Transito ei ep

Page 1

Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/

Programa de tránsito de educación infantil a educación primaria 1 Xustificación Tendo en conta o establecido no Plan de Acción Titorial, establecemos este “Programa de Tránsito” dos alumnos e alumnas de Educación Infantil a Educación Primaria co fin de concretar dun xeito sinxelo unha serie de actividades que permitan unha efectiva continuidade do alumnado de Educación Infantil a Educación Primaria. Definimos “tránsito” como o paso dunha etapa a outra que experimenta o alumnado que finaliza a Educación Infantil e comeza o primeiro curso de Educación Primaria. A finalidade da educación infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos. A finalidade da educación primaria é proporcionarlles a todos os nenos e nenas unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo, ao sentido artístico, á creatividade e á afectividade, así como desenvolver habilidades sociais e hábitos de traballo. En Educación Infantil, por un lado, debemos potenciar e desenvolver ao máximo, por medio da acción educativa, todas as posibilidades do alumnado e, polo outro, debemos dotalos das competencias, destrezas, habilidades, hábitos... que faciliten a posterior adaptación á Educación Primaria. O paso á Educación Primaria supón un cambio importante para os nenos e nenas: cambian os profesores/as, os espazos, a distribución do tempo, a metodoloxía de traballo, as rutinas de clase, os materiais e os recursos. Ao comezo de primeiro curso de Primaria é percibido polo alumnado coma un reto que debe afrontar e superar por el mesmo. A adaptación á nova situación levaralle tempo, nalgúns casos durará os primeiros meses e noutros todo o curso, pois cada un ten o seu propio ritmo. Agora ben, o desenvolvemento do alumnado é un proceso continuo e ascendente, que ocorre como resultado da educación: os logros que se producen nunha etapa teñen repercusións para a seguinte e serán a base doutras aprendizaxes posteriores. É por isto que o paso dunha etapa a outra debe ser continuo, gradual e coherente evitando cambios bruscos e saltos ao baleiro.

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.