DECORACIÓN DE NADAL En todo o mundo a decoración destas datas é igual? Terán en algures costumes diferentes ás nosas? Empezarán antes, despois? Coñecemos as orixes destas decoracións?
A ÁRBORE DE NADAL A súa orixe remóntase á época dos celtas, onde era considerado un elemento sagrado da natureza. Sábese do uso da árbore, adornado e venerado pos druídas de centro-europa, Estes pobos celebraban o aniversario do nacemento de Frey, deus do Sol, adornando unha árbore
perenne,
coincidindo
preto
da
data
do
Nadal
cristián.
A árbore tiña o nome de Divino Idrasil (Árbore do Universo), en cuxa copa atopábase o ceo; mentres que nas raíces profundas atopábase o inferno. Cando se inicia a evanxelización cristiá destrúense todas os rito páganos e a árbore é substituída por un pino adornado con mazás e veas. Sen
embargo,
é
difícil
saber
con
exactitude cando comezaron a utilizarse os adornos de Nadal. O dato que máis se acerca
á
actualidade
rexístrase
na
Alemaña do século XVII. En 1605, unha árbore foi decorada para ambientar o frío do Nadal; costume que se difundiu rapidamente por toda Europa. A costume de adornar a árbore de Nadal nos fogares españois foi traída no ano 1870 por unha muller de orixe ruso clamada Sofía Troubetzkoy, que despois de enviuvar do duque de Morny, irmán de Napoleón Bonaparte, casou en segundas nupcias cun aristócrata español “o Gran Duque de Sesto”, amigo da familia dos Borbóns. Colocou no seu pazo de Madrid, edificio que actualmente ocupa o Banco de España, no Paseo do Prado, unha grande árbore de Nadal con adornos, causando a admiración de toda a nobreza española.
O BELÉN Di a historia que San Francisco tras o seu peregrinaxe aos Santos Lugares, celebra a Eucaristía na Noiteboa de 1223 nunha cova do pobo italiano de Greccio, próximo ao convento do Santo. Prepara unha representación vivinte dun pesebre cunha mula e un boi, considerándose dende entón esta representación como a orixe do “belenismo”. Conta unha lenda que debido ao frío un moneco foi elixido para representar ao neno Xesús e na hora do nacemento o moneco empezou a chorar. Por toda Europa difundiuse a costume de modelar nacementos, “presepe” en Italia, “crèche” en Francia o “krippe” en países de lingua xermánica. En España, o Belén é introducido pola orden franciscana no século XV. Do século XVI aínda se conserva o Belén de Coral no Mosteiro das Descalzas Reais de Madrid, tódalas figuras están talladas en coral, prata e bronce, descoñecéndose o seu autor ou autores. A partir do s.XVII, os beléns pasaron das igresias aos fogares, multiplicáronse as medidas, agora xa figuras, non estatuas, e prevaleceu definitivamente o uso do barro cocido, competindo nobres e soberanos por presumir do belén máis fermoso. Na actualidade en todos os fogares cristiás séguese coa tradición de montar O Belén, aínda que agora as figuras poden ser de moitos materiais e ter diferentes deseños. Pode poñerse nada máis co Misterio ou moitas máis figuriñas; incluso algunha representativas do lugar como é en Cataluña o “caganet”. En moitos pobos de España fanse representacións viventes do nacemento de Xesús, como o de Beas (Huelva), Pezuela de las Torres (Madrid), Arcos de la Frontera (Cádiz), etc.
OUTRAS COSTUMES
Doce espera do Advento Para que aos nenos se lles faga máis curta a espera do Nadal, se lles regala un calendario de Advento composto dunha serie de portiñas. Cada día hai que abrir unha das portas ata chegar ao do 24 de decembro. Detrás dela atópase o Neno Xesús.
As velas de Advento Unha tradición dos países centro- europeo é a das vela. O primeiro domingo de decembro
acéndese
unha
das
catro
velas
que
forman
o
«adventskrans» e déixase arder durante 15 minutos. Ata que chega o día de Nadal vaise queimando unha vela cada domingo. Cando chega o cuarto domingo préndense as catro velas á vez e déixanse consumir totalmente.
Que non falten mercadillos En case todas as grandes cidades de Europa, dende novembro, fan a súa aparición os omnipresentes mercadillos típicos destas festas. Estes postos de madeira venden toda clase de artigos do Nadal, pero os máis apreciados son os adornos para a árbore, as velas de artesanía e os tapetes de encaixe fino.
O acivro Non é estraño ver en plena época do Nadal ramas de acivro adornando portas e xanelas, ou colgando no teito. Aínda que en España non existe tanta tradición, noutros lugares de Europa e América, esta planta é considerada como 'símbolo' da boa sorte, sobre todo nunhas datas festivas tan especiais A tradición do Nadal di que aquela muller que recibe un bico baixo o acivro en Noiteboa atopará o amor que busca ou conservará o que xa ten. Se se trata dunha parella, será obsequiada co don da fertilidade.
Postais de Nadal Dise que o costume de enviar postais de Nadal como felicitación foi iniciada en 1843 (tres anos despois da invención do primeiro selo postal) polo británico Henry Cole. Tras decatarse de que tiña numerosas cartas por contestar, algunhas delas desde facía bastantes días, Cole optou por compensar aos seus achegados enviándolles misivas nas que lles desexaba prosperidade para o novo ano. As postais de Nadal son unha boa forma de dicirlles ás persoas que queremos que nos acordamos entrañables....
deles
nunhas
festas
tan
ACTIVIDADES
A decoración no Nadal
1- Cóntanos experiencias Se acodes á páxina do colexio de internet atoparás páxinas onde te contan moitas cousas do Nadal no mundo. Saca algunhas ideas e cóntallelas aos teus amigos. Podedes poñervos de acordo sobre o país que cada un de vós ides investiga r. 2- Por que non facedes adornos para decorar a vosa aula? Pensa no deseño e faino 3- Elabora unha postal de Nadal para felicitar aos teus amigos.