INDICE
Páx. Lirniar , Pedro de Llano
7
Biografía , Carlos Carcla Mar/{nez
15
Carlos Maside na miña lembranza , Ram6n Piñ eiro
33
Maside e aquel a rnocedade, Salvador Carcla-Bodaño
49
A pintura de Carlos Maside , Luis Seoane
65
Carlos Maside, o pintor, Maria Luisa Sobrino Manzanares
103
Notas encol dunha pez a de cerámica creada por Maside, Isaac Dlaz Pardo
157
Maside dibuxante , Xohán Ledo
163
Vinte hornes do seu ternpo vistos por Carlos Maside
189
En torno a la fotografía popular , Carlos Maside
207
LIMIAR
o día
10 de xuño de 1958, coa morte en Compostela de Carlos Maside, pechábase para Galicia un dos máis grandes procesos da creación artística deste século.
Desde aquela, só un pequeno grupo de amigos e compañeiros do pintor, os mesmos q:Je desde o 18 de xullo de 1936 pugnaron por manter viva a lumieira da nasa cultura, trataron de conservar o recordo do que para Galicia supuxo a obra de Carlos Maside, esforzo que culminóu no ano 1970 coa creación por Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo do museo que hoxe leva o seu nome. A pesar diso, e dada a total falta de apoio até hoxe amasada pola administración central para todo aquilo relacionado coa nasa cultura, a figura de Maside foise difum inando ao langa dos vinte anos transcurridos desde a súa morte, senda hoxe descotiecida para a maioría das nasas xentes. Este é o motivo de que nun momento como o presente, no que os galegos tentamos por recuperar o naso patrimonio cultural colectivo, como base de afianzamento dos nasos sinais de identidade
como pobo, o Colexio de Arquitectos de Galicia intente rescatar, no seu vinte cabodano, o recordo de Carlos Maside, máximo exponente do profundo remozamento da pintura galega verificado na década dos trinta, xunto con Maruxa Mallo, 50uto, Colmeiro, Castelao .. . , membros todos dunha xeración que levóu a vida cultural da nosa nación ás súas máis altas cotas a través dunha actividade intelectual chea de vida e creatividade; unha xeración de xentes que, sen pretende r convertirse nun movimento cultural uniforme, racharon ca academicismo imperante e, recollendo as experiencias dunha actividade exterior até daquela ignorada, ¡rrumpiron vigorosamente en medio dos anceios de renovación que axitaban ao seu pobo, imprimindo á súa obra un carácter marcadamente autóctono. A situación creada co fi n da guerra civil levantóu un muro de silencio sob re o traballo daqueles homes; uns, como Anxel Casal ou Camilo Díaz, morreron vítimas dun odio irracional e fratricida; out ros víronse forzados a seguir o cammo do exilio. colaborando de xeito incuestionábel no engran-
"
decimento cultural daqueles países que l1es brindaron a súa axuda, e outros, como Carlos Maside, quedaron reducidos ao illamento dun exilio interior que fixo posíbeí que a vida dun dos máis grandes pintores galegos deste século se extinguise ante a indiferencia da «cultura oficial. e que, ain da hoxe , pe rmaneza reducida ao recordo dunha minoría. Este feíto non impedirá, non obstante, que, nun futuro próximo, Maside apareza na nasa historia como un dos homes que máis supuxo para o desenrolo da cultura galega no campo das artes plásticas, e a iso pretendemos contribuir hoxe coa nasa publicación. Cando comezamos os trabal10s previos para a edición deste libro, xa vai para dous anos, algúns dos encargados de facer a selección da obra de Maside, que configuraría a antoloxía que recolle esta publicación, acercaba monos a fondo por vez primeira á obra do pintor. SÓ entón pu idemos chegar a comprender a enorme importancia da súa aportación á nosa cultura; centos e miles son os dibuxos, bocetos, acuarelas, pasteis, grabados ... , deixados polo pintor na hora da súa morte e aínda hoxe conservados gracias a que os seus albaceas, Dieste, Seoane, Xohán Ledo ... , non se sentiron capaces de cumprir o mandato do pintor de que, unha vez feita a selección da súa obra, queimasen todo o restante. Quén se ia decidir a queim ar un só daqueles apuntes por moito que esa fose a súa vontade? SÓ a través do coñecimento desa vasta ob ra, da que a consulta foi posíbel gracias ás facilidades dadas tanto palas institucións posuidoras da obra do pintor, fu ndamentalmente os museos de Castrelos e o Castro, en poder das que se atopa grande pane da súa producción artística, puidemos adentr arnos no maravilloso mundo do pintor cesureño. Carlos Maside, profundo coñecedor das distintas tendencias artísticas vivas na Europa dos anos vinte, recolléu delas os que na súa madurez sen an elementos básicos da súa pintu ra: o vigor e a pure12
za de cor dos ¡auves, o rigor na estruturación sistemática das súas obras do cubismo e a capacidade distorsionadora dos modernistas, da que o pintor deixa constancia a través de moitos dos apuntes da súa etapa parisina e aínda hoxe conservados; neles móstranos a enorme influencia que a obra do Lautrec dibuxante tivo nel naquel momento, senda esta influencia quen o introducina nun expresionismo do que Maside chegaría a ser unha das máis grandes figuras. A súa obra, caracterizada pala inquietude intelectual do pintor, así como pala súa actitude autocritica , esixente e austera, non se limita a un campo determinado das artes plásticas; Maside ensaia constantemente en todos eles. Como ilustrador, convírtese no máis alto exponente do expresionismo español, superando a través dunha perspectiva de clase a crítica costumista imperante na ilustración española daquel tempo, como ben proban as súas colaboracións na revista Nueva España.
Como dibuxante recol1e, día a día, a vida das nasas rúas, campos, feiTas, portas ... , constituindo os seus apuntes, xunto cos centos de retratos e caricaturas por el publicados en El Pueblo Gallego, o máis impresionante e completo documento artístico sobre a Galicia do segundo tercio deste século. Maside graba, deseña, introduce en Galicia a estampa á tinta e á acuarela, influido polos grabadores xaponeses; escrebe ensaios de tanta importancia como o traba llo sobar da fotografía popular. E, por último, despois da guerra civil, debido ao il1amento ao que se ve sometido, todos os seus esforzos vanse ver reflexados nunha obra pictórica na que nunca deixará de aparecer a enorme influencia do Maside dibuxante; unha obra realizada cun rigor admirábel e na que impresiona o profundo proceso de elaboración seguido, froi to da concepción científica da arte ¡nerente á produción artística de Maside.
o COMEZO DA SUA OBRA
PlCTORICA
(1928-1930)
En 1926. a Diputación de Pontevedra concede a Carlos Maside unha cativa beca que, como a outros mohos artistas galegas. Be permitirá como pletar a sóa form ación artística. Con ela estudará dibuxo. primeiro en Madrid e máis tarde en París. Da súa estancia na capital francesa sabemos que acudía a unha academia libre de dibuxo e que a súa predisposición natural para captar euos can· tos trazos os rasgos do modelo despertaba a admiración entre os seus compañeiros. pero poueo sabemos das obras ou dos movimentos que aí mereceron a atención do naso pintor. En 1927. ano en que Maside se encontra en París, xa se produciran as grandes correntes pictó' ricas do naso século. A bandeira da vanguarda parisina era enarbolada polo surrealismo; Diaghilev estrenaba neste mesmo ano o ballet .. Romeo e Xulieta_, con decorados de Pevsner e Gabo, pero nen surreaiistas nen construtivistas influirían ou terían repercusión nos postulados estéticos da súa obra. Contemplando o conxunto da produción masidiana hai que se inclinar por pensar que a atención do pintor galego probábelmente se diríxise pola obra dos posimpresionistas: Cezanne, Van Gogh e Gauguin. Esta inclinación, aínda sen se traducir de forma explícita na súa pintura, poderáse ir deducindo da forma de entender a arte que mostra a través da súa vida. Pero isto Que, en principio, non tería por qué parecer máis que unha sospeita, vai tomando consistencia ao considerar que en 1927 aínda está vixente esa reactualización que , do posimpresionismo e sobre todo de
:; Caricatura de Mony Hermclo.
115