Cataventos15

Page 1

Saco e Arce

CATAVENTOS Xuño 2015

Debuxo: Damián Hervella

REVISTA ESCOLAR

http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos


Revista Cataventos. CEIP SACO E ARCE de Toén

EDITORIAL

Durante este ano desenvolvemos no centro o Proxecto Documental:

“Escola de Pintores”

Sumario Celebracións

3, 4, 20, 21, 32, 33

Bye, Bye Muro de Berlín Escola de pintores

6-8

Cómic

9, 34, 35

Brais Pazos

Álbum fotográfico

12,13, 42

Taboleiro da lingua

29

Troco de Libros

14

Contacontos

15

Proxectos

10,11,16-19,40,41

Falando das emocións Poesía

Con este proxecto @s alumn@s realizaron actividades de todo tipo que lles axudaron a exprear emocións e a encontrar novas linguaxes expresivas. A nosa meta foi:”EXPERIMENTANDO COA ARTE, BUSCANDO NOVAS IDEAS”

As nosas aulas convirtíronse en Obradoiros Creativos: E.I. -3 e 4 anos: Aula Picasso E.I. -5 anos: Aula Van Gogh 1º: Aula Miró 2º: Aula Velázquez 3º: Aula Kandinsky 4º: Aula Pop Art 5º,6º: Aula O Greco

5

24

Rosalía Facendo Textos

22,23,43

30-31 25, 26,27,36

Curiosidades

37

Reciclaxe

38

Música

39

Saídas

44, 45, 46

Deportes

47,48

Chistes e pasatempos

49,50

Billete ao instituto

51

Os nosos traballos podédelos ver publicados na web do cole (http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsacoarce/) e nos Blogs: Bloguesquío, O Souto dos Laretas , Historias da nosa Aula, e en http://sites.google.com/site/escoladepintores.

A nosa festa das letras… xogar, falar, bailar, interpretar... e compartir! Excelente día de festa para todos NÓS.


R &$7$9(1726 5(9,67$ (6&2/$5 &(,3 Ā6$&2 ( $5&(ā

Despois de varias semanas de obras, de mover andeis e mesas, de limpar e colocar libros, de pensar e "repensar"… a mediados do mes de abril recibimos esta carta de Efrén, comunicándonos a reapertura da Biblio Como se adoita dicir: "cando unha empresa marcha ben, hai que ampliar..." E iso é o que ocorre coa nosa biblioteca... que marcha ben, que conta cunha chea de alumn@s incondicionais que a visitan asiduamente e que fan que estea viva e medre día a día. Precisabamos modificar o espazo físico para conseguir unha maior amplitude, que permitise a mobilidade do alumnado á hora de realizar diferentes actividades curriculares e de animación á lectura. Para iso, tiramos o tabique da aula contigua e agora dispoñemos dun espazo cunha superficie o dobre de grande, con seccións ben diferenciadas e cómodas de utilizar. Tamén mellorou a disposición e a accesibilidade aos documentos e os espazos para o traballo do alumnado.

E, para os (e as) que non a vistes, aqui tendes o plano do resultado

Como a toda festa que se precie, @s convidad@s levaron os seus agasallos: Lemas a favor da lectura que agora decoran a nosa biblio :


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Apócema DE SAMAÍN Damián Hervella

Un venres de outubro, os de 5º e 6 fixemos

unha

apócema

para

gozar

do

sabor do Samaín. Cales foron os ingredientes?, pois que ía ser!, unha mestura ao tuntún!... Vinte e dous pelos de rá, cinco por dúas orellas de peixe, unha presa de atmosfera, un quilo de queixo de lúa chea e o máis complicado de conseguir, un arañón con sombreiro de aldeán. Ninguén se transformou, nin se fixo máis guapo nin máis feo, nin máis peludo nin máis calvo. Non funcionou. O que si, tod@s puidemos disfrutar da bebida! Claro, que non bebimos eso, se non… arggg! Que horrible sería… no lugar daquela bebida, tomamos unha fanta de limón, eso xa molou!

Mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios... Que os mestres desaparezan durante mil anos!


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Alejandro e Antía O 9 de novembro de 2014, conmemorouse, en todo o mundo, o 25 aniversario da caída do Muro de Berlín. Ese día, o mundo deu un paso cara a liberdade. UN POUCO DE HISTORIA O muro de Berlín foi construído en agosto do 1961 polos líderes da RDA, que ordenaron a construción dunha parede de 166 quilómetros de longo e 4 metros de altura para dividir a cidade Berlinesa en dúas, unha baixo o control da RFA (Occidental) e outra a da RDA (Oriental). O muro dividiu as familias dende o ano 1961 ata o ano 1989. Entre 1961 e 1989 máis de 5.000 persoas trataron de cruzar o muro e máis de 3.000 foron detidas. Arredor de 100 persoas morreron no intento. E finalmente no ano 1989 derribouse o muro. Nós desenvolvemos numerosas actividades para coñecer e reflexionar sobre a existencia dos muros, xa que os muros impiden avanzar, compartir, progresar, vivir dignamente...

1.- Elaboramos liñas do tempo cos momentos máis destacados da construción do muro dende o final da 2ª Guerra Mundial ata a unificación de Alemaña

2.- Fixemos gráficas coa lonxitude dos muros que aínda quedan en pé e situámolos xeograficamente. Analizando o motivo polo que se levantaron como o de Ceuta e Melilla, o do Sahara Occidental, o de Irlanda do Norte, Brasil... O de Cuba con EEUU non era físico pero estaba alí, parece que é outro muro que acaba de caer.

3.- Tomando como referencia os graffitis que enchían o Muro de Berlín, deseñamos en cada clase un cartel que represente a unidade, a tolerancia e o respecto. Estes son os nosos graffitis


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Este ano os nen@s de 1º aprendemos a ser pequenos Mirós .O primeiro que fixemos foi coñecelo e isto é o que investigamos: Joan MIRÓ naceu na cidade de Barcelona no ano 1893.Dende pequeno gustáballe tanto pintar e facíao tan ben , que pediulle aos seus pais para ir a unha escola polas noites para que lle ensinaran a usar todas as cores : vermello , azul, amarelo ,verde, negro….. e todas as formas :cadrado, circulo, rectángulos……,para que así todos os seus debuxos e esculturas fosen as máis bonitas. Pasados os anos casouse e foise a vivir a unha cidade doutro país que se chamaba París. Alí coñeceu a moitos amigos que lles encantaba facer o mesmo ca el, pintar. Despois dun tempo, Miró e a súa familia decidiron regresar a España, e foi a vivir a Palma de Maiorca. O resto da súa vida seguiu pintando, facendo esculturas, cerámicas….e converteuse nun dos mellores artistas da súa época. Nos tamén aprendemos un pouquiño a pintar e decorar . Esto foi o que nos saíu

Con diversos tipos de materiais…

follas secas , goma eva, periodicos…


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Con lapis de cores ou ceras

traballando con témperas

Con rotus….

Acuarelas….


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Estudou en Venecia e Roma antes de virse a Toledo (España) onde pasaría o resto da súa vida.

400 anos fai que naceu o Greco en Creta, unha illa de Grecia. Convertirase nun dos pintores máis importantes do RENACEMENTO español.

Aos dez anos de estar en Toledo, o rei Felipe II chámao para que lle pinte un retrato...

... pero non vai a ser do seu agrado porque era moi alongaaaado.

Moitas das súas pinturas son de temática relixiosa:

tamén pintou retratosdo Máis Pero coñecida como a “Dama como... Cabaleiro coa “O Enterro do “O Conde do Orgaz Man no Peito”, “Jerónima de las Cuevas”...

“O Espolio” “A adoración dos Pastores” “A Trinidade”

Máis coñecida como a “Dama do Armiño” e tamén “O Enterro do Conde de Orgaz”


CATAVENTOS 2015

COMIC

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

SOFIA




CATAVENTOS 2015

Magosto

ALBUM FOTOGRÁFICO 2014/ 15

Día da árbore

Samaín 2015

A nova Biblioteca Día do Libro

Coplas por maio Visita ao museo


CATAVENTOS 2015

Teatro na Escola

Excursión Castrexa

Música en directo

Letras Galegas

Deporte escolar Día da Paz


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

A tod@s nos gusta que nos conten contos. Xa o temos probado en moitas ocasións. Todos os anos invitamos a algunha (ou algún) contacontos profesional a que se achegue ao cole e nos deleite co seu bo facer. Este ano tivemos a sorte de que dende o Concello nos enviasen un contacontos que fixo as delicias de tod@s. Foi unha boa maneira de comezar o curso.

"Contos para antes de espertar" é o título do libro que trouxeron Iria e Adán, os papás de Gabriel, e Gema, unha amiga súa. Regaláronnos dous contos que nos emocionaron e nos fixeron reflexionar.

Tod@s coñecemos os beneficos da lectura e ninguén dubida deles. LER, ademais de ser un perfecto exercicio para o cerebro, permite que nos esquezamos dos problemas, potencia a concentración, fomenta a imaxinación e libera os soños... Unha longa lista de aspectos positivos que a lectura comparte coa música

Toda esta introdución é para presentar a tres profesores do Conservatorio de Música que viñeron a ensinarnos como soan os seus instrumentos : o trombón, o bombardino e a tuba. E fixérono cun conto musical titulado "Un paseo musical coa familia grave do ventometal" que nós escribimos e ilustramos.

Encántanos recibir visitas... E mais si se trata dun contacontos... E moito máis se o conto vai acompañado de música... No mes de maio, Héctor Lorenzo e a súa guitarra estiveron no cole para ledicia de tod@s @s nen@s . Trouxo algúns poemas escritos por Raul Pato e musicados por él mesmo. Así fomos quen de comprobar o ben que soa a poesía cando vai acompañada da música.




CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Adri, Cristian e Antía Hoxe @s alumn@s de 5º e 6º de primaria do colexio CEIP Saco e Arce de Toén, queriamos aproveitar a enerxía calorífica do sol e cociñar no noso forno solar uns muffins de chocolate e unha infusión.

INGREDIENTES • 2 ovos • 132 gramos de fariña de trigo • 132 gramos de azucre • 132 mililitros de aceite • 52 mililitros de leite • 1 sobre de fermento • Raspadura de limón e noces

PROCEDEMENTO 1. Bater o azucre xunto cos ovos coa axuda dun batedor ata que quede espumoso. 2. Incorporar a raspadura de limón e o leite pouco a pouco. 3. Engadir o aceite 4. Peneirar a fariña co fermento e engadirllo lentamente á mestura 5. Engadir as noces picadas. 6. Deixar repousar media hora (o recreo) para que queden máis esponxosas. 7. Encher os moldes das magdalenas 1/3 da súa capacidade. Mentres cociñabamos démonos conta de que o sol non acababa de saír e o forno non estaba a temperatura axeitada, así que decidimos cambiar de plans. Pedímoslle ás cociñeiras usar o forno do comedor, e elas deixáronnolo encantadas. Mentres se cociñaban as magdalenas, preparamos unha infusión de Herba Luísa no Forno Solar.


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Material preciso: -Terra -sementes -auga

- maceta - pala - regadeira

Pasos que hai que seguir: 1º- Rechea a maceta con terra sen enchela. 2º-Colocas as sementes na terra.

3º-Cubre as sementes con terra 4º Rega con auga o plantado

E só queda esperar a que brote a nova planta Traballo realizado por 1º de EP


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Obradoiro Prensa 6º

Despois de moito traballo preparando os disfraces e dunha semana de actividades, Compadres, Comadres, ensaios ...chegou o día grande do Entroido. Como ven sendo habitual cada comparsa representou o número musical ou a posta en escena que tiña preparada Comezamos co desfile, cantando a canción que creamos con Sali para a ocasión, e mostramos os nosos disfraces a todas as familias que viñeron a vernos.

Viñemos a este cole Viñemos a pintar Un cadro de Picasso Que ben nos vai quedar Un olliño aquí, unha boca alá Bate as palmas e a saltar

Un Cadro de Van Gogh Imos colorear Con flores amarelas Que chulo quedará Xirasol aquí, xirasol alá Xira, xira sen parar


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Mira as constelacións

moitas figuras máis.

Que Joan Miró Pintou

Un cadrado aquí, E un rombo alá

Un ollo que te mira

Imos xuntos a pintar.

Baixo a luz do sol

Chega a modernidade

Unha estrela aquí,

Aquí tedes o Pop Art,

un planeta alá

Con cores rechamantes

O universo imos crear

De forma orixinal

As Meninas de Velázquez Que cadro tan Real A familia reunida Ata o can quixo posar Mira para aquí, Mira para alá Todos xuntos a posar

As formas de Kandinsky

Un vermello aquí, un laranxa alá Todo imos tunear. De Grecia Chega o Greco Ven a España a pintar Figuras alongadas cun estilo persoal

unha sombra aquí,

Viñémolas mostrar

un retrato alá

Triángulos e círculos,

coa man no peito posarás.


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE TERCEIRO APRENDEMOS A COOPERAR MÁIS E MELLOR.

Este é o equipo dos Espartanos:

Este é o equipo dos Roedores: E TODO O QUE APRENDEMOS POLA NOSA CONTA RECOLLÉMOLO NO NOSO CADERNO DE PREGUNTAS E RESPOSTAS.

QUE NOS ACOMPAÑARÁ ATA …

ONDE QUEIRAMOS CHEGAR!


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Damián Hervella, Lorena Seara, Brais Pazos O “bentrato” é un un conxunto de boas accións coas que lle facemos ben aos compañeiros, amigos do barrio, á familia … cando lles axudamos, xogamos con eles, os escoitamos e tamén cando os consolamos se o están a pasar mal. Podemos facer novos amigos e amigas tratando ben aos demais. Pola contra o maltrato son accións que lle fan dano aos demais, por exemplo cando deixas plantada a unha persoa e a ignoras, cando lle impides que xogue contigo, cando a empurras, etc. Se te portas así perderás moitos amigos.

O maltrato provoca malestar e fai que as persoas se sintan infelices. Pódese maltratar a través de insultos, con golpes, faltas reiteradas de respecto, acoso, ameazas …

Tipos de maltrato: - Maltrato físico: cando o maltratador provoca lesións e outros danos na persoa maltratada a través de golpes, patadas, puñetazos, amargándolle o día a día, cuspíndolle - Maltrato psicolóxico e emocional: caracterízase por manifestar de forma reiterada unha hostilidade verbal a través de insultos, desprezo, críticas ou ameazas.

O CIBERBULLYING - É o uso dos medios telemáticos para exercer o acoso psicolóxico entre iguais. O GROOMING - É o conxunto de estratexias que leva a cabo unha persoa adulta para gañar a confianza dun neno/a usando Internet. O fin que pretende o acosador é conseguir fotos comprometidas do/a menor, quedar co rapaz/a, abusos sexuais… O SEXTING - Consiste no envío de fotos con contido sexual, a través do móbil. Cando unha imaxe sae do teu móbil perdes totalmente o control dela. Consellos de actuación:  Sé educado/a na rede e non contestes as provocacións. Se te molestan abandona a conversación e pide axuda. 

Non facilites datos persoais, debes usar un nick en lugar do teu nome.

Se te acosan garda as probas.

Non aceptes a descoñecidos/as como contactos.

 Se coidadoso/a coas fotos que compartas.Pensa nas consecuencias antes de enviar a foto. Se che chega unha foto dun coñecido/a non a transmitas.


CATAVENTOS 2015

Poesia

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

de retallos

Resulta difícil (por non dicir imposible) atopar poesía nos xornais, onde a maioría das noticias informan da crueldade, da falta de empatía, e da cobiza das persoas. Por iso collemos as revistas e xornais que iamos levar a colector de papel e aprobeitámolos para convertelos en POESÍA. Deixámonos levar polos titulares, subtítulos, frases e palabras que nos suxerían algo e combinámolas para crear poemas


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Brais Pazos Pereira O 15 de abril do 2015 María del Mar Pérez Gil, unha xornalista de A Voz de Galicia, visitou o noso colexio para dar unha charla sobre a súa profesión aos alumn@s de 4º 5º e 6º de primaria, e así poder saber un pouco mais do xornal e incentivar a algún nen@ a que sexa ou poida ser de maior un gran xornalista. Falounos do seu día a día na redacción de A

Tras revisar o artigo, mándanllo á central

Voz de Galicia, contounos que lle gustaba

de A VOZ DE GALICIA que está en A

moito o seu traballo e que o primeiro que fai

Coruña, e de alí saen todos os exemplares

ao chegar ao seu posto de traballo é ler

impresos en furgonetas cara as casas,

todos os xornais para estar informada.

colexios, edificios, quioscos… de todos os lectores de A VOZ DE GALICIA. Ah!, case me esquezo, tamén nos dixo que A VOZ DE GALICIA é o cuarto xornal máis vendido en España e o primeiro en Galicia. Ao rematar a charla, fixémoslle algunha pregunta:

Polas

mañás

reúnense

os

redactores,

xornalistas, editores, etc e colaboran entre todos para facer que o seu xornal sexa o mellor. Cando xa saben a noticia que van facer,

infórmanse

preguntándolle

ás

testemuñas, para que a súa noticia non teña erros.

Por que hai tan poucos artigos no xornal en escritos en galego? Mar dixo que xa o intentaran unha vez pero non lles saía rentable, debido a que a venda de xornais sería menor, xa que as persoas que non saben galego deixarían de mercalo, polo que se reduciría a publicidade e así non poderían pagar os gastos e mantemento do xornal.

Cando xa a teñen plasmada nun papel, piden un espazo no xornal para a súa noticia, dependendo da importancia desta ocupará un espazo grande ou pequeno, terá unha imaxe ou non, irá nunha páxina par ou impar. Tamén, se queren ser mais claros poden dicirlles aos infografistas que lles fagan unha gráfica cos datos da noticia, para que sexa máis visual. E se non teñen tempo ou andan moi ocupados, pídenlle a outras compañeiros/as que lle maqueten o seu traballo e organicen onde poñer a foto, a infografía, opinións e o corpo da noticia.

Como non quero aburrir con preguntas, só digo que o meu desexo é, que nun futuro haxa tan bos xornalistas como María del Mar Pérez Gil.


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

ESCRIBIR É UN XOGO…3º

Recordando DATAS

Xan Marcos

Inventando POESÍA DIVERTIDA

Deseñando CARTEIS

Aarón n

Escribindo CONXUROS

Gabriel

Facendo ILUNSTRACIÓNS

Aroa


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Inventando Etiquetas

Zoe

Expresando

FACENDO INTERESANTES ENTREVISTAS

DESEXOS

Conmemoramos a ROSALÍA

Joel

Facemos CARTEIS


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Alumnos e alumnas de 2º de EP Traballamos moito ao longo do curso pero tamén o pasamos moi ben. Comezamos

o curso acompañados de Efrén

Polo Nadal argallamos moitas cousiñas Cos nosos renos

Coas nosas cartas cheas de desexos

Escribimos postais navideñas. A nosa clase foi a de Velázquez

Así de guapos estabamos no Entroido.

As nosas Meninas


TABOLEIRO

NO MES DE OUTUBRO:

DA LINGUA

"VERBAS MONSTRUOSAS..."

CHEGADO NOVEMBRO: "NO OUTONO ESTAMOS, E ASÍ RIMAMOS..."

E POLO NADAL… Concurso de postais

31 DE XANEIRO XORNADA POLA PAZ NA NOSA ESCOLA.

...CUMPRIDO MARZO…CADRO POÉTICO

Romaría da Lingua, por MAIO


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

O día 24 de febreiro Rosalía de Castro estaría de aniversario. Celebráronse os 178 anos do seu nacemento . Moitos persoeiros galegos e de fóra de Galicia quixeron renderlle homenaxe achegándose a súa obra e a súa figura, destacando a importancia que tivo para enfrontarse as circunstancias da época na que viviu, na que as mulleres non podían participar da vida pública e o pobo non podía escribir na súa propia lingua. Eles son Rosalía cando se inspiran nela, cando a cantan, cando seguen as súas pegadas. Nós tamén somos Rosalía cando a festexamos, cando a lemos, cando nos comprometemos coa terra e coa lingua coma ela.


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CANTAMOS A ROSALiA Adios, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo,

Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar.

adios,para sempre adios! Adios, adios, que me vou, ¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!...

herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou. Adios Virxe da Asunción, branca como un serafín; lévovos no corazón: Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe Cada balada é un dolor; voume soio, sin arrimo.. Miña terra, ¡adios!, ¡adios!.

1º de EP


CATAVENTOS 2015

Maio maíño Tes moitos aniños Este ano fixémoste Con moito cariño

Un novo profe Temos este ano Chámase Víctor É moi enrollado

Este curso Sali é a nosa profe danos moita caña ela nunca se cansa O profe Miguel Encheu o composteiro Agora so queda Botar o sementeiro

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Anima aos xemelgos Lali sen parar Hai que atender Haise que esforzar Circuítos eléctricos, moitos fixemos e no laboratorio canto aprendemos

Xogamos ao fútbol E tamén ao bádminton A ver se arrasamos Nalgún deporte este ano A biblioteca de Toén Canto medrou Fixémoslle unha festa Que bonita quedou!

A escola de Pintores Chegou a Toén E o mellor artista É o esquío Efrén De Grecia chega o Greco Coa man no peito E a clase dos maiores Copiámolo con respecto

Antón chegou novo Ao noso colexio Aos compis de Xinzo Bota moito de menos Os benxamíns No fútbol gañaron E os alevíns Ás portas quedaron

O curso remata E a biblio si que mola Xa cabemos todos E ninguén queda fóra. Neste mes de maio Estamos moi cansos Estudamos moito Exames a diario Xa remata o curso E nós xa nos imos Levamos recordos E intres bonitos Ata pronto Maio Chega o fin de curso Deixamos o Saco e Arce Marchamos pro instituto

OBRADOIRO DE PRENSA 5º E 6º


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Queremos animarvos a vivir Galegando! A falar en GALEGO A soñar en GALEGO A querer en GALEGO E a vivir en GALEGO

Cando falo en galego, síntome mellor Cando ti me falas, láteme o corazón (late forte con satisfacción.) Ao usalo non se gasta é a nosa fala. Nós medramos co galego e el medra con nós. Galegando! Galegando! Cos pais, cos amigos, nos xogos, nos libros, sempre galegando. Galegando! Galegando! Eu falo contigo, ti falas comigo, e así imos medrando. Cos amigos, cos veciños, escoitando aos paxariños ben na casa coa familia, o galego é a túa lingua Haina que falar, débela usar. Edita: Lorena Seara


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

COMIC


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

HUGO H. E XAN


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Hugo e Antón

Un novo reto para a clase de 5º e 6º. Construír unha máquina e ver como funciona. As catapultas eran unhas máquinas moi utilizadas na antigüidade para lanzar cargas a gran distancia. Accionábanse mediante unha panca e eran capaces de lanzar pedras de 135 kg a medio quilómetro de distancia coa finalidade de derrubar as murallas inimigas. Despois de construílas xogamos con elas e fixemos predicións de cal era máis eficaz. USOS Facer lanzamentos cunha goma de borrar, a ver que catapulta lanza máis lonxe, máis alto. Facer as medicións cunha cinta métrica e anotar as distancias. Aquí hai que aplicar os coñecementos de física para saber onde colocar a carga. Calcular a media aritmética dos percorridos dos lanzamentos de cada catapulta para determinar cal é a máis eficaz.

A electricidade é a forma de enerxía máis utilizada. Acende as nosas lámpadas, move motores, fai funcionar os electrodomésticos. Un circuíto eléctrico ten unha serie de elementos conectados electricamente entre si capaces de xerar (pila), transportar (cables condutores) ou modificar sinais electrónicas (interruptor, timbre). Antes de empezar coa construción, realizamos un esquema deseñando que elementos iamos empregar Fixemos dous equipos con elementos diferentes... o reto era construír cadanseu circuíto eléctrico seguindo o esquema e que funcionase! Queredes velos?


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Julio Gómez

-POR QUE TREMAMOS CANDO TEMOS FRÍO? Cando baixa a temperatura, a pel envía un sinal ao hipotálamo posterior do cerebro, que a súa vez emite ordes a distintos órganos para tentar manter os 37 graos da temperatura corporal. Os vasos sanguíneos para xerar calor.

contráense. Os músculos móvense

Eles provocan os tremores.

É CONTAXIOSA A RISA? Hai unha ruta neuronal para a risa: cando oímos a alguén rir actívanse no noso cerebro as mesmas rexións que empregamos para mover os músculos que debuxan un sorriso no noso rostro. As neuronas espello do cerebro impúlsanos a unirnos á risa do outro. E canto máis expresiva sexa a risa allea, en maior medida reaccionará o noso cerebro.

ESTÁN EN EXTINCIÓN AS MOAS DO XUÍZO? Temos o mesmo número de dentes que o chimpancé pero moito menos espazo. Non nos caben os terceiros molares e, ademais xa non os necesitamos para mastigar sementes e grans sen cocer; son un órgano vestixio. Rematarán por desaparecer e, de feito, preto do dez por cento da poboación mundial xa nace sen elas. Son pasos da evolución.

QUE SON AS LAGAÑAS? Para eliminar o po e outras impurezas cada día pestanexamos unhas 11.000 veces e lubricamos o ollo cun centílitro de bágoas. As lagañas pertencen ao equipo de limpeza ocular. As glándulas das pálpebras botan un xel que recolle as células epiteliais mortas das pestanas, po e outras partículas. As lagañas son este xel, xa seco xunto coa e a sucidade.


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Brais Pazos e Rafa Sousa

O 17 de abril, viñeron a darnos unha charla dous traballadores de Sogama. Explicáronnos todo o proceso da reciclaxe: o que se bota en cada contedor, como é o proceso que segue o lixo na súa reciclaxe e tamén nos deron algúns eco-consellos. A reciclaxe consiste en separar, reutilizar e reciclar 1. Separar é dividir. 2. Reutilizar é volver a usar sen cambiar a forma totalmente. 3. Reciclar é transformar os obxectos noutros. Nós na casa podemos separar, reutilizar pero a verdade é que non reciclamos, a reciclaxe ten lugar en plantas de tratamento ou reciclado. Hai varios tipos de contedores:  O contedor amarelo -> bótanse os envases lixeiros. Chamamos envase a todo o que contén algo cando o compramos.  O contedor azul -> para o cartón e o papel.  O contedor verde ou iglú -> os envases de vidro.  O contedor gris ou o xenérico -> tíranse os restos de comida, panos dos mocos ou con graxa, cepillos dos dentes, as lámpadas de filamento, e todo o refugallo pequeno que non é tóxico nin eléctrico.  No punto limpo -> materiais voluminosos (camas, armarios), restos de podas e os RAEES electrodomésticos, ordenadores e material tóxico.  Contedores especiais ->para o aceite, para os medicamentos (o punto SIGRE, nas farmacias) e para as pilas. Hai sinxelas formas de reducir a cantidade de lixo que producimos, por exemplo, cos restos de comida podemos alimentar ás nosas mascotas ou usalos para facer compost, conseguindo un estupendo fertilizante natural.


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Irene Cruz, Sofía Fernández e Candela Nieto Antigamente existían os instrumentos de corda fretada no Conservatorio de Ourense.Todos tiñan as súas características menos un grupiño de catro. A estes instrumentos chamábanlle: Ao contabaixo o Baixolín, por ter o tamaño do violín, ao cello o Cellovió, por ter o tamaño da viola, a viola a Viocell, porque tiña o tamaño do cello, e ao violín o Línor, por ter o tamaño do contrabaixo. A eles non lles bastaba só con esas diferenzas se non que eran de varias cores: o Línor, amarelo; a Viocell, violeta; o Cellovió, vermello; e o Baixolín verde. Entón dixéronlles que había un mago chamado FACUNDO, que o arranxaba todo. Traballaba nun Conservatorio Galego, pero primeiro tiñan que ir á Costa Da Morte para encontrar a primeira pista. Ao chegar tiveron que buscar unha chave para abrir a porta que contiña un cofre coa primeira pista. O Baixolín atopou a pista que dicía que tiñan que ir a Lugo. Subiron ao autobús de tres estrelas e alá foron. Ao chegar viron outra porta. Ao abrila encontraron un pergamiño, pero para lelo debían crear unha poesía. O Cellovió dixo: Azul ceo,

Varios instrumentos,

Verdes prados,

Con moito portento,

Con paxariños cantando

Desatan pensamentos,

Coloridas as flores brotando

E expresan sentimentos.

Como eran uns versos fantásticos o pergamiño abriuse de golpe. Nel indicábase como chegar ata o mago. Cando o mago comprobou as súas notables diferenzas que necesitaban corrixir, preparou tres frascos para cada un. Un era da FELICIDADE que lles volvía á súa cor natural,outro era o da COMPAÑÍA conseguindo así devolvelos ao seu adecuado tamaño,e o último era o da RESPONSABILIDADE, para actuar con mais sensibilidade. Moi contentos voltaron ao seu querido conservatorio habitual, contaxiando aos demais das súas alegrías e as súas novas emocións.


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CONSTRUIMOS OS NOSOS VEHÍCULOS, COMEZANDO POLA CARROCERÍA:

PINTÁMOLAS

TAMÉN FIXEMOS COMPLEMENTOS AS RODAS A MATRÍCULA:

AS RODAS


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”


CATAVENTOS 2015

INTRES CON HISTORIA 3º

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

DE QUE ESTÁN FEITAS AS SUPERAVOAS?

AROA, XAN, HUGO H. , ZOE, JOEL,AARÓN, HUGO G., CANDELA


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Lorena Seara, Antía Delgado e Brais Pazos O día 1 de xuño os alumnos de 5º e 6º cambiamos as aulas pola cidade, coa intención de coñecer mellor o patrimonio material de Ourense. Acompañounos José Ramón, un guía da Oficina de Turismo, que nos explicou moitas cousas sobre: - As Burgas: Mananciais de auga quente (65º+/-) Usadas xa dende o Paleolítico, pero foron os romanos os que máis as apreciaron polos seus efectos sanadores. Tiñan outros usos, como lavadoiros, para despelexar aos animais, etc - A igrexa de Santa María Nai. Está ao lado do Museo Arqueolóxico antigo pazo do Bispo, o Señor da Cidade. Crese que esta Igrexa levantouse sobre a antiga Catedral, así o Bispo tería o lugar de traballo a carón da súa casa.

O pazo de Oca, O Liceo, foi construido no S. XVI, ten un patio interior con columnas, unha fonte de mármore e varios escudos.

Catedral de Ourense: No seu interior destaca o pórtico do Paraíso, A capela do Santo Cristo, O Altar Maior e o Museo Catedralicio. O pórtico do paraíso, foi tallado polo Mestre Mateo, e é unha copia do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, só que este é policromado, nel aparecen os 24 anciáns do apocalipse, tocando distintos instrumentos. Os anciáns están a falar entre eles e con diferentes expresións, que unha característica desta etapa. Os instrumentos medievais que aparecen son:

A Arpa: É un instrumento de corda punteada. Aparecen 2 anciáns Frautas: Algunhas so tiñan 3 buratos o que permitía usalas cunha soa man. Habían tamén frautas dobres que producían dous sons diferentes a vez. Aparece 1 so ancián. O Salterio: As cordas ténsanse sobre unha caixa de madeira plana de formas variables. Atopamos 5 anciáns tocando o salterio. Laúde: É de procedencia árabe e a súa caixa ten forma convexa por detrás. A diferenza das fídulas tócase punteando cos dedos. Aparece 1 ancián. Cabaza: 3 anciáns están a tocar cabazas. Organistrum ou zanfoña: É un instrumento de corda fretada, normalmente tocado por dous músicos debido ao seu tamaño. Un deles accionaba a manivela e o outro o teclado. Aparecen 2 anciáns. Fídula oval: A caixa harmónica é curva, en forma de pera. Tocábase con arco. No pórtico aparecen 5. Fídula en oito: A súa fronte lembra a un oito, era a forma menos usada en España. Aparecen 4. Hai un ancián que non está tocando ningún instrumento.


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

ALEX, ANTÍA, RAFA, LORENA, ANTÓN E BRAIS


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Alex Gómez O día 18 de Maio os alumnos/as de 5º e 6º desprazámonos ata a estación Oca Nova Manzaneda. Ao chegar dividímonos en grupos, nós eramos o equipo Negro. A primeira actividade foi JUMPING pero devido a que chegamos tarde saltámonola. De seguido fomos a facer VIVACS, unhas pequenas construcións que che poden salvar a vida se tiveras que pasar a noite nun bosque. Constan dunha viga central colocada entre dúas árbores, ramas en vertical e follas de piñeiro sobre elas. A continuación dirixímonos a

, era moi chula.

Ao rematar fomos a comer nun Auto-servizo. A primeira actividade realizada pola tarde foi Béisbol, o meu equipo fixo un Home run. Despois fomos ao pavillón e xoguei ao fútbol e ao basket. Porén xogamos a orientación fotográfica, o meu grupo conseguiu 4 puntos. E por último montamos no TELESILLA, Foi unha experiencia xenial, como nos sobrou tempo fixemos o jumping (que non fixemos á mañá). E a festa rematou con baile, non podía ser doutro xeito!!!


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

EF-XOGADE 2014-2015. UN RETO, UNHA DIVERSIÓN, … ALGO CO QUE APRENDER. Participamos en dous deportes, fútbol-sala e bádminton.Todos e todas tiñamos moitas ganas de facer unha boa competición e chegar o máis lonxe posible. Primeiro xogamos ó fútbolsala a fase de clasificación para o provincial cos coles da nosa zona, San Rosendo, resultando clasificado o equipo dos benxamíns. E na final tivemos que xogar con outros dous coles para acadar un terceiro posto no provincial que non está nada mal. Esforzámonos moito e pasámolo moi ben xogando, ata os pais nos viñeron animarnos.

Tamén viaxamos a Ramirás para disputar o campeonato de bádminton con moitos outros nenos e nenas…

Primeiro esperamos, esperamos, e esperamos ata que nos tocou xogar, xogamos o mellor que pudemos e ao final…

Gañou unha medalla un neno do noso cole, Saúl que quedou campión da categoría benxamín masculino.


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Os gañadores e gañadoras de Toeñ Saúl González, Icía González

Este ano participamos en varias competicións dentro do Deporte Escolar, Programa Xogade. Os Benxamíns ata chegamos á final provincial. Somos uns Cracks!!! O día 23 de Maio do 2015 celebráronse os campionatos provinciais no pavillón dos Remedios. Foron uns partidos moi duros! No primeiro partido da semifinal perdemos 12-4 contra a Limia. Pero este resultado non nos desanimou. Para poder acadar o terceiro ou cuarto tiñamos que gañar polo menos un partido. Ao final conseguímolo, grazas ao profe Víctor e tamén á nosa “afición” que nos animou en todo momento. Gañamos 6-4 contra as Mercedes! Urra por nós!!!! Ao final quedamos de terceiros, gañamos unha medalla cada un e un trofeo que está exposto no colexio. Para o ano que vén tentarémolo de novo.


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

ALEX

ALEX

RAFA


R CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

PASATEMPOS

SOPA DE LETRAS

RELACIONA CADA IMAXE CO NOME QUE LLE CORRESPONDE


CATAVENTOS 2015

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

ste curso é o ano no que @s alumn@s de 6º de Primaria rematamos os nosos estudos no CEIP Saco e Arce de Toén e nos preparamos para comezar unha nova etapa na Secundaria, novos amig@s, novos mestres…, tivemos un ano enteiro para concienciarnos deste gran paso. Diremos adeus aos mestres que nos educaron e ás festas que celebramos con eles durante a etapa de Infantil e de Primaria: O Magosto, O Samaín, O Entroido e a Festa de Fin de Curso. Recordaremos estes anos con cariño. Boa sorte a todos/as!


Proxecto 2015: Escola de Pintores

CATAVENTOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.