Poemas auga

Page 1

Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

Día da auga e da poesía. Toén 2016


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

Recompilación de poemas que teñen a AUGA como temática. Ilustradas con fotografías de paisaxes do noso contorno. Edicións: Efrén 23 de abril de 2016 – Día do Libro


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE O RÍO

Desde as fontes da montaña ata a gran chaira do mar baixa o río cantareiro corre e corre sen parar. Entre vales de paxaros, polas misteriosas fragas, cos arrecendos dos campos e a frescura da alborada. No seu leito transparente, xunto aos peixiños de prata, báñanse tamén a lúa nas noites limpas e claras.

XUSTIFICACIÓN: Este é o río onde viven os meus avós. Escollín este poema porque fala de fragas misteriosas e augas cantareiras, e ese é o son que escoitas cando paseas a carón do río de Tameirón

Roxe o río noite e día sempre fiel ao seu cantar, a súa doce melodía enmudecerá no mar. Xoán Neira.

O río da miña aldea


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

O MIÑO O Miño é vello e é tristeiro: sempre vai mudo e vai senlleiro. No Inverno semella que murmura un segredo con forte voz escura. Un escoita, atento e esperanzado, e o vello Miño sempre vai calado. “TERRA CHÁ” de Manuel María

Xustificación O río Miño leva moita corrente cando pasa por Alongos. Sobre todo despois de tantas chuvias. Se escoitas o súa voz parece que está enfadado e que te avisa de que non te aventures a cruzalo. Aroa Rivera. 4 EP Aarón De Jesús. 4º EP

4º EP


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

DE AUGA Plin! Plin! Plin! Pinga! Plin! Plin! Plin! Chove! Bicos de prata que espallan os ríos, ouros ocultos que nas plantas dormen. Plin! Plin! Plin! Auga! Plin! Plin! Plin! Chove! Traen as gotas cantares e chíos, xa a primavera sementa as súas cores. Plin! Plin! Plin! Auga! Plin! Plin! Plin! Chove! ANA MARÍA FERNÁNDEZ

XUSTIFICACIÓN Eu elixín este poema porque me resulta divertido e sonoro. A imaxe escollina porque se ven caer as gotas no lavadoiro e a poesía fala do son da chuvia e das cores das plantas.


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

O RÍO

Damián Hervella. 6º EP Aroa Rivera.

O río pasa correndo, Non se para con ninguén. O río canta prás cousas E canta para min tamén

¡O río canta prás arbres Paxareiras da ribeira! ¡O río canta prós prados E prás nubes viaxeiras!

XUSTIFICACIÓN

Escollín este poema porque me recorda aos son e as cores do río do meu pobo.

A todos di seu cantar Aarón De Jesús. 4º EP Con escuro e craro son. 4º EP ¡A todos di seu cantar Anque llo escoiten ou non! “Soños na gaiola” de Manuel María


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

F de FONTE Eterna Fonte De auga Cantareira Que sabe a lúa, A río, A sol. Eterna Cunca Que amosa Feiticeira A limpa Pedra Puída Na montaña

Ana María Fernández

Xan Iglesias. 4 EP

XUSTIFICACIÓN

Aarón De Jesús. 4º EP

Eu elixín esta foto da fonte de Piñor, porque acostumo a parar para beber e tamén para coller auga, e 4º EP ás fontes, tan presentes nos pobos e tan útiles dende sempre. este poema está dedicado


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

Río Miño O Miño, manso e adormecido, na súa idade infantil dorme e berce lento e acomodado, . . .

O Miño baixa con nostalxia, Con eco sinxelo e de apelo. Gran Pai Fluvial do Reino noso, Pastor de Ríos que dixeron poetas. Manuel María

Xustificación: Esta foto está tomada en Alongos, Ourense. Sobre o río está este pequeno embarcadoiro, coma un berce que se mece e dende o que podes gozar das vistas do río, que por esta época leva moito caudal, ao igual que no poema de Manuel María. Aarón De Jesús. 4º EP


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE Ti nunca víche-lo mar cos seus berros bruadores,

O MAR

coas súas escumas de prata, cos barcos e os pescadores. -¿Ti nunca víche-lo mar a tecer e a destecer ondas azues que van á praia mansa morrer? -¿E ti non sabes que o mar é unha inmensa longura, auga e ceo, ceo e auga, maxestade e fermosura? -¿Ti nunca viche-lo mar? ¿E sabesque non repousa? -¡Se nunca viche-lo mar non viches ningunha cousa!

XUSTIFICACIÓN

Marcos Gómez. 4 EP

“Os Soños na gaiola” de Manuel María

Aarón De Jesús. 4º EP

4º EP Gústame esta foto do mar embravecido, podo pasar hora observándoo. Creo que o mar é un fermoso espectáculo que ninguén debería perderse


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

O muíño

O muíño roula, roula. O muíño roulador: ¡Volve as augas do regato En murmurio cantador! O muíño roula roula E non deixa de roular ¡e coas augas do regato O rodicio fai cantar! O muíño é cantador. O muíño é cantareiro: ¡Volve notas musicais As ondiñas do regueiro! Os soños na gaiola” de Manuel María

Xustificación: Esta acea, é o primeiro que vexo cando me levanto pola mañá. Está en Freixendo, Alongos (Ourense) no río Miño, agora xa non roula, pero cando a miña avoa era pequena, baixaba moita xente a moer o millo dende as aldeas veciñas. Gustaríame volver a oír o murmurio cantador do que fala Manuel María neste poema.

José Vidal González. 5º EP Aarón De Jesús. 4º EP

4º EP


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

REGATO Choven bágoas pequeniñas Que tringuelean nas fragas, Que corren a armar regatos Coma dediños de prata. Regatos que moen terras, Que lavan pedras gastadas, Que cantan a ladaíña Das nubes que pasan pasan. Choven miudiñas pingas, Perlas nas teas de arañas, Que mollan corpos e follas, Camiños, campos e parras, Valados, bosques e leiras, E casas abandonadas. Choven bágoas pequeniñas Dun prato que nunca acaba. (Ana María Fernandez) XUSTIFICACIÓN: Elixín esta fervenza para ilustrar o poema de Ana María Fernández porque é un lugar ao que vou pasear cando estou en Vigo visitando os meus avós. Cando non chove soemos percorrelo coas bicis miña irmá e mais eu. Zoe Luque. 4º EP Aarón De Jesús. 4º EP


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

AS POCEIRAS Brilan ó sol as poceiras! Xa pouco máis brilarán! Hainas de cen mil maneiras E están tiradas no chan. A choiva fíxoas nacer Sobre o monte ou o camiño. E fainas o sol morrer Despaciño, despaciño… E na terra están tiradas. Viven nun barrizal! E son por todos tripadas E a ninguén lle fixeron mal! Manuel María – A s poceiras Xustificación: É unha imaxe dunha gran poceira que me encontrei de camiño á casa. “Nacen” cando chove e o sol fainas “morrer”... é certo porque pode que hoxe xa non estea.

Sali Álvarez


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

OURENSE Ourense de música, palabra, cor, luz, pedra e auga. Ourense de ríos, fontes, rúas, prazas, parques e frores. Ourense de néboas, ventos, chúvia, sol, irexas e conventos

de leiras, montes, polbo, termalismo, burgas e pontes. Ourense de fenestras, soportais, poetas, gaiteiros e corais. Ourense de corazón. Ourense no corazón.

Jose Ramón Fdez. Morgade

Xustificación

Aroa Rivera. 4º EP

Ourense

4º EP

Aarón De Jesús. 4º EP

Ourense, é a miña cidade, tamén chamada a cidade das pontes como imaxinaredes o río forma parte da nosa vida, cruzámolo moitas veces ao día!. Escollín esta poesía dun poeta ourensán que fala de Ourense: das burgas, dos ríos, da chuvia e das pontes..


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE Í

Hugo Gallego. 4º EP

O río pasa correndo, non se para con ninguén. O río canta prás cousas e canta pra min tamén.

¡O río canta prás arbres paxareiras da ribeira! ¡O río canta prós prados e prás nubes viaxeiras!

Aarón De Jesús. 4º EP

A todos di seu cantar 4º EP con escuro e craro son. ¡A todos di seu cantar anque llo escoiten ou non!

MANUEL MARÍA

XUSTIFICACIÓN: O poema de Manuel María di que canta para as árbores e para as nubes e por iso escollín esta foto do río

Miño pasando por Alongos, porque vense claramente as árbores e as nubes que miran ao río correndo, na súa viaxe cara o mar.


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

A choiva que nace Na cidade Nin de arrecendos Nin de arboredas Sabe. A choiva que xoga Na cidade Nin dos regueiros Nin das abellas Sabe A choiva que vive Na cidade De fumes negros De estrondos grises Sabe De lixo mouro De berros fríos De rúas sucias Sabe, sabe. Antonio García Teijeiro Carmen Rubio


Poemas de Auga

Unha pinga de auga Atopouse cun raio de sol Os dous xuntos formaron Un mundo de color. Un arco perfecto Pintaron no ceo Coa auga da chuvia E as cores do vento. Quixen saber onde nace E nas fontes nas que bebe Como por arte de maxia Derreteuse como a neve. Quixen coller as súas fitas Para subir ata as nubes Como por arte de maxia Desfíxose como azucre. O arco da vella, Un soño de colores

Xoán Neira

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

ÉZARO - Rosalía Fdz Rial – Un mar de sensacións

Crávame o baleiro

da túa caída; rebéntame en nubes; desfaime de min. Quero desaparecer co furacán onde choves o berro elexíaco dos ríos kamikazes. Porque preciso vivir no abismo da morte perpetua Fervenza do Ézaro – Foto tomada por Isabel


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE Ramon Cabanillas

Leste duro Mar bravo. Curiscadas da choiva. A noite vai rubindo cabaleira na sombra. As fortes ás tendidas, inquedadas, sin rumbo, silenzosas, levadas pol-o vento déixanse ir as gaivotas.

Foto: Gaivotas en O Grove


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

Sabores de auga – Helena Villar Janeiro - ¿A que sabe a auga, Señora botella? - A fonte, a río, a néboa. A nube, a mar, a brétema. A orballo, a pozo, a chuvia. A xeada a folerpa


Poemas de Auga Libro

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

Os nobres carreiros (1970) - Eduardo Moreiras.

Brinca na rocha o regato puro. Azas de cor viva salpican o ceo. Suspiros do regato en flor, ¿de quen serán? A auga lambe a carriza coma bico na pel soñada ¿Qué amará?

Foto: regato en Tras do Río – Barra de Miño


Poemas de Auga

Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ai Deus! se verrá cedo? Ondas do mar levado, se vistes meu amado? E ai Deus! se verrá cedo? Foto: Ría de Vigo tomada por Fátima dende o avión

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

“FARRAPOS DE NUBE” De Xoán Neira A PRAIA No inverno a praia queda solitaria Só a acompañan O chío das gaivotas, O vento que zoa E as ondas que o bañan. De noite, a praia fica baleira Só quedan pegadas na area mollada E a lúa que soña Co arrolo das ondas. XUSTIFICACIÓN: Nesta praia solitaria pasei as vacacions de Semana Santa. Podedes ver a praia de Muros baleira, sen toallas, parasoles ... Din paseos, carreiras, fixen castelos de area... pero ao final botei de menos a companía da xente. Joel Arce. 4º EP


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE

O RÍO Foxe o río polo río, Caladiño, sen dar chío. Leva follas de ameneiro Que esparexe no areeiro. Escalos, troitas e anguías Relocen nas augas frías. Nas ponlas das arboriñas Chían melros e andoriñas. Sen présa, coa auga a fío Marcha día e noite o río. Candela Nieto. 5º EP

Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas

XUSTIFICACIÓN: Escollín esta foto do río Barbantiño porque é unha zona que me encanta. O río nesta zona pasa tranquilo e as augas relocen como na poesía.


Poemas de Auga

Día da Auga e da Poesía 2016 CEIP SACO E ARCE


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.