Ficha2

Page 1

OS Precursores do cinema O TAUMÁTROPO

FENAQUISTISCOPIO

Do grego θαύμα /tauma/ "portento" e τρόπος /tropo/ "xiro"

Foi inventado polo físico belga Joseph-Antoine Plauteau en 1832.

Tamén chamado “marabilla xiratoria”, ou en inglés Wonderturner, o taumátropo é un xoguete inventado en 1824 e que reproduce o movemento mediante o uso de dúas imaxes.

Consiste nunha placa circular lisa, con varios debuxos dun mesmo obxecto, en posicións lixeiramente diferentes, distribuídos ao redor dun orificio central. Cando a placa se facía xirar diante dun espello, creábase a ilusión dunha imaxe en movemento.

Consiste nun disco con dúas imaxes diferentes en ámbolos dous lados e un cachiño de corda ou goma a cada lado do disco. Ao retorcer a corda entre os dedos e logo estirala, facendo xirar o disco a toda velocidade, prodúcese a ilusión óptica de que as imaxes están xuntas.

Foi moi popular na Inglaterra vitoriana e adoitaban incluír pequenos versos acompañando as imaxes Como facer un taumátropo: https://www.hagaloustedmismo.cl/paso-apaso/proyecto/1034-como-hacer-un-taumatropo.html Plantillas: http://edukacine.blogspot.com.es/2012/01/sesion-1-precine.html

Pouco despois da súa invención, Plateau descubriu que o número de imaxes para lograr unha ilusión de movemento óptima era dezaseis, o que con posterioridade aplicarían os primeiros cineastas usando dezaseis fotogramas por segundo para as primeiras películas. Queredes ver como funcionaba ? Seguide este enlace: https://cultivacultura.jimdo.com/2014/08/22/el-fenaquistiscopio-las-primerasim%C3%A1genes-en-movimiento/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.