2º C
A MÚSICA MÁIS FERMOSA DO MUNDO
A ORQUESTRA MÁIS FAMOSA DO MUNDO
O CISNE PIANISTA
MÚSICA DRACONIANA
A MUSICA MÁIS FERMOSA DO MUNDO
Había
unha vez un home
que se sentía mùsico aìnda que non sabìa tocar
nengùn instrumento. Estaba moi triste por isto. Un dìa inventaron un novo instrumento chamado tromba. El enterouse e quixo aprender a manexalo. Practicou tanto que pronto aprendeu a tocalo moi ben Isto animouno
e decidiu
facer
o
o mesmo con outros
instrumentos
pero
non
lograba
tocar
violìn.
esistìaselle! Un dìa conseguiuno tocar un pouquiño. Despois practicou màis, e màis e màis ata que lougrou facelo e monstroullo aos seus amigos. Tocou o violìn e aplaudìronlle moito. Dicìanlle que era a mùsica màis fermosa do mundo. Uns dìas màis tarde
organizo uunha xira. Foi a
Canadà, Colombia, Paris e
Madagascar. En Madagascar viu lemures e chimpances e tocou o violìn para eles durante moito tempo. Tanto,que chegou un momento que empezou a aburrirse e marchou. Foi para Dinamarca .Alì sentìase moi feliz.
Xa na primera noite neste paìs retàrono a unha competiciòn musical aceptou e gañouna utilizando a tromba e o violìn. Quedou a vivir alì para sempre cumprindo o seu soño de ser mùsico,un mùsico moi bo. Tanto, que dicìan del que facìa a mùsica màis fermosa no mundo.
AUTORES: PABLO RIVERA CARNOTA JUAN JOSÈ VARELA VILLEGAS IDADE:7 ANOS CURSO: 2ªC
A ORQUESTRA MÁIS FAMOSA DO MUNDO
Érase unha vez unha flor que era muy feliz, que se chamaba Sara. Un dìa foi a un concerto en vivo e veu
cantar a Lady Gaga e dìxo : eu quero cantar como
Lady Gaga.E empezou a practicar para ser unha estrela do pop ou do rock. E empezou a cantar nos concertos, e foi moi famosa. Un dìa levantouse, mirouse no espello e viu que estaba enferma da gorxa e dìxo: non podo cantar esta noite. E foi o médico, e lle dixo: tes que esperar uns meses para que te poñas ben. E esperou tres meses, e nada. Pero o mes seguinte púxose mellor e foi o concerto, pero cando chegou non había nadie. Chegou a casa e púxose a cantar. Despois foi crecendo e tuvo tres fillos que sabían tocar a tromba, a flauta e o violín, e pasaron anos, e xa tiñan trinta e catro anos. Despois cando a súa nai morreu, decidiron montar unha orquesta para ser como a súa nai. E despois inventaron unha canción nova que se trataba do amor, e foi moi famosa. Escoitábase na radio, na televisión,...Un día Lady Gaga pediulles a banda que tocase con ela o venres pola tarde. Entón o venres pola tarde Lady Gaga veu en limusina a recoller a banda, empezou a orquesta e fixéronxe moi moi famosos como a súa nai.
AUTORES: KEVIN BALSA VÁZQUEZ E MÓNICA VILLAR FERREIRO
CURSO: 2º C
IDADE: 7 ANOS
O CISNE PIANISTA Érase unha vez un cisne que vivía só nun lado do estanque dun parque. Onde el vivía só se oía o son dunha guitarra eléctrica. Odiaba ese son e aínda por riba os outros cisnes do estanque, que estaban acostumados a oír outro tipo de música, ríanse del. Un día decidiu cambiar de lugar e foi vivir a un lado do estanque onde se oía o son dun piano. Esta música si que lle gustaba. Gustáballe tanto que un día decidiu ir mercar un piano a unha tenda de música e aprender a tocalo. Despois dun tempo conseguiu tocalo moi ben e os cisnes e patos do estanque fixéronse fans del. O cisne pianista fíxose tan famoso que era coñecido en todos os estanques, ríos e mares ata que cansado e xa velliño morreu disfrutando da música do seu instrumento. Está enterrado no lago do parque e todos tocan alí o piano que colocaron na súa memoria. Alí a guitarra de rock está prohibida. Só se pode tocar o piano e música clásica en honor ao cine pianista. Din que aínda anda por alí a súa pantasma.
AUTORAS: TANIA SÁNCHEZ BARREIRO E NEREA RAMOS G ÓMEZ CURSO: 2º C IDADE: 7 ANOS.
MÚSICA DRACONIANA
Érase unha vez un dragón chamado Yaratina. Era un dragón moi grande , de cor verde e vermello. Yaratina tiña sete anos e ademais do seu gran tamaño, chamaban a atención as agullas que tiña no lombo e na súa cola . De pequeno , os seus país regaláranlle un gran anel de bronce que parecía máxico e que lucía nunha das súas garras da perna dereita dianteira. Todos quedaban abraiados ante aquel ser tan grande e chamativo. Naceu e criouse nunha montaña onde un escorpión negro lle ensinou a ser tan forte como unha rocha.Todos os habitantes da montaña sentían respecto e un pouco de medo por ser tan grande e forte así como pola súa aparencia. Pero o noso grandísimo dragón tiña unha cualidade oculta que nada pegaba co seu aspecto. Adoraba a música. Sabíao todo sobre a música, compositores e instrumentos. Tocaba a guitarra, a frauta a gaita… Os veciños pensaban que era o seu anel o que lle daba esa forza. Un día entrou nunha das covas da montaña na que vivía e atopouna chea de instrumentos musicais: una batería, guitarras de todo tipo… Todos estes instrumentos eran dourados. Eran moi bonitos. Comezou a tocalos e saíu una música marabillosa que atraeu a todos os habitantes da montaña ata a cova. Alí escoitaron o concerto que deu e quedaron sorprendidos ante a beleza das melodías. Quixeron mercarlle por moitísimos cartos os instrumentos para poder facer eles esa música bonita pero Yaratina non quixo saber nada dese tema.
Seguiu compoñendo e tocando ata gañar un premio da música. Eran moitos cartos e unha enorme nota musical de ouro. Cos cartos construíu un gran pazo onde ensinaba a todos os que quixeran a cantar, tocar instrumentos ou todo o que quixeran sobre o tema da música. O dragón Yaratina ,ao que todos lle tiñan tanto respecto e un pouco de medo ,converteu a montaña nun lugar moi alegre e divertido no que non faltaban os concertos,festivais e bailes AUTORES: Martín Ramírez Rodríguez e Pedro Ruiz García CURSO: 2º C IDADE: 7 ANOS