Aulaconvivencia procedemento2

Page 1

PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA AULA DE CONVIVENCIA IES FIN DO CAMIÑO. FISTERRA PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

ÍNDICE 1.

DEFINICIÓN: ..................................................................................................................... 3

2.

OBXECTIVOS: .................................................................................................................... 4

3.

FUNCIONAMENTO ........................................................................................................... 5

4.

COORDINACIÓN ............................................................................................................. 12

5.

RESPONSABILIDADES ..................................................................................................... 12

6.

FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN ..................................................................................... 15 FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO (PRIMEIRA VEZ) ............................................... 16 FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO (SEGUNDA VEZ) .............................................. 18 FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO (DANOS MATERIAIS) ....................................... 19 FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO (DATOS PERSOAIS) .......................................... 20

7.

Anexos. FICHAS DE AVISO E FERRAMENTAS DE SEGUIMENTO ..................................... 21

NOTIFICACIÓN DE EXPULSIÓN -SOLICITUDE DE MATERIAL CURRICULAR............................... 22 NOTIFICACIÓN DE PRIVACIÓN DO DEREITO DE ASISTENCIA ................................................... 23 -SOLICITUDE DE MATERIAL CURRICULAR-............................................................................... 23 AULA DE CONVIVENCIA: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS ..................................... 24 AULA DE CONVIVENCIA: INFORMACIÓN Ó PROFESORADO TITOR ............... 25 INFORME DA ACTITUDE DO ALUMNO/A DURANTE A EXPULSIÓN Á AULA ............................ 26 BASE DE DATOS ....................................................................................................................... 27

2


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

A AULA DE CONVIVENCIA

1. DEFINICIÓN: A Aula de Convivencia é un espazo que trata de facilitar a reflexión do alumnado que impide o normal desenvolvemento do grupo clase, enchendo de contido pedagóxico as “expulsións” á xefatura de estudos ou os “tempo fora” da aula. Neste espazo, o profesorado trata de darlle axuda ó adolescente para que analice as súas condutas disruptivas e se comprometa ó cambio, ofrecendo unha resposta tanto ós conflitos puntuais na aula como ó alumnado con problemas persistentes de conduta. Así tamén, o alumnado que, polas repetidas condutas contrarias ás normas, fora obxecto de privación do seu dereito de asistencia por períodos de 1, 3 ou 5 días, pode ser atendido nesta aula, no lugar de cumprir a sanción no seu domicilio, combinando traballos curriculares e de modificación de conduta. Esta estratexia baséase na visión positiva do conflito, entendéndoo como oportunidade para a reflexión, para a integración democrática das normas e para a mellora personal e da institución escolar. Ademais, moitas veces, o feito de afastar ao alumnado momentaneamente da aula, evita que o conflito escale, ó desaparecer os moitos que reforzan as condutas contrarias ás normas, a saber, manter o desafío o profesor reafirmándose diante dos demais, chamar a atención, etc. Por tanto, constitúese como unha estratexia organizativa de xestión pacífica dos conflitos de carácter flexible, aínda que rigorosa. Lonxe de entenderse como medidas contrapostas ao RRI, a Aula de Convivencia (no marco do Plan de Convivencia) é unha ferramenta da que pode valerse o centro para resolver democráticamente os conflitos, antes de aplicar as medidas sancionadoras que

3


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

supoñan a privación do dereito de asistencia, tal é como consta no Regulamento de Réxime interno en vías de revisión. Á interpretación deste documento, que inicialmente fóra deseñado para tratar de xeito obxectivo a todo o alumnado, acaba por ser discriminatorio, por non entender que cada alumno é diferente, por non se adaptar de xeito flexible á diversidade de situacións familiares, persoais e sociais que rodean ós problemas de conduta. Pola contra, a Aula de Convivencia atende á diversidade ó tratar de acadar compromisos de melloras adaptados á situación de partida de cada adolescente. Existirá un control, coordinación e seguimento de cada caso, quedando constancia sobre nº de veces que acode, dos problemas concretos de cada alumno, dos compromisos acadados, das estratexias que se desenvolveron para tratar de resolvelos e das susceptibles de ser derivadas a outras instancias do centro, ofrecendo así unha resposta integral ao alumnado con problemas de conduta. Así tamén, a Aula de Convivencia será un observatorio da convivencia, procurando datos cuantitativos e cualitativos sobre a realidade de cada alumno/a , de cada grupo clase o sobre o centro escolar en xeral.

2. OBXECTIVOS: 1. Aproveitar o espazo para aprender a resolver os conflitos de xeito pacífico, reflexivo, dialogado na procura do cambio de actitudes. 2. Atender ao alumnado que por problemas de conduta non pode permanecer na súa aula de referencia. 3. Derivar os casos atendidos a outras instancias do Centro. 4. Medir a conflitividade no Centro 5. Atender ó alumnado que, pola reincidencia das súas condutas contrarias ás normas, permanece

expulsado durante un período de tempo (en

determinadas horas, materias ou días), sendo unha medida sancionadora de carácter intermedio, antes de chegar á privación do dereito de asistencia ó centro.

4


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

6. Establecer un espazo que lle permita ó alumnado alonxarse do foco do conflito, ou das circunstancias que o orixinan, co obxecto de conseguir o distanciamento necesario para poder reflexionar e buscar posibles solucións. 7. Acadar tratamentos educativos personalizados e un seguimento integral do alumnado con problemas de conduta.

3. FUNCIONAMENTO A Aula de Convivencia estará atendida en horario lectivo polo profesorado que realiza funcións de garda específica nesta aula. 3.1

A aula de convivencia como aula de reflexión:

O alumnado que impida o desenvolvemento normal do grupo-clase, logo de pór en práctica outras medidas e estratexias sen acadar resultados, pode ser enviado á Aula de Convivencia. Para tal fin, seguirase un sistema de 6 pasos: 1. O profesor/a cubrirá o formulario habitual de “parte de conduta”, especificando detalladamente o motivo polo que o envía. 2. O alumnado acudirá á sala de profesores, onde o profesor de garda o acompañará ata a Aula de Convivencia. 3. O profesorado da Aula de Convivencia iniciará unha entrevista co alumno/a, co fin de acadar un compromiso concreto de mellora. Cubrirá a “ficha de reflexión. Primeira vez” se fóra a primeira vez que acode a Aula, ou ben a primeira vez que acode por ese motivo ou, A “ficha de reflexión, segunda vez”, se fose a segunda vez que acode por motivos diferentes ou,

5


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

Fichas de reflexión adaptadas á problemática do alumno, se fose habitual a súa presencia polo mesmo motivo ou similares, ou ben derivación á xefatura. 4. O profesor/a que atenda a Aula cubrirá o informe sobre a actitude do alumno/a e sobre as propostas que suxire para este caso (ver folla de reflexión “ Análise e acordos da entrevista”). Por outra parte, arquivará o caso na Base de Datos da Aula de Convivencia. 5. O profesor/a da Aula de Convivencia remitirá á conserxería os orixinais, onde farán copia do parte e da folla de reflexión-compromiso, remitíndoa ao coordinador, ao profesorado titor do alumno, á xefatura de estudios e ao profesor/a que expediu o parte de conduta. 6. Sempre que sexa posible, o alumno/a voltará a súa aula ordinaria. O profesorado da Aula de Convivencia acordará, si é posible, as condicións de regreso á aula (petición de disculpas,etc.), Estableceranse as condicións que supoñan a supresión ou atenuación dos partes de conduta sempre que o alumno/a cumpra os compromisos de mellora. Establécese o período dun mes, con carácter xeral, para a revisión destes acordos. O alumnado que cometa condutas contrarias ás normas durante o período de recreo, poderá ser enviado á aula nas horas que se determinen, segundo a decisión da xefatura de estudios. 3.2 A aula de convivencia como aula de traballo: O alumnado que, pola acumulación de partes de conduta ou pola gravidade dos mesmos, deba ser obxecto de sanción disciplinaria poderá cumprila na Aula de Convivencia, segundo o procedemento de sancións, de acordo co seguinte modelo de 7 pasos: 1. A xefatura de estudios, unha vez escoitada á persoa titora,

á persoa

coodinadora e o/a orientador/a, elaborará un informe indicando os motivos, os obxectivos, o número de días, o número de horas e as actividades

6


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

formativas e de reflexión que realizará o alumno ou alumna, mediante a “ficha de información e solicitude de material curricular” 2. A xefatura, solicitará ao equipo educativo as actividades formativas que o alumno/a expulsado deberá realizar, de entre as previstas na programación de cada departamento, e entregaraas, nos prazos estipulados á persoa coordinadora, mediante a “ficha de información e solicitude de material

curricular 3. O departamento de orientación determinará as actuacións dirixidas ao proceso de reflexión que o alumnado deberá realizare entregaraas, nos prazos estipulados á persoa coordinadora. 4. A xefatura de estudios ou a dirección comunicará a resolución: Ó alumno /a e á súa familia: Por teléfono, por escrito ou en entrevista persoal, se é posible, indicando os motivos, os obxectivos, o número de días e o número de horas, así como as actividades formativas e de reflexión que realizará. Durante a devandita entrevista,

podería solicitarse tamén a

colaboración da familia ou algún tipo de compromiso pola súa banda co fin de alcanzar os obxectivos fixados. Ós responsables da Aula: mediante nota informática. Por outra parte, farán constar as actividades realizadas durante a súa garda e a actitude do alumno na “ Ficha de seguimento” .

5. Logo do período de expulsión, o coordinador/a remitirá ó profesorado o material curricular que tivera traballado correspondente a súa materia. O material de modificación de conduta quedará arquivado na Aula de Convivencia. Farase copia da “ficha de seguimento” á persoa titora. 6. Mensualmente, a xefatura de estudios convocará unha reunión co titor/as do alumno/a,

o

orientador/a,

e

a

persoa

coordinadora,

co

obxecto

de

realizar o seguimento da evolución do alumno/a. 7. Trimestralmente, o director ou directora reunirá ao Observatorio de Convivencia para comunicarlle as derivacións ao Aula de Convivencia.

7


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

3.3

A AULA DE CONVIVENCIA

A aula de convivencia como Observartorio da Convivencia:

Xa que pola A aula de convivencia pasan todos os problemas de disciplina, considérase unha ferramenta para medir á conflitividade das aulas, de xeito cuantitativo e cualitativo, co obxecto de que outras instancias como a Mediación escolar, o titor ou titora, a xefatura, o departamento de orientación… etc, podan utilizar estes estatísticos para deseñar propostas de mellora. Por exemplo:

4 3,5 3 2,5 2 1,5 1

FALAR, INTERROMPER, DISTRAER NON TRABALLAR/XOGAR/FACER DEBUXOS COMPORTAMENTO FÍSICOPOSTURAL AGRESIÓN Á PERSOAS

0,5 0

COMPORTAMENTO FÍSICOPOSTURAL CONTESTAR A PROFESORES

8


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

Aula de convivencia: Estudia o caso de Manuel Marcote: reunión mensual titor-xefaturaorientación.

Xefatura: Falase cos agresores e a súas familias

Titor: Proxectase a película

“cobardes”. Traballo sobre o acoso na titoría

Orientación: valora os recursos do agredido

Mediación: Descártase a mediación. Asignase un mediador axudante

4. PROCEDEMENTO DE SANCIÓNS A través da seguinte táboa pódense ver o procedemento de sancións que seguirá a xefatura de estudios, a hora de establecer as sancións. Trátase dun procedemento semi-ríxido que se flexibiliza no caso de reincidencia, observándose, entón, as características concretas do alumno/a.

9


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

AULA DE CONVIVENCIA: SANCIÓNS POR CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS

10


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

ATENUANTES E AGRAVANTES NO CASO DE REINCIDENCIA

A efectos de graduar as medidas correctoras débense ter en consideración, as seguintes circunstancias que atenúan a gravidade: A situación sociofamiliar do alumno/a, cando se prevexa que a expulsión á casa non supoña beneficio educativo. O recoñecemento espontáneo dunha conduta incorrecta. A ausencia de medidas correctoras previas. A petición de escusas nos casos de inxurias, ofensas e alteración do desenvolvemento das actividades do centro. O ofrecemento de actuacións compensadoras do dano causado. A falta de intencionalidade. A vontade do infractor de participar en procesos de mediación, se se dan as condicións para que esta sexa posible, e de cumprir os acordos que se adopten durante os mesmos. Pódense considerar como circunstancias que aumentan a gravidade: Os danos, inxurias ou ofensas a compañeiros ou compañeiras de menor idade ou de nova incorporación, ou que presenten condicións persoais que leven desigualdade ou inferioridade manifesta, ou que estean asociadas

a

comportamentos

discriminatorios,

sexa

cal

for

a causa. As condutas atentatorias contra os dereitos dos profesionais do centro, a súa integridade física ou moral, e a súa dignidade. A premeditación e a reincidencia. A utilización das condutas con fins de exhibición, comerciais ou publicitarios. As realizadas colectivamente.

11


4. COORDINACIÓN A aula de convivencia contará cunha persoa coordinadora, con asignación de horas dentro do seu horario laboral para tal fin. Procurarase unha coordinación constante mediante: Reunións formais ou informais de carácter continuo entre a xefatura de estudos e o coordinador/a da Aula. Reunión mensual de seguimento dos casos reincidentes: xefatura, orientación, titor/a e aqueles que se consideren necesarios (psicólogo/a, servizos sociais). Reunións do coordinador/a cos titores/as dos grupos utilizando a hora de reunión semanal entre os titores e o departamento de orientación. Reunións entre o profesorado que atende a Aula, sempre que sexa necesario Así tamén, procurarase a fluxo de información constante mediante: Informe trimestral xeral ó Observatorio de Convivencia de Centro e á CCP/Claustro.

5. RESPONSABILIDADES Coordinador/a da Aula: Promover a formación continua do profesorado da Aula de Convivencia sobre a temática de resolución de conflitos. Informar sobre o funcionamento da Aula de Convivencia.


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

Redactar os informes trimestrais de información á comunidade educativa, xestionados dende a Base de Datos da Aula de Convivencia. Velar polo arquivo de datos e do correcto uso da ferramenta informática de almacenamento de datos. Proporcionar materiais para a formación do profesorado da Aula de Convivencia sobre estratexias de resolución pacífica de conflitos. Facer o seguimento, xunto coa xefatura de estudios, do alumnado que pasa pola Aula de Convivencia. Convocar cantas reunión se precisen para a correcta coordinación do profesorado que atende a Aula Deseñar a proposta de traballo de modificación de conduta/reflexión do alumno/a durante os períodos de expulsión á Aula de Convivencia. Difundir o material curricular ó profesorado correspondente e arquivar o material de reflexión para o seu análise. Profesorado da Aula de Convivencia:

Arquivar correctamente ó alumnado usuario na Base de Datos da Aula de Convivencia, derivándoo correctamente, de ser o caso, cara outras instancias do centro, a saber: o Derivar á xefatura de estudos/dirección o Derivar ó Servizo de Mediación Escolar o Derivar ó Departamento de Orientación Axudar a reflexionar ao alumnado que acode a este servizo, impulsándoo á redacción de compromisos de mellora. Redactar fichas de reflexión para o seu uso co alumnado con problemas de conduta e formarse na resolución pacífica de conflitos.

13


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

Profesorado titor: O profesorado titor, visto os informes individuais dos alumnos, poderá intervir sobre o caso : o Falando individualmente co alumno/a o Propoñendo unha entrevista titor-familia o Derivándoo ao departamento de orientación o Traballando o tema na reunión semanal cos alumnos/as o Calquera outras que considere Xefatura de estudos: Colaborar co coordinador/a da aula no seguimento do alumnado que acode á Aula de Convivencia. Informar ó profesorado das expulsións á Aula de Convivencia. Informar ás familias do alumnado que se expulse e convocalas cando sexa preciso Solicitar o material curricular preciso para a atención do alumno/a durante os períodos de expulsión. Revisar as sancións que son obxecto de atenuación ou incremento, froito do cumprimento ou non dos contratos establecidos co alumnado. Profesorado que expulsa: Cubrir correctamente o parte de conduta Chamar á familia para notificar o parte, agás no caso dun parte leve, cando éste suceda a primeira vez.

14


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

Profesorado do grupo-clase: Proporcionar o material curricular con prontitude, para o traballo do alumno durante o período de expulsión á Aula ou á casa.

6. FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

• FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

15


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO (PRIMEIRA VEZ)

NOME:

__________________________GRUPO:

DATA:____________

1. Relata que ocorreu na aula para que o profesor/a te mandase vir á aula de convivencia

2. Como te sentiches cando o profesor/a dixo que tiñas que vir aquí?

3. Que motivos cres ti que tivo o profesor/a para mandarte aquí?

4. Como cres que se sentiu a persoa afectada?

5. Intenta porte na situación do profesor/a. Que farías se alguén se comportase coma ti hoxe?

6. Se volve pasar o mesmo… Como poderías actuar para non ser expulsado?

7. Como podes facer para resolver este problema? Escribe a que te comprometes.

8. Como te sintes agora?

16


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

ANÁLISE E ACORDOS DA ENTREVISTA ( A cubrir polo profesor ou profesora da aula)

1. ANALISE DA ACTITUDE DO ALUMNA/O: De que xeito entrou a/o alumna/o na Aula de Convivencia ? o Chorando o Alterada/o o Con actitude pasiva o De xeito violento o Con boa actitude o Outras: ____________________________

Sobre a reflexión: o Reflexionou sobre o que pasara na aula o Limitouse a cubrir o protocolo sen reflexionar o Non cubriu o protocolo/ desafiante

2. PROPOSTAS DENDE A AULA DE CONVIVENCIA o Derivar á xefatura de estudos/dirección o Derivar ó servizo de mediación escolar o Traballar na titoría de clase o Outras: _____________________________

(NO REVERSO DE CADA FOLLA DE REFLEXIÓN BÁSICA)

17


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO (SEGUNDA VEZ) Alumno/a que acode por SEGUNDA VEZ con motivos semellantes NOME:

__________________________

GRUPO:

DATA:_________

Unha persoa pode faltar á súa palabra e contradicir un acordo unha vez, pero non continuamente, máis aínda se temos en conta que o primeiro beneficiado es ti. A próxima ocasión non poderemos axudarche na “Aula de convivencia”, posto que isto demostraría que non serve para corrixir a túa conduta e a dirección do centro terá que imporche unha corrección doutro tipo. Unha vez lida a ficha que escribiche a última vez, contesta con atención ás preguntas: 1. Escribe os teus compromisos da ficha nº1

2. De todo o que tiñas planeado ¿Qué saíu mal? ¿ Por qué?

NOVO COMPROMISO:

3. ¿Qué podes facer para que as cousas saian mellor?

18


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO (DANOS MATERIAIS)

NOME:

__________________________

Eu, comprométome a reparar ________________________(1).

o

GRUPO:

dano

causado

DATA:____________

ao

material

de

Para iso vou realizar as seguintes actividades ____________________________________ (2). o Pedir desculpas. o Arranxalo ou reparalo. o Outras (3):

Co compromiso de que non se volverá a repetir.

Fisterra, a........... de ...................................... de 200.........

O / a alumno/a:

………........................................................................................................ (1) Persoas concretas ou común do Centro. (2) Sinalar (3) Indicar cales.

19


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

FICHA DE REFLEXIÓN PARA O ALUMNADO (DATOS PERSOAIS)

Eu

____________________,

comprométome

a

reparar

o

dano

causado

a

___________________(1), pola falta de respecto á súa persoa ________________(2).

Para iso vou realizar as seguintes actividades (3). o Pedir desculpas. o Observar os aspectos positivos da súa persoa. o Outras (4):

Co compromiso de que non se volverá a repetir.

Fisterra, a........... de ...................................... de 200.........

Asinado: O / a alumno/a

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------(1) Persoas afectadas (2) Insultándolle, pegándolle, mentíndolle, gritándolle, impedindo o desenvolvemento da clase...) (3) Sinalar (4) Indicar cales

20


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

7. Anexos. FICHAS DE AVISO E FERRAMENTAS DE SEGUIMENTO

ANEXOS •FICHAS DE AVISO E SEGUEMENTO •BASE DE DATOS

21


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

AULA DE CONVIVENCIA

NOTIFICACIÓN DE EXPULSIÓN -SOLICITUDE DE MATERIAL CURRICULAR O/ A alumno/a cumplirá a sanción polas súas condutas contrarias ás normas, os días de , polo que solicito o material curricular correspondente canto antes sexa posible. Deixádeo no casilleiro do orientador.

Atentamente, A XEFATURA DE ESTUDOS

MATERIA:____________________________________________________________________ EXERCICIOS QUE SE PROPOÑEN (ESCRIBRIR AQUÍ OU NO REVERSO OS EXERCICIOS OU XUNTAR MATERIAL CORRESPONDENTE):

22


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

AULA DE CONVIVENCIA

NOTIFICACIÓN DE PRIVACIÓN DO DEREITO DE ASISTENCIA -SOLICITUDE DE MATERIAL CURRICULARO alumno/a Alexandre Martínez Vázquez será privado do dereito de asistencia á clase os días 27, 28,29 polo que solicito o material curricular correspondente canto antes sexa posible, especificando tamén si ten exame algún deses días.

Atentamente, A XEFATURA DE ESTUDOS

MATERIA:____________________________________________________________________ EXERCICIOS QUE SE PROPOÑEN (ESCRIBRIR AQUÍ OU NO REVERSO OS EXERCICIOS OU XUNTAR MATERIAL CORRESPONDENTE):

23


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

AULA DE CONVIVENCIA: INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

A Aula de Convivencia é un espazo que trata de facilitar a reflexión do alumnado que impide o normal desenvolvemento da clase. Nesta aula, o profesorado trata de darlle axuda ó adolescente para que analice as súas condutas disruptivas e se comprometa ó cambio. A continuación infórmolle das veces que o seu fillo/a acudiu, polas súas condutas contrarias ás normas, á Aula de Convivencia durante o mes de: ____________ DATA

MATERIA

MOTIVO E TIPO DE FALTA

Expulsións durante días completos:

Se o considera oportuno, pode concertar unha cita co titor/a para solicitar máis información sobre o seu fillo respecto da súa conduta no centro. Atentamente, Javier García Barreiro (Coordinador da Aula de Convivencia)

24


PROCEDEMENTO E FICHAS BÁSICAS DE REFLEXIÓN

A AULA DE CONVIVENCIA

AULA DE CONVIVENCIA: INFORMACIÓN Ó PROFESORADO TITOR

Mes: Infórmolle dos alumnos/as da súa titoría que acudiron á Aula de Convivencia : ALUMNO/A

DATA

MATERIA

MOTIVO E TIPO DE FALTA

Expulsións durante días completos: ALUMNO/A :

DÍAS:

Para máis información, non dubide en ponerse en contacto co coordinador da aula. Atentamente, Javier García Barreiro (Coordinador da Aula de Convivencia)

25


INFORME DA ACTITUDE DO ALUMNO/A DURANTE A EXPULSIÓN Á AULA Nome: Día

Sesión

Tarefas realizadas

Actitude do alumno/a


BASE DE DATOS

A aula de convivencia posee unha base de datos para o rexistro e seguimento dos casos que acudan, con privilexios de administraci贸n para a Xefatura de Estudos e O/A Coordinador/a da Aula de Convivencia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.