AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA

Page 1

NOVIDADE ISBN: 978-84-9871-286-5 TÍTULO: AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA AUTOR: INÉS ALMAGRO // MIKEL MARDONES EDITORIAL: OQO editora COLECCIÓN: O LUGAR, DATA E Nº DE EDICIÓN: PONTEVEDRA, OUTUBRO 10, 1ª PÁXINAS: 36 ENCADERNACIÓN: CARTONÉ TAMAÑO: 25X23 cm. PECIO C/IVE: 12,50€ TEMÁTICA: INFANTIL IDIOMAS: GALEGO, CASTELÁN


As manoplas de Carapuchiña

As manoplas de

Carapuchiña Inés Almagro & Mikel Mardones

OQO editora

Q

OQO editora



texto de Inés Almagro

ilustracións de Mikel Mardones

As manoplas de

Carapuchiña Edición orixinal: OQO editora © do texto © das ilustracións © da tradución do castelán © desta edición Alemaña 72 T 986 109 270 OQO@OQO.es Deseño Impresión Primeira edición ISBN DL

Inés Almagro 2010 Mikel Mardones 2010 Marisa Núñez 2010 OQO editora 2010 36162 Pontevedra F 986 109 356 www.OQO.es Oqomania Tilgráfica outubro 2010 978-84-9871-286-5 PO 522-2010

Reservados todos os dereitos

OQO editora


Ía un frío espantoso. Carapuchiña fora buscar un xersei de la e unha bufanda vermella. E as manoplas: unha para cada man.

Tapou ben as orellas e saíu brincando cara ao bosque.


Ao pouco parou de brincar. Un vento feroz empurrouna tan forte que foi a rolos pola neve…

B l a m ! !

Blam

Blam!

—Como doe! Carapu ergueuse dun salto e sen chorar, como as cativas valentes.

—Veña, Carapu! Que a avoa está agardando!


Estaba acabando de dicilo cando… plin!, unha folerpa lle bicou o nariz. Levantou a cabeza amodiño e plin!… plin!… plin!… unha chea de bicos de neve molláronlle a fronte. Un caeulle nun ollo.

—Que raro! –dixo Carapu, mentres poñía a carapucha–. No meu conto nunca neva!


Cris! Cr

is! Cris!

… triscaban as botas vermellas de Carapu na neve, que xa case lle daba polos xeonllos.

Así era imposible brincar. E apañar flores, aínda máis difícil:

non había ningunha! Só neve por todas as partes.


Entón Carapu decatouse dunha cousa: esquecera a cesta co mel e os bolos!

—Que raro! –dixo–. Nunca esquecín a cesta… E agora que lle vou levar á avoa?


Corre que corre, a saltiños pequechos, Carapu deixou atrás unha árbore, dúas árbores, tres árbores… e cando chegou á cuarta, quedou quieta coma un boneco de neve.

Era a árbore do lobo! En calquera momento saltaría enriba dela…


Carapu pechou os ollos moi forte e, con vociña de rato, contou: —Un, dous, tres… Abriu un ollo un chisquiño e, como non viu nada, seguiu contando: —… catro, cinco, seis…


… E sete! Vaia chasco!

—Que raro! –dixo–. O lobo sempre me viña asustar!

Onde se metera o lobo? Non había nin rastro del: nin detrás da cuarta árbore, nin enriba das pólas brancas, nin debaixo das botas vermellas…


Aos brincos, Carapu chegou á casa da avoa.

Sen flores, sen cesta, sen lobo e co nariz tan frío coma un xeado, petou:

Toc! Toc! Toc!… —Avoa, son Carapuchiña! Estás na casa?


Non se oía nada.

Toc! Toc! Toc!… —Avoíña!… Podo entrar? Que raro! A avoa sempre contesta.


o que viu foi tan raro, tan raro Carapu achegouse á xanela,

que case lle saíron os ollos das cuncas

arrimou o nariz ao cristal e…

e, sen querer, abriu a boca coma un hipopótamo.


Estaban todos alí dentro: a avoa, o lobo, o leñador, as flores…

e ata a cesta co mel e os bolos!


—Veña, Carapuchiña! Estabamos esperando por ti! –dixo o lobo mentres sorbía unha cunca de chocolate.

—Pero… que facedes aquí? Moito cambiou o conto! —E logo non te decataches? Chegou o inverno! Con este frío, non hai xeito de contar o noso conto de sempre. E a casa da avoa é a única que ten cheminea.


—Que raro! –dixo Carapu–. Nunca tanto me apetecera unha cunca de chocolate ben quente!



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.