PROPOSTAS ACTIVIDADES INFANTIL 21-24 ABRIL

Page 1

Ola familias! Dende esta semana e atendendo ás propostas de mellora das familias formuladas nas enquisas, comezaremos a enviar as tarefas os venres para que poidades organizar o traballo da semana seguinte. Continuade comezando o día coas rutinas do calendario: día da semana, o tempo, a estación na que nos atopamos… podes facelo en castelán, galego ou inglés. XOGO E MOVEMENTO: ● PsychoEnglish Time! Preme no enlace para facer a sesión de PsychoEnglish desta semana: ADVENTURE AT HOME! https://www.youtube.com/watch?v=rfQojlNYss8&t=7s O CORPO E A PROPIA IMAXE: ● Canto medimos? Con axuda de alguén na casa colle un metro, se o tes e se non, poderás usar a app Regla nun móbil ou tablet co sistema operativo IOS de Apple ou, para sistemas operativos Android poderás utilizar a app Medición: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.google.tango.measure&hl= es Mira quen mide máis e quen mide menos na túa familia, se tes unha mascota tamén podes intentar ver canto mide e xogar a comparar, por exemplo: “Eu son mais baixo que…”, meu irmán é mais alto ca...”, etc. A ACTIVIDADE COTIÁ: ● Escolle un lugar da túa casa que coñezas ben: o teu cuarto, o salón, a cociña… o que queiras. Busca un sitio onde te sentar e observa durante varios minutos. Quizais atopes algo que non coñecías, algo que non viras nunca, una greta, una mancha na parede, un xoguete que non atopabas ou algo no que nunca repararas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.