Inauguración da Biblioteca

Page 1


No presente curso faise á apertura da biblioteca do centro o día 24 de outubro. Ao longo de toda a mañá van pasando por ela os diferentes cursos para escoitar un conto relacionado co noso proxecto: - Coma todos sabedes durante o verán, para non quedar só, Peraliño

marchou a dar unha voltiña polo mundo. E agora, xa de volta, tróuxonos algúns contos e recordos dos lugares por onde pasou.

Para os alumnos de infantil dramatizouse o conto “Once damas atrevidas” empregando imaxes do libro, elaboradas polas mestras de E.I. No 1º ciclo de E P. contouse o conto de “Matrioska”, apoiado polas bonecas, posto que Rusia foi un dos países que visitou Peraliño. No 2º e 3º ciclo leuse o libro “20.000 leguas de viaxe submarina” en versión reducida, coma lembranza das aventuras que viviu Peraliño neste verán.

Fíxose unha exposición nos corredores, preto da Biblioteca, con todos aqueles libros que trouxo e todos os recordos dos lugares por onde pasou. Elaboráronse actividades que fomentaron o traballo de investigación, divulgación dos textos expostos





No verán Peraliño, a mascota da nosa biblioteca estivo de vacacións por todo o mundo, pero non se esqueceu de traernos contos.



XA ESTOU DE VOLTA! As vosas mestras contaránvos os contos que vos trouxen…. Para os máis pequenos: “ONCE DAMAS ATREVIDAS”

Para os nenos do 1ºciclo Primaria: ”MATRIOSKA” Para os nenos do 2º e 3º ciclo Primaria: “20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBAMARINA” ESPÉROVOS NO ACTO DE INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

24 de Outubro


Once damas saen de viaxe e percorren o mundo. En cada páxina contamos unha menos porque se van quedando nos lugares aos que chegan. Un texto rimado para as primeiras idades que nos conduce por unha viaxe tola e divertida que percorre a xeografía do mundo. Podemos deducir por cada ilustración onde se atopan estas señoras e recoñecer o más típico de cada lugar.



Helle Thomassen


Debuxo ilustrativo do conto


Autor: INKIOW, DIMITER

Na vella Rusia vivía un fabricante de bonecas. Un día tallou unha boneca tan fermosa que non quixo vendela. Chamouna MATRIOSKA . Un día a boneca díxolle que quería ter unha filla. O fabricante tallou outra boneca máis pequena e meteuna dentro da barriga de Matrioska. Pero a filla quixo tamén ter outra filla e o fabricante repetiu a mesma operación. Cando esta tivo o mesmo desexo das outras dúas, o fabricante fixo un bebé tan pequeno como un dedal pero lle pintou bigote para que non puidese ter ningún bebé.



Varios barcos foron afundidos por un suposto monstro mariño. O goberno de Estados Unidos organiza unha excursión para dar caza ao monstro. Na fragata de guerra van un home de ciencia, o seu axudante e un arponero, que son os únicos que se salvan cando o seu barco é tamén esnaquizado polo monstro que resulta ser un submarino construído polo Capitán Nemo que fuxiu do mundo e odia aos homes. Logo dunha serie de aventuras é destruído o submarino perecendo o Capitán e a tripulación, salvándose soamente o arponero, o científico e o seu auxiliar . Julio Verne




Gustáronvos os contos? Estes e outros contos das miñas viaxes poderedes atopalos na biblioteca… XA ESTÁ ABERTA!. ESPÉROVOS! E para os maiores unhas actividades. A ver se sodes quen de resolvelas!


Ola rapaces! Que vos pareceu a miña viaxe? Espero que vos gustara. Queredes xogar comigo para lembrar a miña viaxe? Mirade este planisferio. Coloreade os países polos que pasei. Lembrades a cales fun? Vouvos axudar: Grecia, Rusia, China, Australia, India, Exipto, Etiopía, México, Groenlandia e Francia. Rodea aqueles que teñan un clima máis cálido. Seguindo o trazado do mapa, mira nun atlas e escribe o nome dos mares polos que fun.


SEGUIDE INVESTIGANDO! Como xa sabedes, esta é a bandeira do noso país, España

E esta a da nosa comunidade autónoma, Galicia Pero, sabedes como son as bandeiras dos países polos que pasei? A ver se debuxades algunhas:

GRECIA

INDIA

CHINA

MÉXICO

AUSTRALIA Fuches ti a algún destes países? Cóntame algo: Que foi o que máis che gustou? Trouxeches algún recordo?



As铆 viu o noso alumnado a inauguraci贸n da Biblioteca



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.