Publicación Nº 2 Novembro de 2013
Aula Esquío da Natureza CEIP SACO E ARCE DE TOÉN
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce.
Dende a Aula Esquío do colexio de Toén en Ourense querémoslle transmitir o noso agradecemento máis sincero a Sara Valdés, axudante de cociña do centro e experta en micoloxía. Grazas Sara pola túa inestimable colaboración neste proxecto, polo teu esforzo e entusiasmo. Hoxe sabemos un chisquiño máis sobre o mundo dos cogomelos grazas a ti!
3
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce.
- Pertencen ao reino dos fungos, xunto cos fermentos (seres unicelulares) e os mofos (pluricelulares). - Son seres vivos formados por células con núcleo ou eucariotas. Son pluricelulares pero as súas células non forman tecidos. - Dicimos que son heterótrofos e descompoñedores. A súa forma de alimentación é á base dos restos orgánicos. - Non son plantas porque non realizan a fotosíntese. - Os fungos poden presentar distintos aspectos. Por norma xeral teñen as seguintes partes: hifas, pé, sombreiro, láminas ou esponxa. Tamén poden ter volva e anel.
Sombreiro
Láminas Pé Hifas
Reprodúcense por esporas que se atopan na parte inferior do sombreiro.
MICOLOXÍA É a ciencia que se dedica ao estudio dos fungos
Sara dedicounos o seu tempo desinteresadamente, transmitíndonos a súa paixón e o seu respecto polos cogomelos.
2
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce.
AMANITA
CITRINA
- É un cogomelo velenoso. - Vive en bosques de coníferas e de árbores frondosas. Non se encontra climas fríos. - O sombreiro é aplanado de cor amarela limón moi pálida e pode variar a verdoso e verde amarelado, con láminas libres - Pé con anel e volva de cor branca amarelada AMANITA MUSCARIA
Brincabois
- É un cogomelo velenoso. - Encóntrase no outono, en lameiros, en bosques de coníferas e bidueiros. - O sombreiro é convexo e de cor vermella con verrugas brancas. - Láminas brancas e libres. - O pé ten anel de cor branco. Pode confundirse coa amanita caesarea que é un cogordo comestible e moi apreciado. AMANITA PANTERA
Amanita pantherina
- É un cogomelo non comestible, moi tóxico e pode chegar a ser mortal. - Pódese atopar sobre os chans alcalinos de bosques de coníferas. - O paraugas ten verrugas brancas, sobre un fondo marrón. Ten láminas de cor branca. - O anel e a volva son irregulares e de cor branca
3
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce. AMANITA PHALLOIDES - Cogomelo mortal - Vive en carballeiras e piñeirais -O sombreiro é verde-oliváceo, ás veces case branco. Cando son exemplares novos son hemisféricos e logo convexos e aplanados. - Láminas libres e brancas - Pé branco
PEIDO DE LOBO
Lycoperdon perlatum.
- É un cogomelo que durante a súa xuventude é comestible pero despois vólvese non comestible e tóxico. - Pódese atopar nos bosques de coníferas e de árbores de folla caduca, no verán, outono e primavera, especialmente xunto a excrementos de cervo. - É un fungo de cor branco pero á
medida que crece vólvese marrón. - O seu sombreiro ten forma de pera ou de lámpada e está recuberto de pequenas escamas. Cando é novo é branco pero logo vólvese de cor parda. -Ten un pequeno pé duns poucos centímetros . FALSO NÍSCARO
Lactarius torminosus Non é comestible. Atópase en zonas de lameiro. - Ten un sombreiro duns 8-12 cm. - Láminas de cor crema con cores avermelladas e un pé duns 2 cm. - Rezouma un zume de cor branca. - Pódese confundir co níscaro, xa que son moi parecidos, pero cando os cortas polo pé, o níscaro ten un borde laranxa-butano e no falso
níscaro é de cor branca.
4
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce. RUSSULA EMETICA. Chouparro non comestible.
- Atópanse debaixo dos castiñeiros, dos carballos, dos bidueiros e nos montes de piñeiros. - Ten un gran sombreiro de cor vermello e plano que mide entre 5 e 10 centímetros de diámetro. As veces, o sombreiro ten manchas ennegrecidas debido a choiva ou ao vento. - As súas láminas son membranosas e de cor branca. - O pé mide aproximadamente 7 centímetros de alto e 1 ou 2 de espesor. Ten forma cilíndrica, é esponxoso e moi fráxil, de cor branca e satinada. - O seu sabor é moi picante. - Pode causar síntomas gastrointestinais: diarrea, vómitos, dor abdominal ou cólicos.
5
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce.
BOLETUS EDULIS É un cogomelo comestible que medra en todas partes: carballeiras, castiñeiros, piñeirais, etc. - Ten sombreiro de cor marrón cunha liña branca polo borde. Por debaixo do sombreiro ten un aspecto esponxoso de cor amarela. - O pé é curto e groso e vai do branco ao marrón. É un cogomelo moi apreciado. Á hora de cociñalo hai que quitarlle a parte esponxosa que se encontra na parte inferior do sombreiro. COGORDO
Macrolepiota procera
- Pé longo con anel dobre, cuberto de escamas.
É un cogomelo comestible. Encóntrase en case todos os hábitats: en prados, claros de bosques, nas viñas ou ao pé dos camiños. Sombreiro pálido, primeiro pechado e co tempo ábrese. Pode alcanzar ata 30 cm de diámetro. Presenta escamas escuras. - Láminas libres e brancas FÍGADO DE BOI
Fistulina hepática
É un cogomelo comestible, que recorda ao fígado. Ao cortalo segrega un zume vermello semellante ao sangue. - Vive parasitando en carballos e castiñeiros. - O sombreiro é groso e carnoso, de cor granate. A parte inferior é porosa de cor amarela primeiro e logo vólvese rosada. - O seu pé, aínda que ás veces non existe, é curto e rechoncho, da mesma cor que o sombreiro.
6
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce. LINGUA DE VACA
Hydnum repandum A lingua de vaca é un cogomelo comestible, que vive nas zonas de montaña. O seu sombreiro é irregular, groso e carnoso, de cor crema ou amarela, con tacto aveludado. O seu pé é groso e macizo, de cor branca e amarela.
NÍSCARO
Lactarius deliciosus
É un cogordo comestible que se atopa onde abundan os piñeirais, entre carrizas e tamén nos lameiros. - Ten o sombreiro laranxa ou avermellado e rezouma un zume de cor laranxa cenoria. - As láminas son laranxas e mánchanse de cor verde co tempo. - O pé é oco, branco e cun borde laranxa. RUSULA CARBONERA
Russula cyanoxantha É un chouparro comestible que vive en zonas de faias, carballos e tamén baixo os piñeiros. É un dos cogomelos máis habituais dos bosques frondosos. - O sombreiro adoita ser violáceo, salpicado de verde ou ocre. - As láminas, ao tocalas, teñen un tacto untuoso. - O pé é de cor branca e rompe
coma o xiz.
7
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce. TROMPETA DOS MORTOS
Craterellus cornucopioides
É un chouparro comestible e moi popular a pesar de que non é moi bonito. - Medra nos bosques de carballos e encóntrase dende mediados de setembro ata finais de novembro. Non é doado localizalo porque é pequeno e camúflase entre a follaxe. -Caracterízase pola súa forma de cucurucho, trompeta ou funil e presenta un cheiro aromático. - Con tempo húmido é negro e con tempo seco é de cor gris escura .
8
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce.
1. Cando se van recoller cogomelos débese levar roupa axeitada para andar polo monte, unha cesta e unha navalla ou un coitelo. 2. É aconsellable ir cun espert@. Non vos guiedes só polas fotos dos libros, xa que ás veces poden confundirvos. 3. Os cogomelos non son balóns de fútbol,
non os pateedes
cando paseedes polo monte. Os que non son aptos para o consumo humano, son alimento de moitos animais. 4. Nunca debemos consumir cogordos que non coñezamos ou dos que teñamos dúbidas. 5. Se non os coñecedes non 6. Cortade o pé cun coitelo.
os toquedes, poden ser tóxicos.
Non os arranquedes, para non danar futuros
cogomelos que estean a medrar. 7. Se xa son vellos, non os cortedes, deixádeos para que solten as
esporas.
Tampouco debedes coller os exemplares novos, o seu aspecto pode confundirvos.
9
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce.
8. Recollede os cogomelos nunha
cesta, así irán soltando as esporas mentres
paseades polo monte. Non os coloquedes nunha bolsa xa que se mazan. 9. Ante un caso de
intoxicación ou envelenamento por cogordos, chamade
ao 112 e levade mostras do consumido. 10. Sede, en todo momento, respectuos@s co medio ambiente.
10
Coñecendo os Cogomelos do Concello de Toén. Aula Esquío do Ceip Saco e Arce.
AUTORES Alumn@s do 3º ciclo do CEIP SACO E ARCE de Toén. Curso 2013 – 2014 5º CURSO
6º CURSO Brayan Calviño Alcalde, Diego Céspedes Sampedro Yaristsa Cofán Fermin Cruz Gómez Alejandro Estévez Santana Yago González González Jesica Ribeiro Sampayo Rodrigo Rivera Fernández
Antía Delgado López, Alejandro Gómez González Adrián Masid Iglesias Cristian Masid Iglesias Brais Pazos Pereira Lorena Seara Calviño Rafael Sousa González
Coordina: Sali Álvarez Carnero Colabora: Purificación de Salvador Edita: Biblioteca Escolar do CEIP Saco e Arce
FONTES :
Sara Valdés, gran coñecedora dos cogomelos do Concello de Toén BIBLIOGRAFÍA
Setas del bosque. Todo libro ediciones S.L Guía de Setas de Ourense. La Región. Deputación provincial de Ourense. Proyecto castaña, seta y olivo.
Os mellores cogomelos de Galicia. Ricardo Mínguez Abajo. Xunta de Galicia. Consellería do medio rural
Páxinas Consultadas: http://es.wikipedia.org http://www.asturnatura.com http://www.cogordos.com/ http://www.botanical-online.com/setas http://www.urkiola.net/Castellano/Micologia/
11