Texto3

Page 1

PRECURSORES DO CINE – 2 LANTERNA MÁXICA Estaba baseada no deseño da cámara escura. O seu funcionamento era sinxelo. Constaba dunha caixa cun obxectivo dotado con dúas lentes para poder agrandar a proxección das imaxes. As imaxes eran debuxadas en láminas de vidro que se colocaban nunha rañura especial xusto antes do obxectivo, entre as dúas lentes. Na caixa metíase unha botella de aceite para producir a luz que proxectaba a imaxe, xa que a electricidade aínda non existía A lámpada de aceite botaba fume, e para que este puidera saír da caixa tiña unha pequena cheminea na parte superior.

FOLIOSCOPIO É un libro que contén unha serie de imaxes que varían gradualmente dunha páxina á seguinte. Ao pasar as páxinas moi rapidamente, as imaxes parecen animarse simulando o movemento. Isto lógrase porque todas as figuras, que poden ser debuxos ou fotografías, teñen o mesmo tamaño e ocupan o mesmo lugar nas páxinas (xeralmente as esquinas).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.