Dende o equipo de Normalización Lingüística, en coordinación co grupo de dinamización da Biblioteca elaboráronse as seguintes actividades:
Semana do 4 ao 7 de novembro: O OUTONO Os mais pequenos fixeron murais e traballos sobre o outono: a arbore no outono, a caída das follas.. O SAMAÍN Información sobre esta data: as súas orixes, comparación coa festa do Halloween… Elaboración de debuxos de cabazas Realización de sudokus de cabazas (3º ciclo Primaria)
7 NOVEMBRO: CELEBRACIÓN DO MAGOSTO Espectáculo de Maxia
Degustación de castañas asadas, acompañadas de leite. Concurso fotográfico (3º ciclo Primaria) Cada aula dividiuse en 2 grupos. Cada grupo realizou fotos representativas da festa do Magosto. Exposición das fotos nos corredores Elección do grupo premiado.
Semana do 10 ao 14 de novembro: A tradición oral: Búsqueda de poemas, cantigas, adiviñas... relacionados coa festa do Magosto ou outras tradicións do outono. Invención e ilustración de contos.
APRENDEMOS CANTIGAS Miña nai, doime a barriga Miña filla, confesión. As castañas que comiches de que castiñeiro son?
Moza que estás no canizo bota castañas abaixo, aunque non teña mandil acadochas no refaixo.
A castaña no ourizo quixo rir e reventou: caendo castiro abaixo, mira que golpe levou!
Monxe que estás no canizo tira castañas para baixo, tírame das máis grandiñas que pequenas non me baixo
Castañasadas e viño con mel; e a miña señora detrás do tonel
Acabáronse as vendimas E veñen as esfolladas, para comer coas mozas catro castañas asadas
Traballos realizados polo alumnado de 4ยบ Primaria
CÓNTAME UN CONTO! Realización de contos elixindo un destes principios: 1. Había unha vez unha castaña que estaba moi aburrida no seu ourizo. De súpeto, un forte vento soprou e soprou. Entón ela… 2. Érase que se era unha fermosa castaña de cor marrón moi brilante, grande e vanidosa. Un día, como ía tan estirada sempre, o cruzar a rúa…
3. A familia Castaña Temperá tiña ganas de facer unha festa rachada. Puxéronse a organizala e decidiron que o máis divertido sería… 4. Castaña Pilonga era unha castaña que ía tódolos días a cuidar unha tía súa que tiña o pel picado porque case que a pillan para un magosto. Un día… 5. O rei das castañas estaba moi preocupado por unha filla súa que estaban pechada en si mesma que non daba saído do ourizo. Un día decidiu convocar a todas as castañas para resolver este problema e…
Así resume un alumno de 6º a nosa celebración do Magosto
Publicado en “MAREIRIÑA” o xornal do noso cole