Libros en son de paz

Page 1

O SORRISO DE DANIELA

Daniela saíra cedo da casa. Aquela mañá o aire ulía a festa, o ceo estaba moi azul e un sol grande e redondo dáballe os bos días dende o alto. Daniela sorriu. E o sorriso de Daniela voou e voou ata pousar no corazón de Roberta, coma un colibrí de primavera. Daniela irradia gañas de vivir a cantos seres alicaídos se cruzan no camiño do seu sorriso voador, un sorriso que se transmite en cadea a todos os animais que protagonizán esta fábula: a hipopótama, o chimpancé, a elefanta, a avestruz e o chacal cambian os seus complexos, o seu mal humor, a súa vida monótona, a súa nai. THE WHITE RAVENS 2008’ (BIBLIOTECA INTERNACION DE LA JUVENTUD DE MUNICH)

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO ...Un día, Mamá Azul díxolle: "Teño que saír, agárdame na casa". Pero Pequeno Azul foi buscar a Pequeno Amarelo á casa de enfronte. A casa estaba baleira. ¿Onde estaría Pequeno Amarelo? Buscouno por todas partes. ..ata que, de súpeto, á volta da esquina iAlí estaba Pequeno Amarelo! Moi ledos, abrazáronse. Abrazáronse tan forte... LEO LIONNI emprega un sistema tan sinxelo e eficaz coma uns simples anacos de papel, e sen apenas palabras, para contar unha historia entrañable.


UNHA MANCHEA DE BICOS Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola.Kati regala os seus bicos ós ...

Ferdinando, el toro Autor. Munro Leaf Ilustraciones de Werner Klemke Divertido conto ambientado en España (escrito en 1936, ano da Guerra Civil), que é símbolo do pacifismo e da non violencia no ámbito da literatura infantil universal. Ferdinando é un touro sensible ao que lle gusta ulir flores. Pero un día pícalle unha abella e parece o máis fero de toda a gandaría, polo que deciden levalo a tourear. Durante a corrida, Ferdinando négase a arremeter, e teñen que devolvelo á súa querida pradaría, na que volve ser feliz sen pelexarse con ninguén e ulindo as flores. f l LA MERIENDA DEL SEÑOR VERDE oJavier Sáez Castán r Barcelona : Ekaré, 2007 e s Extraña y enigmática historia sobre . un mundo verde, en el que un hombre verde extiende una inusual invitación a merendar a los señores Púrpura, Pardo, Amarillo y Negro y les propone atravesar una misteriosa puerta hacia otro mundo.


Nadarín Leo Lionni Ilustraciones Nadarín é un pequeno peixe negro. A súa rapidez salvouno de ser devorado polos peixes grandes. Se é verdade que o peixe grande come ó pequeno, non o é menos que a unión fai a forza. Así, Nadarín convence os seus asustados conxéneres para formar entre todos un peixe enorme que faga fuxir os peixes grandes. Con esta historia Nadarín, o noso pequeno protagonista, móstranos como xuntos e unidos podemos vencer ao poderoso.

O robot que tiña medo dos nenos Luisiño é un neno coma calquera outro, ao que lle pasa o mesmo que a todos cando esperta pola mañá, cando se lava, cando almorza, cando atende os consellos dos seus pais e se vai á escola coma cada día... pero, no camiño vaise atopar con algo que pode cambiar a súa vida. Isto último, que sucede nas páxinas centrais, non só lle pasa a Luisiño, …


FUME Antón Fortes: Fume Ilustraciones de Joanna Concejo Col. Qontextos. OQO Editora. Pontevedra, 2008 The White Ravens 2009

Conta unha voz infantil que un día sobe ao tren co pai, a nai e outra moita xente, en fila, en silencio, vixiados por soldados. Ao chegar, sepáranos: el vai coa nai para a casa 48. Dormen abrazados en vellas liteiras de madeira. Á hora do reconto, están moito tempo ao frío e á neve. Pero non chora, porque levaron ao neno que choraba pola noite e dende entón a nai non para de berrar. As mamás ocultan os nenos fracos ou enfermos como o seu amigo Vadío, pois a eses os levan para a casa da cheminea. Ata que un día ten que ir para a casa da cheminea, que ule a fume. Segundo a nai, os nenos que entran nela van para o ceo. Mándano duchar. Pechan a porta. Non se ve case nada. Agarra a man de Vadío, o seu único amigo...

LA HISTORIA DE ERIKA Autora:Ruth Ruth Vander Zee, Ilustración: Roberto Innocenti

Editorial Kalandraka Ruth Vander Zee, autora desta tráxica historia, introduce nos na mesma expresándose como sigue:” En 1995, cincoenta anos despois da 2ª Guerra Mundial, coñecín á protagonista desta historia. O seu marido e eu estábamos sentadosnun banco en Rothenburgo, Alemania, mirando como un equipo de limpeza recollía do chan un montón de tellas rotas do concello. A noite anterior, un tornado tiña arrasado este fermoso pobo medieval, enchendoas súas rúas de escombros. Un comerciante entrado en anos que andaba por alí nos dixo que aquela tormenta tiña causado tantos danos como o último ataque das tropas aliadas na guerra. Cando o comerciante volveu a atender o seu negocio, …


LA BOMBA Y EL GENERAL A bomba e o xeneral conta a crueldade da guerra e o posible traballo que se lle podería dar a un xeneral malvado. Eugenio Carmi empregou varias técnicas, entre elas a colaxe, técnica pouco frecuente nas ilustracións de libros; son moi suxestivos e falan por si.

DE CÓMO FABIÁN ACABÓ CON LA GUERRA

Facía tanto que tempo se declarara a guerra, que ninguén se acordaba nin porque empezara. Xulio, fillo do rei dos vermellos, desafíou a duelo a Fabián, … Premio Unesco 2001 de literatura Infantil

El Pequeño Rey general de infantería Javier Sáez Castán , Ilustraciones del autor Caracas/Barcelona: Ediciones Ekaré, 2009 Unha mañá o pequeno rei atopa os seu

tres soldados de xoguete rotos. Decide entón

conformar un novo exército, esta vez os seus

soldados son gurgullos, cochinillas e babosas. Ansioso por entrar en batalla, sae á busca dalgún inimigo.


GUERNICA Olivier Charpentier Kalandraka ,2008

Guernica, O miás terrible bombardeo dende o comezo da guerra en España. Mil bombas incendiarias lanzadas polos avións reducen a cinzas a ciudade de Guernica.

SI EL MUNDO FUERA UNA ALDEA DE 100 PERSONAS Kayoko, Ikeda; Lummis, C. Douglas

Barcelona: Intemon Intermón; El Aleph, 2003 Se o mundo tivese una poboación de 100 habitantes, ¿cómo sería? Sorprendería saber que só 20 persoas consumirían o oitenta por cento da enerxía total, e que só unha iría á universidade.

«Arrojado al océano como si fuera un mensaje en una botella –se lee en la contraportada–, este mensaje ha viajado por todo el planeta, modificándose y transformándose al gusto de sus destinatarios, para hablar al mundo en un único idioma: el de la esperanza en poder construir un mundo mejor. Así se ha forjado este cuento de nuestro tiempo, una historia sencilla que pretende concienciar al lector acerca de su papel en la Aldea Global». Intermon ha revisado los datos para contrastar su rigor. Dice así el mensaje:


Contos de Reis e de Nadal Miguel Vázquez Freire/José Tomás. Edebé-Rodeira

Contos de Reis e de Nadal, contén sete contos para construír un mundo máis solidario e feliz dende a infancia. Son contos de nenos aos que os Magos nunca lles traen o que piden; nenas que cando chegan os Reis Magos aínda están espertas, e nenos, coma Xandro, que pese a que os de Oriente si lles traen o que lles piden, só son felices cando comparten os xoguetes con outros nenos que teñen menos, de mulleres que foxen da guerra e da fame e queren que o seu fillo naza en Europa e de homes que constrúen de novo a súa casa cada vez que unha bomba as destrúe.

Wangari y los árboles de la paz Jeanette Winter, Ekaré, 2009 tala todo autora,

De pequena, en Kenia, Wangari vivía rodeada de árbores. Pero, anos máis tarde, comenza unha masiva de árbores e Wangari teme que pronto o bosque sexa destruido. É, entón, cando decide sembrar nove árbores. Unha historia real da Mathai, ambientalista e gañadora do Premio Nobel da Paz do ano 2004.

RIVEIRO TOBÍO, Elvira. Palabras brancas. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2008

O poemario PalAbrAs brAncAs de Elvira Riveiro Tobio foi a obra finalista do Premio Merlín de literatura infantil 2007 . O texto, construído só coa vocal “a”, está ilustrado por Fino Lorenzo . Unha proposta moi novidosa que amplía o horizonte da poesía infantil en galego.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.