Os regalos no nadal

Page 1

OS XOGUETES NO NADAL EN TODAS AS PARTES DO MUNDO CANDO CHEGAN ESTAS DATAS OS NENOS E NENAS RECIBEN XOGUETES, PERO COMO SON TANTOS OS REIS MAGOS TEÑEN MOITOS AXUDANTES. QUEREDES COÑECELOS? A VOSA MESTRA COA AXUDA DUN MAPA VAIVOS DICIR ONDE ESTÁN ESES PAÍSES ONDE OUTROS PERSONAXES LEVAN OS XOGUETES. ESTADE MOI ATENTOS/AS.

PAÍS VASCO Chega OLENTZERO co seu asno ASTOTXO a repartir os xoguetes entre todos o nenos e nenas vascas. Olentzero era un home que vivía só no bosque facendo carbón. Como vivía só estaba un pouco triste. Un día enterouse que no pobo vivían uns nenos que tamén estaban sós e que coma el tamén estaban tristes, entón pensou que tiña que facer algo por eles. Coma era moi bo coas mans decidiu facerlles xoguetes

de

madeira

e

levarllos.

Os

nenos

puxéronse

tan

ledos,

contáronllo a todo o pobo e todos quixeron xoguetes. Dende aquela o Olentzero baixa do bosque cargado de xoguetes, o 5 de xaneiro, para todos os nenos do país vasco.

ITALIA Chega o 5 de xaneiro á noite A BRUXA BEFANA A bruxa Befana cando non estaba voando coa súa

vasoira,estaba

varrendo,

varrendo

e

varrendo sen parar. Un día pasaron por alí tres homes preguntando por un neno moi fermoso que nacera nun portal. Ela indicoulles o camiño e os


tres homes, que eran os Reis Magos, pedíron lle que os acompañara a ver ao Rei dos Ceos; pero ela non quixo. Máis tarde arrepentiuse e quixo seguilos, pero antes fixo caramelos para levarlle. A uns bañounos en azucre , por si o neno era bo, e outros en cinza, por si era un choromicas. Saíu na súa busca, pero por máis que buscou non o atopou. Por cada lugar que pasaba dáballe caramelos a todos os nenos e dende aquela este personaxe é o que deixa aos nenos e nenas italianos xoguetes e caramelos. E os nenos deben deixarlle nun prato unha mandarina e un vaso de viño para que a bruxa entre en calor.

ALEMANIA Neste país quen trae os xoguetes é unha figura alada, de cabelos dourados, un anxo, mensaxeiro do Neno Xesús, chamado CHRISTKIND . Déixaos o día 24 de decembro, cando nace Xesús. Os nenos alemáns deben poñer as súas cartas na ventá, para que este anxo as lea e coloque os xoguetes baixo a árbore, adornada toda con velas acesas.

RUSIA O 31 de decembro os nenos rusos reciben a visita de DED MOROZ. Antiguamente celebraban a festa de San Nicolás, pero na época comunista quedaron prácticamente prohibidas as celebracións relixiosas e crearon a DED MOROZ. É un home alto, delgado, cunha longa barba branca que vive na selva. O pai inverno leva unha longa capa de cor vermella con ouro. Viaxa nunha troika, trineo ruso, tirado por seis cabalos. A súa axudante é SNEGUROCHKA(nena da neve) coñecida figura de contos de fadas en Rusia


ESPAÑA A noite do 5 de xaneiro chegan as casas dos nenos españois tres Reis vidos dende Oriente para traerlles regalos a aqueles que se portaron ben e estudiaron moito; ós que non , déixanlles carbón ¡menos mal que é doce! Os nenos e nenas deben deixar o seu zapato, moi limpiño, preto da ventá; un balde con auga para os camelos e algunha larpeirada, cun vasiño de leite quente, para que os Reis recobren forzas. Estes tres Reis foron hai moito tempo seguindo unha estrela que os guiou ata o Portal onde nacera o Neno Xesús. Leváronlle ricos presentes: incenso, ouro e mirra.

¿Escribistes xa a carta para os Reis Magos?

Estes

personaxes

tamén

van

Latinoamerica, como Guatemala.

a

outros

países,

principalmente

de


¡ATENCIÓN! Quédanos un personaxe que acude tamén ao noso país e a outros moitos. Chámase de moitas maneiras segundo o lugar: Papá Noël, Santa Claus, San Nicolás… SAN NICOLÁS é o verdadeiro nome deste personaxe. Este santo nace en Grecia hai moitos séculos. Era rico, pero cando morreron os seus pais doou todo aos pobres e fíxose sacerdote. Estendeuse a súa fama de home xeneroso e foise convertendo en lenda. Dende aquela chega aos fogares de moitas casas, vén montado nun trineo tirado por 7 renos, cargado cun saco cheo de xoguetes para deixarlle aos nenos bos. Pero ¡coidado! din que trae un feixe de varas para os que non se porten ben. A tradición di que cando dan as doce , nas casas tócase unha campá. É o momento de que todos os pequerrechos acudan ao salón a ver que agasallos lles deixou Papá Noel baixo a árbore . A Santa, gústalle moito entrar polas chemineas; así que se tedes unha procurade que estea ben limpa, para que non se manche. ¡Ah! e podedes colgar calcetíns nela ou na árbore para que vos deixe caramelos e moedas de chocolate.


ACTIVIDADES 1º) ¿Recoñeces estes personaxes? Escribe os seus nomes _______________________________________ _______________________________________

_______________________________________ _______________________________________

_______________________________________ _______________________________________

____

_______________________________________ _______________________________________

____

_______________________________________ _______________________________________

____

_______________________________________ _______________________________________


2) ¿Lémbraste do que lle teñen que deixar os nenos de cada país aos portadores de agasallos? Escríbeo - BRUXA BEFANA: ______________________________________________________________ ________________________________ ______________________________ ______________________________________________________________ ________________________________________________________ ______

- REIS MAGOS: ______________________________________________________________ ________________________________ ______________________________ ______________________________________________________________ ______________________________________________________________

- CHRISTKIND: ______________________________________________________________ ________________________________ ______________________________

- PAPÁ NOEL: ______________________________________________________________ ________________________________ ______________________________

3) Debuxa o teu personaxe favorito.







Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.