Orientación en Galicia - http://orientaciongal.blogspot.com.es/
Programa de tránsito de educación primaria a educación secundaria obrigatoria 1 Xustificación Tendo en conta o establecido no Plan de Acción Titorial, establecemos este “Programa de Tránsito” dos alumnos e alumnas de Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria co fin de concretar dun xeito sinxelo unha serie de actividades que permitan unha efectiva continuidade do alumnado de Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria. Definimos “tránsito” como o paso dunha etapa a outra que experimenta o alumnado que finaliza a Educación Primaria e comeza o primeiro curso de Educación Secundaria Obrigatoria. A finalidade da educación primaria é proporcionarlles a todos os nenos e nenas unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo, ao sentido artístico, á creatividade e á afectividade, así como desenvolver habilidades sociais e hábitos de traballo. A finalidade da educación secundaria obrigatoria consiste en lograr que o alumnado adquira os elementos básicos da cultura, especialmente en aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar hábitos de estudo e de traballo; preparalo para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalo para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás. O alumnado accederá á educación secundaria obrigatoria se alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas e o adecuado grao de madurez. Accederá tamén cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente a nova etapa. O paso a Educación Secundaria Obrigatoria supón un cambio moi importante para os nenos e nenas:
Centro: asistirán o Instituto que se atopa a máis distancia do domicilio, cun ambiente novo e máis esixente.
Clima institucional: hai un cambio en canto a edificio, réxime de disciplina, relacións, maior autonomía e, polo tanto, maior necesidade de autocontrol e de autorregulación.
Relacións sociais: o alumnado do CEIP da Torre-Cela é un grupo reducido (arredor de 15 alumnos/as), pasarán a un grupo maior con incorporación de novos compañeiros e compañeiras
1