Jueves 12 de Febrero de 2009 UNHA MOCHILA PARA LER E VIAXAR!! O material de lectura para os rapaces é a base do contido da mochila viaxeira LUIS POLO REPORTAJE DE CRISTINA R.C.
Isaac Peral - Este colexio está a piques de comezar unha iniciativa de préstamo da biblioteca, que xa se levou a cabo con éxito noutros centros
Chegar a casa, abrir a mochila, atopar nela libros, películas e música e poder compartilos coa familia é unha actividade divertida e, ó mesmo tempo, educativa. Esa idea é a que tenta levar a cabo “A Mochila viaxeira”, unha proposta que comezou a súa andadura o pasado curso dende Bibliotecas Escolares de Galicia e que está a acadar unha grande aceptación entre os participantes naqueles centros onde xa se puxo en marcha (Pazos e Esteiro xa traballan con esta iniciativa). O CEIP Isaac Peral está a piques de mergullarse neste proxecto na que tomarán parte as familias que o desexen, sempre que se comprometan a coidar de todo o material e devolvelo nos prazos que se estipulen dende o colexio. A mochila viaxará despois de Entroido polas casas por orden de solicitude (polo que algúns alumnos pode que non gocen da actividade neste curso), levando no seu interior fantasía, ciencia e divulgación. A biblioteca do Isaac Peral, cuxo equipo está coordinado por María Dolores López, pon en marcha este proxecto coa finalidade de “reforzar o desenvolvemento do hábito lector en toda a familia, creando vínculos de unión entre esta e a escola cara a un fin común: o amor á lectura”. A actividade ten as súas peculiaridades dependendo do centro no que se leve a cabo, no Isaac Peral, a encargada da biblioteca explica que a mochila viaxará á casa de cada alumno e permanecerá nela unha semana (de xoves a mércores). Nese tempo, os pais e os fillos poderán compartir libros, ver películas, escoitar música, etc. Como contrapartida deberán plasmar nun caderno viaxeiro (ou diario da mochila) as súas impresións, suxestión ou debuxos. A idea deste caderno é que se podan coñecer os hábitos de lectura dos fillos e manifestar, por parte dos maiores, a opinión sobre a actividade e as posibles propostas de mellora. O contido da mochila (unha por aula) está sendo decidido pero dependerá do curso. Así, para Infantil inclúese unha película, un CD musical con cancións que se tratan na clase, un libro para os nenos e outro para os pais (probablemente “Recetas para Educar”). Tamén levarán para a casa a revista de divulgación científica “Natura”. En Primaria haberá diferencias entre os tres ciclos. Levarán libros en galego e castelán para os rapaces, música clásica no primeiro ciclo e máis achegada ós rapaces (“La oreja de Van Gogh”, por exemplo) para os do último. Revistas pedagóxicas, películas e libros de lectura para os pais encherán as mochilas dos alumnos de maior idade
Hai que elixir ben!
As profes elixen os libros para a mochila viaxeira
Libros infantís
Comics
As profes do Grupo da biblioteca preparan as mochilas viaxeiras
Libros adultos
CD Música DVD Películas
Libros infantís
Vídeoxogo
Vídeoxogo
Estimados/as pais e nais: “LER É VIAXAR”
Para iso o grupo da biblioteca quere pór en marcha
neste trimestre unha nova actividade “A MOCHILA VIAXEIRA” É unha proposta que dende Bibliotecas Escolares de Galicia botaron a andar o derradeiro curso e que está a acadar gran éxito entre as familias dos centros no que se está a levar a cabo.
En que consiste esta actividade? O obxectivo desta MOCHILA
é o de fomentar e reforzar o desenvolvemento do hábito lector en toda a familia, creando vínculos de unión entre estas e a escola cara a un fin común: o amor á lectura.
Como se levará a cabo esta actividade?
A mochila viaxará á casa de cada alumno/a interesado/a nesta actividade e permanecerá alí unha semana (de xoves a mércores). Tempo no que pais e fillos poderán compartir os libros, ver a película, escoitar a música... que van nela, e mesmo plasmar nun caderno viaxeiro as súas impresións, suxestións, debuxos... Para poder realizar esta actividade con éxito (tendo en conta que este centro conta con moito alumnado) necesitamos o compromiso firme das familias de coidar ben todo o material e devolvelo no tempo regulamentado. A mochila viaxará ás casas por rigoroso orde de solicitude, de aí que sexa necesario que firmen a correspondente autorización, se están interesados en viaxar na compaña dos seus fillos polo mundo da fantasía, da ciencia, da divulgación... Unha vez recollidas as autorizacións e elaboradas as listaxes de préstamos, informarase do inicio desta actividade.
A mochila contén material aportado polo centro. Deberase: 1. Cumprir co prazo de estancia na casa, unha semana (de xoves a mércores). Despois viaxará para estar con outra familia. 2. É importante coidar os libros, e demais materiais, para que poidan gozar deles todas as familias. 3. Este caderno que están a ler, ao que chamamos “caderno viaxeiro” quere recoller as súas impresións e suxestións sobre o contido da mochila. Gustaríanos que fixeran uso del e nos aportaran novas ideas. 4. Na folla seguinte poden ver o listado co contido da mochila. ¡Moitas grazas! por compartir con nós este novo mergullo no mundo da lectura. E non esquezamos o consello de Sir Francis Bacon. PARA VIAXAR LONXE NON HAI MELLOR NAVE QUE UN LIBRO
Dende a BIBLIOTECA emprendemos unha nova actividade “ A MOCHILA VIAXEIRA”, que ten como propósito desenvolver a capacidade para sentir pracer e gusto pola lectura. Consideramos que a aprendizaxe da lectura debe ser unha prioridade en todo o entorno dos nosos nenos e nenas, pois a intervención de todas as persoas que conviven con eles potencia o éxito educativo, xera eficiencia e equidade, fainos máis intelixentes... Por que ler, ver, escoitar... en FAMILIA? Porque medrar nun CLIMA FAMILIAR de lectura supón ir adquirindo un patrimonio cultural que ningún “vaivén” poderá destruír. A lectura é o recurso cultural que vai deixando pouso e creando identidade. Respirar este ambiente é unha forma de evitar que se asente en nós a violencia, a deshumanización.. para deixar agromar as letras, as palabras, as frases, os fragmentos, os capítulos... os contos; as rimas, as estrofas... as poesías, que producen desexos de horizonte, de sensibilidade, de beleza ... e abren e renovan a nosa forma de pensar, dotándonos dun caudal expresivo para empregar en cada situación de comunicación.
QUE BONITO IMAXINAR, ESA ESTAMPA FAMILIAR DUN BANQUETE QUE DE ÚNICO MANXAR HAI ENTRE AS MANS, LIBROS PARA SOÑAR!!! BOAS LECTURAS
Desexando que chegue o día…
Dous alumnos de 3º Primaria intercambian a Mochila viaxeira