Comidas Nadal

Page 1

¿Que comen polo Nadal nos diferentes países do mundo ? Por estas datas a familia reúnese ao redor da mesa para celebrar estas festas. As costumes duns lugares a outros varían, non se comen os mesmos alimentos, nin se fan as mesmas cousas. Peraliño tróuxonos algunha información dos sitios que visitou e doutros que leu. Imos coñecer algunha das costumes doutros lugares. Despois falade e comparade co que facedes vós nas vosas casas.

FRANCIA Todos celebran estas datas entre abrazos, bicos, brindes e manxares tradicionais, dignos dos deuses. Entre as exquisitas tentacións que hai que degustar nesa máxica noite figuran: o foie-gras (paté de fígado de pato o de oca), o pavo asado, a morcilla branca e os ostiones. O postre de Nadal por excelencia é a “buche de Noel”, un pastel en forma de tronco, recuberto de chocolate e recheo de crema ou trufa. Viños e champaña deleitan os padais más esixentes.

ITALIA -

Noiteboa:

Fan

a

gran

cea

“cenone”

Comen

antipasti”(entremeses), espaguetis con ameixas, pescado con verduras, froitas frescas e turrón. - Ano Vello: Lentellas, porque din que quen as come contará con diñeiro para todo o ano próximo.

GRECIA - Ano Vello: É a cea importante, en familia. Tómanse varios primeiros e segundos pratos, entre eles pavo e cordeiro. De sobremesa compártese o roscón de San


Basilio, que leva unha moeda dentro (antes era de ouro, agora é normal). Quen a atope terá un ano próspero. En Chipre tamén toman un roscón parecido chamado “basialopita”.

RUSIA Seguen o calendario da igresia ortodox a e, por ese motivo, as celebracións son uns días máis tarde. Nos fogares rusos, a cea de Noiteboa está composta por doce pratos, un por cada apóstolo. O pescado, acompañado por unha sopa de remolacha, é o prato estrela das mesas de Nadal neste país. EXIPTO Dinos Peraliño que estas datas non son as máis importantes. Para eles o transcendental é o mes do Ramadán. Todos os días ayunan dende o amencer ata a posta de sol, que é cando comen. Cando finaliza o mes de ayuno fan a gran festa, reúnese toda a familia e comen de todo. ETIOPÍA O Nadal en Etiopía coñécese como Ganna e celébrase o 7 de xaneiro. Nos hoteis para turistas adornan como en Europa, incluso colgan o Papá Noel. Un dos alimentos tradicionais é a “injera”, parecido a un panqueque. Este sirve tanto de prato como de garfo, porque sobre el e cun pedaciño de este, cómese o “doro wa”t, un cocido de polo.


INDIA Neste país asiático celébrase o "Diwali", a festa das luces . Comeza case un mes antes das nosas festas. O máis típico son os tradicionais do ces indios, de sabor moi intenso que as persoas regalan a familiares e amigos. A festa de Nadal só é festivo e celebrada polos católicos, pero tendo en conta que é un país tan poboado case 20 millóns de persoas o celebra ao estilo occidental. MEXICO Neste país latinoamericano, as festas de Nadal comezan o 16 de decembro coas Posadas (representación da penuria que pasaron San Xosé e a Virxe para encontrar posada na súa viaxe a Belén). Durante nove días, ata Noiteboa, as familias máis proclives a respectar a tradición fan quendas cada noite para celebrar unha posada na súa casa. Tras a representación, comeza a festa, na que os nenos rompen unha Piñata que representa ao demo, chea de laranxas, mandarinas, caña de azucre e manises. O día de Noiteboa, a tradicional cea celébrase pasada a medianoite trala misa. O día de Reis celébrase como en España, recibindo aos Magos de Oriente dando b oa conta do Roscón. GRENLANDIA Este anaco de xeo no Círculo Pola Ártico pertence ao país de Dinamarca polo que manteñen algu nhas das súas costumes. Pola Noiteboa quizais se sirva algún prato de pescado como entrante, pero a "auténtica"


cea do Nadal se compón de porco ou pato asado. En moitos fogares cómense as tres cousas, acompañadas de patacas: hai patacas cocidas normais e patacas cunha capa de caramelo. Complétase o prato con salsa marrón e lombarda cocida. A comida do Nadal danesa é moi tradicional, incluíndo o postre. Na inmensa maioría dos fogares tómase “ Ris a' lamande”, que é como o arroz con leite pero mesturado con nata, vainilla e améndoas picadas.

Está

bastante

rico,

pero

pode

resultar

un

pouco

pesado.

Especialmente despois da enchente. Pero non queda máis remedio que acabar o prato, porque os maiores deixan unha soa améndoa enteira, e quen a atope lévase un regalo .

AUSTRALIA En Australia luce o sol, xa que é verán, acompañado de temperaturas que oscilan entre os 25 e os 38 graos centígrados. A celebración destas festas lévase a cabo con picnics en parques, xardíns e praias. O menú componse de marisco, xamón doce, ensaladas, carne fría e pudding fumeante con natillas. Nas antípodas, os nenos reciben a visita de un Santa Claus moi especial, vestido con sombreiro, camiseta de tirantes azul mariño e amplos pantalóns curtos: Swag Man. HAITÍ - Noiteboa: A xente rica come arroz con frijoles e macarróns ao forno. Os pobres cean porco e polo. - Ano Vello: Os que teñen cartos para pagalo cean fóra da casa e brindan con ron a entrada do Aninovo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.