A AVALIACIÓN NA ESO
PARA ESTAR MÁIS INFORMADO
A información sobre a avaliación que fan os profesores (as notas) é trimestral.
Ao chegar ao instituto, o teu titor ou titora axudarache a resolver tódalas dúbidas que teñas, e será o teu guía para integrarte e adaptarte ao novo centro.
As notas aparecerán reflectidas con nome e número, quedando do seguinte xeito: • • • • •
Insuficiente: 1, 2, 3 ou 4. Suficiente: 5. Ben: 6. Notable: 7 ou 8. Sobresaínte: 9 ou 10.
Haberá tres avaliacións ao longo do curso e no caso de suspender algunha materia nun trimestre terás a oportunidade de recuperala no seguinte. Se no 3º trimestre suspendes algunha materia deberás presentarte aos exames de recuperación en setembro. No caso de promocionar ao seguinte curso con algunha suspensa deberás intentar recuperala tamén mediante un exame e/ou traballo específico.
Ademais no instituto hai un Departamento de Orientación e, deste xeito, pódeste dirixir á orientadora para solicitarlle a axuda ou a información que precises. Ante calquera problema que teñas non dubides en acudir ao teu titor ou á orientadora pero tamén podes contar coa axuda de calquera profesor. Se notas que comezas a perder o interese ou a ter moitas dificultades Pide axuda o antes posible. Como podes ver, comeza unha nova andaina na túa vida escolar. Nun centro novo, con novos profesores e compañeiros. Todo iso é porque te vas facendo maior. Dende este colexio desexámosche toda a sorte nesta nova etapa que vas a comezar, e lembrámosche que o teu esforzo vai selo máis importante para o teu éxito nos estudos. Noraboa e que teñas moita sorte!
Departamento de Orientación IES Terra de Soneira CEIP San Vicenzo