C .E.I .P. “ISAAC PERAL ” Av da Mac Ma hón, s/n 15403 F errol Tf no.: 9 8 13546 99 - Fax.: 9 8 1354573 E-ma il : ceip.i saa c.per al @e du .xu nt a.es
Curso 2009-2010
Avda Mac Mahon s/n 15403 Ferrol
ANEXO VIII
FE R R O L
P r o xe c t o d e B i b l i o t e c a s E s c o l a r e s c u r s o 2 0 0 9 - 2 0 1 0 - C E I P I s a a c P e r a l
~ 1 ~
C .E.I .P. “ISAAC PERAL ” Av da Mac Ma hón, s/n 15403 F errol Tf no.: 9 8 13546 99 - Fax.: 9 8 1354573 E-ma il : ceip.i saa c.per al @e du .xu nt a.es
PROXECTO: “OS INVITADOS DE PERALIÑO” XUSTIFICACIÓN Ao principio deste curso a nosa mascota chegou de dar a volta ao mundo.Veu cargada de información que permitiu o desenvolvemento de actividades de educación documental, pescuda de datos na rede, elaboración de traballos persoais e en grupo, lecturas e representación de obras relacionadas co mar... Tendo en conta a gran implicación do alumnado e do profesorado pensouse en seguir nesta liña de investigación. Para achegarnos á cultura destes países polos que pasou, que mellor axuda motivadora que a dos animais máis característicos que viven neles. Pretendemos que a través de cartas e correos electrónicos Peraliño envíe invitacións a diferentes amigos para que o veñan visitar e nos poidan presentar os seus lugares de orixe.
ORGANIZACIÓN E XESTIÓN Na nosa biblioteca, no 2º trimestre, levouse a cabo unha transformación que supuxo un cambio estrutural da mesma, cunha ampliación do espazo... que redundou nun gran beneficio para a súa utilidade. Rematada a catalogación dos fondos documentais consideramos que a dotación dos mesmos é axeitada, aínda que para O VINDEIRO CURSO PRETÉNDESE: - Organización do horario da biblioteca. - Expurgación de material deteriorado ou non utilizado. - Adquisición de fondos principalmente en soporte audiovisual e informático, algún relativos a novo proxecto; catalogación dos mesmos. - Planificación e xestión das actividades cara ao novo proxecto. - Adquisición de soportes para as linguas estranxeiras (inglés e francés) - Catalogación, ordenación e adquisición dos fondos do Departamento de Orientación - Cambio das portas da biblioteca, xa que están moi deterioradas.Pretendemos que as novas teñan motivos decorativos alusivos ao mundo do libro.
DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS A biblioteca debe ser un centro de recursos ao servicio da ensinanza e a aprendizaxe, útil, integrada na práctica educativa, articuladora dun programa de actividades de aprendizaxe dirixidas á utilización da información. Debe colaborar no desenvolvemento das actividades poñendo a disposición do profesorado:
P r o xe c t o d e B i b l i o t e c a s E s c o l a r e s c u r s o 2 0 0 9 - 2 0 1 0 - C E I P I s a a c P e r a l
~ 2 ~
-
espazo para a dinamización do grupo-clase
-
tempo para levar a cabo o traballo de busca da información, para un bo desenvolvemento da competencia informacional.
-
axuda para levar a cabo as actividades que deberán estar encadradas no currículo e servirán para que o alumnado adquira: - interese por aprender (produción) - modificar e solucionar problemas (aplicación) - crear por si mesmo (reprodución)
Todo isto ten como obxectivo integrar o proxecto no desenvolvemento das competencias básicas. Para manter vivo o interese, a chegada dos animais invitados distribuirase por trimestres. DINAMIZACIÓN “Os invitados de Peraliño” - Os rapaces axudarán a escribir as cartas que a mascota enviará aos seus amigos para que nos dean a coñecer os seus costumes. Lerán as súas respostas na páxina web. - Chegarán dende o Polo Norte, a foca; do deserto africano, o camelo. Serviranos de 1º Trim.
relación co Nadal (Papá Noël e os Reis Magos) - Traballo interdisciplinar: PESCUDA DE ONDE VEÑEN, busca de información documental e de imaxes en libros, xornais, na rede.. sobre os países de orixe; - Descrición destes animais - Comparación entre os seus hábitats “Chegan máis invitados” - É tempo de Paz virán visitarnos o elefante da India e o tucano de América Latina.
2º Trim.
- Comparación de culturas e economías entre os países desenvolvidos e os máis desfavorecidos. - Traballo de pescuda similar ao anterior trimestre. “Festa con Peraliño e os seus invitados….” - Entramos nas estacións calorosas.De África chegará a xirafa, e o canguro de Australia.
3º Trim.
- Traballo de pescuda. - Fagamos unha festa cos nosos amigos. Vaiamos de excursión a un Parque Natural onde poidamos observar in situ a estes animais.
P r o xe c t o d e B i b l i o t e c a s E s c o l a r e s c u r s o 2 0 0 9 - 2 0 1 0 - C E I P I s a a c P e r a l
~ 3 ~
FORMACIÓN DE USUARIOS No que respecta ao manexo dos fondos documentais da biblioteca, o alumnado está bastante ben preparado. Cada ano debemos formar aos alumnos de nova inscrición e os axudantes dos empréstitos que soen ser de 6º curso. -
Elaboraranse varios trípticos, segundo a idade, de guía de usuarios que se repartirá a cada alumno/a, para levar á casa. Ampliarase a tamaño DIN-A3 para as aulas e a biblioteca.
-
Planificaranse liñas de actuación para o desenvolvemento do proxecto, de acceso á información, con actividades sinxelas e de curto tempo, debido ao gran nº de alumnado que fai difícil a flexibilidade dos grupos.
FOMENTO DA LECTURA E O PROXECTO LECTOR Levaranse a cabo todas aquelas actividades relacionadas co fomento da lectura e que virán recollidas no texto do proxecto lector que durante o vindeiro curso se presentará a claustro para a súa aprobación: -
Maleta viaxeira con libros da temática do novo proxecto ou outros temas que vaian xurdindo.
-
Mochila viaxeira, con ampliación de tempo de permanencia na casa e apertura a textos doutros idiomas (inglés e francés).
-
Hora de ler como impulsora do desenvolvemento da lectura e da mellora das competencias.
-
Lectura na rede:seguir mantendo as liñas de actuación deste curso, no tempo de ler e a través da páxina Web do centro ( lecturas on-line)
-
Encontros con escritores e ilustradores.
-
Representacións teatrais, poéticas... creadas e dramatizadas polo alumnado.
-
Traballar a lectura en todas as áreas do currículo.
-
Guías de lectura
OUTRAS ACTUACIÓNS Dende a biblioteca deberase apoiar o labor docente do profesorado no primeiro ámbito da competencia informacional, que é a busca de información. Axudarase a desenvolver as actividades programadas polo centro e que están incluídas no calendario escolar: Magosto, Nadal, Entroido... En definitiva colaborar no marco das competencias básicas na contextualización dunha aprendizaxe interdisciplinar.
P r o xe c t o d e B i b l i o t e c a s E s c o l a r e s c u r s o 2 0 0 9 - 2 0 1 0 - C E I P I s a a c P e r a l
~ 4 ~
CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN -
Análise de cada actividade por parte de cada ciclo para ver se foron acadados os obxectivos, se o material, tempo e lugar foron os axeitados.
-
Análise trimestral do proxecto: observación do seguimento das directrices fixadas, dificultades de cumprimento, realización de actividades, melloras...
-
Avaliación final mediante cuestionario á comunidade educativa que recolla o sentir da mesma.
GRUPO DA BIBLIOTECA -
Seguirá estando designada como coordinadora: Mª Dolores López Espiñeira, co mesmo grupo dinamizador, agás unha baixa dunha mestra de E. Infantil e a incorporación de novos membros doutras áreas: matemáticas, coñecemento do medio...
-
Para o vindeiro curso o grupo quedaría segundo táboa, pendentes de variantes na elección de nivel no vindeiro curso.
Nome e Apelidos
Situación Administrativa
Etapa / Ciclo
Rosa Anido Abeledo Dalia Abella Pérez
P. Definitivo P. Definitivo
E. Infantil 1º Ciclo E.Primaria
Mª José Rivas García
P. Definitivo
2º Ciclo E. Primaria
Mª Dolores López Espiñeira Mª Isabel Cajide Pedreira
P. Definitivo P. Definitivo
Olga Vales Corti
P. Definitivo
Mª José Piñeiro Abeledo
P. Definitivo
3ºCiclo E.Primaria 2º Ciclo E. Primaria Aud. y L./ Depart. Extraescolares 2ºCiclo E. Primaria/ Xef. Est./ Depart. TICS
P r o xe c t o d e B i b l i o t e c a s E s c o l a r e s c u r s o 2 0 0 9 - 2 0 1 0 - C E I P I s a a c P e r a l
~ 5 ~