PROGRAMA DE ROBÓTICA (4º, 5º, 6º)

Page 1


“Programar é una habilidade persoal fantástica, xa que reforza o pensamento lóxico e a capacidade de resolver problemas, algo imprescindible en moitas áreas, desde a ciencia e a enxeñería ata a medicina e as leis. No noso futuro próximo aumentará drásticamente a cantidade de traballos que requiran programación: agora mesmo, os bos programadores escasean. Aprende a programar e terás o mundo dixital nas mans.” (CAROL VORDERMAN)

Programa de innovación educativa

"Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2017/18 co fin de que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción.

- Ceip plurilingüe nº1 de tui -


ÍNDICE: 1. NIVEIS EDUCATIVOS NOS QUE SE IMPLEMENTARÁ O PROXECTO.

2. EXPERIENCIA DO PROFESORADO E DO CENTRO EN PROXECTOS RELACIONADOS COA ROBÓTICA OU PROXECTOS DE INNOVACIÓN DA CONSELLERÍA.

3. DESCRICIÓN DO PROXECTO PARA O CURSO 2017/18:  XUSTIFICACIÓN  TEMPORALIZACIÓN  OBXECTIVOS  ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS  DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE.  AVALIACIÓN  IMPLICACIÓN DOCENTE

4. DESCRICIÓN DAS NECESIDADES FORMATIVAS DOS DOCENTES PARA LEVAR A CABO O PROXECTO


1. NIVEIS EDUCATIVOS NOS QUE SE IMPLEMENTARÁ O PROGRAMA Este programa vai dirixido ao alumnado que curse 4º, 5º ou 6º de educación primaria. 2. EXPERIENCIA DO PROFESORADO E DO CENTRO EN PROXECTOS RELACIONADOS COA ROBÓTICA OU PROXECTOS DE INNOVACIÓN DA CONSELLERÍA  EXPERIENCIA DOS DOCENTES: Francisco Sánchez Sánchez : Coordinador . G1402009 - Xornadas "escol@TIC.2015"

CAFI 17/04/2015 - 18 /04/2015

Nuria Garabal González V1502026 - Robótica, programación e impresión 3D na educación G1402009 - Xornadas "escol@TIC.2015"

CFR de Vigo

20/05/2016 - 08/06/2016

CAFI

17/04/2015 - 18/04/2015

V1502026 - Robótica, programación e impresión 3D na educación

CFR de Vigo

20/05/2016 - 08/06/2016

JORNADAS EDUCATIVAS EDELVIVES 2016

Parador Baiona

Nuria Feijóo Álvarez

16/04/16

TALLER DIVER ROBOTIC (Sara y Marta Reina)

Vanessa Táboas Pazo P1502001 - Xornadas de robótica para Infantil e Primaria

CFR de Vigo

JORNADAS EDUCATIVAS EDELVIVES 2016

Parador Baiona

TALLER DIVER ROBOTIC (Sara y Marta Reina)

 PROXECTOS DE INNOVACIÓN: 

Plan Proxecta

Proxecto Abalar/ E-Dixgal

22/04/2016 - 23/04/2016 16/04/16


Proxecto COMBAS

PROGRAMA EME- Emprender na miña escola

Programa Atrévete

Participación "A hora do código" na aula de 5º e 6º de primaria, é un movemento global, que chega a decenas de millóns de estudantes en máis de 180 países. Calquera persoa, en calquera lugar do mundo pode organizar unha Hora do Código na que hai que superar distintos retos.

3. DESCRICIÓN DO PROXECTO PARA O CURSO 2017/18:

 XUSTIFICACIÓN A finais deste curso e a través dun órgano colexiado propio de centro chamado “O Consello dos nenos”, o noso alumnado votou polo proxecto que desexaría investigar para o próximo curso. O resultado foi “Ciencia e Tecnoloxía”. Un tema moi amplo e de gran interese para a sociedade actual, xa que en poucos anos internet, o correo electrónico, as redes sociais, os teléfonos intelixentes e as aplicación engulíronnos coma un tornado e cambiaron a nosa forma de vivir. Que os ordenadores forman parte importante das nosas vidas é algo que xa damos hoxe por sentado. Pero podemos facer algo máis que usar esta tecnoloxía (TIC), podemos creala (TAC). Por exemplo, se ensinamos aos nosos alumnos e alumnas a programar, eles mesmos farán as súas propias obras mestras dixitais. (TEP). Todo o que fan os ordenadores está controlado por liñas de programación que alguén escribiu cun teclado. Pode parecer unha linguaxe estraña, pero en realidade enténdese rapidamente. Hai moitas persoas que sosteñen que programar é unha das cousas máis importantes que podemos aprender no século XXI. Aprender a programar é moi divertido e motivador, xa que os resultados son instantáneos, tamén é creativo: quizais sexa a primeira ciencia que combina deseño, lóxica, narrativa e espírito emprendedor. Polo exposto, e polo tema do proxecto que traballaremos no curso 2017/18, cremos beneficioso implantar en 4º, 5º e 6º de primaria o programa de “Introdución á Robótica


Educativa en Primaria” que pretende ser unha interesante liña de innovación

e

investigación educativa, tendo en conta tamén que dende Educación Infantil xa se está introducindo a robótica e a programación a través de Bee-Bot, Osmo Code e aplicacións coma Kodable, e que unha das actividades extraescolares do centro é a robótica, cunha grande aceptación por parte dos nenos e nenas que asisten a ela. Polo que buscamos a través deste proxecto que a robótica estea presente pouco a pouco en tódalas aulas do centro buscando a formación e implicación de toda a comunidade educativa. Xa que permite expor ao alumnado tarefas que espertan o seu interese, desenvolve con acerto todas as competencias clave, incorpora contidos de todas as áreas (lingua, inglés, matemáticas, ciencias sociais, ciencias naturais, plástica...) desde unha perspectiva interdisciplinar e favorece unha adecuada formación en valores relacionados coa orientación vocacional e do tempo libre.  TEMPORALIZACIÓN O programa desenvolverase de xeito interdisciplinar e a través do proxecto de centro “Ciencia e Tecnoloxía”. Deste xeito aplicarase a robótica. O programa levarase a cabo durante o curso 2017/18 nas aulas de 4º, 5º e 6º de primaria, e se integrará nas aulas de xeito Interdisciplinar, e para o que sexa máis efectivo destinaremos unha hora á semana en cada titoría, intentando dentro da organización do centro que sexan dous docentes os que impartan conxuntamente en cada curso.  OBXECTIVOS Este proxecto ten o obxectivo de desenvolver a educación en valores e máis os elementos transversais conforme o artigo 11 do Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.  Desenvolver o gusto pola ciencia e a tecnoloxía e participar colaborativamente en actividades experimentais que favorezan a aprendizaxe mediante a aplicación do método científico.  Iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción.  Conseguir levar a cabo as tarefas propostas con destreza e eficiencia empregando adecuadamente os recursos tecnolóxicos.


 Participar activamente desenvolvendo hábitos de traballo individual e en equipo nun proxecto común.  Implicar a toda a comunidade educativa para facelos partícipes deste proxecto.

 ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS Abordarase unha proposta metodolóxica de aprendizaxe por proxectos baseada en dinámicas activas, cooperativas e contextualizadas, centradas na experiencia práctica do alumnado sobre o seu contorno inmediato. Esta proposta leva ao desenvolvemento de valores desde unha crecente posición crítica e autónoma, partindo dos seus intereses e das súas experiencias. Deste xeito, as actividades levadas a cabo no centro por cada programa organizaranse conformando un proxecto interdisciplinar que inclúa elementos do currículo de diversas áreas e que se integre nas programacións específicas do profesorado de 4º, 5º e 6º de primaria e na programación xeral anual. A metodoloxía estará baseada nunha aprendizaxe cooperativa, por descubremento e un pensamento diverxente, atendendo sobre todo á competencia de aprender a aprender (autonomía do alumnado - ensinar a pensar). Tal e como se establece na Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, “as metodoloxías activas apoiaranse en estructuras de aprendizaxe cooperativo, de forma que, a través da resolución conxunta das tarefas, os membros do grupo coñezan as estratexias utilizadas polos seus compañeiros e poidan aplicalas a situacións similares”. “O traballo por proxectos, especialmente relevante para o aprendizaxe por competencias, basease na propuesta dun plan de acción co que se busca conseguir un determinado resultado práctico”.


 DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. 

COMPETENCIA MATEMÁTICA e en ciencia e tecnoloxía - Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións, valorando as súas consecuencias e a conveniencia do seu uso. - Comprende e describe situacións da vida cotiá, e interpreta e elabora representacións espaciais (planos, esbozos de itinerarios, maquetas,…), utilizando as nocións xeométricas básicas (situación, movemento, paralelismo, perpendicularidade, escala, simetría, perímetro e superficie). - Realiza predicións sobre os resultados esperados, utilizando os patróns e leis encontrados, analizando a súa idoneidade e os erros que se producen.

 COMPETENCIA LINGÜÍSTICA - Expresa oralmente e por escrito, de forma clara e ordenada contidos relacionados coa área manifestando a comprensión de textos orais e/ou escritos. -Transmite as ideas con claridade, coherencia e corrección. - Busca, selecciona e organiza información concreta e relevante, a analiza, obtén conclusións, reflexiona respecto ao proceso seguido e o comunica oralmente e/ou por escrito. - Aplica as normas sociocomunicativas: escoita atenta, espera de quendas participación respectuosa, adecuación á intervención da persoa interlocutora, papel de persoa moderadora e certas normas de cortesía. - Participa activamente en diversas situacións de comunicación:Debates, diálogos e en exposicións orais con e sen axuda das tecnoloxías da información e comunicación. - Participa activamente e de forma construtiva nas tarefas de aula, cooperando en situación de aprendizaxe compartida. - Amosa unha actitude de escoita atenta.

 COMPETENCIA APRENDER A APRENDER - Busca, selecciona e organiza información concreta e relevante, analízaa, obtén conclusións, elabora informes para o rexistro de plan de traballo e comunica, de forma oral e escrita, as conclusións.


- Manifesta autonomía na planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións, identificando os criterios e as consecuencias das decisións tomadas. - Explica de forma oral e por escrito os procesos seguidos e as estratexias utilizadas en todos os procedementos realizados. - Utiliza estratexias para estudar e traballar de forma eficaz, individualmente e en equipo, amosando habilidades para a resolución pacífica de conflitos. - Realiza proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións formulando problemas, enunciando hipóteses, seleccionando o material necesario, realizando, extraendo conclusións e comunicando os resultados. - Presenta un informe, de forma oral ou escrita, empregando soportes variados, recollendo información de diferentes fontes (directas, libros, internet) cando traballa de forma individual ou en equipo na realización de proxectos, experiencias sinxelas e pequenas investigacións.

- Sigue instrucións dadas para levar a cabo actividades diversas. - Realiza inferencias e formula hipóteses. - Deduce o significado de palabras e expresións con axuda do contexto. - Emprega estratexias de procura e selección da información: tomar notas, elaborar esquemas, guións, borradores e mapas conceptuais. - Desenvolve e aplica estratexias de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios) para crear e investigar conxecturas e construír e defender argumentos.

 COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS - Participa en actividades

de grupo adoptando un comportamento responsable,

construtivo e solidario e respecta os principios básicos do funcionamento democrático. - Valora a importancia dunha convivencia pacífica e tolerante entre os diferentes grupos humanos sobre a base dos valores democráticos e os dereitos humanos universalmente compartidos. - Participa dunha maneira eficaz e construtiva na vida da aula e do centro e crea e utiliza estratexias para resolver conflitos entre seus compañeiros. - Identifica e utiliza os códigos de conduta e os usos xeralmente aceptados nas distintas sociedades e contornos (escola, familia, barrio etc.).


- Valora a cooperación e o diálogo como forma de evitar e resolver conflitos e fomenta os valores democráticos. - Actúa de forma respectable e digna.

 COMPETENCIA DIXITAL - Usa con eficacia Internet e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación para escribir, presentar os textos e buscar información, crear táboas e gráficas. - Utiliza distintos programas educativos dixitais como apoio e reforzo da aprendizaxe. - Coñece e emprega as normas de uso e de seguridade dos instrumentos, dos materiais de traballo e das tecnoloxías da información e comunicación. - Utiliza instrumentos de debuxo e ferramentas tecnolóxicas para a construción e exploración de formas xeométricas. - Utiliza as tecnoloxías da información e a comunicación (internet, blogs, redes sociais...) para elaborar traballos coa terminoloxía adecuada aos temas tratados. - Utiliza ferramentas tecnolóxicas para a realización de cálculos numéricos, para aprender e para resolver problemas, conxecturas e construír e defender argumentos.

 SENTIDO DA INICIATIVA E ESPÍRITU EMPRENDEDOR - Xera confianza nos demais realizando unha autoavaliación responsable da execución das tarefas. - Desenvolve a creatividade e valora a capacidade emprendedora dos membros dunha sociedade. - Utiliza a información recollida para levar a cabo diversas actividades en situacións de aprendizaxe individual ou colectiva. - Realiza propostas creativas e utiliza as súas competencias para abordar proxectos sobre valores sociais. - Identifica, define problemas sociais e cívicos e implanta solucións potencialmente efectivas. - Amosa actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese, creatividade na aprendizaxe e espírito emprendedor que o fan activo ante as circunstancias que lle rodean.


- Desenvolve actitudes de cooperación e de traballo en equipo, valora as ideas alleas e reacciona con intuición, apertura e flexibilidade ante elas. - Planifica traballos en grupo, coordina equipos, toma decisións e acepta responsabilidades.

 CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS - Explica aspectos relacionados coa forma de vida. - Amosa curiosidade por coñecer outros costumes e formas de relación social, respectando e valorando a diversidade cultural.

 AVALIACIÓN Seguiremos a ORDE do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a promoción do alumnado que cursa educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. A avaliación considérase integrada no proceso de ensino e aprendizaxe e na actividade ordinaria da aula e do centro docente, converténdose nun referente tanto para valorar o progreso do alumnado como a mellora continua do proceso educativo e punto de referencia para a adopción das medidas de atención á diversidade. Neste proxecto, como en calquera proceso de ensinanza/aprendizaxe, a avaliación constitúe un elemento esencial de garantía de calidade e mellora. O estudo dos aspectos esenciais relativos a determinar que, como e cando avaliar. A avaliación concíbese como un proxecto que debe levarse a cabo de xeito continuo e personalizado, e que ha de ter por obxecto tanto as aprendizaxes dos alumnos/as como os procesos de ensino dos mesmos docentes. Formularnos “Que está a pasar no noso Centro? e Que podemos facer?” é o máis importante dentro da avaliación. A verdadeira avaliación é a que parte do propio Centro, sendo este unha colectividade, tratando de conseguir un clima de traballo conxunto. A avaliación é un proceso sistemático e integrado no deseño do proxecto, polo que será un proceso continuo, que servirá para detectar problemas e dificultades. A finalidade desta avaliación será tomar as decisións oportunas coa suficiente axilidade, e así reorientar o plan de traballo.


¿QUE AVALIAMOS? O propio proxecto: se a análise da situación inicial foi a acertada, se os obxectivos fixados eran realistas e oportunos e se o seguimento avaliativo é o desexable. A súa posta en práctica: o plan de actuación deseñado é eficaz, outras actuacións non incluídas inicialmente, ás persoas que desenvolven a planificación, os recursos dispoñibles, as relacións coas institucións do entorno, o grado de consecución dos obxectivos. ¿QUEN AVALÍA? A partir do principio de participación, avalían todos os implicados, dado que o trazado deste proxecto vai a implicar a intervención de diversos axentes da nosa comunidade educativa, ou axentes sociais ou profesionais que interveñan nalgún intre do proceso. A avaliación desenvolverase en varias situacións: 

Autoavaliación: Cada equipo ou axente a sí mesmo.

Heteroavaliación: Un axente ou equipo a outros.

Coavaliación: Axentes ou equipos entre sí.

¿COMO E CANDO AVALIAMOS? “A avaliación non debe impoñerse dende “fóra” de vez en cando durante o ano, se non que formará parte do entorno natural de aprendizaxe. Na medida do posible, debería producirse a “hurtadillas”, como parte do compromiso natural dos individuos en situacións de aprendizaxe”. (Gardner) Partindo do principio de flexibilidade, con diversidade de técnicas, dacordo ás necesidades de obtención de información. Considerando o principio de continuidade, en todos os momentos do proceso: 

No inicio do proxecto con carácter diagnóstico, para determinar necesidades e inquietudes.

Durante o proxecto con carácter formativo, para orientar ou reorientar, apoiar, estimular.


Ao final do proxecto con carácter sumativo e pronóstico, para determinar os resultados da evolución e identificar novos retos, novas liñas de traballo e progreso para o futuro.

Entre as principais técnicas cabe destacar: 

Observación directa de condutas.

Cuestionarios e enquisas sobre inquietudes e valoracións.

Análise de traballos do centro

Procesos comunicativos e de intercambio grupal

¿QUE FACEMOS COAS CONCLUSIÓNS? A necesidade de avanzar camiña da man da avaliación e da creación. As conclusións deben dar información útil e necesaria para asegurar o progreso, serven de fundamento para facer unha planificación axustada ás necesidades da realidade existente e permítenos reaxustar a planificación xa que determinan obxectivamente, cualitativamente e cuantitativamente os progresos e logros. “Tendo en conta que avaliar consiste en realizar un xuízo de valor, a avaliación está relacionada en primeiro lugar coa ética, esixe por elo un tempo para elucidar e facer conscentes os contextos, os proxectos e as posturas.” (Beauvois, 2010) Os referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias e o logro dos obxectivos foron os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables. A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado foi continua e global. Avaliáronse tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensinanza e a propia práctica docente. Empregando distintos instrumentos de avaliación como rúbricas para a exposición oral, portfolio (entradas no blogue, informes escritos, presentacións, documentos, esquemas...).  IMPLICACIÓN DOCENTE Os mestres seremos guía do proceso de investigación e creatividade, e o alumnado será artífice da búsqueda de información, creación, observación e fará reflexión do seu propio aprendizaxe. Ademais, a


implicación empeza polo propio interese e formación das persoas que forman parte deste proxecto, que formarán e compartirán as súas experiencias de aula co resto do profeorado interesado.

A implicación docente será fundamental para xerar a participación e implicación por parte de toda a comunidade educativa, intentando contaxiar a motivación e o entusiasmo do noso alumnado.

4. DESCRICIÓN DAS NECESIDADES FORMATIVAS DOS DOCENTES PARA LEVAR A CABO O PROXECTO Amosamos interese en participar en todo tipo de formación, xa sexa presencial como online, ademais gustaríanos ver distintas experiencias de aula de boas prácticas doutros centros docentes que xa participaran neste proxecto.

MOITA XENTE MIÚDA EN LUGARES PEQUENOS FACENDO PEQUENAS COUSAS PODE CAMBIAR O MUNDO.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.