C 033 flor de santiago

Page 1

Flor de Pantiago Ruth Varela



Flor de Pantiago ~ Ruth Varela


Agradecementos Isidro Aguilera Aragón, François Alain Davo, Arturo Álvarez, Eugenia Antonucci, Senén Barro Ameneiro, Père Marcel Baurier, Erin Binert, Christina Bleyer, Ernesto Capdevieille Herrero, Eric Clements Rushing, Alejandro Costas Gándara, Jan Cramer, Cristóbal Crespo González, María Aurora Díez Baños, Ramón Domínguez Islas, Pablo Dormal Calleja, Miguel Ángel Esteban Vergara, Miguel Anxo Fernán Vello, Krzysztof Frankowicz, Giovanni Fraioli, Salvador García Bodaño, Alvaro García Figueiras, María Araceli García Martín, Santiago García Suárez, José Garrido, Helen Gilio, Alberto González Alegre, María González Rouco, Ian Graham, Marco Guardo, Pedro Gutiérrez RodríguezGrandjean, Grit Hagen, Eduardo Hernández Navarrete, Marie-Line Heslon, Encarnación Hidalgo Cámara, Meda Hotea, Esther Jackson, Marta Jiménez García-Diego, Izabela Korczyńska, Rocío Lamas Cepeda; José Ledo, Rubén Camilo Lois González, Covadonga López de Prado Nistal, Graciela López Fernández, José Manuel Lorenzo Jiménez, María Jesús Maestre, Antonio Maroño Cal, Elizabeth Martínez Zárate, Leonardo Meoni, Ana Miranda Paz, Rafael Moreda García, Alberto Núñez Feijóo, Patricia Ornelas Ruíz, Fátima Otero Bouza, Cristina Partearroyo Lacaba, Xosé Paz Xestoso, Suso Pensado, Paulino Pereiro, Arantxa Pérez Indaverea, Bieito Pérez Outeiriño, Luciano Perondi, Maria Cristina Pirvu, Marcos Prado Campos, François Rampin, Antonio Raya de Blás, Andrés Reboredo Santos, José Manuel Rey Nóvoa, Laura Rodríguez-Grandjean, María del Carmen Roig Santos, Alessandro Romanello, Xosé Manuel Rosales Noves, Ángela del Carmen Ruiz Ramírez, Mariano Sánchez García, Belén Sánchez Gejo, Enrique Sánchez Sanz, Gonzalo Sanjurjo Pose, Brenda de Santiago, Ana Santos Aramburo, Mª Ángeles Santos Quer, Xosé Manuel Santos Solla, Tracey Schuster, Samantha Sherbourne, Owen Thompson, Óscar Torre, Marta Torres Santo Domingo, Mª Carmen Uriol Díez, Sonia Vázquez Díaz, Ramón Veras Castro, María del Carmen Villalba Caramés, Helena Villar Janeiro, Joaquín Voltes Gálvez, Jean Pierre Wolff.

Biblioteca dell’Accademia dei Lincei e Corsiniana, Roma; Biblioteca Digital de Castilla y León; Biblioteca Hispánica de la AECID; Biblioteca Histórica de la Universidad Complutense de Madrid; Biblioteca Nacional de España; Biblioteca Nazionale Centrale di Firenze, Ministero dei beni e delle attività culturali e del turismo; Biblioteca Regional de Madrid - Joaquín Legina; Biblioteka Jagiellońska, Kraków, Poland; Bibliothèque de l’Assemblée nationale, Paris; Firenze, Biblioteca Medicea Laurenziana, Ministero dei Beni e delle Attività Culturali e del Turismo; Getty Research Institute, Los Angeles; Instituto Geográfico Nacional, España; John Carter Brown Library da Brown University, USA; Instituto de Valencia de Don Juan, Madrid; Mapoteca Manuel Orozco y Berra, Servicio de Información Agroalimentaria y Pesquera, SAGARPA, México; Missouri Botanical Garden; Museo das Peregrinacións e de Santiago; Museo de Zaragoza; Museo Massó – Bueu, Galicia; Nettie Lee Benson Latin American Collection, University of Texas Libraries, The University of Texas at Austin; Real Academia de la Historia, España; Real Academia Nacional de Medicina, España; Smithsonian Institution Archives; University of Toronto; The New York Public Library Digital Collections; Wellcome Library; Universidad de Sevilla; Universiteit Leiden; University of California Libraries.


Flor de Pantiago ~ Ruth Varela 2017


Flor de Santiago

© do texto, Ruth Varela, 2014

Todos os dereitos reservados. Non se permite a reprodución total ou parcial desta obra, nin a súa incorporación a un sistema informático, nin a súa transmisión en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, fotocopia, gravación ou outros) sen a autorización previa e por escrito dos titulares do copyright. A infracción dos citados dereitos pode constituir un delito contra a propiedade intelectual.

© desta edición, Flor de Santiago SL, 2017

Deseño gráfico e maquetación Alpaca Soc. Coop. | alpacaprojects.com Tipografías Ricardo Olocco, fonte Zenon, textos e capa Luciano Perondi, fonte Macho Moustache, notas e citas Luciano Perondi, fonte Flor para a capa Edición Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ISBN 978-84-96712-57-7 Flor de Santiago ISBN 978-84-947882-0-8 Para suxerencias sobre esta obra os datos de contacto son: Flor de Santiago Rúa das Ameas, s/n, postos 7-8, Praza de Abastos, 15704, Santiago de Compostela info@flordesantiago.com www.flordesantiago.com Impresión Artes Gráficas Palermo Dep. Leg.: C-1825-2017

© da imaxe da capa, Pablo Carreño, 2008 © das imaxes interiores: Andrés Reboredo Santos; Biblioteca dell’Accademia dei Lincei e Corsiniana, Roma; Biblioteca Digital de Castilla y León; Biblioteca Hispánica de la AECID; Biblioteca Histórica de la Universidad Complutense de Madrid; Biblioteca Nacional de España; Biblioteca Nazionale Centrale di Firenze, Ministero dei beni e delle attività culturali e del turismo; Biblioteca Regional de Madrid - Joaquín Legina; Biblioteka Jagiellońska, Kraków, Poland; Bibliothèque de l’Assemblée nationale, Paris; Bibliothèque Nationale de France; Firenze, Biblioteca Medicea Laurenziana, Ministero dei Beni e delle Attività Culturali e del Turismo; Flor de Santiago SL; Getty Research Institute, Los Angeles; Instituto Geográfico Nacional, España; John Carter Brown Library da Brown University, USA; Instituto de Valencia de Don Juan, Madrid; Madrid, Museo Nacional del Prado; Mapoteca Manuel Orozco y Berra, Servicio de Información Agroalimentaria y Pesquera, SAGARPA, México; Missouri Botanical Garden; Museo das Peregrinacións e de Santiago; Museo de América, Madrid; Museo de Zaragoza; Museo Massó – Bueu, Galicia; Nettie Lee Benson Latin American Collection, University of Texas Libraries, The University of Texas at Austin; ÖNB/Wien; Pablo Carreño; Real Academia de la Historia, España; Real Academia Nacional de Medicina, España; Ruth Varela; Smithsonian Institution Archives; University of Toronto; The Bodleian Libraries, The New York Public Library Digital Collections; The University of Oxford; The Trustees of the British Museum; Wellcome Library; Universidad de Sevilla; Universiteit Leiden; University of California Libraries.


A Rebla, na marĂŠ de prata




Lámina 1. Fotografías da Flor de Santiago. © Ruth Varela, Proxecto cultural Flor de Santiago.


Lámina 2. Mapa de Galicia incluído na obra Theatrum orbis terrarum, Atlas novus, pars secunda, editada polos cartógrafos holandeses Willem Jansz Blaeu (1571-1638) e Joan Blaeu (1596-1673); vid. Blaeu, 1640. A lámina procede dunha das múltiples reedicións da obra, a de 1640. Obsérvese que a figura de Neptuno sostén unha cuncha que contén o título, Gallaecia Regnum, e o autor do mapa, o cartógrafo galego Frei Hernando Oxea (1543-1615). © Biblioteca Histórica de la Universidad Complutense de Madrid. Sig.: BH FLL 27821 (GF).

Lámina 3. Mapa de Nova Hispania e Nova Galicia incluído na obra Theatrum orbis terrarum, Atlas novus, pars secunda, editada polos cartógrafos holandeses Willem Jansz Blaeu (1571-1638) e Joan Blaeu (1596-1673); vid. Blaeu, 1640. A lámina procede dunha das múltiples reedicións, a de 1640. Ao noroeste do mapa pode observarse a posición da cidade de Compostela, capital do Reino de Nova Galicia, representada por un conxunto de edificacións destacadas en vermello. © Biblioteca Histórica de la Universidad Complutense de Madrid. Sig.: BH FLL 27821 (GF).



Índice Parte I

A Flor de Santiago no berce cultural do México antigo

I

O Porto de Santiago, a cidade de Santiago de

21

Galicia de Compostela e o Reino de la Nueva Galicia II

A flor atzcalxōchitl e a vieira colorada do

31

océano Pacífico III

A flor que chora e o apóstolo Santiago, o

43

santo chuviñoso IV

A fundación da cidade de Santiago de Galicia 57 de Compostela, centro de peregrinación do finisterre novogaliciano

V

Compostela de Indias e o paraíso botánico

67

dos bosques de néboa VI

O catecismo debuxado con flores. «Amén:

75

Que a flor sexa» VII

O significado da flor atzcalxōchitl na

87

«Nomenclatura pictórica» nāhuatl VIII

As propiedades medicinais e o enigmático

97

brillo da flor atzcalxōchitl IX

A flor atzcalxōchitl nos xardíns do México antigo e na recreación do Reino da chuvia: o Tlalocān

109


Parte II

A chegada da Flor de Santiago a Europa

X

A expedición botánica de Francisco

131

Hernández e a chegada a Sevilla da flor atzcalxōchitl XI

A loita de poder ao redor do Tesouro

157

botánico mexicano e o pavoroso incendio da Biblioteca de El Escorial XII

O círculo erudito de Sevilla e o bautizo do

183

Narcissus Indicus Jacobeus, a Flor de Santiago Bibliografía

231


Nota da autora

Este é un ensaio histórico sobre unha flor, a Flor de Santiago, unha das flores de maior beleza e de maior pregnancia simbólica do Reino das plantas. E penso, alomenos até onde chega o meu coñecemento, que é a primeira vez que se lle adica un ensaio histórico destas características a un pequeno suxeito da natureza como é unha flor. Que este ensaio floreza nunha cultura como a nosa paréceme que é unha cuestión de lei, non só polos feitos concretos que se desvelarán ao longo destas páxinas, senón tamén porque os seres da natureza ocupan aínda un lugar primordial na vida, na cultura e no imaxinario colectivo do noso pobo, como así acontece tamén en México, a terra cálida e luminosa da que procede esta flor. Esta «é unha flor que chega de América a Europa, a España, e que leva o nome de Santiago. E é tamén, por iso, unha flor galega, unha flor viaxeira, símbolo de diálogo entre América e Europa, pasando por Santiago de Compostela, que é unha das capitais europeas da cultura e unha das capitais de Occidente».1 É xusto dicir que até o momento en que se inicia a investigación que culmina neste ensaio nada se sabía sobre a existencia, como suxeito histórico, da Flor de Santiago, cuestión que non debe estrañar, pois a flor á que responde este peculiar apelativo coñécese na actualidade como Sprekelia formosissima; un nome científico imposto polas elites botánicas luteranas, ansiosas por ocultar a referencia a Santiago. E por se esta circunstancia non fose suficiente, a habitual confusión popular da Sprekelia formosissima coa flor de lis, que dende o século xii adopta a heráldica francesa, escurecía aínda máis a referencia a Santiago. Porén, lonxe destas batallas nominativas, a aparición primeira, nun manuscrito da Societé des savants en Toulouse, dun nome 15



Parte I

A Flor de Santiago no berce cultural do MĂŠxico antigo


Lámina 79. Imaxe do rei poeta Nezahualcoyōtl (1402-1472) extraída do Códice Ixtlilxōchitl, fol. 106r., século XVI. Fonte: Bibliothèque Nationale de France.


Capítulo IX A flor atzcalxōchitl nos xardíns do México antigo e na recreación do Reino da chuvia: o Tlalocan

A mediados do século xv o rei poeta Nezahualcoyōtl, autor do himno á alegría das flores, deseñaba e creaba un fascinante Xardín Imperial, un xardín-santuario que recreaba o paraíso verde coñecido como Tlalocān: o Reino da chuvia, a néboa, o verdor e as augas abundantes; morada mítica de Tlaloc. E o lugar escollido por Nezahualcoyotzin, ou Yoyontzin, como lle chamaba con cariño o seu pobo, era o cerro sagrado de El Tetzcotzinco, preto de Tetzcoco, ao nordeste de México-Tenochtitlan. Nezahualcoyōtl, que era tamén experto en botánica e arquitecto paisaxista, convertiría este cerro sagrado, que ascende a 2 580 metros sobre o nivel do mar, nunha extraordinaria obra de arquitectura paisaxística, considerada a máis importante da antigüidade mesoamericana.1 A sublime intervención realizada

Lámina 80. Glifo da cidade de Texcoco, Tetzcoco, en Ācōlhuacan; vid. Peñafiel, 1885. © Biblioteca Hispánica de la AECID (3RC-200).

por Yoyontzin na paisaxe de El Tetzcotzinco culminaba a etapa de maior esplendor da cultura ācōlhuah pertencente á Triple alianza2 e incluía un Palacio e un Xardín real ou xochiteipancalli, ‘colección de flores do Palacio do Rei’, ademais de bosques, xardíns, templos, esculturas, escalinatas, fontes, baños, láminas de auga e toda unha sofisticada obra hidráulica que enchía de auga o recinto. Con esta obra Nezahualcoyōtl, máximo representante do señorío ācōlhuah, rivalizaba co seu primo Moctezuma i, do señorío de México-Tenochtitlan, pola posesión de paisaxes e xardíns marabillosos e polo coñecemento da flora, signo de poder, sabedoría e distinción. A descrición máis detallada e nostálxica de El Tetzcotzinco corresponde ao propio tataraneto de Nezahualcoyōtl, o historiador Fernando de Alva Ixtlilxōchitl e aparece recollida na súa 109


Lámina 92. Extracto do mapa de Galicia incluído na obra Theatrum orbis terrarum, Atlas novus, pars secunda; vid. Blaeu, 1640. Obsérvese que a figura de Neptuno sostén unha cuncha que contén o título, Gallaecia Regnum, e o autor do mapa, o cartógrafo galego Frei Hernando Oxea (1543-1615). © Biblioteca Histórica de la Universidad Complutense de Madrid. Sig.: BH FLL 27821 (GF).


Parte II

A chegada da Flor de Santiago a Europa


a flor de santiago no berce cultural do méxico antigo

Lámina 150. Fotografía da Flor de Santiago na Praza da Quintana de Santiago de Compostela. © Pablo Carreño, Proxecto cultural Flor de Santiago.

228


parte i - capitulo i

229


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.