Texto8

Page 1

XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS (4) CINE DE AVENTURAS E ACCIÓN Trátase dun xénero para entreter. Os argumentos poden inspirarse en feitos históricos, en guerras, en misterios por resolver ... Este xénero engloba tamén o cine de espías, piratas, artes marciais, capa e espada, e aventuras na selva. As características deste tipo de cine son as esceas de moita acción (persecucións, pelexas, batallas), personaxes estereotipados (heroe forte, que ás veces finxe unha vida mediocre para enmascarar as súas actividades (Spiderman, Superman, o Zorro, ) /malvado- traidor , personaxe intelixente, ás veces con grandes coñecementos científicos ) que loitan por un obxectivo (tesouros, liberación de persoas, resolución dun misterio ...) O ben sempre prevalece sobre o mal. Con frecuencia, a acción sucede no pasado. Dáselle máis importancia á ambientación, vestiario e efectos especiais que ao guión. Moitas veces, as películas están baseadas en libros de aventuras de autores como Emilio Salgari, Xulio Verne , Mark Twain , Stevenson, Dumas , Burroughs... Podes escribir algunha película baseada nos libros destes autores?

CINE HISTÓRICO Este xénero está caracterizado pola ambientación nalgún período da historia, tanto si os feitos e personaxes representados son reais ou imaxinarios . Non hai que esquecer que é un produto imaxinativo, onde o pasado é o telón de fondo para desenvolver o guión. As películas adoitan estar baseadas en relatos literarios e dan grande importancia á ambientación (decorados, mobiliario, vestiario, peiteados, complementos ... ) Como variantes deste xénero temos o cine político , que trata sobre temas, historias ou personaxes políticos, o cine de catástrofes onde predominan os casos nos que o desastre ten a súa orixe nun fenómeno da natureza : terremoto, maremoto, avalancha de neve, inundación ...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.