Guía de Uso do e-reader PAPYRE 602W
Biblioteca Escolar CEIP Saco e Arce - Toén Email: ceip.saco.arce@edu.xunta.es http://bloguesquio.blogspot.com.es/
QUE É UN e-book? Un e-book ou libro electrónico é unha versión dixital dun texto ou dunha obra literaria: novela, obra de teatro, ensaio, etc. Os e-books son os títulos que se poden ler nun e-reader.
QUE É UN e-reader? É un dispositivo (aparato ) que permite cargar e ler libros en formato dixital. Pode conter moitos textos diferentes . É case una biblioteca dixital que podes levar a calquera sitio. O modelo que poñemos á vosa disposición é o PAPYRE 602 W, de manexo sinxelo e con tinta electrónica, o que permite una lectura fácil e que non cansa a vista. A diferenza das tabletas, non ten luz propia, polo que precisaredes luz natural ou luz reflectida. É case como ler nun libro en papel.
.
GUÍA DE USO
1
Apagado / Encendido
Para encender e apagar o dispositivo, pulsa o botón “On/Off” durante uns segundos. O led indicador ilumínase en vermello. Para bloquear a pantalla e poñer o dispositivo en modo de espera, pulsa o botón “On/Off” una vez, mentres o dispositivo está funcionando. Para volver á actividade, pulsa o botón de novo.
On/Off
2
Identificación das partes
8
7
1 2
5
3
6
4
1
Menú
5
Dirección (catro direccións )
2
Ir a pantalla principal
6
Seleccionar
3 4
Atrás Buscar (en modo lectura)
7 8
Páxina seguinte Páxina anterior
3
Pantalla / Menú principal
Ao encender o PAPYRE, na pantalla de inicio aparece o menú principal, con acceso directo ás diferentes funcións: Biblioteca : Móstrase unha listaxe dos libros que están gardados no dispositivo. Último lido: Aparecen os últimos libros que se leron ou se están a ler. Marcadores: Móstranse os puntos de lectura
Extras: o Música: Amósase toda a música gardada no dispositivo o Imaxes: Neste cartafol atópanse todas as imaxes gardadas
4
Menú secundario Cando esteas no modo lectura, ao presionar o botón
1
ábrese o menú secundario, co que se poden levar a cabo diferentes accións: A cerca do libro: Mostra a ficha do libro que estás a ler: título, autor, editorial, formato.. Índice: Mostra o índice do libro, se este dispón desa función. Marcador: Engade un marcador na páxina que estás a ler. Lista de marcadores: Vai directamente a lista de marcadores Tamaño de fonte: Modifica o tamaño da letra do texto que estás a ler. Podes elixir entre pequena, mediana, grande, moi grande ou extra grande. Rotar pantalla: Esta función permite virar a pantalla 90 graos.
Páxina: Para ir a unha páxina concreta, introduce os díxitos co teclado que aparece na parte inferior da pantalla. Pulsa “feito” para confirmar. Música : Permite ver a música gardada no dispositivo Paso de páxina automático: Pódese programar o paso de páxina automático, segundo a velocidade de lectura, dende 1 min, ata 10 min.
5
Comecemos a ler Entra en “Biblioteca” e móvete pola listaxe de libros, usando o botón (botón circular, tipo anel). 5 Unha vez teñas seleccionado o libro que desexas ler, pulsa o botón 6 para abrilo. Para pasar as páxinas (avanzar e retroceder) usa os botóns 7 e 8. Recorda que podes visualizar o menú secundario pulsando o botón 1 Para ir cara atrás nos menús, ou volver á lista de libros, pulsa o botón 3 Para volver á pantalla principal, pulsa Para buscar unha palabra no texto, pulsa
2 1
PRECAUCIÓNS Non deixalo exposto aos raios do sol nin a temperaturas extremas. Non usalo en ambientes húmidos ou sucios . Evitar o contacto con líquidos. Evitar que caia ou se golpee (incluso coa funda) Empregar un pano suave para limpar tanto a pantalla como a cuberta do dispositivo.
Na parte superior dereita da pantalla tés a icona que indica o estado da batería. Avisa cando vexas que lle queda pouca carga.