REVISTA ESCOLAR Saco e Arce
CATAVENToS Xuño 2013
Con Efrén Nos XXOO
http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos
Sumario BLOGUESQUÍO, 2º Premio
Pingas de Paz
Espiral
Celso
Emilio
Día de
Rosalía
O Entroido
Reloxos
Os XXOO de
Toén
12.12.12 Deitado frente ao mar Recitando a Celso Emilio
Recuncho científico
Día das Letras Letras Galegas Roberto
Vidal
Solidariedade
Bolaño
Obradoiro
Literario iterario
Día da terra A botica de Efrén Saídas e excursións O
noso
cole
Convivencia
a
orixe
Aprendiz de xornalista
Mulleres sempre activas Picasso
Xogos tradicionais
Entretementos Wagner
Segundo e terceiro ciclo no Auditorio de O0urense
Editamos un novo número da nosa revista Cataventos, coa ilusión e o entusiasmo de tod@s, e coa esperanza de que a disfrutedes.
Verdi e
Adiviñas
Santos, Xabier, Luís e Eloi ambientaron A Festa popular das Letras Galegas
Un claustro de mestres... un tanto sospeitoso!!! Entroido 2013
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Bloguesquío, o blog da biblioteca do cole, foi premiado co peón de prata no VII Premio Espiral Edublogs. A cerimonia de entrega foi na aula Magna da escola Politécnica superior da Universidade San Pablo CEU, en Madrid. Carmen, a artífice do premio, non puido ir a Madrid, así que Rocío prestouse voluntaria para asistir ao evento e, sobre as 12 da mañá, subiu a recoller o premio... o PEÓN de PRATA !! Nós puidémola ver en directo a través da rede. Somos o segundo mellor blog de toda España!... e parte do estranxeiro... (como diría a miña avoa) Pero, sabedes o que vos digo? Que o trofeo é o menos importante... O premio é estar aí, entre os tres blogs, que o xurado considerou, mellores de todos os presentados ao concurso. Estes premios, teñen un enorme prestixio entre os docentes de toda España e Latinoamérica, recoñecen o traballo dos mestres e alumn@s e as boas prácticas educativas no ámbito das TIC.
O recoñecemento vale, se cabe, máis que calquera outro premio.
Só nos queda dicir… Parabéns Carmen!, é todo un recoñecemento ao bo facer.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
O día da paz non é só un día máis do ano, nós comprometémonos a celebralo todos os días, por iso asinamos este Manifesto que naceu na clase de educación infantil e foi medrando polas aulas. - Se SEMENTAS PAZ , a paz medrará.Moitas cousas pequenas, en moitos lugares pequenos, feitos por xente pequena, poden mellorar o mundo. A paz comeza na casa, na vida de cada día, coa familia, cos amigos, no colexio, coidando as cousas pequenas, A paz está nos bos propósitos, ao convivir cos demais, sendo máis tolerantes, máis xenerosos e pacientes. En cada agasallo, nun sorriso. A paz é matemáticas, é a suma de pequenos instantes de minutos, horas, días e anos que dedicas aos demais. A paz tamén é LINGUA, oral e escrita, cando dis unha palabra oportuna, unha palabra de perdón, un xesto solidario, un xesto de amizade que fai que os demais se sintan mellor. Somos pequenos, pero XUNTOS e dende agora podemos construír un mundo máis xusto, máis solidario, máis libre, máis harmonioso e onde todos, todos nos sintamos iguais. Empecemos hoxe, agora, neste mesmo intre.
EI 3 ANOSNós comprometémonos a pedir perdón e a non pelexar, a cantar todos xuntos unha canción de Paz
EI 4 ANOSNós compartiremos contigo a nosa amizade, xogando xuntos ao balón pero sen empurróns. Eu coidarei de ti e ti coidarás de min. E todos xuntos construiremos un mundo mellor. EI 5 ANOS-
Un gran corazón che regalarei. Cheo de respecto e cheo de amor. Cheo de bicos e abrazos. Escoitarei as túas palabras Sempre con atención 1 EP-
Portareime ben Coa familia, cos amigos Con todos os mestres e mestras. Tamén respectarei a todos animais da terra. Porei interese ao facer as miñas cousas e a todos axudarei para que todo nos saia ben.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
2 EP-
Para nós a PAZ comeza compartindo todo cos demais. A paz é dar amor, alegría e cariño, é alumear alí onde ti estás. Non facer “guerra entre nós” Ser amable, respectuoso, axudar no fogar, dar moitos bicos E a todos coidar. TODOS nós dicimos, !Que a paz sexa unha realidade e non só algo con que soñar! 3º E 4º EP-
Eu comprométome A axudar aos meus pais e a non pelexar cos irmáns. Escoitar con atención e aos compañeiros respectar. Estar disposto a axudar, convivir e dialogar. Coidar o medio ambiente Porque é o noso fogar. A traballar en silencio para a ninguén molestar e a esperar o turno para poder falar. Non culpar a ninguén, AMIGOS temos que ser. A verdade diremos e non defraudaremos. Ler, escribir, contar e cantar facer as tarefas sen rechistar
No recreo disfrutar, correr e xogar con outros compa-ñeiros que se queiran acoplar. Estas normas cumpriremos e a paz conseguiremos! 5º E 6º EP Hoxe celebramos o Día da Paz e se escoitamos as noticias e camiñamos polas rúas da nosa cidade vemos que moita xente está a pasalo mal. Camiñando pola rúa vin xente que nada tiña algúns cos ollos tristes e outros que nen sequera un lugar onde durmir posuían. Moita xente pedindo esmola nas rúas buscando comida no lixo pasando frío e sen abrigo. Mulleres maltratadas Nenos e nenas explotados as mafias obríganos a traballar como escravos esta inxustiza hai que denunciar para que non haxa violencia e así CONSTRUÍR A PAZ No mundo hai xente pobre que non ten para comer tamén hai xente rica e poderosa que moito diñeiro ten GUSTARÍAME que de hoxe en diante se repartiran as riquezas para que todos e todas tiveran comida e se extinguira a pobreza. Gustaríame vivir sen racismo neste mundo de DIVERSIDADE e que nenos e nenas xogaran xuntos sen importar a súa nacionalidade. Eu comprométome a non volver a insultar nas redes sociais e nas relacións cos demais. Para que o día da PAZ dure todos os días os nenos e nenas de Toén comprometémonos a portarnos ben.
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce de Toén
1.Que a paz entre polo corazón enchendo a terra de luz e de cor.
3.Que a natureza brille co seu esplendor disfrutando así todos dun mundo mellor.
2.Que a felicidade reine e se vaia o mal para que os nenos de todo o mundo contentos poidan xogar
4.Pidamos xuntos que paren as guerras e reine a paz para que unidos e como irmáns ben poidamos estar.
2013
2º Primaria. Relixión.
1.Neste mundo queremos paz para todos grandes e pequenos. 2.A paz é o mellor día para estar cos que queres e celebrar con alegría o amor dos teus seres. 3.Con moita sinceridade hai una boa amizade e dicindo a verdade terás una boa dignidade.
4.Se o que queres e amar non dubides en axudar xa que tendo corazón terás amigos a montón. 5.Para poder ser feliz terás tamén que compartir e así como bos irmáns xuntos poderemos vivir. 6.A pomba branca voando contenta vai para que todos os días sexan días de paz.
3º e 4º Primaria. Relixión.
Iulián, Diego e mais eu Yesica sentímonos moi contentos porque se achega o día da paz e no cole andamos moi atarefados facendo pombas para adornar a clase. Pero a mañá seguinte cando chegamos as pombas desapareceran e ninguén sabía o que pasara. Estivemos buscando por todas partes ata que atopamos no chan una nota que dicía: “SE QUEREDES ATOPAR AS POMBAS IDE AO PARQUE DE MOREIRAS ONDE DEIXAREMOS MÁIS PISTAS.”
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Fomos correndo ao lugar indicado e localizamos a segunda pista agochada baixo o tobogán. Nesta ocasión informábannos de que as pombas estaban no campo da festa de Toén. Sen perder tempo dirixímonos ata alí pero cando chegamos a nosa ledicia converteuse de novo en preocupación xa que o único que había era outra pista que puña: “AS POMBAS ESTÁN EN BO ESTADO. AGORA IDE A IGREXA DE MUGARES. NO CAMPANARIO ATOPAREDES A TERCEIRA PISTA.” E alí fomos! Atopámola nun burato que había na parede e como nas outras ocasións non estaban as pombas senón outra mensaxe: “ESTÁDESVOS ACHEGANDO AO FINAL, VOLVEDE A ONDE COMEZOU O CASO.” Xa cansos regresamos ao colexio e vimos a un neno que nos tiña manía e que precisamente era un dos nosos principais sospeitosos. Seguímolo ata a súa clase para ver se as pombas estaban alí e vimos que escondía un sobre nun caixón. Esperamos a que saíra, collémolo e resultou ser outra pista que nos mandaba a antiga biblioteca do colexio. Pouco confiados entramos nela e levamos unha grata sorpresa. Na antiga biblioteca estaban os nosos compañeiros coas pombas TODO FORA UNHA BROMA! A pesares do noso enfado decidimos perdoalos, colgamos as pombas pola clase e todos xuntos fomos xogar ao patio. 5º Primaria. Relixión
CATAVENTOS
E REPARTIMOS VERMES POR DISTINTAS CLASES
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce de Toén
2013
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce de Toén
2013
QUE TRAEN LARA E CANDELA DO SEU POBO DE MOREIRAS
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
12/12/2012 A piques de rematar o ano no que se cumpre o centeario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, decidimos renderlle homenaxe uníndonos á iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización lingüística, xunto con moitos outros colexios e asociacións culturais. Pintamos no patio os primeiros versos do seu poema “Deitado fronte ao mar” para mostrar o noso compromiso cara a lingua galega, porque sí, porque nos peta e reunímonos para recitar, ou mellor dito, rapear, o poema.
24 de febreiro O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. Este ano tivo unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro integramente escrito en galego. Dende o noso cole tamén quixemos contribuír a esa homenaxe á nosa gran poeta con lecturas, recitados e gravacións audiovisuais por parte dos alumn@s.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Vivimos na época das computadoras e os reloxos dixitais, pero... pensastes algunha vez como se medía o tempo na época dos primeiros Xogos Olímpicos? Había reloxos? Como eran? As nenas e nenos de 2º Ciclo investigamos sobre o tema e isto foi o que atopamos:
.- É un reloxo de auga que foi
inventado no ano 1530,
construída para o rei Amenhotep I en Exipto. É calquera mecanismo para medir o tempo mediante o fluxo regulado de un líquido cara ou dende un recipiente graduado O reloxo de auga exipcio, máis ou menos modificado, seguiu sendo o instrumento máis eficiente para medir o tempo durante moitos séculos.
.- É un instrumento de medición do tempo en relación coa velocidade de consumo dun combustible. A primeira referencia deste tipo de reloxo, data do século V d.C. na antiga China, a través dun poema de YOU JIANGU no que se menciona a súa importancia.
CATAVENTOS
Revista Escolar
.-
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
É un instrumento mecánico que serve
para medir un determinado transcurso de tempo, dende que a area comeza a caer do receptáculo superior, ata que remata de facelo. Só precisa da enerxía potencial da gravidade para o seu funcionamento. Dado que o período que mide é fixo, na actualidade está en desuso.
.- Os
reloxos de Sol son ferramentas que
nos din a hora simplemente coa sombra que proxectan do Sol. Para deseñar un reloxo de Sol precisamos saber onde o imos colocar, a lonxitude, a latitude e a orientación da parede con respecto ao Norte.
CONSTRÚE o teu reloxo de sol 1.Copia o debuxo no tamaña que queiras. 2.Recorta polas liñas vermellas e dobra polas azuis 3.Cólgao nunha parede ou na fiestra con cinta adhesiva. 4. Disfrútao
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Mª Domínguez no XXOO de Toén. Disciplina: Natación.
Mª Domínguez dirixíase á piscina da proba, que medía 50 m de longo. Ela estaba acostumada a adestrar no río do pobo e unha mini piscina para ela non supoñía ningún esforzo. Xa na competición, os xuíces deron a saída e María, pegou un chouto e saltou á piscina pero cando ía nadando pola metade entroulle a fame. Entón achegouse ás escaleiras e foi á cafetaría, deixando un rego de auga polo medio. Xa na cafetería, pediulle ao camareiro un bocadillo de tortilla. Cando rematou o bocata dirixiuse á piscina para rematar a proba pero unha vez na auga comezou a sentir mareos e calafríos. Tivérona que sacar, xa media inconsciente e foi trasladada ao hospital pero aínda hoxe está esperando que a atendan porque hai unha folga indefinida de médicos. María Rodríguez Nos XXOO de Toén. Ximnasia Cando comezou a proba, todas as ximnastas apareceron co seu aro. Bueno, todas menos María Rodríguez, quen, por millonésima vez, esquecera o aro na casa. Cando lle tocou a quenda, xa non sabía que facer, ata que se lle ocorreu unha idea. Como era unha ximnasta de gran flexibilidade, decidiu dobrarse en forma de anel, e comezou a rodar por toda a pista. Os xuíces déronlle un cinco pelado, porque o aro era demasiado groso.
Lucía Pérez nos XXOO de Toén. Tenis O campionato de tenis en Toén disputábase en terra batida. Lucía Pérez, a mellor tenista de Toén collera a raqueta, ela non vía moi ben en non se fixara en que a raqueta tiña un burato enorme. O xogo ía moi igualado, pero no cuarto set
Águeda González nos XXOO. Tenis de mesa. Águeda González era a mellor xogadora de tenis de mesa de todo Toén.
Ao pouco de comezar o torneo Águeda xa anotara 10 puntos…, e xa levaba unha vantaxe insuperable. Pero era tan vaidosa que comezou a presumir da súa axilidade. Pechou os ollos e seguiu xogando, púxose a fritir un ovo e seguiu xogando, nese mesmo intre comezou a fallar e o seu contrincante non paraba de marcar puntos. Cada vez custáballe máis xogar ao estar tan desconcentrada. Chegou ao último set e estaba tan enfadada por ir perdendo que lle deu tan forte a pelota e con tan mala sorte que lle deu ao rival nun ollo deixándoo cego. O partido tivo que suspenderse durante 15 minutos, e ao reanudalo foi sancionada. Ela veuse abaixo e non foi quen de recuperar o seu toque. Ao final, por vaidosa, Águeda perdeu quedando eliminada.
Lucía podía conseguir o punto de partido. A raqueta aguantara toda a competición e agora tocáballe sacar a súa contrincante, que lanzou a bola cara Lucía sen piedade. A pelota quedou enganchada na raqueta, e os xuíces ao pensar que era unha treta para gañar, descalificárona.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Para conmemorar o Día da PAZ, organizamos unha FEIRA SOLIDARIA na que se podían "adoptar" os libros que vos interesasen só cunha pequena aportación: un kilo/paquete dalgún
alimento non perecedeiro. Consideramos que sería unha boa maneira de dar unha segunda oportunidade a libros que , tras facer un expurgo na Biblioteca, retiramos por falta de espazo e por non estaren adaptados as idades e intereses d@s nos@s alumn@s. Como temos dito máis dunha vez, os libros son o mellor alimento para a nosa imaxinación, para os nosos sentimentos e para a nosa capacidades de pensar. Así que , @s que trouxeron ao cole un alimento para compartir con familias menos favorecidas, levaron á casa outro alimento, neste caso en papel e para o espíritu. Os alimentos recollidos foron entregados ao Banco de Alimentos de Ourense .
Marcapáxinas solidarios Este ano, ademáis de todas as demais actividades, quixemos celebrar o Día do libro dunha maneira solidaria: poñendo a nosa creatividade ao servizo dos nenos e nenas máis desfavorecidos , colaborando con Save the Children. Como? Decoramos os nosos puntos de lectura ao noso gusto con debuxos, lemas, poesías... Levámolos á casa e solicitamos un donativo a cambio de cada marcapáxinas realizado. Os fondos contribuirán a paliar a situación de fame na que viven os nenos e nenas do Sahel, e a proporcionarlles unha educación que lles permita ter unha esperanza no futuro.
Mobilízate pola selva: Campaña de reciclaxe de móbiles Tras escoitar as palabras da primatóloga Jane Goddall na súa recente visita ao noso país, pareceunos una actividade interesante para concienciar @s nen@s, que o centro participase na campaña de reciclaxe de móbiles organizada polo Instituto Jane Goodall España. Comezamos dedicando á mesma un lugar especial, con Efrén diante dun mapa dos lugares onde se produce o coltán e onde viven os chimpancés e gorilas.
@s nen@s investigaron sobre as consecuencias da explotación ilegal deste mineral e isto serviu para fomentar a súa conciencia ecolóxica, e a idea de “apadriñar” a un dos chimpancés do centro de recuperación de o Congo foi tan motivadora que, ao día seguinte de comezar a campaña, David veu ao cole cargado con 29 teléfonos. Recollemos un bo número e estamos agardando coñecer o nome do noso “afillado”
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
NA CLASE DOS XINETES DURANTE O PROXECTO QUE FIXEMOS SOBRE A TERRA CHAMOUNOS MOITO A ATENCION “ ISO DOS VOLCÁNS”; ASÍ QUE, DECIDIMOS FACER UN NÓS MESMOS. PRIMEIRO PENSAMOS CÓMO FACER A MONTAÑA, E Cono feito con fariña, auga e pintura.
Vinagre, xabón e auga
LOGO, BUSCAMOS QUE BOTARLLE PARA QUE ERUPCIONASE. Bicarbonato e pementón
ANTES DE COMENZAR A FACER O EXPERIMENTO, CHAMAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS MÁIS NOVOS PARA ENSINARLLE O QUE ÍA ACONTECER.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
E comezamos a botar os ingredientes... Si señor, mira
con xeitiño
que bon pulso ten o Antón
por último, o vinagre.......
2013
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
CURIOSIDADES Alumn@s de 2º ciclo
Sabías que.....
O ollo humano pode distinguir 10 millóns .
de cores diferentes
AS miñocas posúen 5 pares de corazóns na parte dianteira do seu corpo.
As xirafas limpan as súas orellas cá lingua que lle mide medio metro.
SE o Sol se apagara tardariamos oito minutos en darnos conta.
Aínda que non o pareza,o mosquito ten 47 dentes.
Unha gota de petróleo pode converter 25 litros de auga en non potable.
A balea xorobada emite un son tan forte que se pode escoitar a 936 Km de distancia.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Un metro cadrado de céspede produce suficiente osíxeno para unha persoa durante todo o ano
SE colocas un hámster boca a baixo poden caerlle os ollos
SE lle cortas os bigotes a un gato perde o equilibrio e cae ao camiñar.
A base da pirámide máis alta mide coma dez campos de fútbol.
O músculo máis potente do ser humano é a lingua.
SE berras durante oito anos, sete meses e
6 días, produces a enerxía suficiente
para quentar unha cunca de café.
As persoas de cabelos louros teñen máis pelo que as de cabelo escuro.
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2013
“A BANDA DOS DE SEGUNDO “...E UN DÍA COMO OUTRO CALQUERA COMENZA ESTE RAP CANTAREIRO CUN BICO PARA O COLE ENTEIRO...
1.-OLA A TODOS, BENVIDOS, A ESTA FESTA DIVERTIDA!
2- E …AGORA QUE VAI BO TEMPO,
POÑEDE MOITA
EMPEZAREMOS A SOLFEAR,
ATENCIÓN, QUE VAI COMENZAR ESTA FUNCIÓN!
E CON MOITO ARTE RIMAR DO-RE-MI-FA-SOL-LA-SI-DO! ICIA
IRENE
3- DISFRUTADE DESTE FESTÍN, DE FRAUTA E MÁIS A
ESCALA MUSICAL: DE VIOLÍN, 4. A CHARANGA ESTÁ PREPARADA,
ESCOITÁDENOS RAPACES E MOZOS, A NOSA ALBORADA VAI CON GOZO!
SOFÍA
A MÚSICA VAI COMENZAR, E ESTA BAILARINA PEGA UN BRINCO, PARA DANZAR E DANZAR...!
LÚA
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén 2013
6.-DAMOS A NOTA CANTANDO,
5. HOXE OS DE SEGUNDO
BOTAMOS UN SONORO: ALALÁ!
POÑÉMONOS ROTUNDOS! CANTAREMOS MUIÑEIRAS Ó SOL,
E MOI DOADO ESCOITALO,
XOTAS, RAPS E ROCK AND ROLLS!
MENTRES DICIMOS: AILALÁ…!
SAÚL
AILALELO,
LUCÍA
7. QUEREMOS SER COMO MOZART, E A ORQUESTRA DIRIXIR, NA MAN UNHA BATUTA PARA SER UNHA ORQUESTRA RESOLUTA!. IVÁN
9. AI! QUE VEN UN MOSCÓN: ZUMMM, ZUMMM..! E MUSIQUEAME NOS OÍDOS, A MIÑA CACHOLA DA VOLTAS, CO CHUFLIDO DO ZUNIDO! ZUUMMM..! CANDELA
8.-IMPROVISAMOS COA PANDERETA, A GUITARRA E O TROMBÓN, E A PROFE INTERPRETA, A CANCIÓN CÓ SAXOFÓN! JULIO
10.-CANTAMOS E RECANTAMOS, E NOS MARCAMOS UN HIP-HOP, DÁMOSLLE VOLTA A VISEIRA, ESTO SÍ MOLA …UN MONTÓN! JOSE 11. ESTO VAI CHEGANDO Ó SEU FIN, E O PÚBLICO DEBE DECIR, SE NESTE DÍA DE FESTA, DISFRUTOU COA NOSA ORQUESTRA!
AINHOA
E CON ESTA BANDA VOCAL! CHEGAMOS AO FINAL, A FUNCIÓN XAREMATOU, ENTÓN……
APLAUDIDE SE VOS GUSTOU!
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
O chapeu sempre na cabeza, un bigote baixo o nariz. O teatro é a miña vida e Galiza o meu sentir. Sempre sobre o escenario, ben axustado o nariz, nun mundo imaxinario con ganas de facer rir. Contos do inferno profundo, pezas de ananos e mouros; abrir a boca e berrarlle ao mundo… O GALEGO É O NOSO TESOURO
Nacín o 31 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela. Desde sempre a miña paixón foi o teatro ao que me dediquei totalmente. Grazas ao teatro, acadei numerosos premios e recoñecementos.
Fun director, actor, produtor, iluminador, escritor en lingua galega e din que fun o autor que máis fixo polo teatro nacional galego. Ademais do teatro, tamén traballei no cinema e na TV.
Estas son algunhas das pezas teatrais que escribín: Romance dos figos de ouro, Touporroutou da lúa e do sol, Os papalagui, Sen ir
máis lonxe, Animaliños,… Integral , foi a miña derradeira obra.
“CATAVENTOS”
Revista Escolar
C.E.I.P Saco e Arce de Toén
2013
Ed. Infantil -Baile das Covas do Rei Cintolo
1º - Celebrando as letras Galegas
A Banda dos de 2º
2º Ciclo- Canto de cego
3º Ciclo – Danza das fitas
Touporroutou da lúa e do sol.
Tivemos uns gaiteiros moi especiais e unha rica merenda
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Un grupo de Tiranosaurios Rex habitaban nunha zona prohibida na que había un volcán que podería poñerse en erupción. Alí non lle quedaba comida polo que decidiron atacar a zona na que vivían os dinosauros herbívoros e os omnívoros. Cando chegaron, pensaron en comer aos herbívoros por ser os máis grandes e ter máis carne, destruíndo os ovos do resto. Atacaron velozmente e coméronse a un Diplodocus xigante, deixando os ósos para o resto da manada. MARCOS GÓMEZ DEUS
Nun campo verdoso e floreado, vivía unha fada madriña que tiña unha vara máxica. Os seus veciños eran bolboretas de cores, trasnos divertidos e dragóns xigantes. Todos os días se facían agasallos e o campo sempre estaba cheo deles. Un día púxose a chover e todas as caixas se estragaron, mollándose todo o que había dentro. Os habitantes do campo puxéronse moi tristes e pediron axuda á fada. Esta coa súa vara tocou a cada un dos regalos e pronto volveron estar novos. Para agradecerllo, compraron larpeiradas, moitísimas larpeiradas e fixeron unha gran festa no campo. Moi contentos remataron o día cantando e bailando. AROA RIVERA FERNANDEZ
Érase unha vez un trasno, moi moi chiquitín, que vivía nun castelo cheo de persoas malvadas que pasaban o día discutindo e pelexándose. Chamábase Chopi e a súa aldea Chopilandia. Un bo día farto daquela situación decidiu comprar un globo e foise lonxe do castelo en busca de paz e tranquilidade en compañía do seu irmán. No camiño atopáronse cun dragón. Fixéronse amigos e fóronse xuntos a descubrir América. GABRIEL GÓMEZ GONZÁLEZ
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Había unha vez unha fada que se atopou cunha bolboretiña que lle dixo: - ¿Como te chamas? Ela contestou: - Chámome Mónica. Despois de falar un tempo longo fixéronse moi amigas e decidiron compartir a súa vida xuntas. Un día, mentres percorrían o xardín dunha fermosa mansión, atopáronse cun trasno chamado Saltarín. Sen pensalo, invitárono a xogar ao escondedoiro, ao pilla, á pelota,... e a todos os xogos que se lles foron ocorrendo. Como estaban tan emocionadas cos xogos, non se deron conta de quen era en realidade Saltarín. CANDELA RODRÍGUEZ ESTÉVEZ
Érase unha vez un dragón que mentres percorría o seu reino, atopouse cun rapaz que vendía pizzas. Non tardou en quedar abraiado pola velocidade coa que estaba a traballar. Achegouse a el e ofreceulle axuda para poder repartir as pizzas en menos tempo, e así, ser o mellor de todo o territorio. El aceptou e fixéronse moi amigos. Todos os días o axudaba no seu traballo e a cambio, o dragón recibía un montón de pizzas de todos os sabores, e comíallas moi agradecido. Un día o dragón regaloulle un cofre para que o enchese de ouro. Os dous xuntos foron en busca de moedas de ouro. Decidiron ir ao volcán que se atopaba no medio da selva. HUGO HERVELLA RODRÍGUEZ
Érase unha vez unha bolboreta que se perdeu no deserto. Durante varios días voou e voou ata que a fame e a sede fixeron que se detivese preto dun cacto. Cando pensaba que ía morrer, apareceu un dragón. Viuna tan cansa e tan pálida que lle ofreceu axuda. Fixéronse moi amigos e decidiron empezar unha nova aventura en busca dun tesouro que, segundo os habitantes do país dos dragóns, estaba moi ben escondido nalgún lugar nunca antes atopado. Despois de andar cen quilómetros, alcanzounos unha tormenta. Empezou a chover e o aire sopraba con moitísima forza. Atoparon unha cova e decidiron resgardarse nela. Do seu interior saía unha potente luz. ¿Que habería alí? Atoparan ouro, prata e todo tipo de pedras preciosas. Atoparan… ¡o tesouro do Gran Dragón! HUGO GALLEGO RIVERO
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Un día unha fada atopouse cunha bolboreta que estaba moi triste porque perdera a cor das súas ás. Como era moi boa e tiña unha vara máxica decidiu axudala para que recuperase toda a súa beleza e alegría. Un vento moi forte empezou a soprar e a vara da fada empezou a voar. ¡ Pobre fada e pobre bolboreta! ¿Que podían facer? A bolboreta díxolle á fada que montase no seu lombo e que xuntas marcharían buscala. Pasaron varias horas viaxando a través do bosque e de súpeto viron algo brilar. ¿Que sería? Si, a vara máxica da fada. A fada recuperou a súa vara e a bolboreta o resplandor das súas ás. ZOE LUQUE GONZÁLEZ
Había unha vez un dragón moi moi glotón, que comeu a todos os dinosauros que vivían na selva, nun día. Apareceu un trasno e fíxoos revivir. Para agradecerllo, todos os dinosauros fixeron unha festa. Chamaron a telepizza e trouxéronlles moitísimas pizzas con moitísimos ingredientes diferentes, e para beber, botellas de fanta de laranxa. XAN IGLESIAS VIDAL
Érase unha vez un exército que se foi á guerra guiado polo seu rei. No medio da loita, o rei resultou ferido e levárono a un hospital para salvalle a vida. Un dragón de tres cabezas soibo da noticia e viaxou ata o reino. Quería axudar, polo que decidiu botar xeo e conxelar a todos para parar o tempo mentres o rei non se recuperase. Tamén lle chegou a noticia aos dragóns de lume e aos de pedra. Todos eran amigos do rei e querían que este se salvase, polo que lle ofreceron axuda. Non tardaron en chegar os dragóns da escuridade, que eran os máis malos do reino. A súa misión era aproveitar a situación para facerse co poder e gobernar todo o territorio. ¿Lograríano? JOEL ARCE GONZÁLEZ
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce de Toén
2013
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
ESTE ANO, OS NENOS/AS DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA FOMOS DE EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A MARCELLE (LUGO). COMO RESULTADO DA NOSA VIAXE, OS NENOS/AS DA CLASE DE 3 ANOS FIXEMOS UN LIBRO DOS ANIMAIS QUE VIMOS ALÍ.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Traballo de campo dos Alumn@s 3º, 4º, 5º e 6º. As xentes dos pobos dependemos, dende moi antigo, das plantas. Empregámolas para comer e para curar. Flores que tomadas en infusión melloran as dixestións, abren o apetito, outras que ao restregalas polo corpo quítanche o proído ou eliminan verrugas, bebedizos que curan dores... ÁLOE VERA-
COUSELOS-
Para curar os sabañóns: - Colocando os couselos quentes sobre os sabañóns. - Colocando un emplasto, feito coas follas machacadas. -Tomados en infusión son bos para a tose (3/4 couselos nun litro de auga, en maior cantidade poden resultar tóxicos.) FOLLAS DE EUCALIPTORespirar os vapores da infusión Tomada en infusión para aliviar das follas para aliviar as conxestións nasais dores de barriga e gases KALANCHOE DAIGREMONCEBOLA- Serve para aliviar a tose e para OU MADRE DE MILES despexar as vías respiratorias. Poñemos unhas culleradas de mel con cebola en anacos e deixámolo macerar un día Tomar este xarope 3 veces ao día. - Se cortamos a cebola pola metade e a poñemos na mesa de noite, axudará a despexar as vías -Feridas profundas. respiratorias mentres durmimos. - Infeccións e queimaduras - Hipertensión CIRUDA- Cólicos renais Empréganse sobre todo as follas e de xeitos distintos. - Uso externo- follas machucadas en forma de cataplasma, como antiinflamatoria, antihemorráxica, astrinxente e cicatrizante. Tamén chamada ceruda ou - Uso interno- follas crúas en celidonia. O seu zume laranxa ensalada, zumes ou follas en serve para cicatrizar as feridas e infusión. tamén para eliminar as verrugas
LEITE DO FIGOÉ moi boa para a pel. Elimina verrugas. MALVA-
Aplicar o xel da planta para aliviar queimaduras e pica-duras de insectos. ANISES-
É unha planta que serve para aliviar os unlleiros. Prepárase como ungüento: Consiste en quentar un pouco de aceite e botalo nunha folla de malva. Logo envolvémolo no unlleiro. Pónselle unha vez ó día mentres madura. -Tamén limpa o colon e é un suplemento para perder peso. - Alivia/cura infeccións de ouriña, facer baños de asento con infusión de malva MARÍA LUÍSA-
-En infusión alivia a dor de barriga -Serve para as vías urinarias e non ter fuga. - Para a dor de cabeza e nas dores da menstruación. Estimula o apetito e facilita a dixestión.
CATAVENTOS
MENTA-
Tomada en infusión, Alivia a dor de barriga, tamén alivia a tose. Estimula o apetito e facilita a dixestión. ORTIGA-
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
PIRIXEL-
RUDA-
Ardores de estómago. Colle de 5 a 10 gramos del e fai unha infusión, durante 10 minutos, nun cuarto de litro de auga fervendo. Tómao moi quente trala comida.
Serve para evitar lombrigas Prepárase: Machucamos a ruda nun morteiro e aplicala masaxeando o ventre. Repetir unha vez ao día - Facilita os procesos dixestivos e estimula a función biliar. - Enfermidades das enxivas. Faise unha infusión de 5 gramos dela por litro de auga, logo enxaugase varias veces ao día. - Tamén é boa para as man-chas ou despigmentación da pel causada polo Sol. Para isto hai que aplicar cata-plasmas de follas machucadas nas zonas afectadas. morna do flores de sabugueiro. SANCIANAÉ unha raíz que serve para aliviar a tose e tamén como adelgazante. Prepárase en infusión: Consiste en fervela en auga Déixase arrefriar. Despois tomamos unha cullerada antes de almorzar. Tómase en días alternos que sexan impares. É moi mala de tomar porque ten un sabor moi amargo TILASedante do sistema nervioso, insomnio. Tómase en infusión. TOMIÑO- É unha das plantas con máis propiedades sanadoras. É bo para a dixestión, o sistema circulatorio e tamén axuda a cicatrizar.
- Picaduras de insectos, fretar a picadura coa folla do pirixel. - Tomada en infusión alivia a dor de ROMEUestómago - Depura o sangue. - Para eliminar a caspa. - Aclarar o pelo: ferver unha presa de ortigas con auga e aplicar. OUREGO- Serve para curar as infeccións da boca. Enxaugar a boca coa infusión varias veces ao día. Pódese botar no pelo despois de lavar para fortalecelo -A infusión de ourego axuda a calmar a tose e a bronquite. Ferver as flores en auga durante 10 minutos e beber a infusión varias veces ao día, quentiña e adozada con mel. -Gases intestinais. Prepárase unha infusión con 10 a 20 gramos del, bebe unha cunca despois de cada comida.
2013
- Para as mazaduras: Nunha tixola bótase manteiga de porco con follas de romeu. Deixase cocer e gárdase nun tarro. Cando arrefría úntase a mazadura co ungüento.
Recompilación de todo o traballo de investigación https://sites.google.com/site/aboticadefren/home
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce de Toén
2013
María Rodríguez A terra é un planeta que se atopa nos Sistema Solar, como está moi enferma, nós témola que coidar. Papeis e residuos, tiramos no monte. Miles e millóns deles non hai quen os conte! Con todo isto, producimos o cambio climático, unha catástrofe universal; dígoche eu que imos acabar mal! Pero temos unha solución: coidar o noso planeta. Respectando o medio ambiente chegaremos ata a meta.
o noso planeta non é unha papeleira pero nós seguimos vertendo escombros e plásticos nela. Se a Terra se pon moi enferma teremos que emigrar a Marte aínda que non sei se sobreviviriamos, pois sería un cambio importante Se cada persoa aporta algo pola súa parte xa non teremos que emigrar a Marte. Se este final feliz queremos lograr
todos os cidadáns teremos que colaborar.
Toén, 22 DE ABRIL de 2013, DÍA INTERNACIONAL DA TERRA
Creadora e bondadosa Nai Terra, Nós os nenos e nenas do CEIP Saco e Arce de Toén decatámonos de que estás sufrindo pola nosa culpa. Informámonos de que co petróleo contaminamos os teus mares, de que cos incendios destruímos o que ti creaches, de que cos medios de transporte contaminamos o teu aire,... Démonos de conta de que ao ser tantos esgotamos os recursos que ti creaches co paso do tempo e que se seguimos esgotándoos. Chegará un día no que non quede nada. Agradecémosche todo o que fas por nós e por todo iso imos recompensarte: 1º.- Plantando árbores en todas as rúas e repoboando bosques, pobos, fragas... 2º.- Reciclando papeis, aceite, auga, chapas, pantalóns, vidros... 3º.- Limpando montes, ríos... 4º.- Facendo unha cadea arredor de árbores milenarias, centenarias,... para enchouparnos da túa enerxía positiva e ser en definitiva mellores persoas. Unha aperta de todos os nen@s de Toén,
Fermín Cruz
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Durante este curso fixemos un traballo de investigación sobre a figura de Xoán Antonio Saco e Arce, personaxe ilustre do noso concello, que naceu na parroquia de San Martiño de Alongos, no ano 1835. A obra que lle deu sona foi a Gramática
Gallega (1868), a primeira verdadeiramente científica e que segue vixente nalgúns aspectos. Queriamos averiguar dende cando o noso leva o seu nome, pero esta información aparecía en Internet, así que revisamos, con os libros de actas do centro e isto foi o atopamos.
cole non Sali, que
A inauguración oficial do colexio foi o día 29 de xaneiro de 1982. Ao acto asistiron o Gobernador Civil, o Alcalde do Concello don José Luís Freijoso, o Inspector don Daniel Barata, a directora Mª Carmen Seijo mestres, pais e alumn@s. O Centro tivo varios nomes: Colexio Nacional de Toén (Outubro 81 – maio 82), CP de Toén (maio 82 – set 83), Colexio Comarcal de Toén (Outubro 83-decembro 83), Colexio de Enseñanza Xeral Básica de Toén (Xan 84-abril 87), CP “Juan Antonio Saco e Arce” (maio 87 – xuño 98). CEIP Saco e Arce de Toén (set. 98 - …)
Pero non nos quedou nada claro como fora o proceso da elección do nome do centro, así que a nosa reporteira Águeda González de Gennaro, entrevistou á directora do colexo daqueles anos, Dona Carmen Seijo
Águeda con Dona Carmen Seijo Dende pequena xa quería ser mestra? Pois non, ao principio cando fixen o ingreso, aos 9 anos, no instituto Otero Pedraio, estrañaba tanto, tanto o pobo que aquel ano dixen, “se suspendo voume para a casa e ale!” Efectivamente suspendín algunhas materias, e cando cheguei a casa cos suspensos miña nai non me rifou, díxome “bueno ti verás o que fas, eu non che vou pagar un profesor particular porque non teño con que pagarcho, pero ti vas a estudar e vas a aprobar en setembro e se non volves ao ano seguinte” E isto chegoume ao fondo do corazón e en setembro volvín a examinarme e aprobei. Despois xa me gustaba estudar moito, moito. Seguiría estudando e facendo carreira, que ao tempo había que ir a Santiago, pero como non había posibles non puiden continuar. A vida é como é!
A que idade comezou a exercer como mestra? Aos 19 anos, tiven a 1ª escola en Sabucedo de Montes. Non sei como fun capaz de atender a todos os rapaces. Tiña 55 nenos de todos os cursos! Estiven alí un ano. Logo déronme a definitiva e marchei para Vilardevós en Verín, xa nin me acordo cantos anos estiven alí… Cando quedou vacante a praza de Xestosa, concursei e déronma e alí estiven 4 anos polo menos, ata que se construíu o colexio e se fixo a concentración de todas as escolas unitarias do concello. Durante cantos anos traballou no colexio de Toén? Dende 1981, que foi cando se inaugurou, ata 1998 Que materias impartía? Sociais, Pretecnoloxía, Galego e Castelán. Cantos anos exerceu de directora? Dende 1981 ata 1993. Recorda en que ano se lle cambiou o nome ao colexio público de Toén? Foi proposto polo concello, aprobárono nun pleno municipal no ano 1987. Cantos alumn@s e mestres tiña por aquel entón o colexio? Arredor de 290 alumnos e 12 mestres Cales son os seus mellores recordos daqueles anos? As festas de Nadal cando se facían as comedias. Recordo con moito cariño aos meus alumn@s, cando me xubilei recibín moitas cartas e poesías, que aínda conservo.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
ALUMN@S DO COLEXIO DE TOÉN APRENDEN OS SEGREDOS DO XORNALISMO Toén, 22 de abril de 2013 María Rodríguez, Estela Araújo e Yesica Ribeiro Miguel Ascón exerce un papel destacado neste periódico, pois é o encargado de redactar as noticias relacionadas coa política sucedidas na provincia de Ourense.
tamén na escritura cando era estudante de primaria. Cando te deches conta de que querías exercer como periodista? Foi cando tiña dez ou once anos. Meus pais mercaban o periódico cada día, eu vía as noticias no periódico e gustábame lelas, quería algún día chegar a ser eu o que as redactara. Que servizos ten a Voz de Galicia? Ten un canal televisivo (VTelevisión), unha radio (RadioVoz) e unha páxina web (www.lavozdegalicia.com).
O pasado luns visitou o colexio CEIP Saco e Arce de Toén para dar unha charla a un grupo de 26 alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclo de primaria, que o escoitaron con atención e interese. Cantos anos levas traballando como redactor neste periódico? Traballei catro anos como corresponsal no Barco de Valdeorras, e levo cinco máis traballando como redactor aquí, en Ourense. En que consiste a túa xornada de traballo? Non teño un horario ríxido, entro a traballar sobre ás dez da mañá e voume para a casa pola noite, moi tarde. Cantas persoas colaboran para editar un periódico cada día? Para facer un periódico colaboran arredor de 500 persoas, e só a metade son periodistas. Non te estresa pensar que tes que redactar unha columna enteira de noticias nun só día? Para nada, o meu traballo é moi bonito e encántame. O paro e a crise afectan tamén aos periódicos? Por suposto, hai moitísimos periodistas en paro. De todas formas, os periódicos sempre buscan ao mellor, ao que destaca. Se te esforzas moito para conseguilo, alcanzarás a túa meta. Eu xa destacaba na expresión lingüística e lectora, e
A través dunha aplicación do seu móbil, Miguel redactou e publicou a noticia. Iso si que é eficiencia e inmediatez!
Que tipo de noticias che gusta redactar máis e cales menos? Gústanme moito as que teñen que ver coa política, porque todos os que imos ás rodas de prensa, desexamos estar alí para oír o que os políticos din e ás veces, nós podemos facerlle preguntas. Por outro lado as noticias que menos me gusta cubrir son as de sucesos, porque non me sinto cómodo presenciando tales escenas e as persoas implicadas non están alí por gusto.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Texto María Rguez e Estela Araújo. Fotografía: María A, María D, Águeda, Alejandro, Lucía e David. O acoso ou bullying é o maltrato continuo que un neno recibe por parte doutro. O venres, día 23 de maio, dous axentes da Garda Civil de Ourense viñeron ata Toén para darnos unha charla sobre o acoso escolar e as súas consecuencias. Esta actividade forma
parte
do
IV
PLAN
DIRECTOR
PARA
A
CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR. Para comezar, explicáronos que era o acoso para ter unha pequena
idea
do
que
nos
ían
a
falar.
Tamén
nos
informaron de que hai varias clases de maltrato:
Físico. empurróns, patadas, golpes, puñetazos…
Verbal: Motes, insultos, rumores, menosprezos... Social e Psicolóxico:
Illar do grupo, marxinar.
Accións dirixidas a minar a autoestima. CONSECUENCIAS para @ menor: - Depresións. - Mudanza (non só de colexio, senón tamén de cidade e, polo tanto, de vivenda). - En casos extremos, chegar a prantexarse o suicidio.
SOLUCIÓNS: - Contarlle o sucedido a un amig@, a un profe e sobre todo
aos teus, fala con eles,
non teñas medo de que non te crean, porque si que o farán e canto antes o fagas o mal será menor. - Se o problema vai a máis, denuncia o caso chamando ao teléfono 112.
Coincidindo co día Internacional da Muller, os alumn@s de 6º curso, redactamos esta enquisa, co fin de obter información sobre a situación persoal e laboral das mulleres do noso entorno. Estas son algunhas das preguntas coas gráficas das respostas. Traballas fóra da casa?
Gústache/Gustaríache traballar fóra da casa?
En que tarefas colabora a túa familia?
DISFRUTAS DALGÚN TEMPO LIBRE
QUE CHE GUSTA FACER NO TEU TEMPO LIBRE
QUE CONDICIÓNS LABORAIS CHE GUSTARÍA QUE CAMBIASEN, NO QUE RESPECTA ÁS MULLERES TRABALLADORAS
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP CEIP Saco e Arce de Toén
2013
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Ao longo do segundo trimestre, as/os alumn@s do 3º ciclo participamos nun obradoiro creativo de poesía, tendo como referencia o libro de Fran Alonso, “O mEu GaTo é un pOeTa”. Aquí imos mostrarvos unha pequena mostra dos nosos traballos… Eu son unha cadela, Son un gato, unha cadela pequena. non son unha toga A miña cor é branca se fora unha toga e negra non sería un gato e gústame bailar nas Teño ollos de prata verbenas e patas de trapo, nariz de porquiño Cando me enfado e orellas de rato ensino os meus dentes Eu chámome Cobi, E se alguén me fai mal vivo en Nairobi póñolle o cu quente
e son un poeta
Son unha cadela de cor amarela. Unha cadela flipada Encántanme as salchichas e estou moi regordecha Chámome Kira e gústame a poesía.
Eu son un moucho, un moucho cansado. Un moucho moi vago, un moucho enfadado. Un moucho que durme, un moucho que soña. Un moucho que quere.. E gústame a choiva
O amor é un anel que che aparece un día nun dedo.
O amor, un pastel que devoras e sempre queres máis. Tamén son cóxegas no estómago e nos pés; é un tulipán que florece na túa boca e che impide falar. OOAMOR amor éÉ.. a familia que esta ao teu lado amor é esa persoa que che fai feliz AO POESÍA CURA... O amor é un poema que non deixas de escribir. As perrenchas e os enfados, O mar é precioso pero tamén é curioso nervios do estómago, O amor fainos sufrir pero tamén nos fai rir asOdores de cabeza. amor ilumina o noso corazón O amor é .. algo Os desenganos doespecial amor. que sinte a xente cara os demais. Os desenganos frustantes, O amor é unha chama que se non a quentas apágase. osOgrans amor éde unpaixón. tipo de vida …non podes vivir sen él un Asdía. parvadas namoreiras. Ounlleiros, amor é Ledicia Amizade e Liberdade Os Unha flor á que lle sacamos os pétalos para saber se os enfados, nos queren. aUn fame, abrazo, un bico, un sorriso... Dúas mans agarradas o mentres soño, camiñamos. con esa persoa e QUERELA CADA DÍA o Soñar cancro. MÁIS.
Son unha cadela co nome de Sena. Son unha cadela lista con cara de artista Os meus amos quérenme , os meus amos ámanme. Non se poden resistir á miña mirada. E gústame a carne de vaca.
- Para ser un bo poeta ten a man a túa propia carpeta. Un bo poeta sempre ten ideas na cabeza. -Un bo poeta, leva moitos libros na cabeza Non teñas medo por escribir, porque a xente os teña que oír. Para que os versos non escapen coma ratos, ten sempre na casa 2 gatos. -Leva sempre a merenda na mochila, terás fame ao escribir poesía. -Sempre que se che ocorra un poema inventa para el un lema. O poeta sempre escribe cando menos o espera. Cando comezes un poema escribeo con naturaleza. Pensa antes de escribir ou de ti se poden rir. non recites na madrugada que despertarás a xente de mala gana Un poeta leva a súa imaginación ata a meta.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
A POESÍA CURA... As perrenchas e os enfados, os nervios do estómago, as dores de cabeza. Os desenganos do amor. Os desenganos frustantes, os grans de paixón e ás parvadas namoreiras. Os unlleiros, os enfados, a fame, o soño e o cancro.
A POESÍA É UNHA ARMA CARGADA DE FUTURO Poesía Ipod
Poesía E- Book Poesía MP3 Poesía código de barras Poesía, enerxía renovable Poesía, código 0 Neuropoesía Ciberpoesía Poesías, cosmos Poesía SMS Poesía Iphone A POESÍA Poesía, petróleo en palabras CREA RIQUEZA Poesía, século XXIII E POSTOS DE Poesí@ mail TRABALLO Poesía universo Poesía www.web
ESIXIMOS QUE @S POLÍTIC@S LEAN POESÍA
poema das palabras con ...A
Eu coñecín un astrónomo que quería ser autónomo pero traballaba de agrónomo sendo un traballador anónimo. Cando me miras co amor dos teus ollos de mouchiño E ceibas o resplandor duns olliños de mouchiño, un calafrío do inverno percorre o meu corpo cunha dozura lenta coma un caracol, mentres o meu corazón énchese de amor. O poema das palabras con R Ó meu gato rabudo encántalle recitar poesía E ten unha orella rota coma Rosalía Gústalle cazar ratos a todas horas
Unha peixeira falangueira, atopouse cunha hábil mentireira, mentres ía traballar á leira A peixeira falangueira, creulle a mentireira, que tiña unha sandía, na casa da súa tía. Unha sandía máxica que era esporádica, xa que desaparecía e as veces non volvía Entón a nosa peixeira, foise coa mentireira, a comer outra á casa da súa tía.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
A ESTRAÑA MELODÍA DUN FRAUTISTA MODERNO Un día en Cangas, Raquel unha nena fora a praia co seu avó Mario e o seu amigo Xurxo. Cando chegaron, o avó quedou tombado na area e Raquel mais Xurxo foron a auga. Pero antes de meterse na auga Raquel mareouse porque non daba entrado na auga. Raquel por qué non entras na auga? , pregunta Xurxo. Porque teño medo a auga, respondeu Raquel. Non llo dixeches ao teu avó? Intres despois, o avó decatouse do que estaban falando e foi a ver o que pasaba. Raquel, nunca me dixeches que lle tiñas medo a auga, protestou o avó Porque tiña medo. -Dixo RaquelTranquila, que nos axudarémoste A ver, como sucedeu todo? Fai tempo quería ir dende Cangas ata a primeira illa que atopase. O problema foi que non me decatei de que non había illas. Entón, de tanto nadar canseime e por pouco afogo, pero por sorte un barco pasaba preto e salvoume. Tras moito tempo falando co seu avó e co seu amigo, convencérona de que por iso non tiña que ter medo a auga e así rematou o mellor día de Raquel. -Fermín. Diego, Rodrigo, 5º EP
Unha violinista lista e unha escritora traballadora atoparon unha matemática simpática acompañada dun camareiro falangueiro que lles roubou, ás tres, os seus laranxeiros. A escritora traballadora púxose moi furiosa e un mendigo con abrigo que tiña moitos amigos e vendía moita froita díxolle nun ton rotundo: - Prezada escritora, non é propio estar furiosa de quen cun conto entretén moito. Tranquilícese de aquí á mediodía e, se non lle importa, deguste da miña froita. E a escritora traballadora, que por poñerse furiosa xa fora abandoada pola violinista lista e a matemática simpática, respondeulle nun ton amigo: - Señor mendigo, debía vostede ser máis amable comigo, pois ignora que unha escritora sen furia é como un músico sen partitura, pois a furia é o único instrumento que, para a escritora, se debe levar durante varias horas.
Eu coñecín unha nena chamada Yésica , que tiña dez anos e vivía en Mugares... Chamábase Antía e a súa nai era enfermeira. Pero tamén vivía en Moreiras e chamábase Lorena, e o seu pai traballaba nun supermercado. Pero vivía tamén en Trellerma e chamábase María e o seu pai era pintor. Pero vivía en Toén e chamábase Águeda e a súa nai era escritora de blogues. Pero vivía tamén nas Airas e chamábase Lucía e o seu pai traballaba en Seur. Pero tamén se chamaba Iria que vivía nas Lamas e a súa nai traballaba na casa.... ¿Cantas dixen xa? Yésica, Antía, Lorena, María, Águeda, Lucía, Iría. Eran sete, pero sempre era a mesma nena de dez anos á que lle gustaba ler, escribir e montar en bicicleta...
Yago, Yésica, Iulián, Brayan, 5º EP
Unha froteira verduleira, unha física tísica e un contacontos aburrido atoparon unha fermosa foca acompañada dun oso espumoso, que lles roubou aos tres todos os seus cartos. A física tísica colleulle medo e o oso espumoso díxolle, moi retranqueiro: _Estimada física tísica, non é vostede unha fermosa moza? Tranquilícese e disfrute deste día.. A foca fermosa, que xa deixara de coller medo, a froiteira verduleira, a física tísica e o contacontos aburrido, contestáronlle ao oso espumoso: -Señor oso, podería estar vostede tanquilo sabendo que un raposo famento está gardando un galiñeiro? -Yago, 5º EP
Xa hai un tempo, nunha pequena cidade de Galiza, onde as súas augas son quentes, ocorreu un feito que ós habitantes desta bonita cidade de Ourense, deixou abraiados... Un bo día, sen consultar con ninguén, os coches, coma se recobraran vida, decidiron que non ían facerlle caso ao que os seus donos ordearan...Por súa conta cambiaban de dirección, daban voltas en trombo e, como non sabían ler, nin mirar, saltábanse todas as sinais....Pasaron así uns días e a xente chegaba tarde aos traballos, os nenos transportados cegaban case á media tarde ao cole, e os autobuses confundíanse de rúas.... Os ourensáns/as ,despois de preguntarse mil veces que podían facer, decidiron falar co alcalde , que logo de botar a sesta, recibiunos con cara adormecida e preguntoulles que é o que pasaba...Os cidadáns/ás contáronlle o que sucedía, e el, dándose uns belisco na cara para comprobar se estaba a soñar ou era verdade o que estaba a escoitar, preguntou con cara de sorpresa...¿¿¿Qué, que , que dicides??? -O que oe, dixo unha cidadá, e non llo contamos todos, porque queremos atopar unha solución canto antes. -E eu que podo facer? -Pois se non sabe vostede, que é o alcalde, quen o vai saber-dixo outro veciño -Pois, pois, imos ver, verei,... -Si, que imos ver?- dicía a xente desesperada -Sacarei á policía as rúas e, se non chega pedirei máis reforzos a outras cidades... -Non sei se iso funcionará...Os coches xa están cansos de ver á policía e non lle farán ningún caso... -Entón, que podemos facer?...Creo que xa o teño...! ¡Non hai coma unha boa recompensa para solucionar problemas...-Sen perder tempo, o alcalde escribiu un bando, no que comunicaba que lle daría unha gran recompensa a quen solucionara a rebelión dos coches na cidade -Moita xente, ao ler o bando, tentou de buscar a solución a aquel problema. Moitas artimañas se intentaron pero o problema seguía sen solución...Ata que un bo día, apareceu polo xardín do Posío un mozo con pinta de músico e unha moza con corpo de bailarina. O mozo sacou do maletín unha frauta e cando comezou a tocala a bailarina empezou a xirar lentamente mentres a música continuaba o frautista tocaba cada vez mais forte e a bailarina bailaba mais rápido e os coches ían achegándose e cando todos estaban no Posío a bailarina mais o frautista comezaron a moverse cara o monte levando aos coches engaiolados cara o monte e ao chegar levounos cara unha cova e despois de metelos empuxaron unhas rochas cara a entrada da cova e deixáronos encerrados. A volta foron directos a casa do alcalde e nada mais chegar pedíronlle a recompensa. O alcalde sen palabras preguntou como o habían feito pero os dous só responderon a un tempo: - Se traballas en equipo podes lograr todo.
Yesica, Brayan; Fermín, Yago, 5º EP
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
O día 8 de abril fixo 40 anos do falecemento do xenial PABLO PICASSO. Nós decidimos facerlle unha homenaxe tratando de coñecer algunhas das súas obras, e tamén quixemos plasmar en imaxes, figuras e cores as nosas impresións. Pensade que o primeiro que dixo PICASSO cando comezou a falar foi"¡piz!, ¡piz!" , e segundo súa nai intentaba pedir un lapis para esborranchar os papeis... Xa apuntaba maneiras naquel entón! E vaia si creou magníficas obras!!! Picasso debuxa, pinta e modela. É un artista total. Pois a nós gustounos moito coñecelo! Esta é una pequerrecha mostra dos nosos traballos!!!
NÓS SOMOS UNS GRAN ARTISTAS E SABEMOS QUE IMAXINAR ENSINA A PENSAR!
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
As tabas
A porca
Tamén chamadas astrágalos, pero, se os metes na boca, has tragalos! Materiais: Para xogar empréganse cinco ósos dos nocellos de calquera animal herbívoro (ovellas, cabalos, vacas…) Tamén se pode xogar con pedras de río ou noces. Número de xogadores: Pódese xogar dende un xogador ata os que se queira. As tabas teñen catro lados: 1-A ponte- É a parte de enriba, e chámaselle así porque ten un pequeno burato na súa superficie. 2-O bosque- É a parte de embaixo. É totalmente plana. 3-O oito- Presenta un oco ou zona cóncava. 4-A serpe- Ten un pico que lle sobresae dun dos seus extremos, que é a cabeza da serpe.
É un xogo popular galego, que foi pasando de xeración en xeración ata nós, os rapaces e rapazas do CEIP Saco e Arce de Toén. Dende que Lito, Vero e Silvia viñeron ao cole a ensinarnos como xogar, non paramos! Xogamos na clase de Ed. física e en tódolos recreos que podemos, a este, e a outros moitos xogos populares galegos. Material: Un sacho para facer buratos na terra, paus de golf, hockey ou simplemente unha caxata de madeira e unha pelota pequena, preferiblemente de plástico, á que chamaremos porca. Número de xogadores: De cinco cara arriba, pero hai que ter en conta que sempre hai que facer un burato menos ca xogadores haxa. Lugar de xogo: Un lugar amplo, con terra e sen moitas pedras.
Execución: O xogador que comeza colle unha das cinco tabas cunha man e as outras catro coa outra, e tira as catro ao chan, de maneira que queden dispersadas, pero preto unhas doutras. Coa outra man (na que ten a quinta) debe lanzar a taba que ten na man e, mentres está no aire, coller unha do chan e recoller a que estaba no aire antes de que caia. Isto sería xogar a primeiras. A segundas faise o mesmo, só que, en vez de coller unha soa taba do chan mentres a outra está no aire, cóllense dúas. A terceiras, tres, e a cuartas, catro.
Desenvolvemento: Co sacho (ollo, coidadiño, ista parte terá que facela un adulto) facemos un burato máis ou menos grande onde poida coller a pelota, ao que chamaremos corte. Ídelo pillando? Porca, corte… Como xa dixen antes, faremos un burato menos ca xogadores haxa ao redor do anterior (por exemplo, se xogan dez persoas, fanse nove buratos). Un xogador ou xogadora fai de porqueir@ e vaise fóra do “circuito” coa pelota. Recordade que cada xogador (incluído o porqueiro) ten unha caxata (pau, stick, dá o mesmo) na man. Os outros nove xogadores colocan a caxata no seu correspondente burato. No momento en que algún destes quite a caxata do seu burato, o porqueiro pode vir e quitarlle o sitio. Mentres a teña aí metida, ninguén pode quitarlle o sitio. E comeza o xogo. O obxectivo do porqueiro é quitarlle o sitio a un dos outros xogadores. Este
CATAVENTOS
Revista Escolar
terá que ir empurrando a porca coa caxata, e ten dúas opcións: 1. Tentar que un dos outros xogadores tente despexarlle a pelota para que teña que correr por ela e, no momento en que saque a caxata do burato, quitarlle o sitio. Se non o consegue, tocaralle correr a pola porca. 2. Facer encestar a porca na corte, de maneira que terá que berrar CAMBIO! e cambiarse con alguén. Todos os xogadores deberán cambiar o seu sitio inicial. Aínda ninguén sabe por que, pero o porqueiro nunca perde cando berra isto. O xogador que quede sen sitio pasará a ser o porqueiro. Ei! Esquecéuseme a cousa máis divertida do xogo. Mentres o porqueiro tenta recuperar o seu sitio, os outros xogadores poden dicirlle cousas como PORQUEIRO!, PORCO!, DENTES TORCIDOS!, CABEZA TORTA! ou VACABURRO! Pero nada máis, eh? Non vaia ser que vos castiguen os profes!
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Tirando do cordón cara atrás coma se acendeses un motor. Lanzándoo dende arriba, coma se tirases unha pedra. - E por último deixalo bailar/xirar. Hai moitísimos xogos que se poden facer con el, ver que peón tarda máis en pararse, poñelo a bailar na palma da man ou en equilibrio no cordón…
Os zancos É un xogo de habilidade e equilibrio.
O peón Trompo ou buxaina é un xoguete feito de madeira torneada, cun cravo de ferro na punta, sobre o que xira. Precísase un peón e un cordón. Como e onde se xoga? Xógase nunha superficie chan e lisa. -Ao cordón ou baraza fáiselle un nó nun extremo e polo outro lado átase arredor do dedo anular.
Precísanse uns zancos que son dous paus dereitos, cun taco ancho de madeira na parte de abaixo onde se colocan os pés. O tamaño do zanco varía segundo a estatura do xogador. Antigamente os mozos facían os seus propios zancos, con dúas polas de carballo ás que lles deixaban unhas gallas na parte de abaixo para colocar os pés. Como e onde se xoga? O xogo consiste en facer carreiras cos zancos ser caer en lugares abertos e polas rúas do pobo.
O aro
-Primeiro hai que porlle a capa ao peón, é dicir, enrolarlle o cordón arredor. Hai varios xeitos de vestir o peón, a nós Sali ensinounos a vestilo pola punta. Colocas o nó do cordón a carón da punta e dende aí vas envolvendo pasando por riba do nó para que quede ben apertado. -Cando xa o tés vestido tés que lanzalo cara o chan, tamén hai varias maneiras de lanzalo:
É un xogo de habilidade, trátase de facer rodar o aro sen que perda o guiadoiro, mentres camiñas ou corres. Materiais: - Aro metálico. - Guiadoiro metálico zurdo ou dereito. Como xogar : 1º .- Coller o aro e poñelo recto no chan. 2º .- Coller coa outra man o guiadoiro e enganchalo no aro. 3º .- Darlle un impulso ao aro co guiadoiro e soltar a man do aro. 4º .- Manter o guiadoiro no seu sitio e ir dirixindo o aro recto e/ou cara os lados. 5º .- Intentalo unha vez e outra ata que che saia ben.
CATAVENTOS
Revista Escolar
CEIP Saco e Arce de Toén
2013
Fai 200 anos que naceron dous xigantes da historia da música: Richard Wagner e Giuseppe Verdi. Nados en 1813 cuns meses de diferenza, o alemán Wagner (Leipzig, 22 de maio) e o italiano Verdi (Baixa Lombardía, 9 de outubro) son probablemente os máis grandes compositores de ópera de todos os tempos. Wagner non tivo interese pola música ata a adolescencia, a súa educación musical foi en gran parte autodidacta. Wagner non só pretendía divertir e emocionar ao espectador, senón tamén influír na súa maneira de pensar e de ver o mundo. Verdi, pola contra, recibiu unha intensa educación musical dende neno. Na súa obra defende a liberdade, a protesta contra a inxustiza, a opresión e a tortura. A OBRA DE VERDI
Rigoletto (1851) Il trovatore (1853) La traviata (1853) Aída (1871)
Moitas das súas obras están OBRAS DE WAGNER presentes nas bandas sonoras de numerosas películas: A Cabalgata das valquirias de Richard Wagner pódese escoitar en escenas de diversos films, tales como “Apocalypse Now” (Francis Ford Coppola-1979) que mostra todo o horror da II Guerra Mundial. E máis actual aínda o film animado Las hadas (1833) “Rango”. El holandés errante Lohengrin (1850) A Traviata de Verdi, tamén forma El anillo del nibelungo parte de numerosas bandas sonoras, Tristán e Isolda (1865) por exemplo de “Pretty woman” con La valquiria (1870) Richard Gere e Julia Roberts. Parsifal (1882)
En moitas bodas, pódese escoitar para a entrada da noiva: A marcha nupcial que forma parte da ópera de Richard Wagner “Lohengrin” e hai quen escolle a Marcha triunfal da ópera “Aida” de Verdi.
CATAVENTOS
Revista Escolar CEIP Saco e Arce de Toén
Pequeniño e danzarín, pasa a noite noite rondando coa lanza e o cornetín.
Catro patas teño e non sei andar, tamén cabeceira sen saber falar.
2013
¿Queres té? Pois toma té. ¿Dime ti que froito é?
Dou ao ceo resplandor cando deixa de chover abano de cores que nunca poderás coller.
Unha señorita moi enseñoritada sempre está na casa e sempre está mollada.
Se os abro vexo se os pecho soño. Por dentro carbón por fora madeira, no teu maletón vou á escola. ¿Que é, que canto máis crece menos se ve?
Son máis de un sen chegar a tres e chegarei a catro cando dous me des.
Blanca por dentro verde por fóra se non o sabes espera
Canto na beira, vivo na auga, non son peixe nin chicharra.
Ouro parece plata non é. ¿Que é?
Voo entre as flores coas ás de cores.
Proxecto Con Efrén nos Xogos Olímpicos
CATAVENToS