Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Edita: Clase de 5º e 6º - Curso 2015-2016 Coordina: Sali Álvarez Carnero Portada Isabel Pereira
2
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Índice O noso Herbario. 4- Qué é un herbario Fichas Plantas 5. Acivro – Clase de 6º 7. Alfabaca – Damián 9. Ceruda – Cristian 11. Cicta – Clase de 6º 13. Couselo – Lorena 15. Estruga – Alex 17. Eucalipto – Antía 19. Fieito – Adrián 21. Herba Luísa – Clara 23. Lavanda – Clara 25. Leitaruga – Clase de 6º 27. Limoeiro – Antón 29. Loureiro – Brais 31. Macela – Antón 33. Madreselva - Lorena 35. Malva – Hugo Cruz 37. Meldrastro – Damián 39. Menta - Rafa 41. Oliveira – Brais 43. Ourego – Alex 45. Pirixel – Rafa 47. Romeu – Antía 49. Ruda - Adrián 51. Uz – Cristian
53- Bibliografía
3
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Que é un herbario? Un herbario é unha colección de plantas e follas deshidratadas e identificadas, que se usa como material para o estudo da botánica. PROCESO: Primeiro recollemos as plantas na nosa contorna. Deshidratamos as plantas, colocándoas entre papel de xornal. Prensámolas e deixámolas na prensa durante 2 meses. Elaboramos as fichas das distintas plantas. Cada planta vai acompañada de información relevante como: Nome Familia Descrición Hábitat Uso
4
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Acivro Familia: Ilex aquifaliáceas Distribución: En Galicia é unha especie protexida. Dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. O lugar poboado de acivros coñécese coma acevedo. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns. Os celtas considerábano unha árbore sagrada, con capacidade para atraer a boa sorte Descrición: É un arbusto perenne. Pode chegar a medir uns vinte metros de altura e a súa copa ten forma cónica. As follas teñen os bordes ondulados, con beiras espiñentas, de entre 6 e 8 cm de lonxitude, co extremo en forma de punta e de cor verde escuro brillante na cara e máis pálido no revés. As flores son unisexuais: flores masculinas e femininas nacen en diferentes árbores. Son flores brancas e pequenas, de entre 6 e 8 mm. O froito popularmente chamado cereixa dos paxaros, é unha baga carnosa, dunha viva cor vermella que son velenosos para o home. Estes froitos maduran no outono e permanecen na árbore ata finais do inverno. Pode reproducirse por sementes, por escallos ou a partir de rizomas (talos subterráneos que medran horizontalmente) Usos A árbore emprégase en moitos países como motivo ornamental durante as festas de Nadal, o que pode pór en perigo a propia existencia do acivro A súa madeira, de cor branca, é moi dura e resistente, polo que é difícil de traballar. Antigamente usábase en ebanistaría e tornaría. A súa casca e as súas follas empregábanse como remedio para calmar a febre. 5
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
6
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Alfabaca ou nébeda Outros nome: asubiote, (Calamintha nepeta) Familia: Labiate / labiadas. Distribución: Rexión mediterránea e Asia. Descrición: Planta herbácea da familia das labiadas, vivaz, moi ramificada, de corenta a oitenta centímetros de altura, follas opostas de cor verde, flores brancas ou purpúreas reunidas nunha inflorescencia e cheiro agradable e intenso. Cultivada para aromatizar e para condimentar... O olor das follas faina inconfundible É unha planta con flor, dentro dun grupo chamado anxiospermas. Virtudes: Toda a planta contén un aceite esencial con propiedades antiespasmódicas, tonificantes, bacterianas e contra os parasitos intestinais. Usos: Na elaboración de salsas, cociñar peixes, conservar legumes, preparar pisto. É a base do pesto, o famoso prebe italiano de orixe xenovesa
7
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
8
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Ceruda ou celidonia Nome científico Chelidonium majus Descrición É unha herbácea perenne con rizoma carnoso do que saen varios talos aéreos de ata 80 cm de altura, moi ramificados e fráxiles con pelos dispersos e zume alaranxado. As follas As follas, moi divididas con 5-7 lóbulos a
súa vez lobulados ou dentados,
blandas o tacto. Ao esgazar a planta presenta un zume amarelo-laranxa.
Flores . O cáliz está formado por dous sépalos verdosos. A corola, ten catro pétalos amarelos, e estames numerosos. As sementes son pequenas, atraen as formigas que as esparexen. A súa reprodución pode ser asexual e sexual. Uso: Produce un característico látex alaranxado o que se lle atribúen propiedades curativas para as verrugas.
9
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
10
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Cicuta ou pirixel das bruxas Nome científico: Conium Maculatum Familia: planta con flor herbácea da familia das apiáceas En Galicia tamén recibe os nomes vulgares de canafrecha, pirixel das bruxas, pirixel dos sapos Descrición: Pode chegar a medir entre 1 e 2 metros de altura. Posúe talo oco e estriado. As flores son pequenas, de cor branca, e nacen en umbelas. A súa semente é pequena e de cor negruzca. O seu zume é velenoso, pero tamén é usado como menciña. Caracterízase por despedir un desagradable cheiro a ouriña. Ten uns froitos ovalados de cor verde parda. A cicuta é semellante ao pirixel ou ao fiúncho, dos que se distingue pola cor escura e o cheiro desagradable das súas follas. Hábitat: Atópase en toda Europa e América, en lugares frescos e húmidos, como nas beiras dos ríos. Propiedades: Produce efectos tóxicos. Ten propiedades sedantes, analxésicas e anestesia local, sempre que se respecte fielmente a dosificación Usos:Utilízase para calmar dores intratables ou dores persistentes.
11
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
12
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
COUSELO Nome científico: Umbilicus rupestris. Descrición: É unha planta suculenta e perenne, ten o talo erecto, simple e ramificado en poucas ocasiones. Ten as follas carnosas, con forma redondeada e un burato no centro que asemella un embigo. As súas flores son de cor branco e rosado e florece en abril e en maio. Críase por toda Europa occidental e soe aparecer nos muros, rochas, paredes e sempre en lugares húmidos e sombríos. É unha planta con flor pero sen froito.
Usos: Ten propiedades cicatrizantes, moi útiles para curar feridas ou sores difíciles de curar e para os callos e durezas que aparecen nos pés e mans.
13
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
14
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Estruga Nome científico: Urtica dioica
Familia: Urticáceas
Descrición: A ortiga tamén chamada herba do cego é unha planta que provén da familia urticáceas, de talo ergueito e flores verdosas en espiga Caracterízanse por ter uns pelos urticantes que liberan unha substancia ácida que produce proído e inflamación na pel. Considérase herba ruín, con todo, é unha das plantas que máis aplicacións medicinais posúen.
• A estruga maior é a máis común. Acada entre 50 e 150 centímetros. A característica máis coñecida desta planta é a presenza de pelos urticantes cuxo líquido produce unha irritación intensa.
• A estruga menor soe medrar á beira da estruga maior, ten uns 60 centímetros e produce maior irritación que a anterior, mais posúe menos virtudes terapéuticas.
15
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
16
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
EUCALIPTO O nome científico desta planta é Eucalyptus, que en grego significa <<ben cuberto>>. Descrición: O Eucalipto é unha árbore de folla perenne e lonxeva. Poden chegar a medir máis de 60 m de altura. A cortiza exterior é marrón. Presenta unha extrema avidez pola auga, que pode chegar a causar a seca de pozos e canles próximas. Nestas elevadas necesidades de auga inflúe a densa rede de raíces, capaz de aproveitar a mínima greta do subsolo. Os bosques de eucalipto poden crear problemas co lume debido á grande altura que alcanzan estas árbores en pouco tempo.
Usos: O aceite esencial das follas de eucalipto é usado para combater infeccións respiratorias. Utilízase en forma de ungüento, en pastillas, caramelos, infusións e xaropes. O aceite úsase de forma tópica como tratamento para dores musculares e de articulacións.
17
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
18
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
FENTO Nome: fento común, Pteridium aquilinum Familia: Hypolepidaceae. Segundo a área xeográfica recibe diferentes nomes: fieito, felgo, fenta, fieita ou folgueira. Descrición: O grupo fórmano unhas 12.000 especies de plantas (sendo consideradas plantas vasculares). Teñen talos, follas e raíces . Están formados por un rizoma carnoso e follas grandes, ás veces moi divididas. Clasificación : non teñen flores nin producen sementes, reprodúcense por esporas (reprodución asexual) Uso: algúns son comestibles, poden ser usados como ornamentais, para restauración de solos contaminados ou incluso para limpar o aire pola súa capacidade de retirar contaminantes químicos. Algúns considéranse herbas daniñas. Xogan tamén un papel importante na mitoloxía, na medicina e na arte. Emprégase como estrume. 19
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
20
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Herba Luísa Aloysia Citriodora Familia: Da familia das Verbenáceas. Descrición: É un pequeno arbusto caducifolio que alcanza dous metros de altura, con talos leñosos. As súas follas son lanceoladas e rugosas, e desprenden un intenso aroma a limón. As flores son de cor lila ou violeta e medran en ramilletes. Florece no verán, formando inflorescencias en espigas de ata 10 cm de longo.
Hábitat: Orixinaria do Perú e Chile, pero aclimatada en Europa, onde se cultivou como planta ornamental e aromática. Usos: • Trastornos dixestivos • Dores menstruais • Alteracións nerviosas • Ansiedade Partes utilizadas: As follas 21
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
22
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
Lavanda Lavandula Officinalis Chaix Familia das lamiáceas Descrición: Arbusto de base leñosa da familia das Labiadas, acada de 15 a 60 cm de altura As súas follas son de cor verde grisáceo, estreitas e alongadas. As súas flores son de cor azul, pequenas, e dispostas en espigas. Hábitat: Terreos calcáreos, secos e soleados do Sur de Europa. Cultívase en Europa e América pola súa esencia.
Usos: Ten unha fragancia exquisita, tonificante e moi medicinal. Sedante e equilibradora. Dixestiva. Antirreumática e antiinflamatoria. Antiséptica e cicatrizante. Relaxante. Balsámica.
23
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
24
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
LEITARUGA Dente de León ou Mexacán Taraxacum officinale Familia das compostas Descrición Planta herbácea silvestre con follas moi alongadas e verdes. Son lanceoladas e talo rexo e ergueito rematado nunha flor amarela, con propiedades diuréticas, que deita un látex branco ao cortala. Florecen todo o ano, realmente, dependendo do terreo. En castelán chámase Achicoria amarga e tamén amargón, e por suposto dente de León. Usos Ten efectos diuréticos, actúa sobre a vesícula e os riles, evitando a formación de cálculos e facilitando a emisión de ouriña. Combate trastornos como a cistite. Como tónico estomacal estimula os procesos dixestivos e suaviza as dixestións difíciles. As súas raíces, poden usarse como substituto do café. As follas son usadas para ensaladas e os pétalos de flores poden contribuír para dar sabor e cor ás ensaladas mixtas.
25
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
26
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
LIMOEIRO NOME CIENTÍFICO: CITRUS Familia das rutáceas DESCRICIÓN: O limoeiro, é unha arbore de folla perenne que pode alcanzar os 6 m de altura. Posúe cortiza lisa e madeira dura e amarelenta moi apreciada para traballos de ebanistaría. Forma unha copa aberta, as súas follas son elípticas, de cor verde mate (de 5 a 10 cm), acabadas en punta e con bordos ondulados ou finamente dentados. As aromáticas flores presentan grosos pétalos brancos tinxidos de rosa ou violeta na parte externa, con numerosos estames (20-40). Xorden illadas ou formando pares a partir de xemas coloradas. O seu froito é o limón, un froito comestible con vitamina C e ácido cítrico.
USOS: Utilízase para elaborar doces (por exemplo o arroz con leite), para desodorizar as axilas, para dar brillo e suavidade ao pelo, para facer unha mascarilla, para facer bebidas refrescantes.
27
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
28
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
LOUREIRO O nome científico e Laurus nobilis. Descrición: O loureiro común é unha árbore de folla perenne que pode chegar a medir de 5-10 m de altura, de tronco recto coa cortiza gris e a copa densa, escura, con follas azuladas, alternas, lanceoladas, aromáticas, co borde en ocasiones algo ondulado. Se pode reproducir por semillas (R. sexual) e por escallos (R. asexual), tanto da raíz como do talo (estacas). Usos: Uso culinario: As follas do loureiro son usadas como condimento na gastronomía. Estas utilízanse en sopas, guisos e estufados, así como en carnes, pescados, mariscos e vexetais, e incluso en sobremesa como o arroz con leite . As follas utilízanse para darlle sabor á comida. Usos medicinais: Como planta medicinal, o loureiro é un tónico estomacal (estimulante do apetito). O aceite esencial obtido dos froitos. Usábase tradicionalmente para o tratamento das inflamacións. A inxecta de follas do loureiro en grandes cantidades chega a ser tóxica.
29
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
30
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
MACELA DESCRICIÓN: Herba aromática anual da familia das margaridas de hasta 60 cm de altura. Posúe un talo feble, ramudo, con flores de centro amarelo e corola branca. Emprégase como herba medicinal, pois posúe propiedades calmantes e dixestivas. En posición terminal presenta polo verán unha inflorescencia en forma de capítulo paniculado. As flores son un pouco amargas e recendentes. USOS: USOS EXTERNOS: Empregase para tratar ollos irritados, cansazo. USOS INTERNOS: Axuda a cicatrizar. Axuda cos problemas dixestivos. É un tranquilizante e un calmante suave. Axuda a controlar hemorroide.s Facilita a menstruación e elimina as molestias Axuda cos problemas de asma e gripe.
31
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
32
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
MADRESELVA Nome científico: Lonicera Caprifulium L. É da familia de Caprifolium Descrición: Son arbustos arqueados , con doces fragancias e flores con forma de campá e o seu olor é moi característico.. O seu talo é leñoso e avermellado. Ten as flores perfumadas e non pegañosas, de cor amarelo crema cun ton rosado no seu exterior. Florece entre maio e xuño e os seus froitos fórmanse en outono. É unha planta con flor e froito polo tanto é anxiosperma.
Usos: É un remedio para a tose, o asma, o arrefriado, a bronquite, a gripe e a tuberculoses. 33
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
34
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
MALVA Nome científico: Malva sylvestris Familia: Malvácea Descrición: E unha herba perenne, de 20 a 70 cm de altura, Son herbas anuais ou perennes, de base leñosa e tallos erectos. As follas son enteiras, e serradas Florece na primavera, as súas flores son hermafroditas. Teñen 5 sépalos de cor verde con 5 pétalos de cor rosa púrpura que se pechan á noitiña. Usos: Úsanse as flores e as follas. Usase como laxante en casos de estreñimento, en afeccións respiratorias, suaviza e desinflama a pel
35
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
36
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
MELDRASTRO Nome: /Mentha suaveolens. Familia: Lamiaceae. Distribución:É unha herba ben coñecida en Galicia. Medra en solos con algo de humidade, en zonas achegadas a regueiros. Descrición: É de cor verde, coas follas moi enrugadas, anchas, arredondadas e dentadas nos bordos. Teñen un recendo suave semellante ao doutras mentas. Os talos son vilosos. Branca ou ás veces de cor malva. VIRTUDES:Os seus compoñentes activos conteñen aceite esencial, mentol, carvona e timol. USOS:Ten moitísimos usos medicinais, dende infusións, utilizada como aceite, etc. Empregábase para calmar a rozadura da estruga fretando coas follas a zona afectada, xa que soe medrar achegada as estrugas. Esta planta foi moi usada nas pousadas dos peregrinos para escorrentar as pulgas nos leitos; tamén no tratamento das lombrigas. Hai quen metía esta herba en alcohol para despois sandar feridas con fretas.
37
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
38
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
MENTA Nome científico: Mentha. Familia: Lamiaceae Descrición: A menta é unha planta de crecemento rastreiro e perenne que pertence a familia Lamiaceae. Tamén é unha planta aromática, moi apreciada polo seu aroma refrescante e é usada na gastronomía. A menta encóntrase en todo o mundo: Asia, Europa, Australia, África e en América. Usos: A menta emprégase tamén para a reposteríaContén mentol, que é un aceite que se usa para facer doces. Ten un efecto calmante para as pernas e pés, baixa a febre e alivia os mareos e as náuseas. Tamén axuda a facer a dixestión. Ademais é usada como repelente natural contra insectos, como bebida ou como xeado.
39
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
40
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
OLIVEIRA O nome científico é Olea europaea. Familia: oleaceae Descrición: É unha árbore lonxeva de folla perenne, con copa ancha e un tronco groso, retorcido e a miúdo moi corto. Pode alcanzar ata 15 m. A cortiza está finamente fisurada, de cor gris ou prateada. A oliveira e unha planta anxiosperma porque a semente esta no interior do froito que é a oliva. As flores da oliveira son hermafroditas de corola branca. As follas son opostas de 2 a 8 cm., lanceoladas, enteiras e co pecíolo curto. Usos: Usos culinarios O principal aproveitamento é o seu froito, tanto a oliva de mesa como o aceite de oliva.
41
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
42
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
OUROGO Nome científico: Origanum vulgare Familia Lamiaceae Descrición: Planta perenne da familia das labiadas de ata 80 cm. Con talos erectos pilosos e aromáticos. Con follas opostas, ovaladas e anchas, os bordes son lixeiramente dentados e con vilosidades no haz. Ten unhas diminutas flores brancas ou vermellas que nacen en inflorescencia con estames sobresaíntes, Toda a planta posúe unhas pequenas glándulas que conteñen a esencia aromática de cor amarelo limón. Usos. Ten principios activos que protexen o fígado. Axuda a facer a dixestión e a eliminar os gases. É un bo expectorante e un antiséptico natural. En infusións é útil para o tratamento do cancro e do SIDA Favorece a circulación Tamén ten usos culinarios.
43
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
44
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
PIRIXEL Nome científico: Petroselinum Crispon. Familia: Apiaceae Descrición: O pirixel é unha planta herbácea bienal, arómatica. Cultívase por todo o mundo con fins culinarios. Forma unha roseta de follas moi divididas. Pode alcanzar os 15 cm. de altura con pequenas flores verde amarelentas. Se o queres encontrar salvaxe busca nun xardín, nun horto, nunha leira ou nun borde dun camiño, etc., por Europa, en Asia ou incluso en América temperada, por exemplo en Arxentina, onde é un condimento importante na cociña, podendo comerse cru ou cociñado. Usos: As follas do pirixel son ricas en vitaminas A, B1, B2, C y D, sempre que se consuma fresco, xa que a cocción elimina as súas vitaminas. Usado como infusión é un bo diurético.
45
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
46
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
ROMEU Nome: O nome científico desta planta é Rosmarinus officinalis. Familia: Lamiaceae Descrición: O romeu tamén chamado alecrín, é un arbusto é un mato leñoso de follas perennes e moi ramificado, pode chegar a acadar os 2 metros de altura. Son plantas anxiospermas coa semente encerrada no froito. As follas son pequenas e moi abundantes, son opostas e enteiras de cor verde polo haz e branca polo envés. As flores atópanse na cima da rama e son moi aromáticas, duns 5 mm de longo e de cor azul, violeta ou branco. Usos: O romeu é unha das plantas aromáticas máis valoradas na cociña polo seu agradable olor. Esta planta tamén se utiliza para aromatizar aceites e vinagres, incorporando unha rama fresca no envase onde se conservan. No linguaxe das flores, o romeu é símbolo da boa fe e a franqueza. Dise que o romeu prestou asilo á Virxe María na súa fuga a Exipto e que trae sorte ás familias que perfuman con el a súa casa en Noiteboa. 47
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
48
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
RUDA Nome : Ruta graveolens Familia: Rutaceae Descrición : Trátase un arbusto perenne cun olor moi forte . Considérase como unha planta vivaz, que vai adquirindo un aspecto leñoso a medida que medran as súas dimensións. Aínda que é usada como planta medicinal tamén é tóxica segundo os usos e dose. Clasificación : Planta Anxiosperma con flores e con sementes no interior do froito. A Ruda está composta por talos fortes e por follas verdosas. As flores son amarelas con 4 ou 5 pétalos de 1 cm de diámetro. Usos Medicinais Reduce a ansiedade e os estados de nervios. Axuda a facer as dixestións pesadas. Destaca o seu poder contra as hemorraxias, Aplícase como cataplasma nos quistes e como remedio para cefaleas. 49
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
50
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
UZ Nome: (Erica scoparia) familia Ericaceae. Descrición: é un arbusto perenne que medra en horizontal polo que non alcanza grandes alturas, con moita rama e finas acículas que abunda en toda Europa As flores son inflorescencias que aparecen na parte superior dos talos de cor rosa ou morada con pétalos soldados e aspecto de campá. Aparece nos montes galegos máis temperados. Florece a partir de xuño e a súa Reprodución é sexual Uso:O ramallo serve de alimento para o gando. Tamén se emprega a madeira para leña Para a fabricación de vasoiras.
51
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
52
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
BIBLIOGRAFÍA - Guía das plantas con flores de Galicia (I e II). Xosé Ramón García. Xerais - Compendio de Herbas máxicas. Montse Rubio. Baía Edicións - Enciclopedia de las plantas medicinales. Biblioteca Educación y salud. Ed. Safeliz - Atlas de Botánica. José Tola. Ed. Mistral - Páxinas web consultadas http://es.wikipedia.org http://www.botanical-online.com
53
Herbario. Alumnos/as de 5º e 6º do CEIP SACO E ARCE de Toén
54