Bases do concurso de disfraces

Page 1

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES OROSO 2012 As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2012 son: PRIMEIRA: Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos. SEGUNDA: O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2012 terá lugar o sábado día 18 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro. TERCEIRA: Quedan establecidas dúas categorías en función da idade: 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos) 2ª: categoría infantil (ata 16 anos) CUARTA: O prazo de inscrición esténdese ata o día 18 de febreiro ás 17:30 horas.


A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981690903 ata as 14.00 horas do día 17 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal. QUINTA: PREMIOS CATEGORÍA XERAL (MAIORES DE 16 ANOS) MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes) • Gañador: 500 euros • Finalista: 300 euros

MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes) • Gañador: 350 euros • Finalista: 220 euros

MODALIDADE INDIVIDUAL • Gañador: 250 euros • Finalista: 180 euros

CATEGORÍA INFANTIL (ATA 16 ANOS) MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes) • Gañador: 350 euros • Finalista: 200 euros


MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes) • Gañador: 220 euros • Finalista: 150 euros

MODALIDADE INDIVIDUAL • Gañador: 180 euros • Finalista: 120 euros

PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€ SEXTA: Será obrigatorio participar no desfile que sairá do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se se suspende ou non este por causas alleas ao mesmo (como poden ser as condicións meteorolóxicas). SÉTIMA: A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo a valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.


OITAVA: A

entrega

efectuarase

con

presentación

de

de

premios

para

posterioridade certificación

ao

todas

as

concurso,

bancaria

nas

modalidades tras

previa

dependencias

municipais. NOVENA: Normas finais O feito de participar no concurso implica o coñecemento e a aceptación por parte dos concursantes das presentes bases. Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Así o dispoño, en Oroso o 10 de xaneiro de 2012.

O Alcalde,

Manuel Mirás Franqueira


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.