EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA

Page 1

Neste curso 2018/2019 creamos un novo equipo de traballo no centro: O equipo de Dinamización da Convivencia. Créase partindo do noso contexto, un centro no que priman valores coma o respecto cara as demais persoas, a resolución pacífica de conflitos, a igualdade, a tolerancia, a solidariedade, a educación para a paz e a capacidade de enriquecerse das diferenzas. En definitiva, un centro que prepara ao seu alumnado para convivir nunha sociedade inclusiva e con capacidade para axudar aos demais. Dende o centro levamos a cabo diferentes propostas que serven para traballar todo o mencionado ata o momento. Un exemplo atopámolo no noso proxecto de centro chamado “O patio dos nosos soños”, co cal se pretende facer un patio inclusivo no que todo o mundo ten cabida nas diferentes zonas de xogo que están á disposición do alumnado dende a filosofía “respecta ao ambiente, respecta aos demais e respéctate a ti mesmo”. Unha función do equipo é involucrar ao alumnado concienciándoo da necesidade de manter as zonas de xogo ordenadas e coidando os materiais que forman parte dos diferentes recunchos. Tamén, outra das funcións deste equipo de convivencia é a de dinamizar o noso organismo creado no curso escolar 2016/2017, que nace para dar voz e voto ao noso alumnado nas propostas para a mellora da convivencia no centro: o Consello d@s nen@s. Por último facer mención ás prácticas restaurativas como parte da formación de todo o profesorado, as cales consisten en fomentar a cohesión de grupo nas aulas face ndo círculos nos que o alumnado expresa as súas percepcións sobre diferentes cuestións que se van tratando e pretende dar a oportunidade de mediar doutro xeito ante os posibles conflitos que poidan xurdir.

CEIP NÚMERO 1 TUI


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.