CEIP Isaac Peral
1
Rematou un novo curso. Un curso, repleto de recordos, festas, celebracións, novas experiencias e actividades didácticas, realizadas con tesón, moitas horas de traballo e o esforzo de todos. Sentímonos orgullosos do noso labor docente, aínda que somos conscientes de que hai aspectos que se poden mellorar, pero en eso estamos, e con ilusión seguro que o lograremos.
O próximo curso, botaremos de menos a nosa compañeira Curra porque se xubila. Recordaremos sempre, o seu compañerismo, a súa iniciativa para o traballo, a súa dedicación e a preocupación constante por os seus alumnos. Desexámoslle, que poida disfrutar plenamente nesta nova etapa da súa vida, dun merecido tempo de lecer. Os alumnos de 6º deixades o colexio despois de moitos anos con nós, unha longa etapa escolar na que vos ensinamos a convivir, respetar,compartir, estudar e disfrutar. Agora chega o momento de dicirvos hasta sempre, lembrando todo o que aquí vivístedes. Debedes pensar con ilusión no Instituto, onde estará o voso traballo a partir de setembro.Teredes que madrugar, estudar máis e facer novos amigos, pero con esforzo e ganas, os vosos soños do futuro poderán cumplirse. Mareiriña pretende divulgar as propostas didácticas realizadas durante o curso, fomentando a lectura e a produción de textos literarios. Todos sabemos que, parte do fracaso escolar, débese ao pouco hábito de lectura porque ésta é a principal vía da aprendizaxe e se non se domina, dificilmente se poderá progresar adecuadamente. Chegou o momento de recoller os froitos do traballo realizado, reflexionar sobre os resultados e disfrutar das merecidas vacacións. FELIZ VERÁN! Equipo de Normalización Lingüística
CEIP Isaac Peral
2
Especial LETRAS GALEGAS Pág 11
Artistas Pax 39
A nosa cidade Pax 40 Imos a… Pax 43
CONVIVENCIA Pax 75
PASATEMPOS Pax 77
Despedimos a.. Pax 78 CEIP Isaac Peral
3
O magosto é unha festa típica galega. No noso centro elaboráronse carteis e murais fotográficos anunciando a festa para o día 11 de novembro e expuxéronse todos os froitos do outono que se cultivan en España: mazás, peras, uvas,granadas, marmelos, caquis, avelás, fabas, millo, noces, landras, laranxas, limóns, mandarinas, cabazas, castañas etc, coa finalidade de que as coñecesen os nenos e despois puidesen degustalas, adicando cada día da semana a unha froita diferente. Confeccionouse unha unidade didáctica sobre os temas mencionados para cada aula, adaptada aos diferentes niveis. Preparouse unha canción e repartiuse un CD en cada clase, no que se recollían tamén outras cantigas populares para poder facer audicións dentro da aula. Para Educación Infantil e o Primeiro Ciclo proxectáronse dous contos sobre as castañas, un con pictogramas e outro con imaxes e texto. No Segundo e Terceiro Ciclo fíxose unha montaxe audiovisual sobre a castaña, a súa recollida, os castiñeiros e a celebración dun magosto popular no Courel. Contratouse un castañeiro que lles foi explicando en directo os pasos necesarios para asar ben as castañas o combustible que debe utilizarse para non contaminar e a forma de facer un cucurucho de maneira sinxela. A festa empezou despois do recreo, cantando todos xuntos a canción preparada, e a continuación, os alumnos de 6º levaron en procesión a cabaza xigante, que se fabricou con material reciclado, para queimala. Despois repartíronse as castañas e o leite que trouxeron as nais e comémolas todos xuntos. Elaborado polo Depto. de Normalización Lingüística
Exposición de froitos
Degustación de castañas Procesión da Cabaza
CEIP Isaac Peral
4
Xaneiro e febreiro voaron e a friaxe marchou estamos xa no entroido e chega, por fin, a diversión. Unha semana completa na que estudiar pouco, pouco e que estivo ben repleta de moita festa e parranda.
Desfile de disfraces
Comenzamos cos mandados sobre as cousas dos pallasos, o pelo, o nariz ou a flor que podía chiringar ou non. Xa e venres. Que ledicia ! Na casa todo son presas Está preparado o traxe? E as orellas, están listas?
Os profes tamén se disfrazan
Puxémonos todos moi guapos desexando co día acompañe, que faga un sol moi bonito para que ninguén faie. Entramos na clase contentos e preparémonos para o desfile os profes van de pallasos e nós, do que eleximos. Agora ben paseados enchemos a fartar o bandullo freixós, rosquillas e cousas que deixan o papo a gusto.
Degustación de productos típicos
Rematamos a parranda cunha festa no ximnasio, e ben comidos e desfilados que non nos quiten o bailado. Elaborado polo Depto. de Actividades Extraescolares
Baile do entroido CEIP Isaac Peral
5
CEIP Isaac Peral
6
CEIP Isaac Peral
7
CEIP Isaac Peral
8
CEIP Isaac Peral
9
CEIP Isaac Peral
10
Especial lETRAS GALEGAS DE ROSALÍA DE CASTRO a LOIS PEREIRO No ano 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta histórica: que se declarase o día 17 de maio de cada ano “Día das Leteras Galegas” para homenaxear unha figura destacada da cultura galega, con motivo de celebrarse aquel ano o centenario da publicación do libro “Cantares Galegos” de Rosalía de Castro. Estimaban que o libro de Rosalía editado en 1863 “foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea” e que a súa aparición deulle un prestixio universal á nosa fala. Desde esa data, adícase o día 17 de maio de cada ano a unha figura destacada da cultura galega, elixida pola Real Academia Galega coa única condición de que o autor ou autora cumpra tres requisitos para ser candidatos: 1. Ter unha obra literaria importante escrita en galego 2. Levar dez anos ou máis falecido 3. Ter o apoio de polo menos tres membros da Real Academia Galega.
Este ano foi adicado a Lois Pereiro CEIP Isaac Peral
11
Biografía de Lois Pereiro
Luis Ángel Sánchez Pereiro ( Lois Pereiro ) nace en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958. Os seus pais procedían do Incio ( Lugo ).Comenzou a escribir aos 15 anos. Monforte era daquela o principal nó ferroviario do noroeste penisular. Lois Pereiro foi gran viaxeiro e o tren era o seu medio preferido. Aos 17 anos, vai a Madrid onde estuda Políticas e Socioloxía que abandonará para estudar idiomas e informática. Aprende inglés, francés e alemán na Escola Oficial de Idiomas da capital.
En Madrid, Lois Pereiro con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel funda a revista Loia. Desta revista, escrita en galego, sairán catro números. Durante a súa estancia en Madrid consumíu aceite de colza desnaturalizado e enfermou gravemente. Lois Pereiro colabora con Radio Océano , grupo de pop rock galego con influencia punk, e mesmo chega a escribir a letra dalgunha canción. Viaxeiro incansable, percorre Europa, onde visitou entre outros países Francia, Alemania, Suiza, Bélxica, Holanda e Inglaterra. Quedando a vivir un tempo en Berlín. Xa de volta na Coruña, Lois Pereiro intégrase no grupo de poetas „‟Amor e Desamor‟‟. Publicaron dúas obras colectivas no 1984 e no 1985. Tamén colaborou nas revistasTrilateral,Anima, Luces de Gaiza e foi membro do Consello de Redacción da revista “ Naval”.Na revista Luces de Galiza publicou oito capítulos da súa novela curta”Naúfragos do Paradiso” Era un gran lector e un apaixonado do cine e da música. A súa obra literaria está chea de referencias culturais. Foi vítima primeiro da intoxicación do aceite de colza adulterado e despois enfermará de sida. Morre na Coruña o 24 de maio de 1996 cando só tiña 38 anos debido a intoxicación que padecía do aceite de colza adulterado. Algúns membros da Real Academia Galega dixeron que no momento actual a súa obra non era coñecida,pero cando a coñezan ben será moi valorado. Traballo realizado por: Manuel, Sandra, Susana , Laura e Alex de 4ºA
CEIP Isaac Peral
12
LETRAS GALEGAS 2011 Homenaxe a LOIS PEREIRO Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello... A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos. Murais feitos expostos no noso centro
Elaborado por Normalización Lingüística CEIP Isaac Peral
13
No colexio fixemos murais, carteis e traballiños con moitas letras…
Os máis pequenos escribiron así de ben
Os maiores atrevéronse a escribir pequenos relatos, que o tempo non daba para máis -, e poemas. Fixérono tan ben…que mesmo acadaron premios. ¡Sempre nas LETRAS GALEGAS xurden novos escritores e escritoras no noso centro! SEGUIDE SEMPRE ASÍ! CEIP Isaac Peral
14
Lois Pereiro
Lois Pereiro
TRANSMIGRACIÓN Esta enerxía xa non vai ter fin, non foi creada nin será destruída. Irá ocupando diferentes vidas, transformándose en emocións alleas tatuadas noutros corpos paralelos, en simultáneas procesións sen pausa. Lois Pereiro
Os nosos autores escribiron tanto… que seguro que atopamos nos seus libros algo que nos guste ler…
ANIMÁDEVOS ESTE VERÁN, E SEGUIDE SEMPRE!! CEIP Isaac Peral
15
Celebrámolo no parto cuberto. Despois do recreo baixamos ao patio por cursos e sentámonos facendo filas. Fixeron de presentadores dous nenos de 6º: Diego de Juan e Santiago Couselo de 6º A. Ao principio leron un texto para explicar a orixe desta celebración e continuaron presentando todas as actuacións. En primeiro lugar actuou Javier Pardo de 6º B tocándonos a gaita, con moito estilo, dúas pezas: “Entre o millo” e “Pasodobre de Mallou”. Acontinuación cada curso foi cantando a canción que tiña preparada na seguinte orde: - E. Infantil: “Na beira do mar” -Os alumnos de 1º: “ Apaga o candil” -Os alumnos de 2º: “Catro vellos mariñeiros” -Os alumnos de 3º: “Amoriños collín” -Os alumnos de 4º: “O Sancristán de Coimbra” -Os alumnos de 5º: “O Rodaballo” Alumnos de 2º cantando a súa cantiga -Os alumnos de 6: “O pirimpimpín” -O profesorado: “Sementar sementarei” Despois Carmela, exalumna do colexio, vestida cun traxe típico moi fermoso, bailounos unha muiñeira cona música da gaita de Sergio que tamén estaba vestido de gaiteiro. Ao final entregáronse un libro como premio ao concurso literario aos seguintes alumnos: 3º A: Celia, 3º B: Iñaki, 4º A: María, 5º: Alberto, 6º A: Lucía e 6º B: Julio. Rematamos a celebración cantando todos xuntos o Himno Galego e despois escoitamos música galega, xogamos e bailamos Traballo realizado por Manuel, Sandra, Susana, Laura e Alex (4º B)
Bailamos e xogamos
Javi Prado interpreta o Himno Galego
CEIP Isaac Peral
16
O día das Letras Galegas 2001 foi adicado a Lois Pereiro por ese
motivo, na clase fixemos actividades sobre Lois Pereiro e os orixes de Gallaecia ou Galicia. O trece de maio celebrámolo no colexio. O acto máis significativo foi cantar cada curso unha cantiga en galego. Levámolas ensaiando dúas semanas e saíronnos moi ben. A nosa cantiga foi “O Rodaballo”. No acto, un neno de 6º, Javi Prado, que sabe tocar a gaita, tocou cancións e o himno galego de marabilla. Foi xenial! Tamén houbo unha actuación dun baile de muiñeira e premios para as mellores composicións escritas en galego. Para rematar a festa, xogamos noa patio ata a hora de subir ás aulas. Hugo Paz Prieto 5º B Baile de muiñeira
Himno galego
Canción “O Rodaballo (5º Primaria) CEIP Isaac Peral
17
Candela C
Miriam
Alejandro
Alejandra
Cintia CEIP Isaac Peral
Patricia 18
Cantiga do día das LETRAS GALEGAS 3º Primaria
CEIP Isaac Peral
19
Cantiga do día das LETRAS GALEGAS 4º Primaria
Elaborado polo alumnado de 4º B CEIP Isaac Peral
20
5ยบ B CEIP Isaac Peral
21
CEIP Isaac Peral
22
23
CEIP Isaac Peral
24
Que coñecemos do conto orixinal? O seu autor foi James Matthew Barrie. James naceu no 1860 na localidade escocesa de Kirremus e faleceu o 19 de xuño de 1937.O 27 de Decembro de 1904 a personaxe de Peter Pan debutou no teatro dentro dunha posta en escena co título “Peter Pan ou o neno que non quería crecer” estreada en Londres. O autor inspirouse no fillo menor de Sylvia , intima amiga, chamado Peter Llewelyn Davies.
Neste curso 2010-2011 e dentro do terceiro trimestre, o equipo docente encargado de fomentar o uso da biblioteca elixiu o conto de Peter Pan como punto de partida para traballar o valor da responsabilidade, centrándose dunha maneira especial na personaxe de Wendy. Desta maneira contouse coa colaboración especial do grupo de 5ºA na búsqueda de información e na posterior elaboración da exposición multimedia da que disfrutaron tódolos ciclos do noso centro
No ano 1953 Walt Disney Pictures realizou unha película animada que popularizou a nivel mundial a personaxe. Un ano despois, no 1954, foi estreado en Brodway o musical baseado nas novelas literarias de Barrie suma importancia , xa que se trata dun dos valores que permiten manter en orde a vida en comunidade. En definitiva, somos responsables pola clase de persoa que nos mesmos facemos. A responsabilidade axúdanos a valorar aos demais e non causarlles danos.
O traballo deste grupo centrouse en intentar dar resposta a unhas preguntas das que poñemos a continuación ás conclusións que eles mesmos consideraron máis destacadas.
CEIP Isaac Peral
25
Por que cres que podemos identificar a personaxe de Wendy co valor da responsabilidade? Wendy é unha fermosa nena de 12 anos, é moi responsable e coida dos seus irmáns. Quere agradar aos demais e sentirse aceptada e querida. En Nunca Xamais ela era a encargada de coidar aos nenos perdidos e contarlles historias. O Capitán Garfo faille ver a Wendy que escaparse da casa foi unha acción moi precipitada. Tanto Peter coma Garfo queríana como nai polo seu talento para contar contos. Estas cousas demostran que Wendy era unha nena moi sensata e responsable, e a que se lle ocorrían as ideas máis boas. 5º A.
Estas son as imaxes da presentación do conto de PETER PAN
CEIP Isaac Peral
26
CEIP Isaac Peral
27
BIBLIOTECA
Día da Poesía
Día do libro
Hora de ler
CEIP Isaac Peral
28
VISITA DE GLORIA SÁNCHEZ
CEIP Isaac Peral
29
Elaborado por 3ยบ A
CEIP Isaac Peral
30
Pequenos escritores
CEIP Isaac Peral
31
Pequenos escritores
CEIP Isaac Peral
32
Pequenos escritores
CEIP Isaac Peral
33
Pequenos escritores
CEIP Isaac Peral
34
Pequenos escritores
CEIP Isaac Peral
35
Pequenos escritores
CEIP Isaac Peral
36
Pequenos escritores
CEIP Isaac Peral
37
Pequenos escritores
Había unha vez un pequeno cogombro novo que vivía felizmente coa súa nai nunha granxa. Un día preguntoulle a nai, Cando me vou poder ir desta granxa tan fea e fedorenta que hule a esterco? A nai respondeulle “pero fillo, se a granxa esta moi ben!” Pero sen facer caso o pequeno cogombro novo cortouna tallante, “pois eu quérome ir!” e o cogombro novo estirou as pernas e escapou polo campo de millo.
Ao chegar a noite o cogombro novo durmiuse e pola maña uns colleiteiros de millo, para gañar uns pesos, collérono e foron a vendelo a lonxa onde o envasaron nun frasco. Cando o cogombro novo espertou atopouse dentro dun frasco con outros cogombros novos que tamén correran a mesma sorte. Mirou través do vidro e de seguido comprendeu que estaba nun estante dun supermercado pero o medo entroulle no corpo cando viu un señor repoludo e gordo que dixo “hum ricos cogombros novos a metade de prezo!” E sen pensalo dúas veces colleunos . Ao chegar a fría casa do home descubriu que nada bo lle agardaba cando o home afiaba o seu coitelo de cociña. O home cortou o pobre cogombro novo en anacos e comeuno con leituga e tomate. Alberto Freire Hermida, 5º A.
CEIP Isaac Peral
38
JUSTIN BIEBER
Justin é un xoven cantante canadiense capaz de mobilizar a millóns de fans. É moreno, de pelo liso e cun gran floco de pelo , que apenas deixa ver os seus vivos ollos marróns . O seu floco foi imitado por moitos adolescentes; e ao cortalo perdeu multitudes de seguidores. Unha das cousas máis atractivas do seu rostro é o seu agradable sorriso que lle fai a cara máis anenada . A pesar da súa baixa estatura gústalle xogar ao baloncesto . A súa constancia permitelle compaxinar os seus éxitos musicais cos seus estudos. Preocupalle moito a natureza e, é un fervente defensor dos animais. Con tan só dazasete anos, sacou dous álbumes , nominaronno aos premios Grammy participou en varios proxectos televisivos, ademais de protagonizar a película sobre a súa vida . Que emocionante vida a súa ! El mesmo confesou que a Internet foi decisiva para a súa vida, xa que gracias á rede, descubriuno o seu todavía produtor e que de non adicarse plenamente à carreira musical , gustaríalle ser arquitecto. Andrea Brozos Conde 5º B
CEIP Isaac Peral
39
A nosa cidade
CEIP Isaac Peral
40
CEIP Isaac Peral
41
Pachara é un personaxe típico nas rúas ferrolás. Leva unha viseira e vai armado de caderno e lapis. Pachara ou ``Pachariña´, como o chaman en Ferrol, é fillo doutro Pachara lexendario, vendedor de xornais. Así Pachara recolleu o oficio de seu pai. Pachara fillo vai polas rúas de Ferrol cun fardo de xornais debaixo do brazo, coloca os valos que os municipais puxeron,, dirixe o tráfico e de aí veulle o oficio de apuntar as matrículas dos coches que inflixen a lei estando mal estacionados, e meténdose por dirección prohibida etc…,e despois levar ás súas notas á policía do concello. É sinxelo recoñecelo porque sempre leva unha viseira, un gran abano que nunca remata e está rodeado de pombas ás que lle dá de comer na praza de Armas…E así Pachara ou Pachariña. Pablo Couselo Fernández 5º B
Pachara
CEIP Isaac Peral
42
CEIP Isaac Peral
43
CEIP Isaac Peral
44
45
CEIP Isaac Peral
46
47
48
49
50
51
Imos a…
CEIP Isaac Peral
52
Imos a…
53
Imos a…
54
Imos a…
CEIP Isaac Peral
55
Imos a…
CEIP Isaac Peral
56
CEIP Isaac Peral
57
CONCERTO DIDÁCTICO NO JOFRE No Jofre asistimos a un concerto didáctico realizado por dous músicos, un gaiteiro chamado Daniel Bellón que nos explicou as partes da gaita e todas as formas de tocála e outro tocaba o acordeón e chamábase Diego Maceiras, que tamén nos ensinou como era o seu instrumento. Foi moi divertido porque mentres tocaban as cancións nós aplaudiamos e gustounos moito. IBERDROLA, ENERXÍAS RENOVABLES Nun camión de Iberdrola puxéronnos unha película onde nos explicaban as diferentes formas de enerxía que se coñecen e tamén fixemos uns xogos que nos ensinaban como podiamos aforrar enerxía. Despois colocámonos de catro en catro e sacáronnos fotos para facer unha chapa para cada un. Ao final déronnos semillas e un caledario. Foi moi divertido.
AQUARIUM FINISTERRAE Está na Coruña, na beira do mar porque así collen más fácil a auga para encher os acuarios e as piscinas. É un edificio moi grande, na planta baixa hai unha sala enorme que se chama Maremagnum con aparatos que podemos tocar, escoitar e ulir. Tamén hai acuarios moi grandes con peixes das nosas costas dos que as monitoras nos foron explicando as súas características e unha especie de tanque con rodaballos, esponxas e outros animais mariños que tocamos coas mans. Ademais diso tamén puidemos xogar con barcos de radiocontrol. Na planta do sótano vimos unha sala que parece un submarino, por eso lle chaman ‘’O Nautilus’’ porque nos recorda o submarino do libro de Julio Verne 20.000 leguas de viaxe submarina’’. Ao final da sala está a habitación do Capitan Nemo,cuns acuarios inmensos con miles de peixes e, os tiburóns touro ,que foi o que máis nos impresionou. Fora do edificio hai dúas piscinas, nunha vimos como xogaban as focas mariñas e na outra como se escondían os polbos. Traballo feito coa participación de todos os alumnos de 4ºA CEIP Isaac Peral
58
CEIP Isaac Peral
59
PINOCHO 3000 É unha nova versión do conto popular. Na película o Pinocho que fabrica Gepeto é Un robot que vive como un neno. O seu pai quéreo moito porque é moi bo e non entende que o alcalde do pobo non o queira e lle teña envexa .Gepeto, en cambio é sempre moi amable con el e iso o alcalde aínda o enfada máis. Pinocho ten dous amigos, un pingüino inventado polo alcalde cun experimento fracasado, que lle axuda sempre a solucionar os problemas que se lle presentan, e unha fada boa que quere axudalo a convertirse nun neno de verdade.
TEATRO DE TÍTERES “ OLLOS PARA VER” A protagonista desta obra de teatro tro de títeres é unha nena que ten Síndrome de Down e chámase Carmela. Cóntanos como temos que facer unha viaxe polo bosque para poder valorar todo o que vemos. 4º Primaria CEIP Isaac Peral
60
VISITA AO INSTITUTO RODOLFO UCHA O 26 de maio visitamos o Instituto Rodolfo Ucha. Alí, organizáronnos moitas probas deportivas divertidas: carreiras de sacos, derribo de torres, xogo da chave, platos chinos, pimball, romper globos, frisbic, carreiras por parellas, xogos con sillas, zancos, Indiana Jones etc. Estivemos xogando durante varias horas e ao final, para recompensar todo o esforzo realizado, déronnos distintos premios: ao máis limpo, marchoso, divertido, traballador colaborador e ao máis simpático. Despois tomamos a merenda que levábamos e regresamos ao colexio. Foi un día superdivertido que non olvidaremos.
EXCURSIÓN A LUGO O 31 de maio os alumnos de 4º fomos de excursión a Lugo. Ao chegar paseamos polas murallas romanas e máis tarde deixáronnos xogar un pouco na praza do concello, onde había un xogo de xadrez xigante no que puidemos xogar. Algúns nenos aproveitaron este tempo para comprar golosinas nun quiosco. Despois visitamos unha exposición na “Fundación de Caixa Galicia” de cadros, libros e obxectos valiosos de Luis Seoane. A saída, demos un paseo pola cidade e compramos algúns regalos para a familia. A hora de comer leváronnos ao “Club Fluvial” de Lugo que está, como é lóxico, a beira do río Miño. Alí, comimos en mesas de pedra ao aire libre. Ao acabar, recollimos todo e dixáronnos xogar no parque que había. Á merenda as profesoras compráronnos un xeado e cando o acabamos regresamos. Pasámolo xenial. Realizado por os alumnos de 4ºA
CEIP Isaac Peral
61
CEIP Isaac Peral
62
Imos a…
CEIP Isaac Peral
63
Imos a…
CEIP Isaac Peral
64
CEIP Isaac Peral
65
Imos a…
CEIP Isaac Peral
66
Imos a…
CEIP Isaac Peral
67
Imos a…
CEIP Isaac Peral
68
Imos a…
CEIP Isaac Peral
69
Imos a…
CEIP Isaac Peral
70
Imos a…
CEIP Isaac Peral
71
Coidamos a nosa alimentación
Imos a…
CEIP Isaac Peral
72
O día 24 de maio do ano 2011 con motivo da nosa excursión de fin de curso partimos en autocar ás 08:00 de Ferrol para pasar catro días na capital do noso querido país (á que eu, Carolina, acudiría por primeira vez); o primeiro día fomos ata Segovia onde vimos marabillas de esas que se recoñecen a simple vista como o belísimo Alcázar de Segovia ou o acueduto romano, polo que se transportaba auga do río a tódolos puntos da cidade. De seguido paramos a comer nun restaurante onde tomamos sopa de verduras, polo e de sobremesa arroz con leite, un prato que non faltou nos primeiros días. Sobre as catro e media chegamos a “ La Granja de San Ildefonso” que non se pode xulgar polo seu nome, porque en realidade é un palacio onde viviron reis da dinastía Borbónica empezando por Filipe V; o palacio é unha belísima obra de arte onde se poden apreciar cadros e esculturas das raíñas e reis co habitaron, preciosos tapices e tamén as cerámicas exóticas que ten, como lacas chinas para a raíña . Ao chegar
aos xardíns hai moitas fontes con imaxes como por exemplo de Neptuno, e ata un labirinto vexetal con atallos por se non sabes saír del. Do palacio trasladámonos no autocar ata o hotel chamado “HOTEL GEMA FUENLABRADA” onde nos deron as tarxetas e fomos deixar as maletas nas habitacións, ceamos e durmimos.
Ao día seguinte almorzamos no hotel e outra vez subimos ao autocar para ir ao Museo do Prado. Este museo é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de Mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras
de Velázquez, Goya (que foron as que máis nos explicaron),Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronense, Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de calidade (unas 900 pinturas), dun total de 7.800 que ten no seu inventario. Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que provén das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.
CEIP Isaac Peral
73
Despois de saír do apreciado museo nos diriximos a facer un recorrido por la cidade onde gobernaron as dinastías dos Austrias e dos Borbóns, así que pasamos polo CONGRESO DOS DIPUTADOS, O Edificio do SENADO, A Praza do Sol onde vimos aos acampados do 15M; logo ao chegar á Praza Maior ensináronos o antigo concello, é o que chaman “A Vila”, ata chegar ao “Museo do Xamón”, que foi onde paramos a xantar. Pola tarde fomos ao estadio onde xoga o mellor equipo de fútbol do mundo, o REAL MADRID, chamado “SANTIAGO BERNABEÚ “ en honor ao seu fundador.
Neste estadio vimos as copas, o equipo dende o seu principio tanto o de fútbol como o de baloncesto, o seu equipo de béisbol, o campo de xogo, o banco dos xogadores suplentes, o vestiario do equipo visitante, etcétera e de volta ao hotel.
O último día visitamos o ZOO AQUARIUM DE MADRID, aquí esperábannos dous guías que nos foron ensinando o zoo e explicando a importancia destes recintos e os diferentes comportamentos e hábitats dos distintos animais que teñen, así como algunhas curiosidades sobre eles.
Ata acudimos ao delfinario onde vimos o gran espectáculo organizado polos delfíns e os seus respectivos amestradores. Despois de xantar iniciamos o regreso cara as nosas casas. Ao atardecer fomos a cear ao restaurante do “hotel Ponferrada” e a 1:15 chegamos a Ferrol onde nos esperaban as nosas queridísimas familias.
O terceiro día acudimos á Warner, alí as profesoras fixáronnos un punto de encontro que non era fixo, tiñamos que estar nese punto de encontro cada hora e media. Ese día foi o que máis aproveitamos para gozar porque podemos montar en case todas as atraccións e despois de pasar o día alí regresamos ao hotel.
CEIP Isaac Peral
Elaborado por: María e Carlos B. de 6º A Carolina de 6º B
74
Todos os valores que
Puidemos comprobar que
recollemos neste artigo
xuntos temos mais forza,
foron tratados no taller
que traballando xuntos,
ao que asistimos o
podemos
alumnado de 5ยบ e 6ยบ.
conflitos, que democracia significa
resolver goberno
do
pobo.
CONVIVENCIA
CEIP Isaac Peral
75
UN PATIO DE CORES A hora do recreo sempre nos gustou moito a nenos e a profes, pero este curso aínda máis. O noso patio encheuse de cores, mellor dito de xogos de moitas cores. E iso anima un montón a moverse, compartir, inventar…
COIDÁMOLOS MOITO, PORQUE QUEREMOS DISFRUTALOS SEMPRE!
CONVIVENCIA
CEIP Isaac Peral
76
PASATEMPOS CANCIÓNS Cal é o título da canción á que pertencen estes versos? a) Na beira do mar… b)Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo … c) Un meniño rebuldeiro que fale … d) Nunha lancha de Marín … e) E bate fado e bate ben … f) Ai ao mar mariñeiriño … g) Os mariñeiros traballan … h) Teño dentro do meu peito… i) Que din os rumorosos …
ACERTIXOS LÓXICOS 1) O pai de Rosa ten 5 fillas: unha chámase Nana, outra Nene, outra Nini e outra Nono. Como se chama a última? 2) Dous pais e dous fillos foron pescar. Tres peixes pescaron e tocoulle a un por cabeza. Como puido ser? 3) Cando ía eu para A Coruña atopei sete mulleres de fronte. Cada muller levaba sete sacos e cada saco sete ovellas. Cantas mulleres e ovellas ían para Coruña?
4) Catro equipos de fútbol participan nunha competición. Ao rematar o torneo, cada un meteu tres goles e cada equipo gañou un número diferente de partidos. Cales foron os resultados dos partidos? 5) Un home fai un furado nunha hora e dous homes fan dous furados en dúas horas. Canto tarda un home en facer medio furado? CADRO DE NÚMEROS Coloca neste cadro números do 1 ao 9, de xeito que, en horizontal, en vertical e en diagonal sumen sempre 15.
CANCIÓNS: a) Na beira do mar. b) Apaga o candil. c) Sementar, sementarei. d) O rodaballo. e) O Sancristán de Coimbra. f) Amoriños collín. g) Catro vellos mariñeiros. h) O Pirimpimpín. i) Himno Galego.
ACERTIXOS: 1) Chámase Rosa. 2) Porque eran avó, pai e fillo. 3) O que ía A Coruña era eu. 4) O equipo A gañou tres partidos 1-0. O equipo B perdeu co equipo A 0-1. O equipo C perdeu tres partidos; con A 0-1, con B 2-1 e con D 3-2. O equipo D perdeu con A 1-0, con B 1-0 e gañou ao C 3-2 5) Non hai medios furados CADRO DE NÚMEROS: 8 1 6 3 5 7 4 9 2
CEIP Isaac Peral
77
Xa dixen fai tempo que non é nada grato para min esta data. Non me gusta mirar para vós e ver que nos deixades. ¿Sabedes
o que doe deixarvos partir? Porque os malos ratos se
esquecen, e cando chega xuño, os que xa peitamos canas, lembramos todo o bo que vivimos ao voso lado. Cando me poño enriba das escaleiras e miro para cada un de vos que subides, por certo case todos sen saudar (por favor , non costa caro un “vos días”), me gusta xogar a pensar que algún día regresaredes cos fillos a matriculalos no centro, que leremos na prensa os éxitos e logros que vos depara a vida ou que viredes polo colexio simplemente a recordar cómo era ou ver quen dos profes resiste o paso do tempo ( por certo que sempre son os mesmos: Pepín e Mili, os mais lembrados ) Sei que cada quen intentará elixir o que facer na súa vida, e a maioría o conseguirá. Viviches en liberdade, compartindo cos compañeiros moito, tratamos a cada un de vos con cariño, como era de esperar, e se hai algo que intentamos que vos quedara ben gravadiño, foi que as cousas non caen do ceo, hai que esforzarse cando se quere conseguir algo. Que podades todos dicir que o Isaac Peral os marcou nestes valores para sempre é un orgullo para un docente, sempre que esa marca sexa a forza que toda persoa necesita para triunfar como persoa , para ser
feliz. CEIP Isaac Peral
78
Nestes tempos tan difíciles para abrir os corazóns, confiamos todo o profesorado en que sexades capaces de desculpar cando non acertamos coas nosas decisións e cando non puidemos dedicarvos o tempo que nos pediades. Pero pensade moito no que vos digo: cada profesor pon o mellor que ten cando vos
ensina algo e sempre o fai pensando que aquel neno ou nena que ten diante é importante e iso que está aprendendo, vaille servir na súa vida, dando todo o que sabe para que así sexa. Vos animo a todos vos a que estudedes para saber , polo pracer que da saber algo mais cada día e darse conta de que tamén hai moito que aínda non sabe , e non para aprobar exames. Que leades todo o que vos cae nas vosas mans e pensedes que no colexio aprendese moito, moito mais que lingua e matemáticas. Que sexades felices e que os que vos queren podan compartir con vos esa felicidade. Xa sabedes do que falo. ¡Mirade nas vosas mochilas ! Aí tedes o que deixades atrás pero tamén o que levaredes sempre con vosoutros. E sempre estaremos aí!. Grazas por colaborar en facer un colexio diferente. Sempre será o voso colexio
Todo un honor para os vosos mestres teros coñecido. Unha aperta.
Perancha CEIP Isaac Peral
79
Para o curso que ven non
Adeus s exames fáciles,adeus as boas profesoras,
estaremos
adeus as explicacións fáciles, adeus ao bo! Ti
pero a este cole no
estarás no meu corazón
corazón sempre o
Diego de Juan Vázquez
teremos Uxía Lamas Pereira
Colexio que tanto me tes ensinado…Aprendín moito.
Te despido, gran colexio, non
polas
Moitas grazas por todo.
dimensións,
Unha aperta
seón polo corazón que
Fernando Casas
tes. ADEUS! Javier López Arteaga
Adeus a un colexio que
Por se hai algún disléxico no colexio, sorte! Eu tamén teño pasado os cursos. Grazas as profes que me axudaron. Adeus querido colexio.
moito nos ten ensinado e
espero que os futuros alumnos o pasen moi ben e estuden tanto coma nós. Miriam Carreira
María CEIP Isaac Peral
80
Adeus.Voume con ledicia e tristura a vez
Antonio Cruz Nagy
Espero que no instituto todas as profesoras sexan como as do cole e
Desexo que todos
que todo o mundo que chegue a 6º
aprendan que aínda
se de conta de que inda que
que marches tamén é
marches todos os que te axudaron
algo bo
seguen aquí
Cristina Pérez
Sabela Adeus colexio!
Gustoume todos os días que esiven no colexio
dende
infantil.
Adeus
colexio
porque agora son maior! Bea Grazas por todos os bos momentos que pasei eiquí, no meu colexio Clara Mariana
CEIP Isaac Peral
81
Despois de traballar na ensinanza privada e percorrer a xeografía galega, aló polo ano 1989 recala Curra no colexio Isaac Peral, onde “currou” coma ninguén, impartindo clases en diversos cursos, desempeñando a Xefatura de Estudos e colaborando activa e animosamente nas actividades extraescolares. Dende este humilde xornal escolar, como colofón da súa profesión, queremos renderlle unha sentida homenaxe e auténtico aprecio. Como persoa amante do que fai, énos moi fácil recoñecer a súa eficiente profesionalidade, sustentada nos alicerces da responsabilidade, sensatez, dedicación, comprensión… así coma outras múltiples calidades. Ademais o seu bo facer tamén é recoñecido polo alumnado; expoñente disto é o que se escoitaba recentemente: “É máis que unha profesora, é a persoa que nos escoita, comprende, aconsella e nos fai sentir ben”. A todo o dito súmase que nos seus compañeiros deixa unha paisaxe sementada das súas exemplares pegadas profesionais, unidas a un agarimoso enraizado afectivo que medrou ao longo destes anos.
Curra, ben é verdade que se pecha o teu derradeiro periplo profesional, mais chega a hora de abrir a porta do xúbilo, para dedicar o tempo a gozar da vida, coas intermitencias da ilusión, emoción, alegría… que nos ofrece o día a día; case sempre todo isto postergado polo que implica vivir a marabillosa profesión da educación, como non, tamén polas vicisitudes inherentes a todo ser humano. Curra, a túa xubilación ofrécenos por unha banda a oportunidade de valorar calidades, por outra banda a chegada do momento en que aparece o desexo de que perduren felizmente os lazos de amizade. Para isto, Curra, queda feita esta invitación.
“Vén cando podas ao colexio Isaac Peral para seguir compartindo entre nós vivencias entrañables” Os teus compañeiros 82 CEIP Isaac Peral
1)- Por que escolliches ser profesora? Porque mo aconsellaron os meus pais, era unha carreira curta e eu non era moi boa estudante, aínda que non era mala. Eran outros tempos, nos que non se fomentaba como agora que as mulleres estudasen carreiras; moitas soamente estudaban cultura xeral. Pero desde o momento en que empecei a traballar gustoume moito este traballo.
2)-En que ano empezaches a traballar? En outubro do ano 1963, cando acababa de cumprir 18 anos. 3)- Que fixeches o primeiro día como profesora? O meu primeiro traballo foi no colexio da compañía de María con 42 nenas de primeiro; fai a friorenta de 47 anos. Fíxenlles unha avaliación para comprobar como lía e escribía cada nena. 4)- Que materias empezaches a dar? Daba todas as de primeiro, menos relixión que a daba unha monxa do colexio e nese tempo eu daba Matemáticas na clase desa monxa. 5)- Que materia che gustaba máis cando eras pequena? As Matemáticas e a Física; arrepiábame estudar Historia e agora en cambio encántame. 6)-Que sentes ao xubilarte? Sentimentos contraditorios. Por unha banda apetéceme levar unha vida máis relaxada, logo de tantos anos de “Curre” pero doutra banda sei que vou botar de menos o colexio, porque me gusta a miña profesión. 7)-Recordas a un alumno en concreto? Recordo a moitos, dos moitísimos, aos que dei clase e en xeral en canto me falan recoñézoos aínda que pasen moitos anos. 8)-Sufriches moito ao dar a algúns cursos? Tiven algúns cursos bastantes rebuldeiros. Pero cando realmente sufrimos o profesorado é cando vemos que algún/a alumno/-a malogra por non haber a colaboración necesaria na familia. 9)-Que sentiches ao ir por primeira vez a EE.UU? Esa viaxe non foi basicamente turística, se non para visitar a unha das miñas fillas que estaba alí, aínda que tamén aproveitei para facer algo de turismo e foi moi interesante tomar contacto con outra cultura. Comprobei que é un país con cousas moi boas e con outras nas que teñen moito que mellorar. 10)-De todas as viaxes e excursións que fixeches co colexio, cal che gustou máis? Todas me encantaron, sobre todo no momento de chegar a Ferrol e entregar aos nenos/-as aos seus pais, salvos e felices. GRAZAS CURRA POR DEDICARNOS O TEU TEMPO, QUE GOCES DA TÚA XUBILACIÓN Carla, Daniela e Helia de 6º A
CEIP Isaac Peral
83
Ao chegar a este centro, tan pequerrechos, sentimos un gran cambio na nosa vida , porque pasamos de estar na casa a estar nun centro moitas horas. Pero o que lembramos desta etapa é que foi divertida, xogabamos moito, tiñamos dous recreos, íamos a moitas excursións, aprendemos a pintar, recortar, coller ben o lapis; nunha palabra a prepararanos para ser bos estudantes na primaria e saber relacionarnos ben cos demais. Ao chegar a primeiro aprendemos a ler e escribir, fixemos novos amigos e coñecemos tamén novas profesoras. Segundo, era máis ou menos igual , so que ampliamos os nosos coñecementos e resultounos duro .Tamén tivemos novas profesoras e novos compañeiros. En ese ano estivéronnos falando sobre como ía ser o ciclo seguinte, terceiro e cuarto ,que sería máis rigoroso . Chegamos ao segundo ciclo , e resulta que non era tan difícil como dicían, houbo que traballar moito e Mariví era esixente, severa e firme pero boa , repetimos con ela en cuarto e deixounos moi ben preparados para o seguinte ciclo. Daquela decatámonos que cada curso tiñamos máis deberes que facer , máis que estudar e as cousas íanse complicando acotío. No terceiro ciclo tocáronnos outras dúas profesoras Loli e Curra que tamén nos fixeron andar lixeiros cos deberes e tarefas, e isto sen ter en conta os largos exames… Agora estamos a so uns días de rematar sexto curso e encarar outro reto: O INSTITUTO. Algúns de nós seguiremos xuntos e outros irán para outros centros diferentes. Sentimos tristura por deixar nove anos atrás que aínda nos parecen que foi onte cando comezamos, pero tamén felices por non quedarnos afastados e seguir crecendo. GRACIAS ISAAC PERAL POR TERNOS ACOLLIDO E ENSINADO TANTO! Elaborado por: Santiago M., Myriam e Paloma de 6º
Así eramos nós en Infantil. Canto tempo pasou xa!
CEIP Isaac Peral
84
Este sempre serรก o voso centro!!!
CEIP Isaac Peral
85