ECO-Reporteiros/as pola paz. 30 De xaneiro 2017
XIMNASIO AUTOEFICIENTE NINGUNHA PERSOA PASARÁ FRÍO POR NON PODER PAGAR A LUZ Lúa Domínguez. 6ºEP
Os alumnos de 6º de primaria do CEIP Saco e Arce de Toén, puxemos en marcha este ximnasio co obxectivo de aproveitar o movemento da auga da piscina e a enerxía mecánica de pedalear nas bicicletas, para producir enerxía e transformala en enerxía eléctrica. Grazas a uns acumuladores recárganse unhas baterías que abastecen de electricidade os fogares de Moreiras.
Un dos casos máis recentes é o de Sara unha veciña de Toén, que traballaba para unha empresa na cal fixeron recortes e foi despedida. Por desgraza non deu atopado un traballo a tempo e cortáronlle a luz, pero grazas a este “ximnasio produtor de Enerxía renovable”, esta veciña pode ter luz e auga. O diñeiro que se aforra é doado a ONG Toén pola igualdade e xa se está pensado construílos por todo o mundo.
O NOSO COMPROMISO ECOLÓXICO
COMO COIDAR O NOSO CONTORNO Lucía Álvarez. 6º EP
Os nenos de sexto do CEIP Saco e Arce estamos comprometidos a coidar o noso contorno . Sabemos da importancia de reciclar, aforrar auga, coidar os montes, aforrar papel e apagar as luces cando non se necesitan. Dámonos conta de que somos moi consumistas e que temos máis do que necesitamos. Por iso estamos dispostos a compartir con quen menos ten. Entregando roupa que non nos serve ou xoguetes e contos que xa non usamos a nenos que están sufrindo unha situación desfavorable. Anímate a compartir! Faite socio/a da ONG Toén pola igualdade. Máis información na clase de 6º.
Debuxo: Sofía Fdez