QUE RICO!
Os cativos de infantil quixemos facer un pro‐ xecto novo este ano. Queríamos aprender a comer san , aprender a usar os aparellos,coñecer receitas novas… e ade‐ mais buscar un vínculo coas familias. Así foi como naceu este proxecto; recollemos receitas das familias, clasificámolas por estacións do ano, incluso probamos algunhas… umm! Que rico! Toda unha experiencia que de seguro repetire‐ mos.
‐ 12 ‐
Tódolos anos, polo 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz. Xa hai moitos anos dende que se es‐ colleu esta data por coincidir co pasa‐ mento dun grande activista en prol dos dereitos humanos, Mahatma Gandhi. Este político indio caracterizou as sú‐ as protestas polo emprego da NON VIO‐ LENCIA, que consistía en facer as súas demandas do xeito máis pacífico que puidese. Fixemos un gran mural no patio do maiores, que podedes ver na foto da dereita, e outros, un chisco máis peque‐ nos, nos corredores. O acto central consistiu na lectura da Declaración Universal dos Dereitos Hu‐ manos, por 30 nenos do colexio. Tamén se fixo un mural coas pegadas
DÍA DA PAZ
das nosas mans e cantamos a canción do cantautor arxentino Diego Torres, Color Esperanza. O motivo de ler a Declaración dos Dereitos Huma‐ nos foi que se cumprían 60 anos dende a súa redac‐ ción e aprobación pola Asemblea Xeral das Nación Unidas. Xa vedes que o asunto era ben importante! ‐ 13 ‐
O ENTROIDO
Non se pode negar que O Entroido foi colorido este ano. Para o desfile da mañá, as nenas disfrazáronse de flores e os nenos foron de xardineiros. A nosa volta pola vila foi ben longa, e precisamos dunha carreta para poder traer a morea de lambetadas coas que nos agasallaron. Na praza paramos uns intres e aproveitamos para lle poñer ritmo ao Entroido. A falta da megafonía “oficial” empregamos un radiocasete que cada pouco quedaba sen pilas. Aínda así, as nosas gañas de troula fixeron as delicias de tódolos curio‐ sos que se achegaron a vernos.
‐ 14 ‐
‐ 15 ‐
Na instantánea de abaixo podemos ver as nosas “profes” lucindo os disfraces que prepararon para a tarde. Non sabiamos de que ían; elas dicían que de Lego. Nunca o saberemos, pero estaban ben simpáticas. Na páxina seguinte podemos ver a selección dos me‐ llores traxes que se miraron no baile da tarde.
Os máis novos entre “os novos” reparti‐ ron, seguindo a tradición, as filloas do En‐ troido ante a sorpresa de tódolos cativos que non pararon de rir en días. Esperamos que en vindeiras edicións non se perda este costume tan arraigado no cole. En verdade que o fixeron ben. Que esti‐ lo! Que malabares! Que xeito! Ou deberia‐ mos dicir?
Que pinta! ‐ 16 ‐
‐ 17 ‐
Coma outros anos, a Xunta de Galicia e o Fon‐ do Europeo trouxo ao colexio a campaña de fo‐ mento de consumo de pescado: Umm! Peixe. Váinolo contar Yoel, alumno de 3º.
“O venres, 27 de Febreiro a miña clase e máis eu tivemos un Obradoiro de peixe. Durante dúas horas explicáronos moitas cousas como: Por que é bo comer peixe? Ensináronos o emprego da pa do peixe para quitarlle as espiñas, falamos de diferentes receitas a base de peixe e para finalizar fixemos varios xogos.
UMMM! PEIXE
Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben, e sobre todo saímos no telexornal do mediodía da TVG dese día.”
‐ 18 ‐
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller Traballadora. Estiveron fermosísimas as core‐ ografías que prepararon os alum‐ nos e alumnas do Taller de Danza e Teatro, para as que empregaron materiais audiovisuais que estive‐ ron de fondo. Ademais, ao concluír traballa‐ mos cunhas fichas, que nos tiñan preparados os nosos profes. Coidamos que é bo que nos sensibilicemos dende pequenos na igualdade entre o home e a muller nos dereitos como traballadores.
‐ 19 ‐
O ESPANTALLO
Por primeira vez, este ano, celebrouse un concurso de espan‐ tallos no noso concello. Como non, o cole de A Lama non ía quedar sen participar. Entre todos fixemos este gran corvo que vos queremos amosar. Os pequenos modelaron con plastilina os “corviños”, os maio‐ res axudaron a colocar o carrasco, e pouco a pouco os materiais de refugallo convertéronse neste espantallo.
‐ 20 ‐
AS LETRAS GALEGAS
O día 17 de maio, conme‐ mórase o Día das Letras Ga‐ legas, que cada ano está de‐ dicado a unha personalida‐ de. En 2009 tocoulle a quen‐ da a Ramón Piñeiro, escritor nacido en Láncara (Lugo) en 1915 e que finou en 1990 en Santiago de Compostela. Entre outras cousas im‐ portantes fundou a Editorial Galaxia, e foi membro da Real Academia Galega. En 1983 converteuse no primeiro presidente do Con‐ sello da Cultura Galega. Publicou numerosos li‐ bros na nosa lingua, sobre todo de Filosofía e traduciu obras doutros autores ao galego. Nós quixemos lembralo con estes traballos de aula que realizaron os nenos de 2º de primaria, e dedicándo‐ lle o Festival de Fin de Curso.
‐ 21 ‐
s o t o f e d lÁ bum
Grupo Obradoiro de
Rin sen rin
Loucuras sobre panos ‐ 22 ‐
Danza e Teatro
Son un t
ruán
Aqueles marabillosos anos...
Alumnos de 6º de Primaria ‐ 2007/2008
‐ 23 ‐
EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
A senda que percorremos, a carón do río Verduxo, quedóusenos curta. Ao che‐ garen á praia fluvial puidemos gozar dunha marabillosa comida campestre preparada polas nosas cociñeiras Lourdes e Lela. Que ricos “bocatas”! Os máis pequenos pasárono en grande xogando coa area, e os maiores troulean‐ do por alí.
Coma en anos anteriores, e dentro do proxecto Voz Na‐ tura, tornamos á Área Recreativa de Racelo para plantar dis‐ tintas especies de árbores, nomear as especies existentes e colgar as casetas para os paxaros que os alumnos de 5º e 6º estiveran pintando. Previamente visitamos o punto limpo do Concello, onde nos explicaron en que consiste o seu traballo. Tamén repasamos a regra das tres erres que nos permite coidar do Medio Ambiente: reducir, reempregar e reciclar. O clima non nos puido axudar máis. Luciu o sol, pero sen facer moita calor. ‐ 24 ‐
‐ 25 ‐
EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL - Diverciencia
Nestas páxinas querémosvos amosar dúas saídas moi interesantes que tivemos no eido medioambiental. A primeira, á Base da Brigada Helitrans‐ portada do Campiño, Pontevedra, na que puidemos estar moi preto do helicóptero de extinción de incendios. A segunda, á finca de Montero Ríos en Pontevedra, para participar nos obradoiros de Diverciencia 2008, dentro da Semana da Ciencia. ‐ 26 ‐
‐ 27 ‐
EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL - Bombeiros Helitransportados
EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL - Do campo á escola
Nesta ocasión, a Deputación de Pontevedra achegounos ate o colexio unha charla moi inte‐ resante. O naturalista Federico de la Peña trouxo o seu saber, xunto con distintas especies vexetais e animais da man do proxecto “Do campo á Es‐ cola”. Nela tentou desmontar certos mitos que aínda perduran sobre algúns animais coma o sapo, e explicou outras cousas moi interesantes dos nosos vexetais autóctonos. De seguro que estaremos encantados de recibilo en vindeiras edicións, para que nos poi‐ da presentar ao seu ourizo Adriana, que desta volta estaba invernando.
‐ 28 ‐
‐ 29 ‐
EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL - Separamos ben o lixo
BIBLIOTECA ESCOLAR
O colexio leva xa uns cantos anos traballando na Di‐ namización da Biblioteca Escolar. Este ano os nosos esforzos estiveron encamiñados cara a adecuación e modernización da súa xestión. Co‐ mezouse cun expurgo dos fondos, que nos levou a reti‐ rar un número importante de documentos que non eran axeitados, ben sexa polo seu estado de conservación ou por tratarse de libros máis apropiados para outras ida‐ des. Tamén se reorganizaron os fondos seguindo a Clasifi‐ cación Decimal Universal, que os agrupa por materias. Comezouse a xestión dos fondos co Proxecto Meiga, que nos permitiu informatizar xa 1700 documentos do noso catálogo, ademais de axilizar o empréstito co lector de código de barras e o carné de lector. Os “profes” mercaron unhas alfombras e uns coxíns para nos facer un Recanto de Lectura Informal. Que có‐ modos estamos mentres os maiores fan de contacontos!
O cambio que quixemos dar foi tan grande que tivemos que botar unha man entre todos. Uns pintamos os novos estantes, outros fixe‐ ron unhas cortinas moi fermosas, coas letras do abecedario, outros forraron as mesas con co‐ res… o resultado téndelo na páxina seguinte. Axiña nos demos conta de que o espazo nos quedaba moi pequeno, e os “profes” xa están maquinando para facer unha mudanza para o vindeiro ano. Quérennos poñer ordenadores para consultar, sección de vídeo e música, apa‐
‐ 30 ‐
e o, e L e m hámo . C ! a l O lioteca b i b a rato d o nme n o o s r é l l os esco n e n Os cota. s a m como
rellos para poder ver documentais. Xa andamos un pouco nerviosos! Este ano ampliouse o horario de apertura: cos titores podemos ir en calque‐ ra momento, e para os empréstitos e devolucións empregamos os recreos. Sempre hai un mestre encargado, e tamén están os voluntarios que nos axu‐ dan a atopar os libros que queremos ou a manter o silencio que se precisa. Este ano esquecinme de devolver un libro e Leo mandoume unha carta a casa! ‐ 31 ‐
BIBLIOTECA ESCOLAR
Dentro das actividades de Animación á Lectura, recibimos a visita duns persoeiros moi ilustres: Mau e Pin, crea‐ dores de Mariquiña a carteira andoriña; e Anxo Fariña, creador de numerosos personaxes de ficción e escritor. Ademais das fotos podemos ver a visión dos nosos compañeiros de Infantil Iago e Romina destes dous encontros cos ilustradores e escritores. Quedáronnos no cole os debuxos e dedicatorias no “libro de honra da biblioteca”, cos que nos agasallaron.
‐ 32 ‐
AXENDA ESCOLAR - PROGRAMA DE SAÚDE NA ESCOLA
Este ano comezamos cunha nova proposta para mello‐ rar a comunicación entre os pais e o profesorado, así co‐ mo darlle recurso de organización aos nenos. A comezos de curso repartíuselles aos alumnos de pri‐ maria unha Axenda Escolar que, entre outras cousas, tra‐ ia: o organigrama do colexio, o calendario escolar, o hora‐ rio, datos de interese; normas, dereitos e deberes da co‐ munidade escolar; os obxectivos mínimos, p´xinas web educativas… Como se valorou moi positivamente o seu emprego pensamos que sería bo continuar con ela en vindeiros anos. Iso si, isto requirirá que dende as casas vos involu‐ credes un pouquiño máis, xa que ás veces as notas non viñan firmadas ou os rapaces “esquecían” metelas nas mochilas. Tamén sería bo que achegarades suxestións cara o vin‐ deiro curso e así mellorar xuntos esta proposta.
Con motivo da chegada ao centro do material didáctico: “Programa de saúde na escola e prevención do consumo de drogas”,o claustro decidiu levalo a cabo cos alumnos, xa que pensamos que a solución a esta problemática está na pre‐ vención en idades temperás. A orientadora do centro elaborou un horario ao longo dun mes no que traballou os diferentes aspectos do que en‐ tendemos por unha vida saudable, así como ensinar a ser persoas, ensinar a pensar, aprender a aprender… en definiti‐ va: crear consumidores críticos e conscientes da importancia destes aspectos. Non só se quedou nun traballo no centro, se non que alongámolo ao entorno familiar xa que os nenos levaron material informativo para as súas casas.
‐ 33 ‐
OBRADOIROS DO MEDIODÍA
Os nosos mestres quixeron facer do tempo de recreo do medio‐ día un espazo onde facer diferentes actividades que realmente nos gus‐ tan. Primeiro pasaron unha enquisa para saber que cousas nos queria‐ mos aprender. Entre todas elas xurdiron as seguintes: teatro e danza, ludoteca, ciclos de cine, deportes e psicomotri‐ cidade infantil. Foi moi divertido aprender xogando!
‐ 34 ‐
SAÍDAS DE FIN DE CURSO - Illas Cíes
Por fin chegou a parte boa de todo isto! Este ano, como excursión de fin de curso todo o cole fomos as Illas Cíes, un lugar pa‐ radisíaco que fixo gozar a grandes e peque‐ nos dun día inesquecible. A viaxe foi longa pero mereceu a pena. Saímos en autobús dende A Lama cara a estación de trens de Pontevedra, xa que o tren era o noso medio de trasporte ata Vi‐ go, onde collemos un barco que nos levou as illas. Mellor podédelo ver vós mesmos no có‐ mic que Paola, unha nena de 4 anos, xunto cunhas fotos dese día.
‐ 35 ‐
SAÍDAS DE FIN DE CURSO - Cantabria
Un día nós, os nenos/as de 5º e 6º, fomos de excur‐ sión de fin de curso a Cantabria. Collemos o autobús cara Lugo, para ver a praia das catedrais.
Cando saímos de comer aproveitamos para coñecer Xixón, e alí as mestras mercaron xeados para todos, e estaban deliciosos!
Xa chegaba a hora de ir cara ó albergue para deixar tódalas cousas e máis ir descansando un pouco.
‐ 36 ‐
Montamos de novo no autobús e o condutor, Mano‐ lo, levounos a Xixón. Fomos a comer patacas fritidas e hamburguesas, no M´c Donals.
Tras dar unhas voltas por Xixón foron ata Comillas e viron a Universidade Pontificia e o Castelo Sobrellano. Lugares preciosos e moi ben coidados.
Como foi chegando á hora da cea fomos a un restau‐ rante que se chamaba “Paraíso” onde a comida estaba boísima e a xente era moi amable.
Xa pasaron os tres días e había que regresar a casa. To‐ dos fixemos a maleta e volvemos ao autobús, pero aínda quedaban un par de visitas que fariamos de camiño A Lama. Paramos nas Covas do Soplao onde nos abraiaron
Ó día seguinte foron ó Parque da Natureza de Cabár‐ ceno. Puidemos ver moitos animais: tigres, osos, ce‐ bras... eran todos moi, moi bonitos, sobre todo o es‐ pectáculo dos leóns mariños.
Esta foi a nosa curta e intensa viaxe. FIN.
Este é o cómic que fixe‐ ron os alumnos de 5º de pri‐ maria do cole, que viviron deste xeito tan particular a súa excursión de fin de curso. Semella que foi unha excur‐ sión moi divertida e que de seguro algún día repetiremos.
Cando chegamos A Lama, moi cansos, custounos moito despedirnos dos amigos da Reigosa que viñeron con nós. A verdade e que foi unha excursión xenial onde fixemos novas amizades e incluso algúns atoparon mo‐ zo!!!
‐ 37 ‐
TEATRO E MÚSICA
Como tódolos anos o cole persegue achegar aos nenos o teatro e a música o máximo posible, xa que as posibilidades educativas destes recursos son infinitas, ademais de aportar aos alumnos viven‐ cias novas e divertidas onde medran creativa e culturalmente. Os pequerrechos de infantil foron ver “El gran traje”, os do 1º ciclo riron do lindo coa obra “Lío na granxa”, os rapaces de 2º ciclo viron dúas dramati‐ zacións “Gaitiros da Xistra” e “Os músi‐ cos de Bremen”, e por último os maio‐ res do 3º ciclo “As formas na música” e “Marco Polo”.
‐ 38 ‐
EDUCACIÓN EN VALORES - Charlas e obradoiros
Dende o Concello de A Lama ofrecéron‐ nos a comezos de cursos unhas charlas moi interesantes. Os obradoiros foron guiados por Galiza, psicóloga, que traballou con nós para que aprenderamos distintos valores como: coe‐ ducación, educación para o consumidor, educación para a paz, educación para a saú‐ de, interculturalidade… A través de xogos simbólicos, cantigas, fichas, audiovisuais... aprendemos a convi‐ vir, respectar e valorar os piares fundamen‐ tais da sociedade na que vivimos.
‐ 39 ‐
‐ 40 ‐
SAÍMOS NO XORNAL
‐ 41 ‐
SOPA DE LETRAS: Busca 15 nomes de animais mamíferos C Z A N E B A L
I
XEROGRÁFICOS
H G A T O
E A V U R O R S
PI +
U X N F O A M P E R O R
I
R R
T S A C A B A L O I
T O A N B T A V
O A G F
I
N O R
I
M E
CHISTES E PASATEMPOS - alumnos de 5º
L F R M A G A N U J U
QUEN PROVOCOU O INCENDIO?
Y A E A R U H N L O U T E F P O R C O O A A C A L A M O N O C E M A O G A F R A C N O L
+ RO ADIVIÑAS E CHISTES
Que cousa leva a túa nai diante que ti levas detrás???
CAL É O ANIMAL QUE TEN O RABO ENROLA-
QUE É DE COR MARRÓN?
Como se chaman os cabalos de Drácula? …Pura Sangue O mosquito pregúntalle a súa nai se pode ir ó teatro, e a súa nai dille: si, pero ten coidado cos aplausos!!!! Carliños pregúntalle a Pepe: ‐ Por que tes un cartel que di “COIDADO CO CAN”, se o teu can é pequeño e non pode nin abrir a boca? ‐ Porque non te imaxinas a de xente que o pisa por non velo.
CAL É O BICHO QUE TEN AS PATAS NA TÚA CABEZA???
‐ 42 ‐
Álbum de fotos
º de p 4 le g n ju e In th
A
rimaria
d e pr º 6 a í r e xoguet
Rap da pulga
- 3º de prim aria
imaria As olimpíadas da A Lama
- 5º de primaria
Subvencionada por: A revista escolar “Ceibe” está editada polo Equipo de Normalización Lingüística do CEIP A LAMA e subvenciónase cos fondos recibidos da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística dentro do Plan de Fomento do uso do Galego.
Biblioteca do centro 2008/2009