Memoria Biblioteca curso 08_09

Page 1

PROXECTO DO CEIP “ISAAC PERAL” CURSO 2008/09


1-INTRODUCCIÓN Iniciamos o curso con ilusión, activando todas as nosas enerxías, pois a NOSA BIBLIOTECA meréceo, xa que é un gran revulsivo como revela: -

a implicación de toda a COMUNIDADE EDUCATIVA en cada acción proposta dende a Biblioteca: mochila viaxeira, lecturas...

-

A aportación de ideas.

-

As boas prácticas educativas.

As iniciativas para o noso proxecto fundamentáronse nos seguintes alicerces: -

Crear motivos que levaran aos nenos/as a ler e sentir este acto como algo pracenteiro, útil e vieiro para a elaboración do coñecemento, con autonomía e iniciativa persoal.

-

Facer da comprensión lectora e comunicativa un dos eixes do noso traballo.

-

Mobilizar os recursos da Biblioteca como ferramenta imprescindible nas actuacións escolares.

-

Participar en experiencias plásticas:exposicións, obradoiros das mesmas, modelado de plastilina, cerámica; ilustracións das propias creacións e poesías/fragmentos de escritores.

-

Desenvolver conciencias críticas con valores, actitudes e destrezas que fagan medrar a autoestima e a capacidade de responsabilidade.

Este curso houbo obras na biblioteca que supuxeron un parón nos préstamos bibliotecarios, pero o resultado final foi tan de impacto, que valeu a pena a espera. Esta reforma xurde porque consideramos que é moi importante que o alumnado acceda á LECTURA

nas mellores

condicións posibles. Lectura para que flúan dos nenas e nenas letras, sílabas, palabras, frases: plasmar as súas ideas ata chegar á produción e ilustración dos seus propios textos!, xa que LER considérase o camiño para a asimilación e o procedemento para manexar as posibilidades da linguaxe.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

1


2-ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA NOSA BIBLIOTECA A nosa biblioteca rexistrou unha gran modificación no 2º trimestre do presente curso, ampliouse a superficie ao dobre, tirouse un tabique O traballo de mellora foi custoso: en cartos, tempo e esforzo do profesorado. Mellorouse moito a ambientación. Creouse o recuncho de ordenadores para a lectura en rede ou consulta. Mercándose o mobiliario preciso e facendo a instalación de máis puntos de internet. Instalouse unha pantalla e un canón para audiovisuais. Clasificación e informatización de gran parte dos recursos. Foi necesario contratar unha bibliotecaria para facer este traballo, (unha quincena) xa que o profesorado non dispoñía de tempo. Adquisición de fondos documentais relacionados coas actividades desenvolvidas.

Formación de usuarios: Seguiuse na liña de actuación dos cursos anteriores: Formar alumnos/as de 6º para que axuden nos empréstitos e no arranxo da biblioteca.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

2


Informatización dos préstamos. Manter o obradoiro de informática para aprender a traballar con diferentes programas e saber buscar información. Actividades de pescuda na rede (caza do tesouro e webquest) con motivo de datas sinaladas. Formación do profesorado, por parte do grupo das TICS, no uso das novas tecnoloxías. O grupo da biblioteca este curso participou: - Nos encontros mensuais de PLAMBE-FERROL, onde xurdiron actividades conxuntas, que se adaptaron en cada centro as características do alumnado. - En charlas, convidados por outros centros: Programa Meiga, competencias básicas, proxectos escolares... - Aos Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia e aos Encontros PLAMBE.

Horario Coma é habitual nos últimos anos, elaborouse un horario para uso da biblioteca por parte das titorías, reservándose 1h. semanal para cada aula. Tamén o da aula de informática (Anexo I) Mantívose aberta na hora do recreo para préstamos e consultas e polas tardes para toda a Comunidade Educativa. Á coordinadora destináronselle as 2h. semanais. Tempo insuficiente. Os demais compoñentes do grupo dinamizador da biblioteca, unha hora, coincidindo todo o equipo. Foi de gran utilidade este tempo en común, porque aportábanse as ideas recollidas no ciclo e levábanse as propostas de actividades programadas. Aínda así, é tempo insuficiente para realizar as numerosas tarefas que require unha boa preparación das actividades polo que foi necesario acudir moitas tardes para poder planificar, decorar, elaborar... Esta falta de tempo é un indicador da necesidade de que doten a este centro cun profesor máis que puidera cubrir esas horas que necesitamos, pois hai dúas liñas coa ratio máxima.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

3


3-INFORMACIÓN E APRENDIZAXE Grao de consecución de obxectivos Cremos que podemos estar satisfeitas dos logros conseguidos gracias ao interese posto polo profesorado e o alumnado, como queda reflectido na produción dos seus traballos. Fomentouse a participación, promovendo o intercambio de experiencias entre o profesorado do centro e con outros centros da comarca. Contextualizar os coñecementos adquiridos. As actividades redundaron na consolidación das competencias básicas e a compensar diferenzas sociais. Resposta moi positiva de todo o alumnado nas actividades motivadoras da lectura: maior nivel e comprensión lectora e comunicativa. Implicación de toda a Comunidade Educativa en tarefas do ámbito da lectura. En resumo toda resposta positiva merece o esforzo de continuar nesta labor dinamizadora cara a lograr grandes lectores.

Actividades Todas as actividades que se levaron a cabo no centro, tanto de conmemoracións, como de fomento da lectura foron promovidas polo grupo da biblioteca, algunhas en coordinación co equipo de Normalización Lingüística. Por iso imos presentar o noso plan de actuación por trimestres. Todas as actividades aquí expostas están recollidas no CD anexo que presentamos, e colgadas na páxina web do centro: http://centros.edu.xunta.es/ceipisaacperal/?q=category/8/105

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

4


PRIMEIRO TRIMESTRE  Peraliño regresa da súa viaxe Despois de que rematáramos o curso anterior mandando a Peraliño a coñecer mundo, este regresa cargado de libros, obxectos, historias... que expón no corredor do colexio, cunha gran foto del “surfeando”, que chamou moito a atención do alumnado. - Esta imaxe serviu de presentación da nosa mascota ao alumnado de 3 anos. - Todos os cursos foron ver á exposición. Despois fixeron fichas na aula sobre o visto, para fomento da investigación. Leron contos dos que trouxo. Isto foi o xerme que iniciou o proxecto  Día das Bibliotecas Escolares: Inauguración da biblioteca O 24 de outubro de 2008, ábrese oficialmente a Biblioteca do noso centro. - Escóllense lecturas que teñan relación cos países polos que pasou Peraliño neste verán. - As profesoras dos diferentes cursos fan lecturas dramatizadoras de diversos textos.

Para

invitar

á

inauguración

fixéronse dous carteis, un para cada etapa.

- E.I. “Once damas atrevidas” de Helle Thomassen. As mestras elaboraron as personaxes do conto e as fotografías dos lugares que visitaban as damas e os medios de transporte que utilizaron. -

Ilustración do conto por parte do alumnado.

-

Entrega de carnés ao alumnado de nova matriculación.

- 1º ciclo de E.P. “Matrioska” de Dimiter Inkiov, apoiado polas bonecas de madeira. - Un dos libros da exposición “Llegué de Etiopía” deu pé para que este ciclo abordara un pequeno proxecto: “DE ONDE VEÑEN?” A temática do texto é a adopción. Como en 1º hai Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

5


dous alumnos adoptados deste país, desatou unha forte motivación polo coñecemento da súa cultura... e sobre todo por saber que é a adopción?, por que se adopta? quen...? Os pais adoptivos colaboraron moito co profesorado, aportando as súas vivencias, documentación, contos... Unha bonita experiencia onde os protagonistas foron os alumnos: Josefh e Tirfé. - 2º e 3º ciclo de E.P. “20.000 leguas de viaxe submarina” de Xulio Verne. Actividades de investigación, expresión escrita. Elaboración e realización de actividades JClic. -

Agasallo de libros para todas as aulas. Para invitar a dita inauguración fixéronse dous carteis un para cada etapa.

 Día da tradución: -

Conversación sobre as persoas que viven noutros países e se comunican mediante outras linguas.

-

Persoas do noso propio país que falan outra lingua (Comunidades Autónomas)

-

Aprender a canción de aniversario en galego e italiano. Todos coñécíanna en castelán.

 A maleta viaxeira: Retómase esta iniciativa do curso anterior. - Móntanse as maletas para todos os ciclos cos libros que trouxera Peraliño. Nela incluíuse o libro lido na inauguración da biblioteca. Presentouse en todas as aulas A MALETA VIAXEIRA OLA RAPACES E RAPAZAS: AQUÍ VOS DEIXO DE NOVO ESTA MALETA CARGADA COS LIBROS QUE TROUXEN DA MIÑA VIAXE. VÓS, VADES PODER VIAXAR MÁIS CA MIN, PORQUE SODES MOITOS E, COA VOSA IMAXINACIÓN AUNADA, ESPERO QUE SEXADES CAPACES DE SUPERAR A XULIO VERNE. VIAXAR COA IMAXINACIÓN É UNHA ACTIVIDADE QUE NOS RELAXA MOITO, PORQUE PODEMOS ESTAR ONDA QUEIRAMOS E COMA QUEIRAMOS. DESEXO QUE VOLO PASEDES MOI BEN LENDO ESTES LIBROS DOS LUGARES POLOS QUE PASEI E QUE APRENDADES MOITO NELES. BOA E FELIZ LECTURA!!!

- A maleta viaxeira permaneceu ó redor dunha semana en cada clase.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

6


- A maleta de E.Infantil preténdese que resulte máis dinámica, polo que realiza máis percorridos polas clases, permanece menos días en cada unha. Os contos incluídos en cada viaxe estarán relacionados con diversos temas do currículo do ciclo ou ben con algunha celebración. En cada viaxe vanse sumando os novos títulos.

-

Esta actividade en todo o centro resultou moi atractiva para os nenos, especialmente no

momento do “tempo lector” xa que escollían con grande interese o conto. O alumnado levou libros para a súa casa; aconsellou aos compañeiros de cales lle gustaban máis; intercambiaron impresións... Deu pé a unha lectura dialóxica.  O magosto: A quincena do 4 ao 14 de novembro dedicouse á celebración desta festa. Foi programada polo grupo de Normalización lingüística. Dividiuse a actividade en dous niveis. - En E.Infantil estudaron a estación do outono, fixeron ilustracións de árbores, follas; leron contos, aprenderon poemas. - En E.Primaria: investigación sobre o Samaín. Despois recompilación da temática de tradición popular. Invención e ilustracións de contos. - No 3º ciclo fíxose un concurso fotográfico para captar escenas da celebración Como premio aos gañadores recibiron revistas xuvenís. - Todo o centro asistiu a un espectáculo de maxia.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

7


 Dereitos da infancia (20 de novembro) - Lectura dos dereitos do neno: tratar das súas necesidades e o dereito a telas cubertas. - Explicación e conversación - E. Infantil: lectura do libro “Niños como yo” e elaboración dunha actividade plástica relacionada

con

algún

dos

dereitos.

Leváronas ás casas para ser comentadas. - E. Primaria: Escolleron un artigo copiárono, explicárono, decorárono. Montaron un mural.

 Día Internacional da Non Violencia de Xénero (25 de novembro) Sensibilizados co traballo feito había uns días, abordar este tema completou a reflexión sobre os dereitos e deberes. - Preparouse na rede unha presentación con carteis, imprimíronse e expuxéronse nos corredores. (Grupo TICS) - Escolleuse unha canción de Amaral e traballouse a letra. Ilustraron versos. - Fixeron frases en defensa dos dereitos da muller e montouse un mural. - Con este traballo feito no noso centro, o profesorado do IES de FENE, elaborou unha montaxe moi xeitosa que colgou na rede, coa que traballamos todos. Este traballo propúxose dende a coordinadora Plambe-Ferrol

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

8


 A Constitución española (6 de decembro) Pescuda na rede: Elaborouse unha ficha con preguntas que tiñan que ver con esta data. O alumnado de 6º (en grupos), apoiado pola titora coa pizarra dixital, buscaron, nas páxinas aportadas, a información. Pretendíase que coñeceran, sobre todo, os artigos relativos á educación.  Nadal O grupo de coordinadoras do Plambe-Ferrol propuxo facer un traballo de investigación sobre os calendarios. Coma o noso alumnado seguía moi motivado coa volta ao mundo de Peraliño decidimos facer un pequeno proxecto: O NADAL NO MUNDO Dividiuse o traballo por ciclos: - E. Infantil: renóvase a maleta viaxeira con varios contos relacionados coa festa tradicional en distintos países, de cultura nórdica e latina. Fanse adornos e postais.

- 1º ciclo E. P. Quen reparte os xoguetes polo mundo? - 2º ciclo de E.P. Decoración e alimentos típicos nos diferentes países. - 3º ciclo de E.P.: Apoiados na webquest que elaboran no IES Fernando Esquío de Neda, faise un traballo de investigación sobre “OS CALENDARIOS” - Búscanse panxoliñas doutros países e algunha cólgase na rede. - Con todo este traballo elaborado, fanse fichas, coloréanse debuxos, ilústrase... - Concurso tarxetas de Nadal, por ciclos: coa gañadora felicítase ás familias dese ciclo Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

9


 Boletíns ás familias -

Aproximándose un período vacacional, acordouse elaborar unha lista de libros sendo expostos a maior parte deles coma sección da biblioteca no corredor; así os nosos alumnos poderían pedilos como agasallo e gozar do pracer da lectura. Enviouse ás familias no último día de vacacións. Tamén se colgou na páxina web do centro

SEGUNDO TRIMESTRE  RENOVACIÓN DA BIBLIOTECA Nas vacacións de Nadal levouse a cabo a reforma da biblioteca, ampliándose a superficie ao dobre. Isto supuxo unha obra de albanelería que durou todo o mes de xaneiro.Así que ese mes non puido funcionar o empréstito. As razóns desta reforma foron as seguintes: -

Ampliar o espazo.

-

Instalar

puntos

de

internet,

cos

correspondentes ordenadores para ser usados polo alumnado como un recurso máis, necesario nunha sociedade dixital. -

Instalar unha pantalla para proxeccións.

-

Adquirir mobiliario axeitado ás necesidades e recolocar o que xa había.

-

Habilitar e decorar o novo espazo para facelo máis acolledor.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

10


Día da Paz (30 de xaneiro) - Proxecto: “A PAZ NO MUNDO” - O material foi todo elaborado polo grupo das TICS , colgaron na rede todos os carteis con palabras e frases que falaban de paz. A partires deses paneis os diferentes ciclos crearon poemas, contos, debuxos. Para o terceiro ciclo programaron a caza do tesouro : A PAZ NO MUNDO, para que investigaran, se documentaran e realizaran actividades relacionados coa temática. - O acto deste día aproveitámolo para “reinaugurar” a BIBLIOTECA: Dramatizáronse contos e poemas co apoio das novas tecnoloxías.

E.Infantil: “Una isla lejana” 1ºciclo de E.Primaria:”Leonor y la paloma de la paz” 2ºe 3ºciclo de E.P:”Batalla de Naipes” - Como remate no patio cántase a canción de Antonio Flores:”No dudaría”.Faise unha carreira solidaria coa finalidade de recadar fondos para unha ONG: a Cociña Económica da cidade.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

11


A MOCHILA VIAXEIRA Esta iniciativa comeza a súa andaina no mes de febreiro. Todas as aulas acóllense. - Trátase dunha actividade que fomenta e reforza o desenvolvemento do hábito lector en toda a familia e crea vínculos entre esta e a escola cara un obxectivo común: O AMOR Á LECTURA” - A mochila viaxa á casa de cada neno/a interesados nesta actividade e permanece alí preto dunha semana (de xoves a mércores). - As familias que queiran participar da iniciativa deben cubrir unha autorización, comprometéndose a respectar as normas de utilización do contido e o tempo de entrega. A resposta das familias a esta iniciativa foi moi positiva e a demanda moi grande, sendo necesario nalgúns casos a ampliación do nº de mochilas. Os comentarios no caderno viaxeiro son de agradecemento e parabéns por esta nova actividade e de ánimo a seguir nos vindeiros cursos.  Día de San Valentín (14 de febreiro) Ao alumnado do 3º ciclo (xa na etapa dos primeiros namoramentos) se lle propón que nesta data traían algo vermello e que compoñan poemas ou slogans que falen do amor. Reflexiónase sobre as distintas clases de amor e xurde a proposta co slogan “Apertas con corazón”, de maneira que debían abrazar a todos os que se atoparan nese día (venres 13). Foi unha actividade moi creativa que lles fixo moita gracia.  O Entroido - Pensando no noso proxecto decidimos que os mandados que poñemos na semana do Entroido (do 16 ao 19 de febreiro) tiñan que estar relacionados coa nosa ría. Por iso cada día o mandado pedía algo que tiña que ver con ela. Algúns disfraces resultaron algo máis difíciles, pero iso non impediu a participación dunha gran maioría. Grazas aos pais pola súa colaboración e imaxinación. Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

12


 Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo) - Dende o Plambe-Ferrol tamén hai propostas para este día. Aínda que estaban máis adaptadas a Secundaria.

No centro: -

Trabállase na pescuda de noticias no xornal e serve de enlace coa semana da prensa

-

Pescúdase sobre a historia deste día e sobre mulleres pioneiras na loita contra a desigualdade.

-

Ilústranse carteis.

-

No 3º ciclo, seguindo co noso proxecto, abórdase a problemática da muller e o mar.

-

Fanse exposicións con todo o traballado.

-

Gran colaboración das familias para abordar o tema.

 Semana da Prensa (9 ao 13 de marzo) O grupo da biblioteca queriamos que o alumnado manipulase moitos xornais. Así que fomos mercar a libraría un de cada país, para que compararan as seccións, leran noutro idioma, investigasen a súa procedencia... O que máis lles impactou foi o xornal chinés, moi amablemente doado polo restaurante que hai desa nacionalidade na cidade. - Escolleron noticias e con elas fixemos murais. - Repartimos o xornal do centro e no tempo de ler, todos limos os artigos de todos. - No terceiro ciclo escribiron noticias en formato de artigo periodístico.  O noso xornal: Mareiriña Este curso pensouse en editar o xornal na semana da prensa, como un xornal máis a traballar. Neste exemplar recolléronse os traballos de creatividade do alumnado e os artigos que explicaban as diferentes actividades que tiveran lugar no centro ao longo deste tempo escolar. - Aproximándose o final do curso sairá a segunda edición. Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

13


 Día mundial do teatro (27 de marzo) Peraliño chega ás nosas costas e como as atopa? Pareceunos unha pregunta que podía dar xogo para a creación dunha pequena obra teatral. - Coméntaselle aos alumnos de 5º Embarcáronse de contado, escribiron, ensaiaron e representárona o día do teatro: “A contaminación das nosas praias” - Exponse no corredor preto da biblioteca unha selección de obras teatrais para que o alumnado as colla para ler con tranquilidade na aula. - Fixéronse lecturas dramatizadas nas aulas, durante unha semana. - En E.Infantil representouse o conto “A ratiña presumida” mediante monicreques.

TERCEIRO TRIMESTRE  Día Internacional do Libro (23 de abril) - Peraliño leva atracado na ría todo o curso. Cando entra nela o primeiro que divisa son dous grandes castelos que custodian a poboación ferrolá. Queda abraiado e proponnos investigar sobre eles. - Que mellor momento para animar á lectura desta temática que o día do libro: “Os castelos” Para motivar a esta actividade: - Faise unha exposición de libros, divulgativos e de narrativa, relacionados co tema. Algúns aportados polas familias. - Promóvese unha actividade plástica nas casas: a construcción de castelos, que é moi ben recibida e a participación foi numerosa. Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

14


- Traballo de creatividade:”Para min un libro ou un conto é?” - Elabóranse traballos de investigación sobre castelos. - O alumnado do 2º ciclo elabora un traballo en DIN A2 co estudo dos nosos castelos. - Cada ciclo escolle unha lectura que teña relación cos castelos para ler no acto que se celebrou no patio do colexio. - A cada aula agasállaselle cun libro cuxa temática son os castelos ou os seus habitantes: pantasmas, vampiros, princesas, soldados... - O alumnado do 1º ciclo visitou a Biblioteca Municipal.  Día das Letras Galegas. Unidade didáctica Esta semana foi programada polo equipo de Normalización Lingüística. - Dende a biblioteca serviuse de apoio para a busca de documentación sobre esta data e fíxose unha exposición cunha obra representativa de cada un dos autores que ata o de agora foran agasallados. - Expuxéronse murais feitos polos alumnos cos títulos das obras do autor e a súa síntese. - Como a obra de Ramón Piñeiro parecía complexa para as idades do noso alumnado, propúxose traballar poemas de Rosalía de Castro xa que el estudiara a saudade rosaliana. - Visita da escritora Fina Casalderrey - Remate da festa: todos cantamos:”A saia de Carolina”  A escritora Fina Casalderrey O grupo dinamizador da biblioteca propúxolle a todo o profesorado de primaria que o alumnado coñecera máis polo miúdo a obra desta autora. Cada nivel leu un libro diferente e traballouse na aula. O día das Letras Galegas, a escritora estivo como agasallo. Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

15


 O tren da lingua Patrocinado por Caixa Nova o alumnado do 2º ciclo viaxou en tren ata Betanzos para asistir a unha representación teatral:”Clara viaxa polo mundo”, moi relacionada co noso proxecto.  Conta contos Todos os anos, dende a Biblioteca, preocupámonos de que o alumnado viva a experiencia de escoitar un conto na voz doutras persoas diferente ao profesorado. A resposta do alumnado é sempre emotiva. Viven con eles a historia e motívanse para ler despois ese e outros contos. Este curso escoitaron “Contos solidarios” “Unha montaxe de Kalandraka de varios contos”  Clausura da biblioteca Debido ao tempo de parada que houbo no mes de xaneiro decidimos este curso ampliar o tempo de préstamos ata mediados de xuño. Rematarase coa lectura dramatizada, por parte do alumnado de 6º, (que deixa o centro) dun texto teatral: “As tres cabazas”.  Dinamización do proxecto Peraliño, en táboa de surf, foi o ente dinamizador por antonomasia: pola súa atractiva e próxima actividade deportiva. Recolleuse información sobre a ría: a muller e o mar, os castelos. Escribiuse e representouse unha obra de teatro. Construíronse maquetas de castelos coa implicación das familias. Agasallo ás aulas con libros relacionados con esta temática. Lectura de contos na rede: enlaces directos dende a nosa páxina web. Traballos na rede sobre o proxecto: actividades JClic e Webquest Fin de curso: Viaxe en barco como premio polo traballo realizado.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

16


OUTRAS ACTIVIDADES Ademais das actividades que se promoven dende a biblioteca, non se poden esquecer outras que as propias titoras programan e que sempre teñen a finalidade pedagóxica do aprendizaxe. Algunhas están moi relacionadas coa lectura e a escrita.  Itinerario lector Ao principio de curso as titoras elaboran, co apoio da Biblioteca, o listado de libros que van ser lidos en común nas aulas. Escóllense textos próximos a eles, que traballen valores e sexan dinámicos e motivadores. (ver Anexo II)  Poesía e imaxe Todos os anos o centro participa no concurso que a mesa para a Normalización da Lingua, convoca cara á primavera. O alumnado escolle un poema e ilústrao. Despois expóñense polos corredores.  Cine-teatro Ao longo do curso asistíronse a varias sesións de cine, que inculcan valores como a amizade, amor á familia, autoestima... Representacións teatrais diversas: “Marco Polo”, “E se xa non hai maxia”, Un grande abrigo” “Lume”...  Exposicións Como todos os anos séguese a asistir as exposición que fai a Fundación Caixa Galicia, onde programan visitas guiadas con obradoiros. Son moi instrutivas, polo que ven e aprenden, e pola experiencia de ter que reflectir o vivido nunha actividade relacionada co visto. Ademais acerca ao alumnado ao mundo da pintura, escultura e literatura.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

17


Materiais producidos -

A páxina web do centro http://centros.edu.xunta.es/ceipisaacperal/ está a servir de canle comunicador. Ademais de servir para dar a coñecer as actividades feitas no centro e de medio de comunicación entre nós e as familias, serviunos como ferramenta de traballo na procura de información de aqueles traballos de investigación que se levaron a cabo por mor de datas sinaladas: Nadal, Paz, Día do libro...

-

Elaboráronse guías para o Nadal, e agora farase outra para o verán, que ademais de levalas impresas para as familias, danse a coñecer a través da páxina web.

-

Confeccionáronse

unidades

didácticas

para

as

diferentes conmemoracións (magosto, Antroido, Letras Galegas) -

Buscáronse fondos documentais para a elaboración das actividades, as exposicións, para a creación de contos, poemas, lendas e facilitouse material informativo de ilustración.

-

Púxose ao alumnado moi en contacto cos xornais en diferentes formatos e idiomas. Traballáronse as partes dun xornal.

-

Experimentouse con diferentes técnicas plásticas para a elaboración de murais, caricaturas, retratos, carautas...

-

Elaboración, en colaboración co grupo das TICs, de: Webquest “Ferrol, unha cidade aberta ao mar” Actividades JClic: Ferrol, unha cidade aberta ao mar Caza do Tesouro “A Paz no mundo” Actividades JCLIC “20.000 Leguas de viaxe submarina” (Julio Verne)

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

18


4. AVALIACIÓN O proxecto deste curso foi moi ben acollido por toda a Comunidade Educativa. A chegada de Peraliño montado nunha táboa de surf captou moito a atención do alumnado: de onde viña?, como o pasara no verán, despois de marchar a dar a volta ao mundo?, que ía acontecer neste curso?. Para valorar a eficacia do proxecto procuramos obter datos do PROFESORADO, que fixo de observatorio en cada actividade e do ALUMNADO que vertía a súa opinión nun coloquio de aula. De barómetro serviunos a “MOCHILA VIAXEIRA” onde na correspondente folla, cada FAMILIA deixaba a súa opinión da propia mochila e tamén doutras actividades que se estaba a facer na Biblioteca. As TICS tamén nos deron os seus rexistros. Centrámonos na evolución de: -

Medre do índice de lectores.

-

O incremento efectivo da lectura a través da comunicación oral e escrita.

-

Celebración de eventos relacionados coa lectura e a escrita.

-

Gran implicación do Equipo Directivo, do profesorado, do alumnado e das familias.

-

Parabéns á ampliación da BIBLIOTECA. Por fin cabe un ciclo (100 alumnos/as)

-

Proxecto lector segue o seu camiño. A actividade de “un tempo para ler” mantén o mesmo horario do curso pasado. A resposta segue sendo moi positiva; altérnanse diferentes formatos: lectura libre (a maior parte das veces), lectura dirixida, lectura compartida, dramatización de textos teatrais, lectura na rede co alumnado de 4º de E.Primaria.

Dificultades achadas: -

Facer actividades conxuntas no patio (carecemos de salón de actos), con 450 alumnos. Dificulta a audición, dispersa a atención...

-

Levar a cabo proxectos, por carencia de dispoñibilidade horaria á hora de planificar e coordinar as actividades, o cal foise paliando con colaboración altruísta.

-

Debido a data de comezo da mochila viaxeira e ao numeroso da demanda, non foi posible que chegara a todas as casas. Ademais as familias piden máis tempo de permanencia nos fogares. Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

19


5. PREVISIÓNS As accións destinadas a impulsar a actividade da Biblioteca encamiñaranse a: -

Proseguir coas actividades que AXUDARON a vertebrar a nosa biblioteca no sentido máis amplo.

-

Creación de estímulos para que o neno/a atope sentido ao que le.

-

Extensión efectiva do hábito de ler, empregando todos os medios que temos ao noso alcance para a escola e as familias, por ser os determinantes do fortalecemento da Lectura.

-

Incremento de fondos, atendendo as necesidades, novidades, sen perder de vista a calidade de fondo e forma.

-

Informatización de todos os fondos adquiridos e dos medios audiovisuais e libros de literatura que faltan.

-

Busca, exposición e dispoñibilidade de medios relacionados co eixo temático do proxecto.

-

Dotación de libros e audios en inglés para a biblioteca e a “MOCHILA VIAXEIRA” e empezar en outubro o camiñar da mesma polas casas.

-

Traballo específico con aquel alumnado que aínda é reticente ao uso da Biblioteca por propia iniciativa.

-

Intención de crear UN CLUB DE LECTURA.

-

Achega dalgún ilustrador e escritor local como Leandro Lamas ou Anxela Loureiro.

-

Participación en concursos, actividades de teatro, cine...

-

Concienciación do uso indispensable das TICS

-

Utilización da páxina web como medio de comunicación de toda a C. Educativa.

-

Elaboración da 3ª fase do PLAN LECTOR

-

Continuación no “GRUPO PLAMBE” da comarca.

-

Potenciación da lectura dialóxica, para a reflexión, a emisión de argumentos coherentes, o fortalecemento da imaxinación e para o acceso ao patrimonio cultural universal.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

20


Anexo I: Horarios

HORAS

LUNS

INFORMÁTICA MARTES

9:00 9:50

MÉRCORES

6º A Marisa

4º A / 6º A

4º A Marisa

5º B Marisa

2º B Dalia

Isabel /Curra

10:40 11:30

2º A Pilar R.

3º B Mª José

6º B Loli

1º A J. Luis

6º B Marisa

5 anos B 2º Ciclo 4 anos B 4 anos A 5 anos A Sole Hora Ler Marga Nieves Ana

12:20 13:10 13:10 14:00

VENRES

4º B Mariví

9:50 10:40

11:30 12:20

XOVES

5º A / B Pilar /Eloísa

2º A Marisa

1º B Manoli

3º A Mª José

1º B Manoli

5º Pepe

6º Pepe

3º A / B Mª X - Marisa

3 anos Ang/Man/Mart

BIBLIOTECA HORAS

LUNS

9:00 9:50

4 anos B Marga

MARTES

R

XOVES

5 anos B Sole

4º A Isabel

3º B Mª Xosé

9:50 10:40 10:40 11:30

MÉRCORES

VENRES

GRUPO Biblioteca

Biblioteca

1º A J. Luis

5 anos A Ana

4º B Mariví

2º A Pilar R.

E

C

R

E

O

GRUPO

E.I. 3 anos

12:00 12:30 12:20 13:10

2º B Dalia

13:10 14:00

4 anos A Nieves

5º B Pilar B.

3º A Marisa 5º A Eloísa

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

6º A Curra 1º B Manoli B

6º B Loli 21


Anexo II ITINERARIO LECTOR

E. INFANTIL 3 ANOS GALEGO

CASTELÁN

4 ANOS GALEGO

CASTELÁN

5 ANOS GALEGO

CASTELÁN

TÍTULO

AUTOR

EDITORIAL

“A merliña “Os sete cabritos

Antonio Rubio Adap.Xosé Ballesteros Adap. Xosé Ballesteros Olalla Glez.

Kalandraka Kalandraka

Jacques Duquennoy

Edelvives

Jacques Duquennoy

Edelvives

Jacques Duquennoy

Edelvives

Libro interactivo

S.M.

TÍTULO

AUTOR

EDITORIAL

“Sopra neste furadiño”

Antón Cortizas e Leandro Lamas

Émbora

Ramón Trigo

Kalandraka

“O coelliño branco” “Garavanciño” “La cena de los fantasmas” “Operación fantasma” “Los fantasmas en el lago Ness” “Una aventura con el conejo cejo”

Kalandraka Kalandraka

“O pirata plata de lata” “Vestida co arco da vella” “Los fantasmas y la bruja” “Los fantasmas en el sótano” ¿Dónde están los lunares” n

Antón Cortizas e Spela Trober

Émbora

Jacques Duquennoy

Edelvives

Jacques Duquennoy

Edelvives

Celia Warrre

Texto Editores

TÍTULO

AUTOR

EDITORIAL

“Quen fala? “A tartaruga que quería durmir” “Un barquito coma min” “Los fantasmas en el sótano” “Operación fantasma” “Mi primer libro sobre la naturaleza”

Taro Gomi Roberto Aliaga e Alexandra C.

Factoría K libros

Thomas Dochezty

Xerais

Jacques Duquennoy

Edelvives

Jacques Duquennoy

Edelvives

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

OKO Editora

Usborne

22


Anexo II ITINERARIO LECTOR

E. PRIMARIA 1º CICLO

TÍTULO

AUTOR

EDITORIAL

¡Lume!

Alberto Varela Xoán Babarro e Ana Mª Fdez. Ana Mª Fdez. Fina Casalderrey

Xerais

Planeta/Oxford Xerais

Hans Traxler

Xerais

Ana Mª Machado Ramón Loureiro Gloria Fuertes Antonio G. Teijeiro Dimiter Inkiov Alfredo Gómez Cerdá Helme Heine Vicente Muñoz Puelles

S.M.xerme Biblos Susaeta Edelvives S.M. S.M. Anaya Anaya

Os xigantes de nunca acabar GALEGO

CASTELÁN

2º CICLO

GALEGO

CASTELÁN

3º CICLO GALEGO

CASTELÁN

Contos con sombreiros Quen me quere adoptar? A aventura sorprendente dun homiño moi valente O domador de montros A saga de San Ferreol Cuentos de niños Versos de agua MatriosKa El tren saltamontes El coche de carreras Ricardo y el dinosaurio

S.M.

TÍTULO

AUTOR

EDITORIAL

O lapis de Rosalía Viaxe de ida e volta A cidade dos desexos Historia dunha sobreira (teatro) Ás de mosca para Anxo O elefante dunha soa orella O misterio dos fillos de Lúa Juan, Julia y Jericó El misterio del tesoro desaparecido El bosque de los grumos Fray Perico y su borrico La sirena en la lata de sardinas Los amiguetes del pequeño Nicolás

Antón Cortizas Ánxela Loureiro Agustín Fdez. Paz Ramón Caride Fina Casalderrey X.H. Rivadulla Corcón Fina Casalderrey Christine Nöstlinger

S.M. Xerais Everest Xerais Gotelo Blanco S.M. Alfaguara

Jerónimo Stilton

Destino

Carlo Frabetti Juan Muñoz Martín Gudrun Pauscwang

Alfaguara S.M. Anaya

Sempé Goscinni

Alfaguara

TÍTULO

AUTOR

EDITORIAL

A bruxa sen curuxa Contos e poemas para un mes calquera A lagoa das nenas mudas Dúas bágoas por máquina Tres risas e unha voda (teatro) El diario de Arturo Charlie y la fábrica de chocolate Arroyo claro fuente serena La maldición del arquero

Antón Cortizas Jordi Sierra i Fabra/ Antonio G. Teijeiro Fina Casalderrey Fina Casalderrey Ana Mª Fernández Carmen Santonja Roald Dhal Antología Joan Manuel Gisbert

S.M.

Memoria PLAMBE-3 - 2008/09 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol

Planeta/Oxford Xerais Xerais Everest Alfaguara Alfaguara Vicens Vives Planeta/Oxford

23


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.