Xogosmagosto

Page 1

i

XOGOS POPULARES MAGOSTO 2014

INSTRUCIÓNS:  A zona de xogo está dividida en 7 zonas ou estacións.  Cada estación de xogo será de 10 minutos.  Cando remate o tempo de xogo, o material deixarase colocado para que as compañeiras e compañeiros que veñen non perdan tempo en buscalo e recollelo.  Unha vez rematado todo, cada grupo recolle o material da última zona na que participou. XOGOS MOI IMPORTANTE: Buscade o xogo como medio para divertirvos e non como un elemento competitivo, que existan equipos non quere dicir que o importante sexa gañar senón que vos motivedes e o pasedes ben.

1. AZUL: Carreira de sacos. Material: Sacos 2. VERMELLO: Lanzamento de aro. Xogo de precisión. Dividímonos en dous grupos e durante o tempo de xogo cada neno e nena debe intentar introducir o aro pola pica. A distancia de lanzamento variará dependendo da idade dos participantes. Material: Cono, pica e 4 aros. 3. AMARELO: Enrola a castaña. En grupos, cada un collerá un pau e un cordón que ten enrolada unha castaña. O xogo consiste en partir co fío estirado de todo e ir enrolando ata rematar o fío. Gaña o xogador que antes consiga chegar á castaña. Material: paus con castañas. 4. LARANXA: O corro da castaña. Os participantes colócanse todos en círculo, agás un que terá a castaña na man. O xogador que ten a castaña pasea por fóra do círculo mentres os outros estarán cos ollos pechados e coas mans preparadas para que lles dea a castaña. O participante que está por fóra deixará a castaña na man dun que el escolla, este deberá levantarse e correr detrás del, intentando pillalo antes de que sente no seu sitio. Material: Unha castaña. 5. BRANCO: A culler de castaña. Estableceremos dous equipos, cada nena ou neno deberá levar, coa culler na boca, unha castaña e depositala na caixa correspondente ao seu equipo. Material: Culleres, castañas e caixas. 6.

VERDE: Tira da corda. Participarán dous equipos que despois do sinal deberán tirar pola corda o máis forte posible. Gaña o equipo que consiga introducir ao equipo contrario na súa zona. Material: Corda.

7. NEGRO: O papacastañas. Cada alumno/a ten unha castaña, trátase de lanzar a castaña e introducila dentro da boca da castaña, cada vez que mete a castaña é un punto, lanzan ordenadamente e logo faise o reconto, tamén se poden facer grupos ou equipos.


AZUL : Carreira de sacos

VERMELLO : Lanzamento de aro

LARANXA : O corro da castaña

VERDE : Tiro de corda

i

Fonte: J. Ramos Lamas

PISTA DE FÚTBOL AMARELO: Enrola a castaña

BRANCO : A castaña na culler

NEGRO: Papacastañas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.