Texto7

Page 1

XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS (3)

CINE DE ANIMACIÓN

A animación é a técnica que da sensación de movemento a imaxes, debuxos, figuras, obxectos, persoas ... fotografando minúsculos cambios de posición para que o ollo humano capte o proceso coma un movemento real. A animación apareceu antes que o propio cinema, cando en 1888 Émile Reynaud inventou o praxinoscopio. Posteriormente, iríase perfeccionando coa lanterna máxica e outros xoguetes ópticos daquela época que permitían proxectar nunha pantalla películas animadas acompañadas de música e efectos sonoros. De 1907 é a primeira película de animación, e a partires de ese ano vanse descubrindo novas posibilidades de este tipo de cine e novas técnicas de animación. En 1920 aparecen as curtas de “Félix o Gato” que tiveron moito éxito ata 1936. Sabedes cando apareceu o personaxe de Mickey Mouse? En 1928. E Branca Neves? Pois... en 1937. E nese mesmo ano aparece Popeye . Tamén nesa época aparecen “El pájaro loco”, Bugs Bunny, Porky, Piolín e A panteira rosa, que a Warner Bros. emite na televisión.

O creador do que hoxe entendemos como cinema de animación considérase que é Walt Disney, polas innovacións e aportacións que fai neste campo. As súas primeiras películas eran adaptacións dos contos infantís tradicionais como Cincenta, A Carapuchiña ... Despois empezaron a aparecer novos personaxes coma o pato Donald, Pluto, ou Goofy e novas películas coma “Os tres porquiños” que tiveron un éxito enorme. Creou o Walt Disney Studio, que chegou a contar con 800 traballadores, e o traballo comezou a mecanizarse. A última película debuxada totalmente a man foi “La Bella Durmiente” (1959). Posteriormente produciron películas coma “Mary Poppins” (1964 )onde mesturaron personaxes reais con personaxes animados. Outro estudio de animación importante foi o Hanna Barbera Productions onde se crearon personaxes como Os Picapedra, O oso Yogi, Pixie e Dixie , Don Gato , Scooby Doo e moitos outros, que se fixeron famosos en Tamén en España, en 1945, se produce a primeira longametraxe de animación : “Garbancito de la Mancha” . todo o mundo. Despois aparecen “A familia Telerin” (1964) que animaba aos nenos e nenas a írense a durmir e que en 1965 protagonizou a película “O mago dos soños” e “A cabaza Ruperta” (1972) que aparecía no concurso “1, 2, 3”. Xa no 2001, a empresa galega Dygra Films fixo “O bosque animado” apostando por un cine animado de calidade que compite en calidade e tecnoloxía co cine doutros países.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.