REVISTA ESCOLAR
Saco e Arce
CATAVENTOS Xuño 2014
Debuxo: Yago González e Yaritsa Cofán http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos
Revista Cataventos. CEIP SACO E ARCE de Toén
EDITORIAL Durante este ano desenvolvemos no centro o Proxecto Documental:
Brais Pazos
A Volta ao Mundo Con Efrén.
Viaxamos tod@s xunt@s ao redor do mundo… con Efrén, claro! 1º Preparamos a equipaxe para visitar moitos lugares interesantes, coñecer a súa cultura, a súa historia e as persoas que viven alí. OS NOSOS DESTINOS FORON: 3 anos: España 4 anos: Francia 5 anos: Exipto 1º EP: Alemaña 2º EP: Australia 2º Ciclo: Brasil 5º EP: A India 6º: Xapón Os nosos traballos podédelos ver publicados na web do cole e nos blogs: Bloguesquío, O Souto dos Laretas, Historias da nosa Aula e https://sites.google.com/site/avoltaaomundocone fren/
Sumario A s familias contan
3
A ntía vai de viaxe
4
V iaxando con Efrén
6-17
Receita de Samaín
18
Bo Proveito
19
V isita ao centro de día
20
A caza do tesouro
21
Cogomelos do Concello
22
Educación en V alores
24-30
Entrevista
31
O Entroido
32
A ula virtual
34
O V als das flores
36
Día da árbore
38-41
Cantiga de cego
42
Letras Galegas
44-46
Monumentos
47
A prehistoria
48
A rte
49-51
Deporte escolar
52-54
Mirade á cámara
55
Este entrañable grupo de gaiteiros encheu de música a nosa Festa das Letras
Disfrutamos da Obra de Teatro Os Trogloditas no Auditorio de Ourense. (Proxecto A Prehistoria)
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Para celebrar o Mes dos Libros invitamos as familias a compartir connosco unha lectura na Biblioteca do cole. Nove mamás e dous papás achegáronse á Biblio, escolleron un conto, levárono á casa para preparalo e… convertéronse en "Contacontos
por un día” .
@s nen@s quedaron encantad@s e estamos segur@s de que para @s que participaron no proxecto, foi unha experiencia que non esquecerán, nen esquecerán @s seus fill@s e deixará unha pegada imborrable pola carga afectiva que implica escoitar un relato na voz de alguén querido.
A mamá de Antón
Os papás de Gabriel
O papá de Anxo
A mamá de Theo
A mamá de Lúa
A mamá de Jose Manuel e Arón
A mamá de Hugo e Valeria
A mamá de Xan e Alexandre
A mamá de Martín
A mamá de Candela
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
ÉRASE UNHA VEZ UNHA NENA CHAMADA ANTÍA QUE FOI A FRANCIA A VISITAR A TORRE EIFFEL COA SÚA NAI.
ESTANDO EN PARÍS, SUBIRON NUN COHETE E FORON VISITAR A MERCURIO, A PLUTÓN, VIRON O SOL . . . E CAMIÑARON POLA LÚA.
O NENO INVITOUNA A CEAR NA SÚA CASA E COMERON QUEIXO, BAGETTE, CROISANT, UVAS E DE POSTRE CREPS. OS MAIORES BEBERON VIÑO E OS NENOS AUGA.
DESPOIS DAQUEL PASEO VOLVERON A FRANCIA E ANTÍA FOI VISITAR A UN AMIGO A NANTES . . . E MONTARON NO ELEFANTE.
QUEDOUSE A DURMIR NA SÚA CASA.
CATAVENTOS
POLA MAÑÁ LEVANTÁRONSE E FORON Ó ZOO A VER ELEFANTES ASIÁTICOS E ELEFANTES AFRICANOS QUE FACÍAN FILAS.
E FORON VISITAR MOITOS CASTELOS E SUBÍRONSE NELES ATA AS TORRES MÁIS ALTAS.
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
CAMIÑARON POLOS PIRINEOS .
DESPOIS DE PASALO TAN BEN EN FRANCIA, A NENA VOLVEU A SÚA CASA EN AVIÓN. E …… COLORÍN, COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP Saco e Arce
2014 2014
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP Saco e Arce
2014 2014
E…BLA, BLA, BLA ! CATAVENTOS 2º ciclo de Primaria
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Este ano viaxamos polo mundo con Efrén e todo o colexio está implicado neste proxecto...e dixo a profe que NÓS tiñamos que elexir un país para percorrer o mundo e para coñecer outras culturas afastadas de nós.
“Coñecer para aprender e respectar ós que son diferentesa nós” Despois de moito deliberar decidimos que o noso destino sería…
O
FULECO
É
A
MASCOTA DO MUNDIA DE FUTBOL E O SEU SIGNIFICADO É A MESTURA DO FUTBOL E A ECOLOXÍA.
MUNDIAL de FUTBOL 2014. NÓS SOMOS FUTBOLISTAS E CAMPIÓNS ¡
INVESTIGANDO E REXISTRANDO O TEMPO NAS CIDADES DO BRASIL FACEMOS GRÁFICAS DE BARRAS E CLIMOGRAMAS.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
A CAPOEIRA é unha expresión cultural e é unha arte marcial que moito nos “molou”!
.
A samba
é
un xénero musical que para NóS é marchosa, divertida, festeira, rítmica…é FENOMENAL!
Que Rime..!
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Antía, Brais, Lorena e Rafa. 5º EP. Queridos compañier@s, o pasado mes de marzo os rapaces e rapazas de quinto fixemos unha viaxe virtual a India. Como nós xa somos uns expertos, ímosvos a dar uns conselliños por se queredes viaxar vós tamén. Os pasos que seguimos para organizar a viaxe foron os seguintes: 1º Buscamos unha compañía de voo que se axustase a os nosos presupostos. Despois de moito buscar decidímonos por un voo da Compañía British Airways, que nos levaría a Bombay, saínda da captial española por: 680€ por pasaxeir@. Saímos de Ourense cara Madrid para coller o avión. Saída de Madrid (Baraxas) o 10-03-14 as 21:00 Chegada a Bombay o día 11 ás 00:20 (escala e cambio de avión en Paris) Regreso o 31 de marzo dende Bombay as 13:20 Madrid (Baraxas) ás 12:50h 2º Comprobamos que o noso DNI non estivera caducado e fixemos o pasaporte. 3º Un mes antes, pasamos polo centro médico e puxemos as vacinas recomendadas, parecíamos coadores. 4º Fomos ao banco e cambiamos € por rupias, 1€ = 80,32 rupias. Temos un presuposto de 25€/día -> 20 días x 25 €/día = 500€ Ao cambiar 500 € por rupias 500 x 80,32 = 40 160 rupias para gastar 5º Preparamos a equipaxe. Na nosa mochila metemos: roupa, o móbil, unha tablet, a cámara de fotos, unhas botas para os monzóns, a carteira, un neceser cun cepillo de dentes, un peite, xampú e xabón, un saco de durmir, un botiquín con
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
medicamentos básicos e materiais para pequenas curas e unha mochila pequena para as excursións, unha guía sobre a India e un caderno de notas para apuntar todas as cousas que imos visitar. 6º Visitar, visitamos moitos lugares, pero non todos non agradaron por igual. Aí vai unha valoración “realista”. A Festa de Holi, é a festa da primavera, é moi divertida, recorda un pouco ao San Xoán. Hai fogueiras polas noites, moita xente polas rúas botando po de cores.
O Templo Karni Mata, templo famoso polas súas ratas negras, que son sagradas. Se lle tedes medo as ratas, mellor non vaiades.
O Taj Mahal, o edificio é bonito pero non ten nada de especial, e a entrada custa 25 dólares… mellor miralo dende lonxe..
O río Ganges. Hai bo ambiente, pero non te bañes…
O Templo dourado dos Sijs ou Golden Temple, é un lugar interesante e diferente. Entra descalzo e queda a pasar a noite e a cear… é gratis! Hospitalidade india
O Himalaia. Non volo perdades!, alquilade unhas bicis e percorrede as rutas marcadas.
Hampi É un lugar tranquilo con moitas cousas que ver alquila un ricksaw e visita as ruínas e o mercado.
7º Que comer A comida tradicional é o thali: arroz e verduras cun sabor moi forte porque lle botan moitas especias. É unha comida moi diferente á nosa. Nós comemos moitas veces en postos que hai na rúa que eran máis baratos. A limpeza non caracteriza ás cidades indias, o mellor é comer comidas cociñadas e non crúas e beber sempre auga embotellada. Preferimos a nosa cociña… viñemos cunhas ganas de comer unha boa tortilla ou un bo churrasco…
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Porque para eles o sol era moi importante dado que vivían no deserto. Para cada momento do día tiñan un sol distinto: escarabello (sol nacente) Ra (sol do mediodía) e o Carneiro (sol do crepúsculo).
NENOS E NENAS DA CLASE DOS
Project: “Around the world with Efren”
2nd Graders
Project “Around the world with Efren”
Students in Grades 3&4
Project: “Around the world with Efren”
INDIAN FLAG
5th Graders
INTERESTING FACTS Continent: Asia. Ocean: Indian Ocean/ Arabian Sea. Population: 1237 millions people. Languages: Hindi and English. Religions: Hinduism, Buddhism... Important Cities: Bombay, Calcutta Capital City: Delhi. Longest Rivers: Indus, Ganga. Highest mountain: Kachenjuga (8.598m).
FOOD
TOURIST ATTRACTIONS
They use a lot of different herbs (cilantro, mint ) and spices (curry, ginger, dried hot pepper…) Many Hindus are vegetarians. Lamb and chicken are the most popular meats. Most Indian food is eaten with fingers or bread. There are a lot of different breads.
Mother Teresa. Mahatma Ghandi. Rabindranath Tagore Rudyard Kipling: Poet: Vanarasi: “The Jungle Book”. Sacred city. J. Tata: Business man// Tata Cars Pilgrims do their devotions Freida Pinto: Actress “Slumdog Millionare” in the river. Kanha National Park: A wildlife reserve. Ajanta Caves: Rockcut cave monument (2nd Century B.C.) Golden Temple: The dome is made of pure gold.
DO YOU KNOW?
The first European to travel to India was Vasco de Gama in 1498. More than 20.000 rats live in the temple of Goddess Karni Mata. The first Bollywood film was “Alam Ara” in 1931. In December 1987, the first music CD was sold in India. There are 22 official languages
Taj Mahal: It’s a big mausoleum.
NATIONAL SYMBOLS
National Animal: Tiger. National Bird: Peacock. National Fruit: Mango. National Tree: Bayan tree. National flower: Lotus
FAMOUS PEOPLE
TRADITIONS Diwali: A Hindu five-day festival known as “festival of light”. People wear new clothes, open their doors and windows, clean the house and light oil lamps. Rangolis : colourful designs made on the floor near the entrance to a house to welcome guests using coloured powders, flowers or sand.
CLOTHING The traditional clothing for women are the colourful silk saris. Men wear the dhoti and the kurta
Project “Around the world with Efren”
6th Graders
Japan produces motor vehicles, electronics… Some of the most well-known companies are from there: Toyota, Nintendo, Sony, Honda, Toshiba, Canon...
There are over 6000 islands. There are 4 large ones: Hokaido, Honshu, Shikoku and Kyushu
Highest mountain: Mount Fuji (3,777m). It’s a volcano. Rivers: Shinano (377 km), Tone River (322 Km) Climate: 4 seasons: - Spring: Sunny - Summer: Hot and humid -Rainy season: June/July -Winter : Mild/Snow in the North.
Continent: Asia Ocean: Pacific Ocean/Sea of Japan
Population: 128.000.000 people
Languaje: Japanese Religion: Buddhism Capital city: Tokyo Important Cities: Osaka,
Kimono: For men and women. Made of : Silk and cotton. Men’s: Dark blue, black, green, brown Women’s: More brightly coloured. Floral designs (cherry blossoms)
Martial Arts : Karate, judo, Sumo, Kendo, Aikido… Sumo: National sport Baseball: the most popular spectator sport.
Sapporo, Nagoya Currency: Yen
They drive on the left
Akira Kuro sawa : Film director Akihito: Emperor Yoko Ono : Artist Shin Chan / Doraemon : Cartoons
Miso soup, rice and tea are very common for breakfast, lunch and dinner. They eat with chopsticks Tako-yaki: Fried or grilled octopus. Sushi: Rice cooked with vinegar with uncooked seafood into roll inside of noril (see weed) Shashimi: Raw fish sliced and served alone. Tempura: Vegetables or seafood covered with butter and fried
Pagoda:Tower made of wood of metal with several stories, to store sacred relics.
Geisha: Woman who entertain guests playing musical instruments, singing, dancing, reciting poems... Samurai: Ancient warrior. Very skilled fighter and swordman. Main weapon: Katana Haiku: Poems consisting of 3 lines Manga: Comics created in Japan. They’re painted in black and white. Kamishibai: Storytelling with story cards with the images on one side and the text on the back side. Ninja: Warriors with supernatural skills. They wear black clothes
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Alumn@s do 3º Ciclo Que se celebra? O FIN DO VERÁN. Chega o frío, caen as follas, as noites son moi longas... Pero aínda está por vir a noite máis arrepiante do ano, a do 31 de outubro ao 1 de novembro. Os defuntos saen e vagan polos camiños e por iso non está de máis tallar unha cabaza e colocala no valo da túa casa. Este ritual manterá lonxe ás ánimas...
uhhhhhhh!!
Para poder sobrelevar tanta troula preparamos este
ponche morno de cabaza, unha bebida arrepiante, perfecta para vivir sen sobresaltos estas datas.
Ingredientes: 2 colondros medianos baleiros 3 l de zume de mazá 2 l de zume de piña 4 culleradiñas de zume de limón 2 paus de canela 3 mazás 2 culleradiñas de cravos enteiros
Paso 1: Baleira as cabazas. Paso 2: Fai boliñas de mazá, usando o mesmo utensilio que para facer as boliñas de melón. Dálles máis sabor ás mazás cravando en cada boliña un cravo no centro.
Paso 3: Engade o zume de mazá, o zume de piña, o zume de limón, as bolas de mazá, e os paus de canela. Paso 4: Remove e quenta durante uns poucos minutos a lume medio (non ten que ferver). Retira a pota do lume e deixa arrefriar
CATAVENTOS
Revista Escolar
De que lado se pon esto?
Pero.... lembrade : - Garfo á esquerda
CEIP Saco e Arce
2014
Poñemos a mesa entre todos
Esta foto vai ser trending topic en Cataventos
- Coitelo e culler á dereita
Agardade a que remate para tirar a foto…
De que lado poñemos o pan? - A esquerda do prato - E o vaso... a dereita
Teño que apurar máis, que sempre quedo de último….
Veña Brais, apura que teño fame!!!
En pausa…
Xa rematamos!
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
En novembro, como cada ano, o noso colexio desprazouse ao centro de día da localidade para pasar unha xornada cos nosos maiores. Nesta ocasión, o motivo central foi a celebración do DÍA do MAIOR e o DÍA das BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Preparamos unha escolma de actuacións coas que agasallar aos nosos anciáns. Contos, cancións, obras de teatro. Nós, os alumn@s do 3º ciclo fixemos unha posta en escena da canción tradicional
“ESTANDO O SEÑOR DON GATO”. O ÉXITO FOI TOTAL... HAI QUE REPETILO!!!
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Na caza do tesouro O día 20 de decembro os nenos e nenas de todo o colexio participaron nunha gymkana/caza do tesouro. Onde por equipos mesturados de tódolos cursos deberían buscar unhas pistas agochadas por todo o cole (cada pista conducíate a seguinte).
Despois de atopar cada unha das pistas deberían pasar unha proba, de forma que ían completando ata chegar ó final que lles levaría o tesouro.
Unha vez atopadas todas as pistas e superadas todas as probas, todos conseguiron atopar o tesouro e o seu premio correspondente.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
MICOLOXÍA É a ciencia que se dedica ao estudio dos fungos. Os cogomelos pertencen ao reino dos fungos. Son seres vivos, pluricelulares, formados por células con núcleo ou eucariotas. As súas células non forman tecidos. Non son plantas porque non realizan a función da fotosíntese Por norma xeral teñen as seguintes partes: pé, sombreiro, láminas ou esponxa. Tamén poden ter volva e anel. A súa alimentación é heterótrofa son descompoñedores. Reprodúcense por esporas que se atopan na parte inferior do sombreiro.
PEIDO DE LOBO AMANITA
CITRINA
AMANITA MUSCARIA AMANITA PHALOIDE
RUSSULA EMÉTICA
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
O luns, 14 de novembro de 2013,fixemos unha exposición dos cogomelos máis abundantes do Concello de Toén, na que aparecían exemplares tanto comestibles coma non comestibles:
Sara,unha das cociñeiras do colexio experta en cogomelos, explicounos as características de cada unha delas e nós escoitámola con moitísima atención. Aprendemos un montón!!!
Despois explicamos aos máis cativos o aprendido.
10 CONSELLOS PARA SER UN BO BUSCADOR DE COGOMELOS 1. Levar roupa axeitada para andar polo monte, unha cesta e navalla/coitelo. 2. Ir cun expert@, non te guíes só polas fotos dos libro 3. Os cogomelos que non son aptos para o consumo humano son alimento de moitos animais. 4. Nunca consumas cogordos que non coñezamos ou dos que teñamos dúbidas. 5. Se non os coñeces non os toques, poden ser tóxicos. 6. Non os arranques ,córtalle o pé cun coitelo para non danar futuros cogomelos . 7. Se xa son vellos, non os cortes, déixaos para que solten as esporas. 8. Recolle os cogomelos nunha cesta, así irán soltando as esporas polo monte. 9. En caso de intoxicación por cogordos, chama ao 112 e leva mostras. 10. Sé en todo momento respectuoso co medio ambiente.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP Saco e Arce
2014 2014
Os nenos e nenas de 2º de primaria, xunto cos de tres anos, participamos nun proxecto onde traballamos xuntos, compartimos momentos e intercambiamos sentimentos e emocións. De todo o tempo vivido queremos compartir convosco algúns dos nosos momentos e das emocións que afloraron dos vínculos da relación. Sara ten o meu corazón e eu o dela.
Gustoume pintar con Aroa.
Gustoume traballar con Ainara porque me fixo moito caso.
Encantoume traballar con Sabela.
CATAVENTOS
A Uxía e a min gustounos facer cousas xuntos.
Revista Escolar CEIP Saco e Arce
2014 2014
Estiven moi contento axudando a Teo. Gustoume facer a Spiderman con Gabriel.
Héctor e mais eu traballamos moi ben xuntos.
Eu quero abrazar a Hugo. Encántame a tenrura de Gabriel.
Gustoume facer o corazón para Xan.
Espero que Yeramir me faga máis caso Gabriel, Lea e eu divertímonos mentras compartiamos o traballo.
Quero darche un abrazo.
Grazas por traballar ao meu lado. Traballando con Arón sentinme útil. Gustoume traballar con el. Grazas
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Todos unidos por unha causa solidaria. Lorena Seara
Sheila é unha nena que necesita a nosa axuda para conseguir reunir 10 toneladas de tapóns e así poder mercar un andador que lle permita camiñar. Vive no Barco de Valdeorras e dende que naceu, sofre unha parálise cerebral espástica. A parte do seu corpo máis afectada son os seus músculos, polo cal non pode moverse, sosterse de
UNIDOS CONTRA A POBREZA Os nen@s do CEIP Saco e Arce loitan contra a pobreza Antía Delgado
pé nen camiñar.
Moitos nen@s e familias enteiras están a pasar fame ao noso redor.
Antía, Cristian, Lorena, Alex e Adrián deixando os tapóns
Os nen@s do cole, concienciados ante esta terrible situación, recollemos en colaboración coa ANPA e Carrefour alimentos non perecedoiros como pasta, arroz, cereais, aceite ou conservas. Os alimentos serán entregados ao Banco de Alimentos para que sexan repartidos entre as familias que máis o necesitan.
O andador que precisa custa 6000 euros. Os pais non poden afrontar este gasto, así que todos nós estamos colaborando e axudándolles a xuntar tapóns. A
compañía
encargada
da
reciclaxe
destes
proporcionaralle a Sheila un andador. Anímate a taponear, xuntos podémolo conseguir!!!
tapóns,
Se todos aportaramos algo da nosa compra xuntaríase moita comida e non habería tanta pobreza e tanta fame ao noso redor. Con pequenos actos conséguense grandes obras.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Este ano veu ao cole Miguel Angel Alonso Diz, o escritor do conto “ A Nena a que non deixaban ser FELIZ” e decidimos facerlle unha entrevista: Cantos contos levas escrito? Levo publicado 3 contos xuvenís: “O Cullarapo Croque”, “A nena a que non deixaban ser feliz” e “O soño de Esther”. Cales eran as túas lecturas favoritas cando eras neno? “O principiño” e “Momo” Dende cando quixeches ser escritor? Dende que era pequeno gústame moito escribir. Era seguidor dos Cómics de Marvel, así que escribía a continuación das aventuras de Spiderman e os meus compañeiros de clase facían de lectores. Estaban moi interesados nas lecturas. En que te inspiraches para crear os personaxes do conto de Sabela, a nena a que non deixaban ser feliz? Nas desigualdades que hai no mundo. Por que toda a xente do conto está triste? Porque os poderosos do conto non saben o que é a felicidade, so pensan nos cartos, na comida en abundancia e nas novas tecnoloxías. Coñeces a moitas persoas que non deixen ser felices aos demais? A moitas, coñezo a moitísimas. O final do conto está aberto, que lle pasou ao final a Sabela e ao gardián? Non quixen pórlle ningún final, desexo que cada nen@ deixe libre a súa imaxinación e que lle poña o final que máis lle guste.
Lorena Seara Calviño
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Ven Viaxar connosco a mil e un lugar. Da unha volta ao mundo se queres gozar. e disfruta, de todo ao pasar e disfruta, destas fermosas historias…, que che imos a cantar: Don Quixote e Dulcinea, Están en Toén. Sancho Panza, o escudeiro Viaxa tamén! Por España, viaxa con nós! E disfruta da praia e da montaña da súa xente e do sol.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
Se viaxas ata Francia Sube a Torre Eiffel Pola noite Moulin Rouge Ven ao cabaret, e disfruta… da nosa función. C’est París Achégate a Disneyland Vas a pasalo xenial Unha guía de Exipto Imos mercar. Un cruceiro polo Nilo Non faltará, Xa no Cairo, pirámides hai No deserto, Con momias e faraóns Tesouros encontrarás. A visita a Alemaña Vaiche encantar Aquí hai cervexa para dar e tomar Imos todos... agora a brindar É unha festa E comeremos salchichas Que ben o imos pasar!! Un tempo estupendo En Australia vai Sol e ondas xigantes Para surfear En Tasmania, ata un demo hai E koalas, Atoparás Aborixes Nesta illa SEN IGUAL Baila a Samba no Brasil Isto é o carnaval Con que ritmo e fantasía É Espectacular! A capoeira é unha arte marcial Van danzando Ven a Río de Xaneiro Connosco a desfilar Unha peli en Bollywood Estase a rodar Pola India en Bombay e no Taj Mahal Polas rúas... vacas verás Son sagradas. Se queres entrar nos templos Primeiro haste descalzar.
Imos viaxar agora...Ata Xapón Podes ir en barco ...E tamén en avión Trae o kimono, para visitar As súas illas E non te podes perder a cerimonia do té.
2014
“Ola a tod@s, tendes unha
Aula virtual
2º ciclo
Iniciámonos neste curso o uso do correo electrónico e da informática como ferramenta de traballo para o noso aprendizaxe. Queremos interesarnos polo uso da internet para mellorar os nosos coñecementos e así ampliar a nosa Competencia Dixital...sempre coa axuda e asesoramento dos adultos!!!
mensaxe nova....” Xogo coa lingua
IMAXINA QUE TI ERES UN LIBRO... QUE ME CONTARÍAS? "Se eu fose un libro, dende logo, sería un libro de viaxes. Un libro que conta sobre o que aconteceu ao longo da historia...por exemplo ver o Mont Saint Michel cando estaban a construír o castelo, tamén ir a
ver as pirámides exipcias durante o reinado do faraón Tutankhamón, e sen que se me esqueza o mellor, encantaríame coñecer a LEONARDO DÁ VINCI, ver como facía as súas pinturas e como deseñaba os seus grandes inventos”.
"Eu se fose un libro gustaríame que tratase de animais, que fose divertido, gracioso e que houbese un malo como en todas as películas de nenos. Eu quixera que houbese dúas dimensións, que son o mundo e o desmundo, e cando un neno quixese ir
ao desmundo habería un transportador no club chamado"Reform Club ". Entón cando a historia estivese desprazada por todos os nenos do mundo vivirían felices para sempre xamais".
ICÍA - 3º
Clara - 4º
"CONTAN QUE NUN PAÍS AFASTADO VIVÍAN UNS NEN@S QUE…” "Facían unha festa cada noite e facían tanto ruído que os marciáns bailaban. Un día un dos nenos púxose enfermo e a festa non soou. Os marciáns baixaron a ver o que
pasaba e coa súa maxia curaron ó neno. Esa noite montaron a festa máis grande de todas”.
Lúa- 3º
" C ontan que nun país afastado vivían uns nenos que estaban estudando a prehistoria, a
moderna e a contemporánea , nun colexio que tiña moitos anos. Un día un dos nenos chamado Jose, non quixo ir o colexio por que una nena chamada Lucía, contou una historia de castelos encantados que daba moito medo. Os outros nenos ríronse, pero o que non sabían todos era que o cole xio tamén estaba encantado. Na clase as cousas flotaban por todas partes. Os compañeiros que se burlaron del, colleron moitísimo medo, pero o que non sabían era que esas bromas facíanas Sofía, Candela e Icía”.
Sofía 3º
idade antiga,a idade media, a idade
" SE
“Sería unha margarida de moitas cores,en cada
EU TIVESE SUPERPODERES ..........SERÍA"
pétalo tería unha diferente. Tamén tería catro follas e un tallo loooooooooooongo longo, e viviría rodeada das miñas amigas as herbas e os xirasoles. Estaría tan suxeita ao chan que ninguén me podería arrancar. Encantaríame quedar no meu hábitat porque marearíame o viaxar. Nin siquera me movería a curiosidade de aproximarme aos lugares afastados para ver aos nenos xogar”.
Irene -3º
“Se eu tivese un superpoder sería o de poder voar. Con ese poder levaría a xente dun lado a outro polo ceo. Tamén podería viaxar polo mundo sen contaminar a terra. Coñecería o mundo enteiro, podería tocar algúns planetas e tamén a lúa. Sería moi divertido. Cando xogase ao escondite esconderíame nun lugar moi alto, cando xogase ao pilla, voaría para que non me pillasen, e cando me tocase a min voaría moi rápido para pillalos.
Tería máis amigos e amigas por todo o mundo (mil) cós que poder xogar en distintos idiomas. Sacaría fotos dende o ceo, e esas fotos daríallas aos meus amigos e amigas.
Damián- 4
CATAVENTOS
ADAPTACIÓN DO MUSICOGRAMA “
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
EL VALS DE LAS FLORES”
DE TCHAIKOVSKY. http://www.youtube.com/watch?v=diqDijUt2oc
APARECE O SOL RADIANTE E CONTENTO.
SÚMASELLE A NUBE. NA TERRA ESTÁ UNHA ÁRBORE, DÚAS FLORES LARANXAS, UNHA AZUL E OUTRA VIOLETA. TODAS ESTÁN MOI CONTENTAS.
A NUBE ESTÁ ESPECIALMENTE CONTENTA.
DE SÚPETO, APARECEN, FOLLAS E VENTO!. A NUBE AÍNDA SEGUE CONTENTA.
VOLVEN APARECER AS FOLLAS E O VENTO, PERO AÍNDA MÁIS FORTE!. AS FLORES NON CREN QUE SIGA EMPEORANDO O TEMPO E COMEZAN A BAILAR.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
PRIMEIRO BAILA A FLOR AZUL, LOGO A VIOLETA, E POR ÚLTIMO AS DÚAS XUNTAS. SÚMANSE O BAILE AS FLORES LARANXAS, A ÁRBORE, A NUBE E O SOL.
TODO CAMBIA. A NUBE COMEZA A PORSE MOI MALIÑA...APARECEN RAIOS, FOLLAS E VENTOS MÁIS FORTES QUE NUNCA!.
COMEZA A CHOVER. CAEN MÁIS RAIOS DO CEO.
AS FLORES ASÚSTANSE MOITÍSIMO. COMEZAN A CORRER PRÉSAS DO MEDO.
O SOL CHEGA PARA PEDIR CALMA AXUDADO DA NUBE CONTENTA.
PARA REMATAR, FAI PRESENZA O ARCOIRIS CA NUBE PARA ANUNCIAR QUE XA CHEGOU A PRIMAVERA.
NEN@S 3 ANOS.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Lorena, Antía e Brais
Este ano é o Ano Internacional da Agricultura Familiar. A agricultura familiar é todo o que se cultiva ou se obtén do monte, para o beneficio propio ou para a venda: hortalizas, o mel, o viño, madeira... O xoves veu Santos, un axente forestal para ensinarnos a orientarnos usando un compás e todo tipo de mapas. O que temos que facer é poñer o compás sinalando ao norte. Santos tamén nos dixo que nunca podemos saír a pasear por sitios que non coñezamos e moito menos sen mapa nin compás. Tamén nos falou de cómo comportarnos no monte e que facer ante un incendio. A que no sabedes o que é un escapadiño? Un escapadiño é un paxaro que cae do niño antes de tempo. Non o debedes coller! Non sabedes que tipo de paxaro é e a súa nai vai seguir alimentándoo. Tamén fixemos unha plantación no cole, ademais estivemos axudados por Pepe, que tamén veu a pasar a mañá con todos nós. Foi un día xenial, divertido e entretido.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
A FOUCE e A COITELA
A fouce e a coitela son ferramentas cun mango de madeira cunha folla de ferro curva que se usa para cortar herba ou rozar.
A forcada
A aixada
O Raño - Sacho
O angazo
Ten un pau de madeira con varias gallas.
Ten un pau longo cunha pa de ferro nun extremo.
Pode ter dous ou tres dentes.
Utilízase para cargar o toxo ou mover os feixes de estrume.
Úsase para cavar, abrir sucos ou gabias.
Consta dun pau de madeira cunhas gallas a modo de peite.
Úsase para cavar a terra cando está moi dura e para arrincar esterco, sachar, etc.
Serve para xuntar palla, folla…
Alex Gómez e Rafa Sousa. 5º EP
CATAVENTOS
Revista Escolar
PASATEMPOS
CEIP Saco e Arce
2014
Alex Gómez. 5º EP
Atopa as 7 diferenzas
Localiza na sopa de letras as 7 palabras correspondentes ás seguintes definicións J
P
O
S
P
O
I
U
T
R
L
U
A
R
O
U
C
Q
O
G
A
R
D
A
B
O
S
Q
U
E
2- Conxunto de árbores.
E
S
C
A
P
A
D
I
Ñ
O
S
R
U
T
A
3- Gran cantidade de lume.
A
S
Q
T
Ñ
A
Z
O
T
S
O
U
T
O
N
4- Calor que desprende unha materia que arde.
R
E
U
O
L
D
E
R
E
Q
O
A
A
S
C
D
N
E
F
U
M
E
C
O
U
T
O
A
R
D
1- Persoa que garda os bosques.
5- Substancia que bota o lume, de cor gris.
S
M
R
G
M
R
E
G
A
E
R
B
O
T
A
6- Paxaros que caen do niño antes de tempo.
A
I
N
C
E
N
D
I
O
S
R
O
D
A
R
7- Bosque de carballos.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
Todos sabemos que o día 21 de marzo é un día moi "completiño": comeza a primavera, é o Día das Árbores e o Día da Poesía. Nós quixemos reunir todo iso e argallamos esta actividade . Cada clase elixiu a silueta dunha árbore . Levámola á casa e tivemos que buscar un poema dedicado a unha árbore ou ao bosque. Podiamos buscar nun libro de poemas, podiamos pedir axuda aos papás, mamás, avós... Podiamos crear o noso propio poema ... O caso era atopar unha poesía que nos gustara e escribila na nosa árbore .
2014
...
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Texto: Brayan, Fermín – Debuxos: Yesica e Yago O 19 DE FEBREIRO DE 1914 NACE NO VILARIÑO NUNHA CASA LABREGA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.
A IDADE DE 15 ANOS INGRESOU NO SEMINARIO DE MONDOÑEDO, ONDE ESTUDOU 7 ANOS.
NA SÚA ESTANCIA NO SEMINARIO COÑECEU AO SEU MELLOR AMIGO AQUILINO IGLESIAS ALVARIÑO.
REMATADA A GUERRA O SEU AMIGO AQUILINO CHÁMAO PARA DAR CLASES NO COLEXIO LEÓN XIII DE VILAGARCÍA DE AROUSA.
EN 1947 ABANDONA VILAGARCÍA E DECIDE MARCHAR A MADRID, PARA TRABALLAR DE TRADUTOR.
CASOU O 10 DE AGOSTO DE 1954 CON MARÍA TERESA ZUBIZARRETA E TIVO TRES FILLOS.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
NO 1961 REÚNE UN GRUPO DE POEMAS E PUBLICA O SEU ÚNICO LIBRO “NIMBOS”
XA XUBILADO MARCHOU DE MADRID E ASENTOUSE DEFINITIVAMENTE EN GUITIRIZ NO 1985 E ALÍ COLABORA COA ASOCIACIÓN CULTURAL XERMOLOS
O 9 DE AGOSTO DE 1984 FIXO O ÚNICO RECITAL DE POESÍA NA SÚA TERRA.
RECIBE NUMEROSOS PREMIOS E RECOÑECEMETOS EN GALIZA E TAMÉN EN EUSKADI.
MORRE O 2 DE OUTUBRO DE 1990 No resplandor do día Quero morrer de música nunha tarde de pinos sen sentir o martelo dun recordo no sangue, e caer a modiño na sombra coma a lúa enterra as súas cornas tras de Arxán. Díaz Castro
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Díaz Castro, tiña varias afeccións, a poesía, a natureza da súa terra natal, a arqueoloxía, coñecer idiomas... Por iso se di que era políglota, ou o que é o mesmo un monstro das linguas, pois dominaba case todos os idiomas europeos: o sueco, o noruegués, o finlandés, o inglés, o grego, o francés, o portugués, o italiano, o alemán, o danés, o éuscaro ..., e outros tamén os coñecía como o ruso, o húngaro, etc.
Brais Pazos
A nosa viaxe en carro
DÍAZ CASTRO ESCRIBIU ESTE POEMA QUE FALA DO CARRO : NUNHA CASA LABREGA NON PODÍA FALTAR O CARRO XA QUE ERA O MEDIO DE TRANSPORTE DO MEDIO RURAL GALEGO, SEMPRE RODANDO E CANTANDO POLOS CAMIÑOS .
P
No Resplandor do día Que o meu carro se entorne cheo de lume e soño sen axotar as troitas nin as alas dormidas e que a Deus me encomenden os ventos vagabundos, os camiños que andiven e as árbores con niños, os ollos, inda cheos da lus de Deus, dos nenos as voces escondidas que teman deste mundo, as bágoas puras que non ve ninguén. Xosé Mª Díaz Castro
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
Investigo os monumentos 2º ciclo Primaria
Damián, Icía e Candela
2014
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
De nómadas a sedentarios Lorena e Antía. 5º curso O 27 de febreiro, os alumn@s e profes do 2º e 3º ciclo fomos ata Ourense para disfrutar dunha
Exposición
sobre a Prehistoria:
De Nómadas a Sedentarios. O Neolítico é o período que vai dende a aparición da agricultura ata a invención da escritura É unha etapa na que os seres humanos deixan de ser nómadas e vivir só da caza, da pesca e da recolección, para facerse sedentarios, é dicir vivir nun
Pasan de vivir en covas a construir casas. Tamén fabrican utensilios de cerámica
sitio fixo, cultivar os seus alimentos, domesticar animais… O 1º animal que domestican é o lobo. Domestican tamén cabras, ovellas e bóvidos
A visita rematou cunha pequena compra no mercado. Compramos froita para engañar o vermiño da fame ata a hora de comer. Aparece o comercio ou troco, i ntercambiando os produtos agrícolas, carne, tecidos, cerámica, etc.
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP Saco e Arce
2014
ARTE RUPESTRE NA ESCOLA DE TOÉN DESDE CANDO PINTAN AS PERSOAS?
Pintando como os nosos antepasados 1.-Escollemos unha pedra xeitosa, cunha superficie que pensamos que podemos pintar. 2.-Fabricamos as cores.- En varios compartimentos dun envase para ovos poñemos manteiga ou aceite. Despois engadimos: terra amarela, carbón, especies varias como curry, canela, pimentón, colorante… 3.-Mesturamos, machacamos, remexemos…e conseguemos uno pigmentos naturais de cores moi vivas moi similares aos dos nosos antepasados. 4.- Observaamos algunas pinturas rupestrews reais…e intentamos pintar as nosas cun estilo parecido.
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce
2014 2014
Reutilizar materiais de refugallo é unha forma fantástica de economizar no presuposto adicado ao arte e as manualidades. Tamén é unha boa forma de protexer o medio ambiente ao reutilizar obxectos que doutra forma rematarían no caldeiro do lixo. Cun pouco de creatividade e de habilidade pódense facer miles de fantásticas creación, como as que o alumnado de 2º vos mostra a continuación. O material utilizado é de uso común nos fogares: caixas, tapóns, botellas, rolos de papel, cartóns, palillos, botes, pinzas, calcetíns, fios, paus… Estas creacións fixéronnas coa axuda das súas familias na casa. A participación das familias na escola é fundamental, porque a través da interacción co mesmo obxectivo, o desenrolo do benestar e a aprendizaxe do alumno/alumna será moito mellor.
Grazas pais, nais, avós, avoas… avoas… polo tempo dedicado! dedicado!
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce
2014 2014
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
FACEMOS ACROSPORT Os alumnos/as de 2º e 3º ciclo gozaron cas xornadas de acrosport (ximnasia acrobática) na clase de educación física, deporte que combina acrobacia e coreografía.
Este deporte acrobático-coreográfico no cal intégranse tres elementos fundamentais: formación de figuras ou pirámides corporais, acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios con elementos de la danza, saltos, e piruetas ximnásticas.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Os nosos alumn@s despois de ver como se fan algunhas figuras cos seus corpos crearon a súas propias traballando en equipo e dando saída a súa imaxinación.
CATAVENTOS
Esta tempada no equipo de fútbol sala foi distinta porque todos os anos estaba de adestrador Pepe, e este ano o adestrador foi Jorge.
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Deporte Escolar O Equipo dos alevíns estaba formado por catro nenos de 6º, tres nenos de 5º e unha nena de 5º. Os alevíns gañaron o primeiro partido 14-2, o segundo 8-2 e o terceiro 8-2. Pero na final perderon 3-2 na prórroga.
Fixemos dous equipos, un de benxamíns e outro de alevíns. Nos benxamíns xogaban algúns nenos de 2º, todos os nenos de 3º e 4º e unha nena de 3º, pero solo xogaron 2 partidos: contra Ramirás e o da final, contra O Sagrado Corazón. Xogaron 4 partidos: contra Ramirás, Padrenda, A Merca e o da final. Os benxamíns gañaron o primeiro partido 8-0 e perderon o segundo 6-2.
Ningún dos equipos puido xogar nas provinciais xa que perderon na final contra o seu máximo rival: “O Sagrado Corazón”
Espero que para o ano teñan máis sorte
Rafa Sousa González 5º
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce
2014
Debuxo: Yesica Ribeiro
C A T A V E N TO S