INFORME SIMULACRO 2017

Page 1

INFORME SIMULACRO 22-11-2017


O Ceip Plurilingüe Nº1 de Tui cada ano realiza o seu protocolo de evacuación seguindo o establecido, no Real Decreto 393/2007, de 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias adicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia. ,ao DECRETO 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidad Autónoma de Galicia e na orde do 22 de outubro de 1997.

MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO DE 2017 A 3ª HORA ÁS 11:10. UBICACIÓN DO LUGAR DO CONATO: SECRETARIA VELOCIDADE DE REACCIÓN: Táboa de tempos TEMPO EMPREGADO 0 min. e 30 seg. 0 min. e 45 seg. 2 min. e 40 seg. 3 min. e 30 seg. 5 min. e 50 seg.

6 min. e 25 seg.

SITUACIÓN ALUMNADO/MESTRES/PAS Remate da sinal acústica de evacuación (3 repeticións) Persoa responsable sinais recolle o material preciso Edificio principal evacuado Alumnado e profesorado fóra do recinto escolar Alumnado dentro da zona de seguridade acompañado polo profesorado. Alumnado correctamente colocado en filas na zona de seguridade

RANGO DE TEMPO ÓPTIMO Menos de 1 min. Menos de 1 min. E 30 seg. Entre 1 e 3 minutos Entre 3 e 5 minutos. Entre 6 e 7 minutos.

Ata 8 min.

FASES DO PROTOCOLO: Estaba previsto realizalo a 4ªhora, entre as 12:30 e as 13:30 horas pero tivo que ser así por cambios de última hora. 1º Comeza o simulacro e o xefe de emerxencia alerta tocando a sirea, chama ao 112 e baixa os cadros de luces. 2º Un dos Mestres de garda abre as portas e outro colle as sinais de tráfico, abre o portalón e para o tráfico. 3º Simultáneamente o alumnado evacua o centro con calma e ordenadamente. 4º Nas 4 zonas os Mestres escobas revisan e son os últimos en abandonar as instalacións. 5º O xefe de emerxencia informa aos axentes de seguridade sobre a situación dentro do centro e vai correndo ata o punto de encontro (zona exterior de seguridade), onde


está todo o centro. Cada aula en fila para que o titor conte por si falta algún alumn@. O xefe de emerxncias pregunta a cada titor se falta a alguén e informa aos axentes de seguridade. 6º Volta a calma, os axentes de seguridade informan de que podemos regresar ao centro con calma e normalidade e remata o simulacro. Alumnado NEAE motórico: Non empregar o elevador ACTUACIÓNS: Alumnado de infantil: Concidiu co seu tempo de lecer polo que xa non se atopaban dentro do edificio. Agás o alumnado de 4º de infantil que se atopaba na aula e seguiron axeitadamente as pautas de evacuación. 2 alumn@s non ciumpriron coa norma de deixar todo o material no centro. Alumnado de 4º de primaria: Non cumpriron coa norma de deixar todo como está e non perder o tempo apagando o pc. OUTROS: A sirena só escúchase no interior do edificio. GRADO DE COÑECEMENTO XERAL DO PROTOCOLO DE EVACUACIÓN: Aceptable RECOMENDCIÓNS DOS BOMBEIROS:     

 

Baixar collidos da man facendo una cadea, pendentes dos compañeir@s. Apagar caldeira (botón de emerxencia). Como a visibilidade é reducida debemos baixar pegados a parede, de espaldas e con calma para non facer un tapón. Antes de saír revisar armarios, aula e pechar a aula. No caso de que o fume estivera diante teríamos que aislarnos na aula máis lonxe posible, sellarla coa nosa roupa e mollar con auga antes de sellar(recomendación baños), una vez alí debemos chamar ao 112 e abrir as fiestras. Así a evacuación a faríamos polas fiestras coa axuda co camión de bombeiros. O xefe de emerxencia debe dar os planos do centro e as chaves da caldeira aos bombeiros. Solicitar chave do pavillón para o desfibrilador: un mestre colle a chave para abrir mentras outro chama ao 112.

A valoración xeral avaliada polos axentes de seguridade é positiva.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.