CAMIÑO Á INCLUSIÓN

Page 1



1. Quen somos? http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/

Somos un centro que cre na capacidade ilimitada dos nenos e nenas e cre na capacidade ilimitada dos equipos de mestres e familiares que o conforman.


Cultura de centro. https://www.youtube.com/watch?v=xeHchysZ0o0


Aula sol

CURSO 2010-2011 Créase unha Unidade de Atención Preferente ao alumnado TEA para darlle resposta educativa a tres nen@s escolarizados no noso cole.

CURSO 2018-2019 Aula de educación especial habilitada. 12 nen@s TEA escolarizad@s en diferentes niveis. Isto implica: Formación , compromiso,apertura a comunidade, novas medidas organizativas e novos recursos, desenvolvemento de Metodoloxías Activas : Aprendizaxe cooperativa, Traballo por Proxectos, TIC-TAC-TEP, Talleres …


2. QUE QUEREMOS? Pretendemos que tod@s os membros da Comunidade Educativa se sintan aceptados e aceptadas e ser un espazo onde compartir ideas, proxectos, preocupacións e dúbidas, con respecto e comprensión, onde o traballo en equipo enténdese como unha oportunidade para compartir e desenvolver coñecemento.


Inclusión Desde un enfoque que responda positivamente á diversidade das persoas e ás diferenzas individuais, entendendo que a diversidade non é un problema, senon unha oportunidade para o enriquecemento da sociedade.(UNESCO,2005)


3. COMO NOS ORGANIZAMOS. COMPROMISO POR PARTE DO PROFESORADO . «Xuntos chegaremos máis lonxe»


FORMACIÓN E INNOVACIÓN(PFPP) Formación en canto a competencias, traballo por proxectos, aprendizaxe cooperativa, competencia emocional, inclusión… Buscamos achegarnos a Metodoloxías Activas centradas na comunicación, nas TAC-TEP, estratexias inclusivas, participación e cooperación da comunidade permitindo integrar os elementos do currículo mediante o desenvolvemento de tarefas e actividades relacionadas coa resolución de problemas en contextos da vida real.


PRÁCTICAS RESTAURATIVAS. As prácticas restaurativas permiten previr, detectar, xestionar e resolver as situacións de conflito en diferentes ámbitos reforzando os vínculos afectivos entre as persoas.



Parella Pedagóxica. • A Parella Pedagóxica xurde da necesidade de achegarse a intervencións inclusivas , coopertivas e colaborativas. • A Parella Pedagóxica enténdese coma unha figura de referencia para o alumnado e unha intervención máis continuada para o profesorado . • A Parella Pedagóxica trata de traballar en equipo na procura de aprendizaxes reais,útiles e con relevancia social. • A Parella Pedagóxica supón un modelo de traballo en equipo para o alumnado. • Para que a parella pedagóxica teña éxito supón: Unha boa comunicación, deseñar e programar conxuntamente e avaliación continua.


CONSELLO DOS NENOS https://consellodosnenos.blogspot.com.es/


O PATIO DOS NOSOS SOÑOS. https://opatiodosnosossonos.blogspot.com.es/ Un proxecto DE toda a Comunidade Educativa e PARA toda a Comunidade, construído con “Ollos de nen@ “, que esperte curiosidade, admiración, seguridade e alegría para tod@s os que poidamos gozar nel. Este proxecto pretende ser trascendente e con repercusión no futuro dos nosos alumn@s , vivindo o presente e visualizando o futuro dende una responsabilidade colectiva.


BIBLIOTECAS INCLUSIVAS. Finalidade : que a nosa biblioteca conteĂąa recursos para atender de forma axeitada o alumnado do centro e ofrecer oportunidades a todo o alumnado. TrĂĄtase de facer da biblioteca un espazo de convivencia de toda a comunidade educativa.


Aula mulisensorial. Finalidade : Potenciar relaciรณns positivas e mellorar o benestar emocional.


4. PRÁCTICAS INCLUSIVAS


Proxectos de centro. • PASIÑO A PASIÑO…FACEMOS O CAMIÑO http://uncaminoparaconvivir.blogspot.com/2017/06/

• UN PROXECTO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA CHEO DE VIDA http://cienciaetecnoloxiacheodevida.blogspot.com/

• CULTIVANDO VIDA NO NOSO HORTO https://prezi.com/m7ddrn0_k0-u/horto-no-patio-do-cole/ http://www.edu.xunta.gal/eduga/1345/plan-proxecta/reciclarte https://www.youtube.com/watch?v=pmgOp1nwiJI

• NA PEL DOS ANIMAIS https://napeldosanimais.blogspot.com/


TALLERES INTERNIVEIS.


Unha convicciรณn A Diversidade enriquece รก Comunidade.

Unha reflexiรณn A Satisfacciรณn comeza cando as cousas que facemos son as cousas nas que cremos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.