APOIO Ó TRABALLO ESCOLAR NA CASA_0

Page 1

APOIO Ó TRABALLO ESCOLAR NA CASA Dende a casa tamén podemos axudar os/as nosos/as fillos/as nas súas tarefas demostrando así que nos interesamos polas súas cousas. Isto non quere dicir que teñamos que estar sempre presentes a hora de facer os deberes, pouco a pouco os nenos/as teñen que facerse responsables e saber traballar sos. Se lles ensinamos dende o principio todo será máis doado.

Un lugar adecuado: •

Facer os deberes sempre no mesmo lugar: Sería ideal que a nena ou neno tivese no seu cuarto unha mesa de estudo onde reciba boa luz natural ou, no seu defecto, un flexo con boa luz artificial.

Este lugar debe estar afastado de estímulos distractores: TV, música, ruídos molestos, irmáns xogando, maiores falando…

Se é posible, poñer un panel de corcho onde colocar o horario de clase para ver as materias que “tocan” ao día seguinte e por cales empezar a traballar.

Comprobar na axenda o que teño que facer: deberes, estudar, un debuxo, un esquema, repasar…

Establecer un tempo determinado e limitado para o estudo e os deberes, e comprobar que se cumpre ese horario.

Unha vez feitos os deberes, comprobar que meto todo na mochila: cadernos, libros, estoxo, lapis…

Deixar a mesa ordenada para empezar a traballar en orde ó día seguinte, aínda que non leve “deberes”.

Hábitos de estudo: •

Estudar tódolos días. Aínda que non teña deberes o hábito diario é importante. Dedicar como mínimo media hora a repasar ,ler… crea unha rutina que favorece o traballo na casa.

Comezar a estudar ou a facer os deberes con decisión, empezando por algo agradable e pouco a pouco polo que máis custa, deixando o máis sinxelo para o final, cando non se requira moita atención, xa que estará máis cansado/a.

Ler as veces que sexan necesarias ata comprender o lido, para saber que é o importante a estudar ou que teño que facer no exercicio.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.